martes, 8 de noviembre de 2011

RESUMEN TEMA 2 DE LINGUA GALEGA 3º ESO : O ACRECEMENTO INTERNO E INTERNO, ORACIÓN, FUNCIÓN DA ORACIÓN, LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA, LINGUA E SOCIEDADE, CANTIGA DE AMOR E DE AMIGO

O ACRECEMENTO INTERNO : permite crear palabras novas a través de procedementos propios do galego (derivación, composición) EX: palabra nova : beirarúa – vén de : beira+rúa procedemento : composición
O ACRECEMENTO EXTERNO : consiste na incorporación de préstamos doutros idiomas EX: palabra nova : fútbol – vén de : football (inglés) – procedemento : préstamo

ORACIÓN : é unha unidade morfosintáctica independente con sentido completo e que remata en pausa (Esa nena ten sede.). Adoita estar formada por varias frases, cunha soa frase verbal (ten sede,), único constituínte obrigado da oración.
FUNCIÓNS DA ORACIÓN :
- PREDICADO (P) : é a función fundamental da oración. Hai oracións que están formadas unicamente por un predicado (EX: Ceaches? Chegaron.). Sempre está formado por unha frase verbal (fv) que ten como núcleo un verbo. (EX: A nena le un libro).   
 - SUXEITO (S) : é o que realiza a función do predicado, concorda con el en número e persoa (EX: Os nenos xogaron un partido.). Pode haber suxeito elíptico (EX: atopei as chaves no chan.) 
-  OBXECTO DIRECTO (OD) : é o elemento sobre quen recae a acción, necesítase para completar a información e recoñecémolo coa substitución polos pronomes átonos (o, a, os, as, lo, la, las, no, na, nos, nas) (EX: O neno fixo… (un debuxo, unha pelota... – o neno fixoo). O OD tamén pode estar formado por unha frase coa preposición a cando fai referencia a unha persoa con nomes propios e con pronomes tónicos (EX: visitei a Uxía.)
- OBXECTO INDIRECTO (OI) : indica quen é o beneficiario indirecto da acción expresada polo verbo e recoñecémolo coa substitución por un pronome persoal átono (me, che, lle, nos, vos lles) (EX: Comprei un xoguete ao meu irmán – compreille un xoguete). Ás veces o OI aparece redobrado (deixeille o libro a Ana)
- PREDICATIVO (PVO) : é a función semellante ao atributo, pero que aparece cos verbos predicativos, non cos copulativos. Esta función é desempeñada por un adxectivo ou unha frase adxectiva. (EX: María quedou encantada co teu agasallo.)
- COMPLEMENTO DE RÉXIME (CR) : É un complemento propio dos verbos que rexen preposición (falar de, atoparse con, lembrarse de...). Esta función é sempre realizada por unha frase preposicional (EX:
Ela falaba de cine.)
- COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL (CC) : expresa as circunstancias de tempo, lugar, modo, compañía, cantidade... nas que se desenvolve a acción verbal.
- ATRIBUTO (ATR) : é o complemento propio das oracións con verbos copulativos(ser, estar, parecer...).
- COMPLEMENTO AXENTE ( AX) : é un complemento que se emprega na oración pasiva e indica quen realiza a función expresada polo verbo. Está formado por unha frase preposicional introducida pola preposición por (EX: A proposta foi aprobada por todos os empresarios.)

LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA : os seus medios máis expresivos son as unidades de acción (plano, escena e secuencia), os encadres e os efectos sonoros e visuais.

LINGUA E SOCIEDADE : no S. IX en Galicia xa non se falaba latín, senón galego-portugués, que recibe este nome porque era o mesmo idioma ao norte e ao sur do Miño. Esta lingua era usada por toda a poboación, en calquera ámbito e circunstancia.

A CANTIGA DE AMIGOS:é aquela na que unha moza expón os seus sentimentos amorosos cara ao seu namorado. A voz é, daquela, feminina e a palabra clave adoita aparecer nos primeiros versos é amigo.
A CANTIGA DE AMOR : é aquela na que un trobador fala dos sentimentos que lle esperta a súa amada. A voz é, daquela, masculina e a palabra clave que aparece sempre nos primeiros versos é señor.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario