RESUMEN
A partir da lenda da existencia da Gran Besta e da atracción desta pola protagonista, desenvolve ademais unha dobre historia de amor. A novela constrúese a partir dunha historia principal relatada por un dos seus protagonistas, o psiquiatra Víctor Moldes, quen, tres anos despois de ocorridos os feitos, narra os acontecementos que o empuxaron a abandonar a súa profesión e que o obrigan a vivir nun desacougo permanente. Cando o doutor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, situada nun pazo magnífico no Baixo Miño, ocúpase de Laura Novo, unha muller nova e coa memoria borrada a quen ninguén ata ese momento lograra axudar. Laura pasa o día enteiro escribindo de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dun naufraxio persoal. O doutor conseguirá achegarse a ela utilizando unha terapia innovadora baseada na lectura e é así como Laura recorda todo o que lle sucedeu nos meses anteriores dende que sentiu a presencia dunha escura sombra na súa vida. Utilizando o seu gusto pola escritura, o doutor proponlle que escriba todo o que recorde. Laura toma a voz do relato para contar en primeira persoa todos os acontecementos que veñen á súa memoria. Deste xeito imos coñecendo os espacios da súa vida comezando por Madrid, lugar do fracaso da súa relación sentimental con Miguel e de dificultades laborais; e tamén a súa necesidade dunha viaxe de fuxida que a conduce, case por azar e tras atopar información en Internet sobre o turismo rural en Galicia, á Casa Grande de Lanzós e a Carlos Varcárcel, un nome que evoca de súpeto moitas lembranzas do pasado asociadas á súa adolescencia na Coruña, onde viviu despois de se trasladar alí coa súa familia dende Pontedeume, o seu lugar de nacemento. Este tempo de adolescencia vén marcado polo seu paso polo instituto e polo seu namoramento do seu pro- fesor de historia, precisamente Carlos Valcárcel. Un novo traslado de seu pai afástaa da Coruña e tamén de Carlos. De aí que Lanzós supoña para Laura, ademais do reencontro con Galicia, a posibilidade de retomar o contacto con Carlos e de lograr o acougo consigo mesma rodeada da natureza, tras tantos anos de vida na cidade. Pero tamén supón o encontro coas supersticións rurais da man de Moncho, o caseiro da casa rural, que nacen a causa do seu aspecto atractivo e da cor roxa do seu pelo e xiran ó redor da idea da existencia da porta do inferno nos montes de San Simón, onde segundo as crenzas populares dorme a Gran Besta que Laura podería espertar coa súa presencia. Trala primeira semente do medo, Laura volve a Madrid e descobre o contraste entre a paz e o illamento da casa rural e a animación da cidade e das súas rúas no Nadal. Alí rompe definitivamente con Miguel e volve a Lanzós onde continúan as súas teimas ata chegar a unha neurose obsesiva que supón o clímax do relato, marcado por un aumento da tensión narrativa e a presencia de elementos ó redor do terror. O doutor Moldes, trala lectura da historia de Laura, intenta seguir axudándoa e atopar respostas que completen as lagoas do relato. Procurando información reconstrúe a viaxe da rapaza dende Vilalba á aldea de Lanzós, percorre San Simón e a Cova de Fornos e acode despois a Porto, cidade na que vive Carlos, quen abandonou Lanzós para estar preto de Laura mesmo sen que ela o soubese. Mais sen querer e dun xeito inexorable, os acontecementos devalan cara ó misterio e Laura desaparece sen que o mesmo doutor Moldes poida atopar unha explicación lóxica.
RESUMEN POR CAPÍTULOS
Narrador, Víctor Moldes: decide relatar uns sucesos, que leva intentando esquecer e non pode dende hai 3 anos, para así liberarse. 12-09-1999, 32 anos, empeza a traballar na Clínica Beira Verde, centro psiquiátrico no Baixo Miño. Xa dende pequeno gustáballe a psiquiatría (lera libros). Excelentes notas e resultados na Universidade Clínica: excelente reputación, situación, instalacións...con dous famosos especialistas a cargo. Montenegro: o contrata non por currículo ou notas, pero por interese e paixón por facetas da vida. Dr. Moldes agradado. Chegan ao corredor escuro, blindado, muros... e con celas. Montenegro di: pensados para albergar enfermos violentos ou con tendencias suicidas, todas valeiras menos 1: Laura Novo, 31, guapa, pelo roxo, 3 meses e sen progresos. So escribe o seu nome en folios (cámaras). Os seus ollos expresivos: desacougo e angustia. El se interesa, entón Montenegro: benvido á clínica, esta é a súa primeira paciente.
2) Estando o doutor admirando a súa habitación e as vistas, lle chega historial de Laura Novo: biografía, doc. complementarios e datos de evolución e un libro escrito por ela (sorprendido). Biografía: naceu Pontedeume, 1968, pais + irmán, de moza en Coruña e despois Madrid. Licenciada en Periodismo e CCSS. Moitos traballos de certa importancia, algúns libros sen moito éxito. Vivía soa. Pai + irmán se distancian, nai morre. Había un ano, volvera a Galicia sen explicación. Accidente: raio cerca e causoulle un shock, no hospital, onde diagnostícanlle as 1s anomalías psíquicas (angustia). Última parte moi escasa. Non cadraba o do raio e llo di a Montenegro, el de acordo, di que para disimular porque non saben o que lle pasa, especialmente dende que chegou a Galicia.
3)Le os relatos de Laura, bastante frouxos; pero dende punto de vista clínicos moi útiles. Laura falaba do poder dos libros e da literatura. Inventa terapia nova: vai á cela de Laura e mentres ela escribe el le sen parar. De cando en cando, espasmos, crise de ausencia, e logo segue a escribir. Así 3 días, ó cuarto empeza a reaccionar. Mañá seguinte: leva libros de Grimm e outros contos fantásticos (que espertan ganas de vivir) e le en voz alta. Ela escoita. Pouco a pouco colle confianza, senta cerca del. Entón el comeza a ler novelas en vez de contos (Illa do Tesouro, Gabriel G M...) e un día, sen parar de ler, vai ó xardín das buganvíleas, ela o segue (lugar para meditar) Mellora, aunque aínda ten algunha crise. Le entón unha novela que fala da historia de amor dun escritor, ela bágoas e di: tamén eu escribía (1ª), e botouse a correr cara a cela.
4) Laura vixiada constantemente, pero agora en habitación. Xa fala co doutor cando este lle está a ler, pero monosílabos e frases cortas, a veces conversan, ela colle confianza. Ela di que non se lembra do que aconteceu dende que chegou a Galicia. Tampouco lembraba os soños, pero pesadelos, así que o doutor quere ver: se axita e berra, a esperta e pregúntalle: pasadizo sen fin, ó fondo luz fosforescente, quedaba cravada o chan, con medo a seguir, a luz fosforescente medraba e iso causáballe pánico e berraba (típico). Decide en vez ós xardíns, ir a vilas do Baixo Miño ou ata Portugal. Un día en Caminha (P), comendo lumbrigante, outra crise, rostro de terror e se desmaia. Logo non recorda nada. Outro día en Santa Tegra, van ó museo arqueolóxico, ela regálalle un colgante que hai levar sempre con el. Contemplando unha laxe, pega un grito e escapa. A atopan, pero durante 3 días non fala. Ó terceiro volve a falar con moita naturalidade. Van ó pavillón das buganvíleas e cóntalle como vai recordando o que lle aconteceu aínda que non o pode expresar. Deciden que o escriba, ela primeiro medo a lembrar, logo acepta.
5) Narradora: Laura. Conta o que lle aconteceu para abandonar Madrid e vir a Galicia. Temor a inicia-lo relato. Verán de 1998. Van pasa-lo verán ó chalé de Marbella dos pais de Miguel (noivo dende hai dous anos). Vacacións horribles. Profesionalmente: crítica ó ministro de cultura, así que poucas posibilidades, despedida. 1ª idea de marchar de Madrid. Ve en Internet casas de turismo rural de Galicia, atráelle a idea, decídese por unha a nome de Carlos Valcárcel, o seu amor adolescente. Envía e-mail e pregunta por Arnoia, Arnoia de Méndez Ferrín, para confirmar se é o seu Carlos V. Contestación: si hai libro na miña biblioteca persoal, non na pública. Coñecín a unha L.N. á que tamén lle gustaba. É vostede? Entón reserva e despídese de Miguel sen dar explicacións.
6) Viaxe a Galicia longa, xanta en Ponferrada. Admira paisaxe, belísimo, sensación de tranquilidade. Conta a historia de Carlos: ela 16, bacharelato, vén un profesor novo de Historia Contemporánea (C), 30, alto, delgado, gafas que daban aire intelectual. As súas clases moi amenas, Laura se namora del, boa estudiante. El dálle para que lea Arnoia, Arnoia. Ela devólvello cunha nota dentro, un poema de amor por Pablo Neruda. Non hai reacción por parte del. Ó remata-lo curso dinlle a ela que se mudan a Madrid, ela triste por Carlos. Ó pasa-lo tempo o supera e pensa que se ha esquecido, pero non é así.
Chega á Casa Grande de Lanzós, en Vilalba, preciosa, ela moi ilusionada.
7) Carlos se ergue a saudala, amable, actúa de anfitrión. A conduce ata o seu cuarto, todo preparado, Internet, mesa de traballo, todo perfecto, pois é a súa invitada. Laura moi contenta baixa para cear con Carlos. Na cea falan do que lles aconteceu a cada un dende o verán do 83. Ela cóntalle o ascenso do seu pai, a universidade, os traballos, o divorcio dos seus pais, a morte da nai, o distanciamento do irmán e de Miguel. El di: cóntame dende que te fuches tendo 17 anos e de quen non me podía namorar. Así moitas indirectas. El conta: o meu estilo non encaixaba co do profesorado e ata queixas dos pais pola miña orientación á política, aínda que si gustaba ós alumnos. No 88 morre pai e a tía, a súa 2ª nai. Herda da familia paterna moitas terras. Viaxa durante dous anos e decide volver a Galicia definitivamente, á Casa Grande onde pasara os veráns coa súa nai, que morrera nun accidente cando el 15 anos. A repara e a converte nunha casa de turismo rural inaugurada no 93. Moncho, María e filla e outras 3. Negocio rentable.
Dan unha volta para falar da vida sentimental de Carlos: casado e divorciado sen fillos, boa amizade con ela. Laura vaise deitar feliz.
8) Pásao moi ben na Casa Grande. Tódolos días fan ela e Carlos excursións. Dous matrimonios sempre, uns de Lugo e os outros de Vigo, os dous encantadores, con fillos que lle daban alegría ó lugar. Todo o persoal amabilísimo con ela, menos Moncho, ela sorprendida e intenta indagar. Pregúntalle a Carlos. Cóntalle que é por unha lenda popular, que ó seren unha muller fermosa e de pelo vermello hai espertar á Gran Besta (o demo) e, como unha das portas ó inferno está nos montes de San Simón, onde eles estiveran de excursión. El ten medo. Laura dille a Carlos que intentará esquecelo, pero agora sabe que estaba equivocada.
9) Carlos se va e Laura pasa un día soa. Traballa un pouco e vai visitar San Simón co can de Carlos: Dédalo. Ven unha cova, entran, seguen ata que chega un momento que xa non hai luz e entón o can ponse a ladrar. Laura frea, menos mal, pois había un pozo moi profundo (o can salvoulle a vida). Volve e pensa que non foi importante. A partir de ese día vólvese paranoica, pensa que a seguen e a observan, sobre todo cando está soa. Proba: Carlos saca unhas fotos dela e detrás, na paisaxe, saen sombras. Ela está véndoas, cando aparece Moncho, que cre que é a Gran Besta e llo di a Carlos.
10) Di que lle custa continuar escribindo, porque sucesos moi horribles. Pouco a pouco vaise volvendo máis paranoica. Esa sensación medra, e solo se refuxia na súa tese e busca sempre compaña. Comeza a ter pesadelos de que un temor se apodera dela, pero ela non pode move-los pés, e ata berraba. Moncho igual de antipático e segue lanzando indirectas. Todo parece ir mellorando a finais de novembro cando...
Unha noite espertan Carlos e Laura porque ladridos e ouveos. Baixan e Carlos sae a ver que pasa mentres Laura aluma coa lanterna. Encontran a Dédalo morto. Pasan a noite en vela. Ó día seguinte veñen Moncho e María. Enterran ó can no horto. Varias hipóteses: Carlos - xabaril, María - lobos e Moncho bótalle a culpa a Laura. Pensa que pode olvidalo, que só é un animal, pero agora decátase de que debería haber feito caso do sinal e saído da Casa Grande.
11) Segue escribindo porque llo di o doutor pero se por ela fose pararía. Faise cada vez máis preguntas e, inconscientemente relaciona o can cos mitos. Na ponte de decembro, veñen familias habituais. Entre elas unha que ten unha filla de 16 anos: Iria, a que admira a Laura e quere ser periodista. Ata tinguiu o pelo vermello. Un día sae en bicicleta, ás 7 comezan todos a preocuparse e van na súa procura. A atopan medio morta con feridas de arma branca nas costas (Laura aterrorizada e o relaciona co do can, só que esta vez non é un xabaril). Todos preocupadísimos, despois da operación o médico di que se librou dunha morte segura. Laura na habitación, unha nota por debaixo da porta: Iria foi unha equivocación, á que buscaban era a ti, fuxe! Á mañá seguinte baixa e están todos agardando: policías, investigadores. Toma a decisión de fuxir da Casa Grande, a Carlos dille que é só por Nadal.
12) En Madrid fala con Miguel e corta definitivamente con el, o que foi un alivio. Carlos mándalle un correo no que lle di o que en verdade lle aconteceu a Iria: volvía xa por un atallo cando foi atacada por detrás de súpeto. Di que o único que viu foi unha sombra negra e uns ollos cheos de malicia. Prenderan a un home novo que estaba en liberdade condicional e que non tiña coartada e estaba no lugar equivocado no momento equivocado pero que negaba a súa participación. Carlos dille que sabe que marchou polos pesadelos que pasan pola súa cabeza e que a comprende e intenta tranquilizala e facer que volva, dille que o da nota anónima foi Moncho, que pedira perdón. Laura recibe unha carta del, que vai unida a un poema de amor de Pessoa, é unha carta de amor (“ridícula porque todas o son”). Nela escríbelle cousas moi bonitas e ese mesmo día ponse en camiño (finais xaneiro).
13) O reencontro dos namorados foi un suceso magnífico, Laura pasou as mellores semanas da súa vida (febreiro e marzo). Externamente gardaban as formas, pero aínda así era evidente. Isto faina máis inspirada na tese. Moncho segue igual, pero Laura o ignora, igual que xa non ten pesadelos nen a sensación de que a seguen e a observan. Un día Carlos sae de caza, Laura dálle un foulard para que o “protexa e se acorde dela”. Volve tarde e sen foulard. Laura molesta. El dille que mercará outro, que non se preocupe, ela non está preocupada, dálle igual, e tampouco lle preocupa que pasase cerca da cova onde ela estivera había uns meses, pero esa noite esperta entre berros e suor.
14) Volve a sensación de estar vixiada. Carlos a apoia e a anima e en maio, cando o tempo mellora e a Casa vólvese a encher de xente ela tamén mellora. (A relación ía deteriorándose). Despois da ponte do 1 de maio, a Casa volve quedar baleira. Laura decide dar un paseo e ler un libro no monte. De súpeto, levántase unha tormenta e Laura dáse conta tarde. Logra chegar a unha corredoira escura, e polo medo sae correndo e, cando mira para atrás, descobre unha gran masa negra viscosa que vai ata ela. Bota a correr polo campo (xa sabe que é perigoso), tropeza, a masa comeza a coller forma e entón cáelle un raio. Ela desmáiase. Xa no hospital os médicos din que foi moi estraño que o raio non caese sobre ela, é o único que lembra, pois a partir de aí hai un baleiro na súa cabeza. Está contenta de ter rematado o relato e espera recuperarse.
15) Narrador: Víctor. Os escritos de Laura provócanlle desconcerto. Pensa que algúns reais e outros ficticios, así que vai a Lugo a confirmar se existían os técnicos do museo e a súa filla Iria. Sospeitas confirmadas, e decide ir á Casa Grande. Polo camiño. pregunta á xente, e unha muller dille que xa non vive ninguén dende hai un ano. Tras confirmar que a casa está abandonada vai a San Simón e entra na cova do pozo tras destapiala. Cre que a gruta e casa para algúns xabarís polo fedor e as respiracións axitadas como de animal. Sente medo e, cando da a volta, o colgante de Santa Tegra que lle regalara Laura cae polo pozo. Non lle da moita importancia e volve para a clínica.
16) Despois desta viaxe Laura empeora ata o fondo. Volven os pesadelos, a sensación de que a observan, dificultade de concentración e volve a estar atrapada no seu mundo de sombras e fantasmas. Ata intenta fuxir, ninguén sabe como facer. Entón Víctor decide ir visitar a Carlos, a última peza do puzle (el estivera a pagar a estancia de Laura na clínica e pola cuenta bancaria descobren onde vive: Portugal). Carlos acepta a visita, visiblemente desmellorado polos anos. Víctor non pode resistir pensar que Carlos é o único obstáculo entre el e máis Laura. Carlos conta que el a levou ó hospital e logo á mellor clínica e que queimou tódolos enseres e obxectos que ela deixara na Casa G e despois pechou. Dille que o queimou todo para que Laura puidese estar a salvo...da Gran Besta!
17) Víctor non o cre e os dous se enfrascan nunha conversación intelectual: Carlos dille que hai un tempo non o houbese crido, pero agora estaba seguro. Víctor di que é todo unha neurose, irreal e fala de Jung e Freud, que escribiran ensaios de psicología. Víctor intenta convencelo desesperado, pero Carlos dille que nin se moleste. Entón lle conta: A Gran Besta foi espertada hai case un ano, e, según a lenda, ese é o tempo que agarda entre nós e tarda en volver durmir ata que alguén a volva espertar. Dende o primeiro ataque, Dédalo, xa hai case un ano, así que Laura está en perigo. Víctor pensa que tal vez cando fora á cova deixase as suficientes pegadas ata a clínica e así a besta poder chegar ata alí. Despídese e volve correndo atopándose nun atasco.
18) Cando chega á clínica é demasiado tarde. O Dr. Montenegro cóntalle que Laura escapou durante un apagón de luz causado por un raio, posiblemente coa axuda de alguén de fóra, pois a cerradura da galería estaba manipulada dende o exterior. Ata pensa en Carlos Valcárcel. Víctor correu ata a habitación de Laura. A Montenegro o convence e di que coincide na súa teoría de Carlos Valcárcel e lle mente dicindo que non o atopou en Portugal, pero a realidade é outra: ve a porta marcada con restos de garras e un fedor nauseabundo que recoñece da cova e, na habitación ve pegadas de besta e as borra. Entón comprende que é tarde e nunca volverá ver a Laura. O que de verdade o confirma é o colgante celta que atopa no cuarto e que lle caera na cova. Durante estes tres anos intentara ocultar esta realidade para que a demais xente vivise tranquila, abandona a psiquiatría, atorméntase e ata pensa en suicidarse. Agora pensa que xa está preparado e por iso escribiu este libro.
1- TÍTULO :Aire negro
2- AUTOR : Agustín Fernández Paz
4- BIOGRAFÍA BREVE DO AUTOR : Agustín Fernández Paz, naceu no ano 1947 en Vilalba. Ademáis de escritor, é profesor de Lingua Galega e quizáis o autor máis premiado neste idioma. Escribiu máis libros xuvenis como corredores de sombra, cartas de inverno e noite de voraces sombras.
5- XÉNERO AO QUE PERTENCE A OBRA : misterio e terror
6- TEMA : trata dunha enferma mental que escribe compulsivamente o seu nombre e de cómo se recupera.
7- ARGUMENTO : O doutor Víctor Moldes comeza a traballar nunha clínica psiquiátrica chamada Beira Verde. O doutor trata coma primeira paciente a Laura Novo, unha rapaza que pasa as horas nunha cela escribindo o seu nome en folios. O doutor consegue, a través dunhas lecturas en voz alta, gañar a confianza da súa paciente e ao longo das semanas comezan unha boa amizade. Víctor suxírelle que escriba as súas lembranzas,e así o fai. Grazas a isto descubrimos os recordos de Laura, dende a adolescencia ata o accidente: o raio que caera ao carón dela. O segredo está na cor roxa do seu cabelo, a que espertou A Gran Besta, deste modo Víctor e mais ela sofren graves consecuencias que os marcarán ao longo das súas vidas.
8- CITA E DESCRIBE OS PERSONAXES PRINCIPAIS
LAURA NOVO : Enferma mental que padece neurosis. É unha muller de trinta e un anos cunha aparencia física na que destaca o seu pelo intensamente roxo. Coñecémola na cela dun psiquiátrico, sentada nunha cadeira e debruzada sobre unha da súa escrita. Laura atópase perdida e desconectada da realidade, aparentemente, segundo os informes médicos, a causa da caída dun raio que lle provocou un forte shock. Mais algo nos seus ollos revela que algo aterrador lle sucedeu e, pouco a pouco e coa axuda do doutor Moldes, logrará abrir a súa mente e relatar por escrito os feitos que a conduciron ó seu estado actual. Mais nada parece poder afastala da chamada dunha dimensión misteriosa e descoñecida, e finalmente desaparecerá sen que ninguén poida facer nada por ela nin atopar unha explicación lóxica do sucedido. É a protagonista.
DOCTOR VÍCTOR MOLDE : É un psiquiatra novo e brillante que consegue un posto na prestixiosa Clínica Beira Verde. Alí terá como primeira paciente a Laura Novo, un caso difícil no que se volca profesionalmente agardando obter algún resultado. A súa conexión coa rapaza é inmediata. Ante a ollada chea de intenso desacougo e angustia de Laura, o doutor sente coma se unha corrente eléctrica o traspasase de arriba abaixo e queda conmocionado. Imponse como obxectivo achegarse á súa paciente, gañar o seu aprecio e a súa confianza e unha terapia innovadora baseada na literatura dará os seus froitos. Pero a súa implicación cada vez maior no caso terá como consecuencia, sen sabelo, o decorrer dos feitos cara á un destino do que Laura parece non poder escapar e, ó mesmo tempo, a caída precipitada de todas as súas conviccións científicas ante a ausencia de explicacións lóxicas e un traspaso daquela sensación de desacougo que, segundo se intúe, permanecerá con el mentres viva. É o coprotagonista.
DOCTOR MONTENEGRO : É o director do centro de axuda psiquiátrica Ribera Verde e un prestixioso psicólogo internacional.
CARLOS VALCÁRCEL : Coñecémolo primeiro a través do relato de Laura e sabemos que foi o seu profesor de historia do instituto e o seu amor da adolescencia. Retoma a relación con ela cando a aloxa na súa casa rural, un lugar que se converterá nun principio nun pequeno paraíso de paz, amor e illamento para ambos, axiña interrompido polas crenzas populares, que veñen da man de Moncho, un dos empregados do negocio. Máis avanzado o relato, coñecemos a versión dos feitos de Carlos pola visita que lle fai o doutor Moldes á cidade de Porto, onde se trasladou tras queimar as pertenzas de Laura e pechar a casa rural, coa intención de borrar o seu rastro e poñela a salvo da Gran Besta. Carlos, tralo seu descremento inicial nas lendas rurais, réndese á evidencia da existencia dunha realidade terrible que ameaza a existencia de Laura. É protagonista.
MONCHO : Encargado do mantenemento da Casa Grande. É o único que se da conta que Laura despertara á gran besta.
MARÍA Y GLORIA : Muller e filla de Moncho.
DÉDALO : can de Carlos. É o salvador de Laura xa que evitou que caera polo pozo e foi o primeiro en darse conta de que a Gran Besta despertara, tamén foi a sús primeira vítima.
XARO Y SEBASTIÁN : Parella habitual da Casa Grande, traballan no museo e están facendo un libro sobre os mitos e monstruo que habitan en Galicia. Teñen unha filla chamada Iria.
IRIA: filla de Xaro e Sebastián, é unha gran admiradora de Laura e imítaa o máis posible, cometeu o erro de tintar o pelo de roxo e foi atacada pola Gran Besta.
GRAN BESTA: Besta lexendaria que habita nun mundo inferior e é a creadora de todos os males, adoita
ir á superficie por razóns moi importantes, como por unha rapaza atractiva de pelo roxo. Como en todo bo libro de ficción non pode faltar a Besta. É a antagonista e un dos poucos que consegue o que quería, quedarse coa rapaza.
9- LUGAR NO QUE SE DESENVOVLE A ACCION : esta novela xuvenil sitúase en Galicia , nun psiquiatra.
10- O TEMPO :
- ¿En qué época sucede a historia narrada? ¿En cánto tempo transcorre a historia?
A historia sucede na realidade e dura uns 3 anos desde o principio ata a confesión que fai o doctor Moldes, aínda que a historia de Laura ata o chorro sucede en 5 meses máis o menos.
· ¿É o mesmo tempo o da narración que o da historia, ou a narración é posterior aos feitos que conta?
A narración é posterior aos feitos, xa que está contado como dúas confesións, primeiro a do doctor Molde e despois a de Laura que corta pola metade á do doctor Molde para logo proseguir con ela.
¿Qué tipo de narrador conta a obra, é un narrador situado fora da historia e que o coñece todo sobre os personaxes e os feitos (narrador omnisciente), ou é un personaxe mismo da obra?
É un personxje, xa que primeiramente é o doctor Moldes, logo é Laura e por último volve a ser o doctor Moldes.
¿Si tiveras que dividir o libro na presentación, nudo e desenlace, qué capítulos porrías en cada parte?
Introducción: Do capítulo 1 ao capítulo 4
Nudo: Do capítulo 5 ao capítulo 15
Desenlace: Do capítulo 16 ao capítulo 18
11- TIPO DE LINGUAXE QUE O AUTOR UTILIZA : Usa unha linguaxe culta en ocasións, e noutras, usa o urbán (- Trátase dunha clínica excelente con todos os adiantos materiais e cunha avanzadísima concepción do traballo psiquiátrico.)
12- O PODER DA LITERATURA : poder da literatura para facernos vivir outras vidas e outras historias mesmo para termar da nosa propia existencia en momentos difíciles.O doutor Moldes emprega con Laura, deixándose levar pola intuición, unha novidosa terapia baseada na lectura. Así, desfilan polas páxinas da novela obras de autores da literatura universal como os irmáns Grimm, Jack London, Kipling, Cunqueiro, Roald Dahl, Cortázar, Stevenson, García Márquez, Dostoievski, Saramago ou Paul Auster, entre outros.
A IMPORTANCIA DE VALORES : como a curiosidade, a apertura a outros coñecementos ademais dos meramente académicos e o valor da intuición para interpretar determinados feitos que escapan á razón.
A DIFERENCIA ENTRE A VIDA NA CIDADE E A VIDA RURAL : O reencontro coa natureza e a integración coa paisaxe. A cultura urbana fronte á cultural rural chea de mitos ancestrais e supersticións.
13- ¿QUE OUTRO FIN LLE DARÍAS? : daríalle un final menos inquietante, como que Laura e Víctor se enamoraban ou algo así, ou que Laura saíse de aí, o que no libro ocorre, pero non desa forma, que Carlos a viñese recoller despois de falar co doutor.
14- OPINION : pareceume moi interesante e intrigante e creo que lles gustará ás persoas que sexan un pouco curiosas aínda que no lles guste ler.
No hay comentarios:
Publicar un comentario