1.QUE ELEMENTOS CONVERTEN A ESPAÑA EN ESTADO?
o territorio, a poboación e o poder soberano.
POR QUE NON O É GALICIA?
Galicia non é un estado porque lle falta poder e non ten soberanía.
2. ENUMERA E EXPLICA BREVEMENTE AS FUNCIÓNS ACTUAIS DO ESTADO; FOI SEMPRE ASÍ?
Durante moitos séculos fixeron guerras. Os estados foron formas de dominio controlados pola nobreza e os reis e utilizaban o estado para manter o seu poder. Contra esa forma de oposición se rebela o anarquismo que é o rexeitamento ao poder do estado. Ao longo dos dous últimos séculos, unha serie de revolucións conseguiron democratizar o estado, de xeito que hoxe moitos estados serven para :
GOBERNAR : as normas do estado son decididas polos representantes dos cidadáns, elixidos polos cidadáns (eleccións).
XUSTIZA : que nos proporciona o estado para que a xente se sinta protexida e segura.
ECONOMÍA : o estado fai que crezca a economía para satisfacer as necesidades da poboación. O estado promove a produción e o consumo.
RELACIÓNS CON OUTROS PAÍSES : o estado relaciónase con outros estados mediante a amizade, a alianza ou ben enfrontándose(guerras).
BENESTAR : o estado proporciona servizos para o benestar da poboación (a saúde e a educación).
FISCALIDADE : mecanismo co cal o estado obtén recursos para financiar todas as súas funcións.
3. QUE DIFERENZAS HAI ENTRE ESTADO E GOBERNO?
Que o estado é o conxunto de institucións (políticas, xurídicas e administrativas) e o goberno é unha institución política do estado.
E ENTRE CARGO PÚBLICO E FUNCIONARIO?
Un cargo público é unha persoa que ocupa un posto para dirixir unha institución e un funcionario é unha persoa que traballa para o estado e recibe un salario (profesor, médico, bombeiro, policía).
4. SINALA QUE RECIBE DO ESTADO E QUE LLE APORTA A TÚA FAMILIA?
Recibe sanidade e educación pública, prestacións de desemprego, pensións da seguridade social e apórtalle benestar, xustiza e economía.
5. QUE CIRCUNSTANCIAS FAN NECESARIA A DEMOCRACIA REPRESENTATIVA?
é necesario que sexa auténtica, que o representante represente auténticamente, que esa representación sexa auténtica e que haxa unha participación xenuina.
6. QUE SIGNIFICA SUFRAXIO?
é o dereito que teñen os cidadáns a votar.
CANDO E COMO FOI EVOLUCIONANDO NOS ESTADOS CONTEMPORÁNEOS?
Na época contemporánea, ante a gran escala de cidadáns (que son millóns) inventouse un sistema novo, a democracia representativa onde todo cidadán maior de idade pode votar, cousa que non podían facer antes, xa que nin as mulleres, nin os escravos e nin os estranxeiros podían votar.
7. QUE É O SUFRAXISMO?
é a loita polo recoñecemento dos dereitos políticos, en concreto polo voto da muller.
POR QUE E CANDO SE DESENVOLVEU E CON QUE RESULTADOS?
Naceu a finais do S. XVII, coa Revolución Francesa, cando algunhas pensadoras comezaron a tomar conciencia da discriminación das mulleres e decidiron loitar para poñer fin a esa inxustiza e acadar certos dereitos para as mulleres. Logrou o dereito ao voto en diferentes países occidentais ao longo do S. XX. En España o sufraxio femenino foi obtido en 1931 durante a Segunda República.
HAI DIFERENZAS HOXE ENTRE HOMES E MULLERES NA VIDA POLÍTICA?
Non, hoxe en día teñen igualdade de dereito político tanto os homes como as mulleres.
8. QUE SON OS PARTIDOS POLÍTICOS E POR QUE EXISTEN?
os partidos políticos son os intermediarios entre a sociedade e o estado xa que as ideas teñen que estar representadas por partidos e todos teñen dereito a representar todas as ideas. Sin os partidos políticos non habería eleccións.
FUNCIONARÍA UNHA DEMOCRACIA SIN PARTIDOS?
En democracia directa non se necesitan partidos pero nunha democracia representativa fan falla.
9. QUE SON PRERROGATIVAS OU COMPETENCIAS E QUE SON INSTITUCIÓNS POLÍTICAS DO ESTADO?
a competencia é a capacidade, polo tanto é o que se fai. As institucións políticas son os organismos encargado de realizar esa tarefa.
PON EXEMPLOS DE AMBAS.
competencia = aplicar leis ou decretos, gobernar, lexislar, xulgar, sancionar
institucións = ministros, tribunal, parlamento, goberno, xuiz, deputados
10. CALES SON OS PODERES DO ESTADO?
lexislativo, executivo e xudicial
POR QUE E ENTRE QUEN SE DIVIDEN?
Divídense para que sexan compensados, para que os poderes non recaigan nunha soa persoa.
- poder lexislativo : elabora e dicta as leis ou decretos . Faino o parlamento (deputados)
- poder executivo : aplica as leis e goberna. Faino o goberno (ministros)
- poder xudicial : xulga e fai que se cumpla a lei. Fanno os tribunais (xuices)
11. CAL É O CONTIDO QUE DEBE INCLUÍR TODA CONSTITUCIÓN?
QUEN ELABORA UNHA CONSTITUCIÓN NUN RÉXIME DEMOCRÁTICO?
Faina o parlamento e é aprobada polos representantes dos cidadáns.
12. QUE SIGNIFICA IMPERIO DA LEI?
significa que a lei está por riba do goberno e dos seus funcionarios.
COMO SE APLICA ESE PRINCIPIO?
cun réxime de dereito
13. POR QUE TEMOS DEREITOS AS PERSOAS?
Porque temos condición humana, a conciencia que temos de ser seres humanos e dignidade humana. Porque sentimos rabia e inxustiza cando nos prohiben os dereitos. Cando lle prohiben dereitos a outras persoas, sentimos compaixón.
EXISTIRON SEMPRE OU SON UN INVENTO MODERNO?
Pero non existiron sempre eses dereitos, as mulleres e os escravos son exemplos de que non se respetaron os dereitos, polo tanto os dereitos son unha conquista ao longo da historia.
SON DEFINITIVOS OU PODEN DESAPARECER?
os dereitos hai que defendelos exercéndoos e loitando cando os ameazan.
14. QUE SON DEREITOS CIVIS E DEREITOS POLÍTICOS?
Os dereitos civis son a igualdade entre os dous cónxuxes e os dereitos políticos son o conxunto de condicións que posibilitan ao ciudadan participar na vida política
PON EXEMPLOS DE AMBOS?
Dereitos civis = dereito da familia dereitos políticos = dereito á votación
15. QUE CARACTERÍSTICA CONCRETA DISTINGUE OS DEREITOS SOCIAIS?
Son as necesidades para poder desenvolver unha vida plena e que as persoas poden verse impedidas de satisfacer por falta de recursos.
CALES SON OS PRINCIPAIS DEREITOS SOCIAIS RECOÑECIDOS HOXE?
Dereito a educación, ao traballo, a saúde, a ter unha vivenda, dereitos laborais
16. DE QUE VALEN AS DECLARACIÓNS DE DEREITOS SE NON SE PODE ASEGURAR O SEU CUMPLIMENTO?
Non valen para nada
COMO SE PODE GARANTIR O RESPECTO AOS DEREITOS?
Os dereitos teñen que estar establecidas nas leis. O Parlamento establece eses dereitos na Constitución. O goberno aplica eses dereitos mediante políticas. Os tribunais deben velar para castigar o incumprimento dos dereitos.
17. COMENTA ALGÚN DEREITO QUE ESTEA HOXE EN PROCESO DE RECOÑECEMENTO, INDICANDO A SÚA TIPOLOXÍA E OS ARGUMENTOS QUE O XUSTIFICAN.
O matrimonio entre os homosexuais, xa que non se poden casar en todalas comunidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario