Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega 4º eso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega 4º eso. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de diciembre de 2013

resumen libro "Dos arquivos do Trasno" de Rafael Dieste

DOS ARQUIVOS DO TRASNO (Rafael Dieste)
Este libro, formado por relatos breves, é unha das xoias máis valiosas da literatura galega. Publicado por primeira vez en 1926 con só oito contos. Dieste foi engadíndolle pezas ata chegar as vinte, que compoñen a versión definitiva desta pequena e dedicada obra mestra.
Respecto ao titulo deste libro ten ese nome, xa que está formado por varias historias recapituladas (arquivos) onde xorden diferentes acontecementos algo misteriosos (do Trasno).

RESUMEN
SOBRE DA MORTE DE BIEITO  
Trata sobre o momento en que levan ó Bieito no ataúde para enterralo no camposanto, un dos que portaba o cadaleito oíu un rebulir dentro, pero por vergoña e por mor a ser acusado de troleiro, non dixo nada. O rematar o enterro o home decidiu volver ó camposanto para desenterralo, pero canda xa estaba co sacho nas mans oíu q se achegaba xente, e botou a correr. E así rematou todo, sen saber se o Bieito ía vivo ou morto.
DE CÓMO SE CONDENOU O RAMIRES
O Ramires, despois de andar por outras terras ó longo da súa vida, decidiu ir a súa aldea para morrer. Era herexe, non cría en Deus. Xa cando estaba a piques de morrer o crego foi xunto del para confesalo e que fora ben con Deus, pero el negouse, morrendo herexe a pesar de que a súa dona llo pedira.
A VOLTA
A señora Resenda e o señor Resende so pensaban no regreso do seu fillo, Andresiño, o cal marchara hai moito tempo. Pasado o tempo o señor Resende morreu, ao ver que o seu fillo non volvía. A señora Resenda pasou todo o inverno soa agardando por él. Un día pola noite escoitou un ruído na casa, ela pensou que era o Andresiño e baixou correndo. Ó dia seguinte os veciños atopárona morta cos ollos ben abertos, e nunca mais se soubo do asunto.
A LUZ EN SILENCIO
Trátase dun home o cal recibiu unha casa vella por herdanza, na cal vivía un labrego, e tivo que ir ata ala para arranxar os papeis. Ese día pola noite tivo que erguerse para revisar unhas notas que tiña nunca habitación, ó volver divisou unha sombra no cirio, como se alguén estivese a aguantar del, pero ó achegarse non viu nada. Meteuse na cama e esqueceu o ocorrido.
A HISTORIA DUN XOGUETE
Nesta historia un home chamado Bastián, mariñeiro de profesión, ocorréuselle a idea de construír un barco de xoguete para o seu fillo, ao que lle chamou “Nosa señora do Carme”. Fórono probar para ver se flotaba, pero afundiu. O Bastián marchou e nunca máis se soubo del. Pasado o tempo, o fillo pequeño atopou o barco na praia, alegrouse moito e colgouno nunha repisa da casa, mirando cara o mar.
O VELLO MORENO
O vello Moreno era un mariñeiro. Un día estaba él cuns amigos nunha taberna falando de mulleres, cando empezou a contar unha historia sobre unha muller casada cun mariñeiro, e cando este estaba no mar a muller enganábao con outros homes. Pouco a pouco a aldea foino sabendo, chegando a oídos do marido. Un día a muller foi ó peirao cos fillos a esperala volta do seu marido, pero este nunca chegou.
O VAGAMUNDO
En tódalas vilas hai sempre un vagabundo, sempre descalzo e mal vestido, a xente chamáballe Manga- llón e ríanse del. De pequeno foi un mal criado, e nunca foi a escola, e sempre quedaba so, porque os seus amigos de xogos sempre o abandonaban, e él sempre quedaba so no mesmo sitio. Ía detrás das mozas, mais elas o rexeitaban e ríanse del. Era un neno encerrado no corpo dun adulto.
O VELLO QUE QUERÍA VELO TREN
Un vello que vivía coa súa filla, co xenro e co neto, empezou a dicirlles que quería ver o tren antes de ir para o outro mundo, pero ninguén lle facía caso. Un día o cura enterouse do que pasaba, e colleu ó vello mailo neto e levounos a ver o tren.
O NENO SUICIDA
Esta é a historia cun home conta nunha taberna despois de ler unha noticia de que un neno quería suicidarse. Trátase dun vello que naceu da terra, non sabia falar, e ía espido. Logo, comezou a falar, e conforme pasaban os anos íase facendo máis novo. Cando chegou a ser un neno, matouse porque non soportaba a idea de volver a ser un bebé.
NA MORTE DE ESTRELIÑA
Estreliña era unha rapaza moi obediente que sempre facía todo o que os seus pais lle mandaban, sen pensar en recibir nada a cambio. Un dia Estreliña morreu, pero ninguén a botou de menos por cómo era, senón  polo que facía.
O GRANDOR DO MUNDO
Tratase dun home que oirá falar tan ben de Bos Aires que decidiu marchar alí para ver tódalas marabillas que todo o mundo dicía que había. Quedou alí dez anos. Volveu rico en penurias e en recordos da súa casa vella, e murmuraba sempre que grande é o mundo.
PAMPÍN
Pampín era un mozo fazuleiro, ancho e duro que sempre axudaba ós demais. Todo o mundo o coñecía pola súa xenerosidade ó axudar os nenos cos seus problemas, pero seguía sendo un pobre mozo sen espírito da aldea dos mariñeiros.
ESPANTO DE NENOS
Na aldea había un almacén baleiro, onde todos os nenos ían xogar. Un día un dos nenos mirou cara o eito e divisou unha fenda nel, e na fenda un ollo dunha persoa observándoos. Ninguén sabía o que era, e ninguén dixo nada. Hoxe en día a casa transformouse, e os nenos xa son homes. ¿Quen se ía acordar do acontecido?
A PONTE DE FERRO
Son dous homes que están a falar das súas cousas a beira dunha ponte. Un lle pregunta ó outro que esperaba da vida, este respondeulle que xa estaba canso de tanto axetreo, e de tanto viaxar polo mundo e o que quería era un quiosco de periódicos, pintado alí nunha praza tranquila, é dicir que quería tranquilidade.
NOVA YORK É NOSO
Trata sobre un neno que intenta contarlles os outros que xogaban con él no peirao que o seu pai chegaba hoxe de Nova York, pero ningún lle fixo caso, quizais por iso case se pelexa con un. Como ninguén lle preguntaba polo seu pai marchou ao peirao a esperalo. O mariñeiro baixaba do barco ben dereito, e sen fachenda nos ollos, o neno a piques de chorar dixo: Nova York é noso.
O CASO DOS TRES FORNOS
Trátase dun home que traballa nun barco de tres fornos, os que hai q limpar, pero cada persoa encargase dun, é so dun, ata que o maquinista chama a o home e lle ordenable que limpe os tres fornos. O home díxolle que a súa obriga era limpar un so, o escoltar isto o maquinista chamou ó capitán, e este díxolle ó home que con un xa lle chegaba, este indignado limpou os tres e marchou do barco, máis tarde o capitán foino buscar para que volvera.
ONCE MIL NOVECENTOS VINTESEIS
Trátase dun señor que foi metido nun nicho, porque nel vese como era o ano 11.926. Ao erguerse do nicho e saír del, atópase cuns caníbales, que o perseguían para comelo. Morto de medo pegoulles un tiro a cada un deles e posteriormente a si mesmo. Pero non fora máis que un soño.
O DRAMA DO CABALO DE XADREZ
A partida de xadrez ía comezar, pero o cabalo Branco non chegara ó taboleiro. O rei moi anoxado foi buscalo e rifoulle porque sempre chegaba tarde, e o cabalo díxolle que el non quería ser cabalo, nin rei nin nada, que él non quería ser peza de xadrez. As pezas comezaron a sentir envexa unas das outras, e a raíña para apacigualas dixo que cada un era o que tiña que ser, e que esto solo era un xogo.
UN CONTO DE REIS
Trata sobre un xornalista o cal o seu xefe mándalle facer un conto de reis. O xornalista, non sabía como facelo, así que foi a taberna e contoullo aos seus amigos, haber se algún o podía axudar. Un mariñeiro que estaba alí díxolle que el traballara para un rei, para o rei Melchor, pero fora despedido por pegarlle ao traductor do rei. Aos dez minutos entra na taberna o traductor, e o mariñeiro vota a correr. O xornalista foi detrás del para que lle contara a historia, pero non o alcanzou, co cal non a puido facer.
DE CÓMO VIU A RIANXO UNHA BALEA
Certo día chega a Rianxo unha balea, e tódolos nenos correron para vela. Os mariñeiros moi entusiasma
dos saíron ao mar para cazala, ferírona varias veces, pero a balea xuntou as poucas forzas que tiña e es
capou. Ao día seguinte saíu nun xornal que aparecera unha balea morta en Vilanova. 

                                            TEMA E SÍNTESE DO ARGUMENTO
O libro ábrese cunha introducción que condensa unha moderna teoría do conto exposta en forma de proverbios. Dous son os principios: unidade emotiva e remate esencial. O eixo temático xira arredor da psicoloxía e das experiencias extraordinarias da xente galega.
A psicoloxía : Dieste retrata en historias diferentes a psicoloxía das xentes galegas, por medio do seu comportamento e reaccións: o carácter sinxelo e bondadoso (Pampín, Estreliña); o espíritu emprendedor e nostálxico (os emigrantes de “O grandor do mundo e “Na ponte de ferro”); o orgullo e amor propio, que ante as ofensas e as presións configura personalidades fieis a uns valores morais insubornables ( o fogueiro, o vello Moreno, Ramires). O ambiente mariñeiro e a rexa dignidade dos personaxes.
 As experiencias extraordinarias : Moitos contos de Dieste presentan un verniz máxico e misterioso, pero mantéñense sempre nunha percepción racional do mundo, pois os finais diminúen o fantástico, suxerindo a posible explicación lóxica dos acontecementos (ilusións sensoriais, experiencias soñadas, suxestións). Estes relatos teñen un final aberto e sorprendente, que deixa ao lector coa incerteza sobre esas experiencias extraordinarias, que non sobrenaturais.
Algunhas das narracións son “cousas” ao xeito das de Castelao. Neles hai unha filosofía ímplicita acerca do poder da imaxinación e da natureza misteriosa do ser humano e das cousas.
Dieste utiliza a técnica do encaixe (incluír un conto dentro dun conto), a retrospección, a apelación aos oíntes, os ambientes tabernarios para dar idea do colectivo galego. Os narradores, que frecuentemente relatan en primeira persoa, utilizan un ton serio e confidencial e o discurso é sinxelo, con parrafeos breves, en consoancia cos ambientes íntimos e humildes dos contos.
 
                                                             PERSONAXES
Bieito :
morto vivente.
Ramires : sabedor e pecador.
Bastián : navegante.
O vello moreno : contador de historias.
Vagamundo : vagabundo.
Estreliña : nena invisible físicamente, non nos feitos.
Pampín :
axudador.
Cabalo : ficha anarquista. 
                                                    ESPAZO O ESPAZOS DA OBRA
A obra está localizada nunha vila mariñeira, que supoño que é Rianxo, a súa vila, aínda que só a nomea no último conto.
                                                                 TEMPO DA OBRA
 Poderíamos localizala na época que viviu o autor, porque nos primeiros contos aínda amosa unha sociedade inculta e pobre, pero nos últimos xa fala do desenvolvemento e das viaxes .
                                                          
                                                              EMPREGO DA IRONIA
Dieste emprega a ironía en moitos dos contos, por exemplo no “Once mil novecentos vinteseis” ou en “De como viu a Rianxo unha balea”, ou “na ponte de ferro”.
Sen embargo hai un tema común nos relatos, a morte, en formas moi variadas, cadaleitos, morte e relixión, morte na mar, morte na vellez, suicidio, asasanato.



lunes, 14 de octubre de 2013

resumen 1 lingua galega 4º eso

HISTORIA DA LINGUA GALEGA
PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX
Durante o primeiro terzo do S. XX xorden iniciativas para a dignificación da lingua galega, fúndase a Real Academia Galega→RAG (estudos da literatura e da lingua galega), créanse as Irmandades da Fala (defendían e promovían o uso exclusivo do galego), aparece a revista Nós (escrita en galego) e fórmase o Seminario de Estudos Galegos (promovían a investigación en Galicia, a elaboración e a publicación de estudos). Neste período nace o Partido Galeguista (1931), no que militarán personalidades como Castelao ou Bóveda, quen redactará o I Estatuto de Galicia, aprobado en xuño de 1936 que no poderá entrar en vigor ao iniciarse a Guerra Civil poucos días despois, pero propiciará a consideración de Galicia como nacionalidade histórica (xunto con Cataluña e Euskadi) ao instaurarse a democracia.
Foi tamén neste tempo que moitos dos políticos máis destacados na historia de Galicia foron asasinados :
- Ánxel Casal : editor e alcalde do concello de Santiago de Compostela, apareceu morto nunha gavia de Teo (18 de agosto de 1936)
- Alexandre Bóveda : peza clave no Partido Galeguista, foi executado na Caeira en Poio (17 de agosto de 1936)
- Johán Carballeira : xornalista e político galego, foi alcalde do concello de Bueu, executárono na Caeira (17 de abril de 1937)
LITERATURA
PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A LÍRICA
A principios do S. XX prodúcense unhas mudanzas na sociedade e na poesía galega, deixando as tendencias do Rexurdimento polas novidades estéticas traídas das vangardas europeas. Escritores como Cabanillas combinan a estética do Rexurdimento coa introducción de elementos do Modernismo.  
RAMÓN CABANILLAS : as súas liñas poéticas permítennos distinguir 4 vertentes :
 - poesía intimista : na que trata temas referidos ao amor, á natureza e á recreación de vivencias do seu pasado (A rosa de cen follas→ homenaxe a Rosalía de Castro).  
- poesía cívica : na que recolle as ideas das Irmandades da Fala. Proclama a hostilidade anticaciquil e antiseñorial e a exaltación da aldea e dos labregos (No desterro )
- poesía costumista : na que fala de tipos e costumes rurais cunha perspectiva crítica e humorística
- poesía modernista : ligada á beleza formal e de espazos (Na noite estrelecida)
A VANGARDA GALEGA : é a vontade de romper coas tradicións culturais. Desenvólvense  con varias correntes : - neotrobadorismo (cantigas medievais→Fermín Bouza Bey) - hilozoísmo (poesía paisaxística→Luís Amado Carballo) - surrealismo (consiste en afastar a razón dos textos para deixar paso aos soños e ao subconsciente→Álvaro Cunqueiro) - creacionismo (consiste en afastar a poesía da realidade→Manoel Antonio ).
 MANOEL ANTONIO :  representa o mellor autor vangardista en Galicia. É o autor do manifesto “¡Máis Alá!”. A súa obra máis relevante é De catro a catro” (son follas sen data dun diario de abordo), 19 poemas estruturados como viaxe marítima (presenza do mar), case sempre de noite, simboliza a súa concepción absolutamente pesimista da vida (monótona, repetitiva, en completa soidade e contínua despedida). O tema central é a soidade do suxeito, que adopta en moitos casos un Nós, como expresión de universalidade. A súa escrita vangardista podemos dividila en tres etapas: - unha primeira de formación - unha de ruptura vangardista - unha de retroceso. Caracterízase pola ausencia de argumento, a presenza do mar, a monotonía, soidade, simbolismo→o mar (símbolo da aventura) e a terra (espazo onde a vida carece de sentido e con saudade do mar) 
A VANGARDA NA PINTURA GALEGA :nas primeiras décadas do S. XX xorde unha corrente de renovación das artes plásticas galegas (Maside, Maruja Mallo, Laxeiro, Colmeiro)  

GRAMÁTICA
ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN
comunicación é un proceso complexo no que interveñen diferentes elementos : - Emisor (persoa que transmite) - Receptor(persoa á que vai dirixida a mensaxe) - Mensaxe (contido) - Código (sistema de signos) - Canle (vía ou conduto) - Contexto(situación)
comunicación verbal pode ser oral ou escritaA linguaxe pode desempeñar varias funcións : - Expresiva (manifesta actitudes e sentimentos do emisor) - Apelativa (chamar a atención ao oínte cun fin determinado) - Referencial (informa sobre algo que descoñece o receptor) - Fática (verificar que a canle entre emisor e receptor segue aberta) - Metalingüísitica (utiliza a linguaxe para explicar ou analizar o propio código da lingua) - Poética (centra a atención sobre a forma da mensaxe)

PROPIEDADES TEXTUAIS
texto é unha unidade lingüística con sentido completo que cumpre unha función comunicativa determinada (informar, persuadir…). As súas propiedades son :
- adecuación : é a propiedade da cal o texto debe ser adecuado á situación comunicativa na que se produce. un mesmo texto pode resultar adecuado nunha situación comunicativa concreta e inadecuado noutra.
- coherencia : é a que fai que un texto poida ser percibido como unha unidade comunicativa comprensible. É a encargada de nivelar o contido da mensaxe e clarificar o significado (organización da información).
- cohesión : son os medios lingüísticos que permiten ligar as oracións dentro de unidades máis grandes como parágrafos, estrofas ou capítulos (uso de conectores) 

CONTEXTO E SITUACIÓN
DENOTACIÓN : significado obxectivo, básico das palabras. 
CONNOTACIÓN : significado adicional, subxectivo, que pode adquirir unha palabra nun contexto.

O TEXTO ARGUMENTATIVO
texto argumentativo é aquel no que se exponen unas ideas determinadas para convencer o receptor
da súa validez. As partes da súa estrutura son : - tese (é a idea que se quere defender) - argumentos (son os razoamentos que apoian a tese) - conclusión (sintetízanse os argumentos expostos para reafirmar a idea principal)
TIPOS DE ARGUMENTOS
- De coñecemento xeral : son as ideas aceptadas pola maioría da xente (Evitar os accidentes de tráfico benefícianos a todas as persoas.)
- De autoridade : empregan o testemuño de persoas consideradas coñecedoras do tema  (Unha importante porcentaxe das vítimas que sobreviviron a graves accidentes coincide ao sinalar a posibilidade de evitalos se se circulase a menor velocidade.)
- De datos : ofrecen datos que corroboran os feitos (Segundo un estudo realizado recentemente, pro- dúcese un 70% máis de accidentes cando as condicións climáticas son desfavorables)   
- De exemplo : un caso concreto serve como exemplo das ideas que se queren defender (Un claro exem
plo constitúeo o accidente acontecido en Vila de Cruces o mes pasado. Se a estrada non estivese
mollada e se se mantivese a distancia de seguridade, podería evitarse o impacto.)
- De experiencia persoal : empregan as propias vivencias ou experiencias para apoiar unha idea (Eu mes ma me teño visto envolta en máis dunha ocasión en accidentes deste tipo.)
- De analoxía : compáranse dúas situacións semellantes (No mes de agosto deste ano producíronse
67 accidentes menos que o ano pasado.)
- Legais : refírense ao establecido na lexislación (Segundo as leis vixentes é obrigatorio o uso do cinto  de seguridade nos asentos traseiros.)
CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS :  - abundancia de substantivos abstractos e tecnicismos - predominio do presente de indicativo e de construcións impersoais ou de pasiva reflexa períodos sin tácticos longos - emprego de conectores - enumeracións  - definicións, citas e exemplos que apoien os argumentos
ESCRÍBENSE CON  B
a) os verbos rematados en -bir e as formas que deles se derivan [excepcións : vivir e servir]
b) todos os verbos rematados en -buír e as formas que deles se derivan 
c) os verbos beber, caber, deber,haber, saber, sorbere todas as formas que deles se derivan.
d) as terminacións do copretérito da primeira conxugación-ba, -bas, -ba, -bamos, -bades, -ban  
e) as palabras que comezan con prefixos bi- e –bis 
f) as palabras rematadas en -bundo, -bunda e -bilidade 
g) as palabras comezadas por bu-, bur- e bus- 
h) cando este son vai seguido de calquera outra consoante (abstracto, blasfemia, bloque, blusa, branco, breve, brisa, cable, moble, obstáculo, obstruír, obxecto, público...)
i) moitas palabras por fidelidade etimolóxicaisto é, porque así se escribían en latín ou na lingua a
través da que entraron no galego (abelá, automóbil, baldeiro, bolboreta, inmóbil, marabilla, móbil, rebentar, trobador...)
                                                                    ESCRÍBENSE CON V
a) os verbos rematados en -ver e os seus derivados [ excepcións : beber, caber, deber, haber, saber, sorber e lamber.]
b) os verbos rematados en -servar e -versar 
c) as formas dos verbos ter e estar que levan este son [excepción : lembra que o copretérito do verbo estar, como todos os da primeira conxugación, se escribe con “b”.]
d) as palabras rematadas en -ava, -avo, -eve, -evo, -eva, -ivo e -iva  [excepcións : árabe e sílaba.]
e) as palabras rematadas en -ívoro e –ívora [excepción : víbora.]
f) moitas palabras por fidelidade etimolóxicaisto é, porque así se escribían en latín ou na lingua a través da que entraron no galego(avó, avogado, chuvasco, covarde, esvarar, esvelto, garavanzo, gravar, pavillón, varrer, vasoira, vasureiro, verniz, voda, vulto...)




viernes, 15 de marzo de 2013

exercicios de lingua galega con solución 4º eso


78. Completa as palabras das frases seguintes, escribindo x ou s segundo corresponda :

- É un profesor e_celente, pero moi e_i_ente.
- A e_cavadora está traballando no e_terior do recinto.
- Se falla o o_í_eno prodúcese a_fi_ia.
- Pasei con é_ito o e_ame e mañá poderei ir de e_cursión.
-É moi e_traño, parece obra de e_traterrestres.
- A tarde foi e_pléndida e a comida e_quisita.
- Teño dificultade con ese idioma e_tran_eiro, o meu lé_ico aínda é e_caso.
- Recolle o e_premedor e e_tende o mantel.

94.
a) Identifica de qué tipo é cada unha das seguintes oracións coordinadas:
- Nin quere estudiar, nin quere traballar.

- Tráeme a fariña que che encarguei ou non poderemos facer o biscoito.

- Eu non cambio de equipo de fútbol, aínda que este ano non vaiamos precisamente ben.

- Onte á noite ceamos fóra da casa e mais vimos unha película no cine.

b) Escribe completa a correspondente oración coordinada, engadíndolle á primeira proposición outra da clase que se che indica, co enlace axeitado a cada caso:
- Sube á terraza (coordinada copulativa)
..............................................................................................
- Helena xa é maior (coordinada adversativa)
..............................................................................................
- É un home moi lacazán (coordinada disxuntiva)
..............................................................................................
- Quere estudiar unha carreira (coordinada distributiva)
..............................................................................................

95.Substitúe nas seguintes oracións as frases nominais por proposicións subordinadas substantivas de Suxeito. Exemplo: - Os denunciantes son veciños do inmoble. - Os que presentaron a denuncia son veciños do inmoble.
- Inquietounos a túa reacción tan violenta.

- Os aprobados poden pasar a recoller a súa documentación.

- As testemuñas do crime deben prestar declaración.

- Gustoume moito a túa interpretación da miña canción preferida.

- Os asinantes da nota de prensa pedimos unha maior presencia do galego nos medios de comunicación de masas.

96. Substitúe nas seguintes oracións as subordinadas substantivas de Complemento Directo por pronomes átonos. Exemplo: - Quixo que o levase. - Quíxoo.
- Intúo que non me queres convidar.

- Pola túa carta sabemos que estás moi contenta aí.
- Acordamos que serás un novo membro do grupo.

- Mañá lembrareille a Xoán que lle toca fregar os pratos.

- Souben que foras admitido na nosa universidade.

97. localiza e indica qué tipo de subordinadas substantivas aparecen en cada unha das seguintes oracións :
- As escritoras queren que a súa literatura non sexa considerada feminina.

- Semella interesante que asistas a ese curso de ofimática.

- Que veñades á festa do meu aniversario é moi importante para min.

- Os pacifistas piden que se busque axiña unha saída ó conflicto bélico.

- O problema é que non temos o carné de socios desa biblioteca.

- Os que vimos a este curso estamos moi satisfeitos co seu desenvolvemento.

- As noticias do xornal dos últimos días prognostican que a guerra vai durar máis do previsto.

- Os agoiros de que ía coñecer estes días ó home da miña vida, resultaron ser certos.

- Xa estou bastante cansa de que me fagan sempre as mesmas preguntas.

- A miña máxima ilusión é facer un cruceiro polo Mediterráneo.

- Que decidades pasar as vacacións connosco é marabilloso.

100.
 a) As seguintes oracións compostas inclúen unha proposición subordinada adxectiva. Subliña esa proposición e volve escribir a oración substituíndoa por un adxectivo que conserve o significado. Fíxate no exemplo: - Coñecemos unha rapaza que é de Cataluña. - Coñecemos unha rapaza catalana.
- Visitaremos un castelo que ten moitos anos.

- Xurxo mercou unha cazadora que non deixa pasar a auga.

- Pasaremos un día que non poderemos esquecer.

- Esta é unha terra que dá boas colleitas.

- Atopamos auga que era boa para beber.

- O meu fillo é un neno que non para de falar.

b) Agora vas facer a actividade contraria. Transforma as seguintes oracións simples en oracións compostas substituíndo o adxectivo subliñado por unha proposición subordinada adxectiva. Fíxate no exemplo : - Atopamos unha casa abandonada. - Atopamos unha casa que estaba abandonada.
- O libro premiado vai ser editado.
- A literatura infantil conta con prestixiosos autores.

- Leva coidado con ese producto inflamable.

- Ponlle á túa bici unhas marcas reflectoras.

- Ten unha forma de ser riseira.

- Nesa tenda venden productos artesáns.

c) Completa estas oracións cunha proposición subordinada adxectiva :
- A ministra __________________________________ prometeu a Constitución.
- A vila _______________________ é moito máis grande que na que vivía antes.
- Os parafusos ______________________ estaban enferruxados.
- Xa vin a película _____________________________

101.localiza e clasifica as seguintes oracións compostas segundo conteñan proposicións subordinadas adverbiais de lugar, de modo ou de tempo.
- Colocou os libros no andel de xeito que fose doado atopalos polo seu xénero literario.

- Mentres viaxas en tren podes ler unha revista.

- Os últimos anos da súa vida pasounos onde tiña toda a súa familia.

- Non hai quen o ature desque gañou o concurso de contos no colexio.

- Antía cando era nena vivía cos seus avós.

- Non ben entrou a traballar, xa comprou un coche como o dos novos ricos.

- Sempre que te vexo levo unha alegría.

- Facer, farei o exercicio segundo ti me dis, pero eu non o vexo nada claro.

- Onde nós estabamos non podiamos ver a estrada.

- Cada vez que o vexo vai máis vello, mais xa terá os seus oitenta anos.

- Faloume como se me coñecese.

- Dedicouse a pasear polo paseo marítimo, mentres nos iamos ver unha película ós multicines.

- Agora que xa está fóra do cárcere actúa sempre conforme manda a lei.

- Logo que deixou o instituto, púxose a traballar co pai.

- Estableceremos a nosa residencia onde teñamos unha vida tranquila.



102. Completa as seguintes oracións compostas subordinadas adverbiais comparativas utilizando o enlace correspondente segundo se che indica :
- Xosé é __________ traballador __________ ti. (Superioridade)
- Xosé é __________ traballador __________ ti. (Inferioridade)
- Xosé é __________ traballador __________ ti. (Igualdade)
(Fíxate que nestas tres oracións o verbo da proposición subordinada está omitido.)

103
a) Completa a proposición principal engadindo en cada caso a proposición subordinada adverbial que se che indica :
- Chegaremos a tempo porque (causal) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo así que (consecutiva) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo para que (final) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo aínda que (concesiva) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo se (condicinal) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

b) Nas seguintes oracións compostas, subliña a proposición subordinada adverbial, mete nun círculo a palabra ou palabras que funcionan como nexo, e indica de qué clase é cada unha delas (causal, consecutiva, concesiva, final, ou condicional) :
- Aínda que o ano non foi bo, tivemos unha excelente colleita.
Clase: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chameite por teléfono porque desexaba falar contigo.
Clase: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Xa está todo feito, xa que logo podemos marchar.
Clase: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Se estás canso, sentaremos un anaco.
Clase: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Le o texto de vagar para comprenderes o seu significado.
Clase: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Non saín da casa pois caía a auga a cachón.
Clase: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Pese a que instalaron unha alarma, entraron os ladróns.
Clase: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Coloca ben os traxes a fin de que caiban todos na maleta.
Clase: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Se fixeses a túa parte do traballo poderiamos entregalo hoxe.
Clase: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Poñerei a gabardina xa que comeza a chover.
Clase: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .












105. Relaciona  o significado da palabra á que aparece nestas frases cos seguintes significados que lle dá o diccionario :
frases
1. O merlo tiña rota a á dereita.
2. As oficinas están na á esquerda do edificio.
3. Unha á do exército dirixiuse cara ó norte.
4. Eles pertencen a á máis moderada do partido.
significados
- Cada un dos membros do corpo das aves, dos insectos e dalgúns outros animais que lles serven para voar.
 - Tendencia dentro dunha organización, partido, etc.  
- Cada unha das partes que se estenden ós lados do corpo principal dun edificio.  
- Nunha formación militar ou similar, cada unha das partes situadas nos extremos.  

 108.
a) Escribe ó carón de cada palabra da esquerda o seu sinónimo da dereita.
Aboiar ............................... Destreza
Aloumiño .......................... Caricia
Abraio ............................... Rectificar
Conxura ........................... Flotar
Dorso ............................... Asombro
Humildade ........................ Costas
Maña ................................... Confabulación
Emendar .......................... Modestia

b) Volve escribir as frases seguintes substituíndo a palabra destacada por un sinónimo.
- Regaláronme uns guantes de la.

- Mándoche un forte abrazo.

- Limos a noticia nun periódico estranxeiro.

- Ti podes sentar nesa butaca.

- Non puidemos conter as lágrimas.

- Xosé vai comprar un vello muíño.

109.
 a) Escribe ó carón de cada palabra da esquerda o seu antónimo da dereita.
Sosego .................... Cheo
Baleiro ..................... Esquecer
Doce ........................ Enfermo
Afrouxar ................... Malo
Lembrar ................... Desacougo
San .......................... Empurrar
Tirar ......................... Apertar
Bo ............................ Acedo

b) Volve escribir as frases seguintes substituíndo a palabra destacada por un antónimo:
- Hoxe vai moito frío.

- Véxote triste.

- A casa está lonxe da estrada.

- Este exercicio non é doado de facer.

- Cando chegamos era cedo.

- Deitouse á tardiña.

- Merca todo o que poidas.

- Non me gusta o café frío.

64. No seguinte texto, localice as oracións compostas por coordinación. Sinale o seu nexo e clasifíqueas.
Con Lola tivemos problemas, pero eran doutra clase. Coñeceu un rapaz e cegouse. Non é que el fose unha mala persoa, pero era un neno, igual ca ela [...] Lola acababa de saír do colexio onde estivo catro anos. Comía alí e volvía polo serán; merendaba, xogaba un pouco e xa ía para a cama. Non sabía nada da vida nin vira nada. Coñeceu a Gabriel e pensou que o mundo acababa nel.

65. Nestas oracións compostas, subliñe as subordinadas substantivas e indique a súa función.

 Xa lembro onde gardei esa receita

 Nós confiamos en que todo vaia ben

 Imaxinade que aquí hai un fantasma

 Quen se deite cedo virá mañá comigo

 O máis difícil será saír de aquí

 Non sei se haberá clase mañá

 Estaba encantado de que o chamaran

 É conveniente que fagas os exercicios

66. Substitúa as proposicións subordinadas de relativo (en negra) polos adxectivos aos que sexan equivalentes. Exemplo : Falou aquel rapaz que é longo coma un día sen pan -  Falou aquel rapaz tan alto
O osiño que ten o traxe azul está enriba do andel

Ese rapaz que colecciona selos chámase Breixo

 Agora a miña axenda é algo sen o cal non podo vivir
 
 Coloquei os libros no andel onde sempre os poño



67. Indique se as oracións son subordinadas de relativo, adverbiais ou substantivas.
 Sorprendeume moitísimo o modo como me mirou

 Non sei como o fixo

 Fai ese debuxo como ti queiras

 Xa che dixen cando chegará

 Cando poidas, axúdame a abrir esta lata

 Os feitos sucederon naqueles tempos cando todo eradistinto

 Esa é a caixa onde gardo os cartos

 Pregúntalle onde meteu as chaves

 Deixa o abrigo onde poidas

5. Póñalles h ás palabras que o precisen.
_erba, _orta, _inchar, _illa, _oxe, a_í, _arrolar, _ata, alco_ol, _ovo, _ospedaxe, des_onrar, _irmá, _ollar, pro_ibir, _esquío , _espir, _armonía, _ombreiro, _enrique, _orfo, _ermida, _elena, in_umano, co_erente, _inchazón, _embigo, ve_ículo, _óso, _ermo, _encher

SOLUCIÓNS
ACTIVIDADE 78
- É un profesor excelente, pero moi esixente.
- A escavadora está traballando no exterior do recinto.
- Se falla o osíxeno prodúcese asfixia.
- Pasei con éxito o exame e mañá poderei ir de excursión.
- É moi estraño, parece obra de extraterrestres.
- A tarde foi espléndida e a comida exquisita.
- Teño dificultade con ese idioma estranxeiro, o meu léxico aínda é escaso.
- Recolle o espremedor e estende o mantel.

ACTIVIDADE 94
a)
- Nin quere estudiar, nin quere traballar. Copulativa
- Tráeme a fariña que che encarguei ou non poderemos facer o biscoito. Disxuntiva
- Eu non cambio de equipo de fútbol, aínda que este ano non vaiamos precisamente ben. Adversativa
- Onte á noite ceamos fóra da casa e mais vimos unha película no cine. Copulativa
b)
A modo de exemplo:
- Sube á terraza e tráeme os lentes que deixei enriba da mesa. (Coordinada copulativa)
- Helena xa é maior mais conserva a inocencia dunha nena. (Coordinada adversativa)
- Ou é un home moi lacazán ou se está a rir de nós. (Coordinada disxuntiva)
- Xa quere estudiar unha carreira, xa quere poñerse a traballar de calquera cousa. (Coordinada distributiva)

ACTIVIDADE 95
- Inquietounos que reaccionases tan violentamente.
- Os que aprobaron os exames, poden pasar a recoller a súa documentación.
- Os que viron o crime, deben prestar declaración.
- Gustoume moito hoxe que interpretases a miña canción preferida.
- Os que asinamos a nota de prensa, pedimos unha maior presencia do galego nos
medios de comunicación de masas.

ACTIVIDADE 96
- Intúoo.
- Pola túa carta sabémolo.
- Acordámolo.
- Mañá lembrareillo a Xoán.
- Sóubeno.

ACTIVIDADE 97
- As escritoras queren que a súa literatura non sexa considerada feminina. (Sub. Subs. de C.D.)
- Semella interesante que asistas a ese curso de ofimática. (Sub. Subs. de SUX.)
- Que veñades á festa do meu aniversario é moi importante para min. (Sub. Subs. de SUX.)
- Os pacifistas piden que se busque axiña unha saída ó conflicto bélico. (Sub. Subs. de C.D.)
- O problema é que non temos o carné de socios desa biblioteca. (Sub. Subs. de ATRIB.)
- Os que vimos a este curso estamos moi satisfeitos co seu desenvolvemento. (Sub. Subs. de SUX)
- As noticias do xornal dos últimos días prognostican que a guerra vai durar máis do previsto. (Sub. Subs. de C.D.)
- Os agoiros de que ía coñecer estes días ó home da miña vida, resultaron ser certos. (Sub. Subs. de MOD dun substantivo)
- Xa estou bastante cansa de que me fagan sempre as mesmas preguntas. (Sub. Subs. de MOD dun adxectivo)
- A miña máxima ilusión é facer un cruceiro polo Mediterráneo. (Sub. Subs. de ATRIB.)
- Que decidades pasar as vacacións connosco é marabilloso. (Sub. Subs. de SUX.)

ACTIVIDADE 100
a)
- Visitaremos un castelo que ten moitos anos. Antigo
- Xurxo mercou unha cazadora que non deixa pasar a auga. Impermeable
- Pasaremos un día que non poderemos esquecer. Inesquecible
- Esta é unha terra que dá boas colleitas. Fértil
- Atopamos auga que era boa para beber. Potable
- O meu fillo é un neno que non para de falar. Falangueiro


b)
A modo de exemplo:
- O libro que recibiu o premio vai ser editado.
- A literatura que está escrita para nenos conta con prestixiosos autores.
- Leva coidado con ese producto que pode prender lume.
- Ponlle á túa bici unhas marcas que reflictan a luz.
- Ten unha forma de ser que é moi riseira.
- Nesa tenda venden productos que están feitos a man.
c)
A modo de exemplo:
- A ministra que vén de entrar no novo equipo gobernamental prometeu a
Constitución.
- A vila onde vivo agora é moito máis grande que na que vivía antes.
- Os parafusos que deixei nesa caixa para tirar estaban enferruxados.
- Xa vin a película que me recomendaches.

ACTIVIDADE 101
- Colocou os libros no andel de xeito que fose doado atopalos polo seu xénero literario. (Sub. Adv. de Modo)
- Mentres viaxas en tren podes ler unha revista. (Sub. Adv. de Tempo)
- Os últimos anos da súa vida pasounos onde tiña toda a súa familia. (Sub. Adv. de Lugar)
- Non hai quen o ature des que gañou o concurso de contos no colexio. (Sub. Adv. de Tempo)
- Antía cando era nena vivía cos seus avós. (Sub. Adv. de Tempo)
- Non ben entrou a traballar, xa comprou un coche como o dos novos ricos. (Sub. Adv. de Tempo)
- Sempre que te vexo levo unha alegría. (Sub. Adv. de Tempo)
- Facer, farei o exercicio segundo ti me dis, pero eu non o vexo nada claro. (Sub. Adv. de Modo)
- Onde nós estabamos non podiamos ver a estrada. (Sub. Adv. de Lugar)
- Cada vez que o vexo vai máis vello, mais xa terá os seus oitenta anos. (Sub. Adv. de Tempo)
- Faloume como se me coñecese. (Sub. Adv. de Modo)
- Dedicouse a pasear polo paseo marítimo, mentres nos iamos ver unha película ós multicines. (Sub. Adv. de Tempo)
- Agora que xa está fóra do cárcere actúa sempre conforme manda a lei. (Sub. Adv. de Modo)
- Logo que deixou o instituto, púxose a traballar co pai. (Sub. Adv. de Tempo)
- Estableceremos a nosa residencia onde teñamos unha vida tranquila. (Sub. Adv. de Lugar)

ACTIVIDADE 102
a)
- Xosé é máis traballador ca ti. (Superioridade)
- Xosé é menos traballador ca ti. (Inferioridade)
- Xosé é tan traballador coma ti. (Igualdade)

ACTIVIDADE 103
a)
A modo de exemplo:
- Chegaremos a tempo porque aínda é cedo.
- Chegaremos a tempo así que non teñas présa.
- Chegaremos a tempo para que poidamos tomar un café antes de entrar.
- Chegaremos a tempo aínda que a min non che me apetece moito ir.
- Chegaremos a tempo se marchamos axiña.
b)
- [Aínda que] o ano non foi bo, tivemos unha excelente colleita.
Clase: concesiva
- Chameite por teléfono [porque] desexaba falar contigo.
Clase: causal
- Xa está todo feito, [xa que logo] podemos marchar.
Clase: consecutiva
- [Se] estás canso, sentaremos un anaco.
Clase: condicional
- Le o texto de vagar [para] comprenderes o seu significado.
Clase: final
- Non saín da casa [pois] caía a auga a cachón.
Clase: causal
- [Pese a que] instalaron unha alarma, entraron os ladróns.
Clase: concesiva
- Coloca ben os traxes [a fin de que] caiban todos na maleta.
Clase: final
- [Se] fixeses a túa parte do traballo poderiamos entregalo hoxe.
Clase: condicional
- Poñerei a gabardina [xa que] comeza a chover.
Clase: causal

ACTIVIDADE 105
Cada un dos membros do corpo das aves, dos insectos e dalgúns outros animais que lles serven para voar. Frase número 1
- Tendencia dentro dunha organización, partido, etc. Frase número 4
Cada unha das partes que se estenden ós lados do corpo principal dun edificio. Frase número 2
- Nunha formación militar ou similar, cada unha das partes situadas nos extremos. Frase número 3

ACTIVIDADE 108
a)
Aboiar - Flotar
Aloumiño - Caricia
Abraio - Asombro
Conxura - Confabulación
Dorso - Costas
Humildade - Modestia
Maña - Destreza
Emendar - Rectificar
b)
- Regaláronme unhas luvas de la.
- Mándoche unha forte aperta.
- Limos a noticia nun xornal estranxeiro.
- Ti podes sentar nesa cadeira.
- Non puidemos conter as bágoas.
- Xosé vai mercar un vello muíño.

ACTIVIDADE 109
a)
Sosego - Desacougo
Baleiro - Cheo
Doce - Acedo
Afrouxar - Apertar
Lembrar - Esquecer
San - Enfermo
Tirar - Empurrar
Bo - Malo
b)
- Hoxe vai moita calor.
- Véxote leda.
- A casa está preto da estrada.
- Este exercicio non é difícil de facer.
- Cando chegamos era tarde.
- Ergueuse á tardiña.
- Vende todo o que poidas.
- Non me gusta o café quente.

5.
Herba, horta, inchar, illa, hoxe, aí, arrolar, ata, alcohol, ovo, hospedaxe, deshonrar,
irmá, ollar, prohibir, espir, harmonía, ombreiro, Henrique, orfo, ermida, Helena,
inhumano, coherente, inchazón, embigo, vehículo, óso, ermo, encher, esquío.