OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DOS SERES VIVOS
- NIVEL SUBATÓMICO : son as partículas que forman os átomos (protóns, neutróns e electróns)
- NIVEL ATÓMICO : formado polos átomos (carbono, hidróxeno)
- NIVEL MOLECULAR : formado polas moléculas que resultan da unión dos átomos. As moléculas dos seres vivos denomínanse biomoléculas e poden ser inorgánicas (auga, sales minerais) e orgánicas, a maioría son polímeros formados por monómeros (glícidos, lípidos, proteínas, ácidos nucleicos).
- NIVEL CELULAR : é o primeiro nivel biótico, é dicir coa vida (células epiteliais, musculares, óseas)
- NIVEL DE TECIDO : unión de células (tecido muscular, óseo, epitelial)
- NIVEL DE ÓRGANOS : unión de tecidos (estómago, corazón, ósos)
- NIVEL DE SISTEMA : unión de órganos con un só tecido (sistema esquelético, muscular, nervioso)
- NIVEL DE APARELLO : unión de órgano con varios tecidos (aparato locomotor, dixestivo)
- NIVEL DE ORGANISMO : un ser vivo no seu conxunto, tanto unicelulares coma pluricelulares.
VARIEDADE DE CÉLULAS
As células son as unidades anatómicas, funcionais e de orixe de todos os seres vivos. É a unidade máis pequena que realiza as funcións vitais (nutrición, relación, reproducción). Nunha persoa existen gran cantidade de células (unicelulares vexetal = forma poliédrica – unicelular animal = forma redonda – as células que forman tecidos = formas diversas). As células teñen un tamaño moi pequeño e mídense en micras (1 micra = 10 m). As células máis grandes son os óvulos femeninos (1 e 2 mm de diámetro) e algunhas neuronas (varios centímetros). As máis pequenas son os espermatozoides.
A ESTRUCTURA DAS CÉLULAS HUMANAS
Todas as células humanas son eucariotas (teñen un núcleo dentro do cal está o material xenético). Todas as células humanas presentan tres estructuras comúns :
MEMBRANA PLASMÁTICA : é a capa máis externa da célula, tamén se chama membrana celular. Envolve á célula, protéxea e regula o intercambio de substancias.
PAREDE CELULAR : so existe nas células vexetais e está por fóra da membrana plasmática. Protexe a célula da desecación.
NÚCLEO : adoita estar no medio da célula e está formado por :
- MEMBRANA NUCLEAR : envolve ao núcleo e está chea de poros. Regula o paso de substancias do núcleo ao citoplasma e ao revés.
- CROMOSOMAS : están en número variable, cada especie ten un número concreto. Conteñen a información xenética propia de cada individuo
- NUCLÉOLOS : son redondos e encárganse da formación de ribosomas.
CITOPLASMA : vai desde a membrana plasmática ata a membrana nuclear e aquí están os orgánulos :
- MITOCONDRIAS : respiración celular (xeneran enerxía)
- RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO (R.E) : son como uns sacos que se extenden por tódolo citoplasma, haino rugoso, R.E.R (almacena proteínas) e liso, R.E.L (sintetiza lípidos)
- RIBOSOMAS : son partículas que están no citoplasma ou pegados ao R.E.R. Sintetizan as proteínas.
- APARARATO DE GOLGI : é máis grande nas células animais, está cerca do núcleo. Completa a fabricación de compostos e serve de almacén de substancias.
- VACUOLAS : nas animais son pequenas e numerosas e nas vexetais son grandes e escasas. Almacenan substancias útiles ou de refugo.
- LISOSOMAS : son unhas vesículas que teñen unhas substancias coas que fan a dixestión celular.
- CENTRiOLOS : só os hai nas animais, son dous tubos cilíndricos que interveñen na división celular.
- CLOROPLASTOS : só os hai nas vexetais e neles ten lugar a fotosíntese.
- CILIOS E FLAXELOS : os cilios son curtos e numerosos e os flaxelos son longos e escasos. Permiten o
desprazamento das células no medio no que viven.
ASOCIACIÓN DE CÉLULAS. OS TECIDOS
Un tecido é un conxunto de células do mesmo tipo ou de tipos diversos que levan a cabo unha función
común. Hai 4 tipos de tecidos :
TECIDO EPITELIAL : formado por células moi unidas con forma xeométrica e formando capas. Hai dous tipos de tecidos epiteliais :
- EPITELIO DE REVESTIMENTO : recobre superficies externas (epiderme) ou cavidades internas (endotelios e mucosas)
- EPITELIO GLANDULAR : segrega substancias e forma as glándulas exocrinas (sudoríparas), endocrinas (tiroides) e mixtas (páncreas)
TECIDO CONECTIVO : ten células pouco especializadas rodeadas de substancias intercelular (coláxeno e outras fibras). Hai varios tipos :
- TECIDO CONXUNTIVO : une tecidos e órganos (tendóns, ligamentos)
- TECIDO ADIPOSO : fai de reserva enerxética, protección e illante térmico. As súas células son os adipocitos.
- TECIDO CARTILAXINOSO : forma os cartílagos (do nariz, tráquea, pabellón auricular). As súas células son os condrocitos.
- TECIDO ÓSEO : son os ósos. As súas células son os osteocitos.
- O SANGUE : a súa substancia intercelular é o plasma.
TECIDO MUSCULAR : formado por células alongadas (fibras musculares) que teñen unhas proteínas fibrilares (actina e miosina) responsables da contracción e relaxación muscular. Hai 3 tipos :
- T. MUSCULAR LISO : células con un só núcleo. Contracción involuntaria (pared do tubo dixestivo)
-T. MUSCULAR ESTRIADO células con varios núcleos. Contracción voluntaria (músculos esqueléticos)
- T. MUSCULAR CARDÍACO : células dun só núcleo, unidas fortemente entre sí. Contracción involuntaria (corazón)
TECIDO NERVIOSO : encárgase de recibir as variacións do medio e transmitir ordes. Hai dous tipos :
- NEURONAS : teñen corpo celular, dendritas e axón. Transmiten o impulso nervioso.
- CÉLULAS DA GLÍA : protexen e alimentan ás neuronas.
ÓRGANOS , SISTEMAS E APARELLOS
ÓRGANOS : estructuras formadas por diversos tecidos asociados que realizan unha función concreta chamado acto (estómago corazón).
SISTEMA : conxunto de órganos do mesmo tipo que realizan unha función similar :
- S. MUSCULAR : formado polos músculos esqueléticos. É a parte acriva, realiza a locomoción, a mímica e a postura.
- S. ESQUELÉTICO : formado polos ósos. É a parte pasiva, encárgase da locomoción e a protección de órganos e estructuras.
- S. NERVIOSO : formado por encéfalo, médula espiñal e nervios. Encárgase de captar información do medio e elaborar respostas.
- S. ENDÓCRINO : formado polas glándulas endocrinas que producen hormonas que regulan reaccións químicas, regulan o crecemento, etc.
APARELLOS : órganos distintos que actúan coordinadamente para realizar unha ou varias funcións :
- A. DIXESTIVO : formado por tubo dixestivo e glándulas anexas (salivares, fígado e páncreas). Nel óbtense as biomoléculas a partir dos alimentos.
- A. RESPIRATORIO : formado polas vías respiratorias e os pulmóns. Aquí prodúcese o intercambio de gases co sangue.
- A. EXCRETOR : formado polos riles, vías urinarias (uréteres, vexiga urinaria e uretra) e outros órga-
nos (glándulas sudoríparas). Elimina as substancias de refugallo (excreción).
- A. REPRODUCTOR : formado por diversos órganos externos e internos. É onde se producen as células reproductoras ou gametos.
- A. CIRCULATORIO : formado polo corazón, vasos sanguíneos (arterias, veas e capilares) e o sangue. Reparte os nutrientes e o osíxeno a todo o corpo, ao mesmo tempo que retira as substancias de refugallo.
- A. LOCOMOTOR : composto polo sistema muscular (músculos) e o sistema esquelético (ósos). Encárgase da locomoción e dos movementos voluntarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario