miércoles, 23 de noviembre de 2011

RESUMEN DE SOCIAIS 3º ESO RÉXIMES DEMOCRÁTICOS E NON DEMOCRÁTICOS. AS COORDENADAS

RÉXIMES DEMOCRÁTICOS E RÉXIMES NON DEMOCRÁTICOS
Arbitrario significa imprevisible, polo tanto que non se sabe como nin porque decide. Exerce o poder sin someterse a unha norma concreta, é dicir, sin norma.
 Nunha democracia o poder está dividido entre institucións, pero nun réxime non democrático o poder está concentrado na persoa ou persoas que gobernan o país.
Pluralismo político significa distintos partidos políticos que representan e defenden as súas ideas.
Pluralidade política é a eliminación de todas as eleccións políticas, todos teñen que estar representados.
Nun réxime democrático o goberno está controlado pola lei (imperio da lei), polo Parlamento e polos cidadáns, pero nun réxime non democrático non existe o control do goberno, o goberno controla aos cidadáns.
Nun réxime democrático hai un recoñecemento explícito dos dereitos políticos, civís e sociais, pero nun réxime non democrático non se recoñecen os dereitos, sobre todo os políticos (como o dereito ao voto).
Nun réxime democrático os cidadáns participan decidindo e manifestando a súa opinión, manifestándose, pero nun réxime non democrático a opinión está controlada, polo tanto os cidadáns non poden expresar a súa opinión, non poden manifestarse e a súa opinión pode ser reprimida e perseguida volentamente; as votacións están manipuladas.
Nun réxime democrático o poder está controlado pola lei, pero nun rexime non democrático o poder é arbitrario.
- RÉXIMES DEMOCRÁTICOS : - división de poderes – pluralismo político – recoñecemento explícito de dereitos e liberdades individuais – participación política dos cidadáns e das cidadás
- RÉXIMES NON DEMOCRÁTICOS : - non hai división de poderes – non existe a pluralidade política – non se recoñecen a maioría dos dereitos individuais – o poder executivo exércese arbitrariamente

FORMAS DE ESTADO
 O réxime político é a forma na que participa a cidadanía e o recoñecemento dos dereitos, polo tanto pode ser democrático ou non democrático. En cambio a forma de estado é o tipo de institucións en que se organiza o poder do estado e tamén a organización territorial. As principais formas de estado son as monarquías e as repúblicas.

MONARQUÍA
 A monarquía é unha forma de goberno na que a máxima autoridade do Estado reside nunha soa persoa (familia real) que exerce esa autoridade de xeito vitalicio (ata que morre) e normalmente tamén de xeito hereditario.
DENOMINACIÓNS OU TÍTULOS : emperador (Xapón) – rei (España) – príncipe (Mónaco) – duque (Luxemburgo) – sultán (Omán) – emir (Kuwait)
COMO SE ACCEDE A COROA? : - POR HERENCIA (prodúcese entre pais e fillos). Nalgúns países hai diferenzas entre homes e mulleres, chámase discriminación. Pode haber dous tipos de discriminación, relativa (que as mulleres quedan por debaixo dos seus irmáns) e absoluta (ningunha muller pode reinar, só poden ocupar o trono homes, como nas monarquías árabes) – POR ELECCIÓNS (elíxeno os membros da familia real)
POR QUE EXISTEN AS MONARQUÍAS? : son unha herdanza histórica, polo tanto, é do pasado. Durante a Idade Media e a Idade Moderna foron aumentando o seu poder ata convertirse en monarquías absolutas. Cando no S. XIX se produce a Revolución Liberal, limítase o poder da monarquía, nalgúns países elimínase a monarquía e substitúese por unha república; noutros consérvase recortando o seu poder cunha Constitución (monarquía constitucional). Pouco a pouco a cidadanía foi participando cada vez máis na vida política ata chegar á democracia. Algunhas monarquías resistíronse e foron abolidas; outras   
aceptaron e continuaron existindo como monarquías parlamentarias. En España a monarquía foi rexeitada e derribada dúas veces, a terceira terminou aceptando a monarquía parlamentaria (actualmente)    
MONARQUÍAS QUE HAI ACTUALMENTE NO MUNDO : a monarquía foi a forma tradicional de estado en Europa, pero en moitos países desapareceu porque se resistiu á democracia (Francia, Portugal, Alemania, Italia, Grecia). As monarquías que existen en Europa son parlamentarias e democráticas (Suecia, Noruega, Dinamarca, Holanda, Bélxica, Gran Bretaña, España e pequenos estados como Luxemburgo, Mónaco e Lietcheinstein). En Asia houbo monarquías que subsistiron e son actualmente constitucionais (Xapón, Tailandia, Camboxa). No mundo árabe a monarquía foi a forma tradicional de estado e aínda hai varias monarquías (Arabia, Kuwait, e Marrocos). En América houbo dúas monar
quías que desapareceron (Brasil e México).

AS REPÚBLICAS
A república é unha forma de estado onde o poder non reside na familia real. Pode ser democrática ou non. Debe ter dous requesitos : - os cargos deben ser elixidos directa ou indirectamente polos cidadáns – que o seu cargo se renove periódicamente. Hai dous tipos de repúblicas :
- REPÚBLICA PARLAMENTARIA : o Parlamento elixe ao goberno e os cidadáns elixen ao presidente. O poder é arbitral e limitado, por iso é pouco coñecido. O poder do presidente da república é semellante ao do Parlamento.
- REPÚBLICA PRESIDENCIAL : os cidadáns elixen ao Parlamento e ao presidente. O presidente ten o poder executivo e o Parlamento ten o poder lexislativo. Ningún dos dous pode distribuirse, o presidente non pode cambiar ao Parlamento, nin o Parlamento ao presidente.
Tamén hai repúblicas non democráticas que son aquelas na que o presidente da república é un dictador. Pode haber eleccións, pero son amañadas e así gaña o dictador. En América latina as repúblicas xa son democráticas, casi todas son presidencialistas.

ESTADOS UNITARIOS
O poder principal está no goberno central e no goberno federal o poder procede de cada territorio. O poder central pode trasladar competencia aos territorios e no federal ao revés. España é un estado unitario pero descentralizado porque o poder central trasladou competencias aos territorios (comunidades autónomas) que son 17. Desas 17, 7 son uniprovinciais (Asturias, Cantabria, A Rioxa, Madrid, Murcia, Navarra e Baleares). As outras 10 (Galicia, País Vasco, Castela e León, Castela a Mancha, Canarias, Cataluña, Aragón, Comunidade Valenciana, Andalucía e Estremadura). Hoxe máis da metade dependen das comunidades autónomas (educación e saúde). O goberno central mantén relacións con outros países, imparte xustiza, economía e fiscalidade.

COORDENADAS
A latitude (norte e sur) vai de 0ºC a 90ºC. Os paralelos chámanse trópicos. Hai dous, un no hemisferio norte (trópico de cáncer) e outro no hemisferio sur (trópico de capricornio). Os dous están a 23ºC. O círculo polar está a 66ºC e o poalr ártico a 90ºC.
A lonxitude (leste e oeste). Os paralelos están marcados polos meridianos. Hai un meridiano 0. A lonxitude ten de 0ºC a 180ºC e hai que indicar sempre leste ou este.

No hay comentarios:

Publicar un comentario