miércoles, 30 de noviembre de 2011

RESUMEN TEMA 3 GALEGO 3º ESO : CANTIGA DE AMOR, CLASIFICACIÓN FORMAL ATENDENDO Á PRESENZA DE REFRÁN, ESTILO E LINGUAXE, SUFIXOS, ANÁLISE MORFOSINTÁCTICA, DITONGO, TRITONGO, HIATO

A CANTIGA DE AMOR
MÉTRICA :  para contar as sílabas de cada verso só se conta ata a última sílaba acentuada non se fan sinalefas, é moi frecuente o hiato. Dicimos que a rima é femia se a palabra final do verso é grave e que é macho se é aguda.
ANOTACIÓN DA RIMA E DA MÉTRICA : despois de cada verso escríbese a rima, asignando letras, por orde (a, b, c). Este proceso repítese en cada cobra (estrofa) - letras en minúscula menos o refrán que  vai en maiúscula - ao lado das letras ponse o número de sílabas e se e femia un apóstrofe.

                  CLASIFICACIÓN FORMAL ATENDENDO Á PRESENZA DE REFRÁN
CANTIGA DE REFRÁN : composicións que levan un ou varios versos que se repiten ao final de cada estrofa. Son as máis parecidas ás cantigas de amigo.
  1.  CANTIGA DE MESTRÍA : non ten refrán e componse de tres ou catro cobras de sete versos heptasílabos, octosílabos ou decasílabos. Estas son máis parecidas ás composicións provenzais.
  2. CLASIFICACIÓN FORMAL ATENDENDO Á DISTRIBUCIÓN DA RIMA
  3. COBRAS UNISONANTES : repiten as mesmas rimas en todas as estrofas .
  4. COBRAS SINGULARES : teñen rimas diferentes coa mesma distribución en cada estrofa.
  5. COBRAS DOBRAS : as mesmas rimas en idéntica distribución cada dúas estrofas.
  6. COBRAS ALTERNA : repiten unha combinación de rimas para as estrofas pares e outra para as impares.
  7. RECURSOS
  8. DOBRE : repetición dunha palabra ou grupo de palabras en posicións simétricas dunha estrofa
  9. MORDOBRE : repetición, en posicións simétricas, dun mesmo lexema, con variación nos morfemas.  
  10. COBRAS CAPCAUDADAS:o primeiro verso da segunda estrofa repite a rima do último verso da anterior.
  11. COBRAS CAPFINIDAS : cando o primeiro verso da segunda cobra retoma algunha palabra ou secuen-
  12. cia de palabras do último verso da anterior. Se ten refrán, o verso anterior ao refrán.
  13. COBRAS CAPDENALS : dúas ou máis cobras posúen versos que comezan pola mesma palabra ou grupo de palabras.
ESTILO E LINGUAXE
- ARCAÍSMOS :  (irmana, louçana)
- SÍMBOLOS : Cervo = Namorado,virilidade masculina / cabelo da doncela = virxinidade / Auga = lugar de encontro dos namorados / verde piñeiro, verde herba = sensualidade da primavera
CAMPOS SÉMICOS
PANEXÍRICO : é o canto que a protagonista fai, da súa propia beleza ou da excelencia poética do seu
amigo.
- AMOR CORRESPONDIDO/INSATISFEITO : a moza expresa ledicia ou pena en función de como transcorre a súa relación amorosa.
- PROHIBICIÓN : ven definida pola imposibilidade do encontro entre os namorados. Esta imposibilidade é provocada unhas veces pola intervención da nai e outras, por causas de forza maior (servizo ao rei, forzas da natureza..)

SUFIXOS : son os morfemas derivativos que van despois do lexema. Poden ser facultativos, que varían só lixeiramente o significado do lexema (diminutivos, aumentativos, despectivos = casiña) ou derivativos, que poden crear palabras novas mesmo mudando a súa categoría gramatical (perigoso).
ANÁLISE MORFOSINTÁCTICA : consiste na análise completa dunha oración distinguindo, de forma gráfica, todas as súas categorías morfolóxicas e funcións sintácticas. Para realizar correctamente a análise morfolóxica, cómpre coñecer un conxunto de siglas e abreviaturas referidas á categoría e funcións, e tamén aos pasos en que esta análise se debe desenvolver : - categorías (subs, ppers, pdem, ppos, pcuan, pid, pint, pex, prel, art, adx, v, adv, prep, fn, fadx, fadv, fv, fprep, o) – funcións (DET, N, MOD, R, T, S, SE, P, OD, CR, OI, CCL, CCT, CCM, CCCANT, CCI, CCCOM, ATR, PVO, AX)
DITONGO : as palabras con ditongo tónico axústanse ás regras xerais de acentuación gráfica (diésel), agás as rematadas en ditongo decrecente, que nunca levan acento gráfico (ademais).
TRITONGO : as palabras con tritongo tónico axústanse ás regras xerais de acentuación gráfica (Biéitez), excepto as agudas, que nunca levan acento gráfico (actuais)
HIATO : as voces con hiato tónico seguen estas normas : - con dúas vogais abertas ou medias, seguen as regras xerais de acentuación (océano) – cunha vogal aberta ou media e unha vogal pechada (tónica), leva acento a pechada (saúde) – con dúas vogais pechadas (a segunda tónica), leva acento a segunda vogal (muíño)

OS PROGRAMAS DE RADIO : elabóranse, normalmente, a partir dun guión é un texto no que se recollen, de forma máis ou menos precisa, as palabras, os efectos sonoros e a música que aparecerá no programa.
LINGUA E SOCIEDADE : a pesar dos avances experimentados tras a instauración da democracia, a presenza do galego nos medios de comunicación é aínda escasa.

CANTIGA DE ESCARNIO E MALDICIR : é aquela na que o poeta busca a crítica e o humor. A de escarnio fai unha crítica encuberta (con ironías, xogos de palabras, dobres sentidos) e a de maldicir fai unha crítica directa e aberta
LÍRICA MEDIEVAL : a nosa produción lírica medieval complétase cos xéneros menores (pastorelas, tenzóns) e coas Cantigas de Santa María.

No hay comentarios:

Publicar un comentario