AS CALIDADES DO SON
DURACIÓN : longo /curto (figuras e silencios,puntillos, ligaduras, etc)
ALTURA : agudo / grave (pentagrama, claves musicais, notas musicais, alteracións, etc)
INTENSIDADE : forte /suave. Reguladores (crescendo, decrescendo, p, mf, f, etc.)
TIMBRE : informa do corpo que produce o sonido e de cómo o produce (indicando o instrumento)
A MÚSICA NA PREHISTORIA
Non sabemos con exactitude como se orixinou, pero si da súa existencia pola aparición dalgúns restos de instrumentos, así como de pinturas ou gravados de temática musical. Pénsase que puido xurdir como imitación dos sons da natureza, polos cambios de altura na linguaxe ou a partir dos sons realizados nas actividades cotidianas como a caza ou a recolección. Nun principio non usaban instrumentos musicais, utilizaban a súa voz ou a percusión corporal para elaborar melodías ou ritmos. Posteriormente foron introducindo obxectos como frautas e cornos feitos de ósos de animais, bucinas, maracas e tambores. Con estes instrumentos acompañaban danzas e cantos, principalmente de carácter relixioso ou máxico.
A MÚSICA NAS ANTIGAS CIVILIZACIÓNS
OS POBOS MESOPOTÁMICOS : a música en Mesopotamia estivo moi influenciada polas culturas de diversos pobos (sumerios, acadios, babilónicos ou asirios). As fontes que nos permiten coñecer a súa música son os documentos literarios, os relevos en pedra e os instrumentos atopados (a lira, a arpa, laúdes, frautas e trompetas rectas).
OS EXIPCIOS : a sociedade exipcia deu moita importancia á música. Empregábase en diversas actividades cotiás, pero foi nos templos e nas cerimonias onde tivo un maior desenvolvemento. Os exipcios adoptaron instrumentos das civilizacións mesopotámicas, aínda que tamén perfeccionaron outros instrumentos (o sistro ou ferreñas de Isis, a arpa angular ou a trompeta recta, órgano hidráulico).
OS HEBREOS : a música hebrea recibiu moitas influencias das culturas veciñas (Exipto e Mesopotamia). O Antigo Testamento é a principal fonte para coñecer os instrumentos utilizados (kinnor ou arpa do Rei David, laúde, lira, ugab, shofar, jazozra).
INDIA : na India, a maior fonte de información da música relixiosa son on Libros dos Vedas. Nestes libros recóllense himnos, pregarias e formas rituais. Na música hindú o compositor propuña unha melodía (raga), un ritmo (talla) e unha nota pedal (kharaja), a partir destes elementos, os músicos improvisaban. Os instrumentos propiamente hindús son a frauta e o tambor.
CHINA : a música ocupaba un lugar importante na vida da China antigua, como amosa o feito de que todos os filósofos destacaron os valores morais da música para unha boa orde e goberno da sociedade. O coñecemento do repertorio da música chinesa realizouse a partir do Libro dos Documentos e do Libro das Cancións, escritos por Confucio, e do Libro dos Ritos. Entre os instrumentos máis destacados están o king, o gong, o kin e o cheng.
AS ORIXES DA MÚSICA OCCIDENTAL
GRECIA : Para os gregos, a música era unha arte de orixe divina e, segundo a mitoloxía, os instrumentos musicais foron creados polos deuses. Non designaba únicamente a arte dos sons, pois a poesía e a danza tamén estaban englobados nesa denominación. Inventaron a notación musical alfabética (mediante letras). Os instrumentos gregos eran : - de percusión, usábanse para os dramas (krotala, kimbala, triángulos, pandeiretas, krupezion, tambores e pandeiros) - de corda (familia de liras coma phormix, barbitón, cítara e a lira; arpas de ángulo e de triángulo) – de vento (aulós, salpinx, siringa)
ROMA : na música, o pobo romano asumiu e adaptou ás súas necesidades ao desenvolvido polos gregos. A música estaba presente en todo tipo de festas e actos, os teatros romanos imitaban tamén aos gregos, e neles se representaban obras e se daban concertos musicais e tamén existían os músicos da rúa. A maioría dos instrumentos gregos foron atopados polos romanos. Os instrumentos romanos eran : -de percusión (scabillium, crótalos, pandeiretas, ferreñas) – de corda (lira, laúde, arpa, cítara) – de vento ( órgano hidráulico de tubos, varios tipos de trompetas e trompas, diversas frautas como a tibia).
No hay comentarios:
Publicar un comentario