miércoles, 2 de noviembre de 2011

RESUMEN FÍSICA E QUÍMICA A MEDIDA 3º ESO

A MEDIDA

CONCEPTOS BÁSICOS
MAGNITUDE FÍSICA : propiedade dos corpos que se pode medir. Non son magnitudes físicas u odio, a fame, os sentimentos…
MEDIR : é comparar unha cantidade descoñecida de certa magnitude con outra cantidade perfectamente coñecida desa mesma magnitude.
UNIDADE : é unha cantidade establecida para cada magnitude que se emprega para medir.
SISTEMA DE UNIDADES : é un conxunto ordenado de unidades de medida que garda entre sí relacións definidas e sinxelas. O sistema máis coñecido é o Sistema Internacional de Medidas (SI).
MAGNITUDES, UNIDADES E SÍMBOLO : masa, quilogramo, kg – lonxitude, metro, m – tempo, segundo, s – temperatura, kelvin, k – velocidade, metro/seg., m/s – superficie, metro cuadrado, m2 – volume, metro cúbico, m3 – densidade, quilogramo/metro cúbico, kg/m3.
As magnitudes poden ser de dous tipos :
- MAGNITUDES FUNDAMENTAIS : son aquelas máis sinxelas que non dependen de ningunha outra (EX: masa, lonxitude, tempo, temperatura).
- MAGNITUDES DERIVADAS : son aquelas que se obteñen por combinación de outras (EX: velocidade, superficie, volume, densidade).
As magnitudes tamén se poden clasificar en escalares e vectoriais. As escalares son as que inician simplemente un número. Nas vectoriais hai que indicar, ademais da cantidade, a dirección e o sentido (EX: velocidade, aceleración). A dirección e o sentido indícanse mediante un vector (un segmento orientado).
O módulo indica o tamaño do reactor. A dirección é a recta na que se apoia o vector. Cada dirección ten dous sentidos, o sentido indícase ca punta da frecha e sinala cara onde está dirixido. Para expresar cantidades moi grandes ou moi pequenas dalgunha magnitude non resulta cómodo expresalas nas unidades que marca o sistema internacional, por esa razón úsanse múltiplos e submúltiplos :
hexa, H, 10    - peta, P, 10   - tera, T, 10   xiga, G, 10   - mega, M, 10   - kilo, K, 10   - hecto, ha, 10   - deca, da, 10 – unidade, 1 – deci, d, 0,1 = 10   - centi, c, 0,01 = 10   - mili, m, 0,001 = 10   - micro,    , 10   -
nano, n, 10   - pico, p, 10   - fento, f, 10    - alto, a, 10
Estes prefixos pódense aplicar a calquera unidade.

CAMBIO DE UNIDADES CON FACTORES DE CONVERSIÓN
ESCALAS DE VOLUMEN : kl = m3  -  l = dm3  -  ml = cm3
A DENSIDADE : é a relación que hai entre a masa e o volume dun corpo (masa/volume).

NOTACIÓN CIENTÍFICA
CIFRAS SIGNIFICATIVAS E INCERTIDUME
Indícase calquera cantidade cunha cifra enteira distinta de cero, os decimais que corresponden é a potencia de 10 necesaria  (EX: 1,8 = 10  ). As cifras que se indican diante da potencia de 10 chámanse cifras SIGNIFICATIVAS (1,8). A INCERTIDUME dun valor medido depende da técnica empregada e indica a máxima diferencia que pode existir entre o que se mide e o valor real (EX: se medimos unha mesa cun metro normal, poderíamos dar un dato de 52,3 mm, sen embargo se a mesma mesa a medimos cunha regra que só marca cm o dato sería de 5,23 cm).

No hay comentarios:

Publicar un comentario