QUE É A BIBLIA?
A palabra Biblia provén do grego e significa libros. A Biblia é como unha pequena biblioteca que contén 73 libros. A Biblia está dividida en dúas partes :
- ANTIGO TESTAMENTO (AT) : recolle a historia de Israel ata o nacemento de Xesús. Ten 46 libros escritos en hebreo e con fragmentos en arameo.
- NOVO TESTAMENTO (NT): narra a vida e a mensaxe de Xesús e o nacemento da Igrexa. Ten 27 libros escritos en grego.
LIBROS DO ANTIGO TESTAMENTO
- PENTATEUCO : contén narracións, leis, normas de culto e xenealoxías.
- LIBROS HISTÓRICOS : mostran as relacións de Deus co seu pobo.
- NARRACIÓNS DIDÁCTICAS : pretenden ensinar.
- LIBROS PROFÉTICOS : xulgan, denuncian, invitan e anuncian.
- LIBROS POÉTICOS : expresan sentimentos.
- LIBROS SAPIENCIAIS : danse consellos da vida.
HISTORIA DUN POBO (ISRAEL)
A historia de Israel é longa e axitada, pero en todas as súas etapas Deus está presente. Pouco a pouco o pobo vai descubrindo que Deus os acompaña e os guía.
CONTIDO RELIXIOSO
A Biblia non é un libro de historia nin un libro científico máis, é un libro relixioso onde Deus fala e comunícase a través dos seus escritos. A Biblia é a palabra de Deus. A través da Biblia, Deus dase a coñecer, revélase (revelación). Ao longo da historia narrada pola Biblia, Deus preséntase como :
- UN DEUS LIBERTADOR : que libera o seu pobo.
- UN DEUS CERCANO : que se preocupa das necesidades do seu pobo.
- UN DEUS SALVADOR : que ofrece sempre a súa salvación.
PROCESO DE FORMACIÓN DA BIBLIA
Prodúcese un acontecemento – sobre este acontecemento reflexiónase dando un sentido relixioso ao acontecido – esta reflexión transmítese oralmente de xeneración en xeneración – esta transmisión ponse por escrito – os escritos lense na familia ou nas celebracións relixiosas – e os escritos reúnense para formar a Biblia actual.
DIFERENTES XÉNEROS LITERARIOS
- HISTÓRICO : forma de relato real ou imaxinario. Adoita centrarse nun personaxe importante.
- LEXISLATIVO : recolle normas e costumes polas que se debe rexir un pobo.
- PROFÉTICO : o profeta fala en nome de deus para transmitir inxusticias ou esperanza.
- SAPIENCIAL : reflexións feitas por sabios e pensadores sobre realidades da vida.
- NARRACIÓN DIDÁCTICA : o fundamental é o ensino que quere transmitir a narración.
- EPISTOLAR : escritos en forma de carta.
- APOCALÍPTICO : revelacións obtidas mediante visións e soños.
O NOVO TESTAMENTO
Os catro primeiros libros da Biblia son os catro evanxeos (Mateo, Marcos, Lucas e Xoán).
OUTROS LIBROS DO NT : contén 23 libros dividos en : - feitos dos apóstolos (Lucas) – cartas de Paulo (13 cartas) – cartas apostólicas (Xoán, Pedro, Santiago…) – Apocalipse (Xoán)
OS XÉNEROS LITERARIOS DO NT : narracións, discursos e parábolas.
OS EVANXEOS
Evanxeo significa boa nova, nova que causa felicidade. A boa nova é Xesús. Os evanxeos non son bio
grafías de Xesús, son testemuños de fe das persoas que creron en Deus. A intención dos evanxelistas ao
escribir os evanxeos foi dar a coñecer a vida e a mensaxe de Xesús, dar testemuño da súa fe como Salvavador e fillo de deus e invitar a outros moitos a que creran en Xesús.
FORMACIÓN DOS EVANXEOS : proceso de formación da vida de Xesús – transmisión oral – escríbense algúns textos – escríbense os evanxeos
EVANXEOS CANÓNICOS : son os aceptados no canón da Biblia.
EVANXEOS APÓCRIFOS : son os que non foron aceptados na Biblia. Tratan dos momentos da vida de Xesús (infancia, pasión). Son unha mestura de datos de boa vontade e fantasía.
EVANXEOS SINÓPTICOS : son os de Mateo, marcos e Lucas. Son moi parecidos, recollen dunha forma máis ou menos ordenada, a vida de Xesús. O máis antigo é o de marcos. Lucas e Mateo escribiron os seus evanxeos apoiados no evanxeo de Marcos e noutra fonte descoñecida. O evanxeo de Xoán é diferente a estes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario