miércoles, 11 de julio de 2012

resume sociais 3º eso A ACTIVIDADE ECONÓMICA DA SOCIEDADE


3                                  A ACTIVIDADE ECONÓMICA DA SOCIEDADE
Os seres humanos posuímos unha serie de necesidades básicas ou primarias. Pero igualmente temos necesidades secundarias, máis complexas. A actividade económica permite obter bens e servizos. Inclúe tanto a produción de bens e servizos, coma o seu consumo. A actividade económica da sociedade organízase segundo os axentes económicos, segundo o proceso produtivo, segundo os factores da produción e segundo os sistemas económicos :
- SEGUNDO OS AXENTES ECONÓMICOS : - as empresas (produción) - as familias (consumo) - o estado (regulador).
A economía funciona como un circuito, e os consumidores relaciónan mediante o intercambio nos mercados : - as persoas (venden o seu traballo ás empresas a cambio dun salario) - as empresas (producen e venden bens e servizos ás persoas) - o estado (consegue uns ingresos mediante a recadación de impostos). Orixínase igualmente unha corrente de fluxos monetarios.
- SEGUNDO O PROCESO PRODUTIVO : para satisfacer as necesidades materiais lévanse a cabo procesos de produción. Estes bens poden clasificarse en dous tipos : - bens de consumo ou finais - bens intermedios para producir outros bens.
- SEGUNDO OS FACTORES DA PRODUCIÓN : - recursos naturais - traballo (corresponde ao esforzo, físico e intelectual, que realizan os seres humanos) – capital (bens xa producidos e acumulados). Existen varios tipos de capital : -  capital financiero (emprégase para comprar materias primas) -  capital físico (preséntase en forma de infraestructuras e edificios) -  capital humano (é a capacidade productiva das persoas) -  capital tecnolóxico (comprende os coñecementos incorporados ao traballo).
- SEGUNDO OS SISTEMAS ECONÓMICOS : en cada sistema económico varía o poder ou influencia dos diferentes axentes económicos. Cada sistema establece : - que bens e servizos producir - como producilos - para quen producilos.
No pasado existiron o escravismo e o feudalismo (sistemas económicos que desapareceron). No último século dominaron dous : - o sistema de economía planificada - o sistema de economía de mercado ou capitalista.
O sistema capitalista é o que predomina na maior parte do mundo. Características : - propiedade privada das empresas - busca do beneficio individual nas decisións económicas - competencia entre as empresas para aumentar os beneficios - división do traballo e crecente especialización para incrementar a rendibilidade.
O FUNCIONAMENTO DOS MERCADOS : cando nun mercado existen moitos compradores e vendedores, dise que é un mercado competitivo.Neles,os prezos establécense en función da oferta e da demanda:
- OFERTA : é a cantidade dun ben que os produtores queren poñer no mecado a un prezo determinado.
- DEMANDA : é a cantidade dun ben que os consumidores queren e poden comprar a un prezo determinado.
                                                          O MUNDO DO TRABALLO
 Hai distintas situacións das persoas en relación co emprego :
- POBOACIÓN ACTIVA : é aquela en idade de traballar (16 a 65 anos) que ten emprego ou o busca.
- POBOACIÓN INACTIVA : menores de 16 anos, xubilados ou persoas que teñen algunha incapacidade para traballar.
- POBOACIÓN OCUPADA : é a parte da poboación que posúe un emprego remunerado.
- POBOACIÓN DESEMPREGADA OU EN PARO : poboación activa que non ten emprego pero que o busca.
Os territorios cunha elevada incorporación de mulleres e mozos ao emprego caracterízanse por ter unha alta taxa de actividade. As rexións onde se xeran poucos empregos teñen unha alta taxa de paro.
O MERCADO DE TRABALLO : dise que existe un mercado de traballo porque as empresas ofrecen traballo e as persoas demandan traballo. Se a demanda de emprego é moi alta con respecto á oferta, os salarios serán baixos. Se a oferta de emprego é máis alta ca a demanda, os salarios serán máis elevados. A situación do mercado de traballo tamén afecta á calidade do emprego. O mercado de traballo está regulado mediante organizacións sindicais, a OIT e as políticas de emprego dos Estados.
OS SECTORES DE ACTIVIDADE ECONÓMICA : as actividades divídense en tres grandes sectores económicos :
- O SECTOR PRIMARIO : explotación dos recursos naturais (agricultura, gandaría, pesca e minaría)
- O SECTOR SECUNDARIO : transformación de recursos en productos elaborados (industria e construción)  
- O SECTOR TERCIARIO : actividades de servizos á poboación (comercio, transporte, turismo e banca), ás empresas (seguros e banca) ou servizos sociais (educación e sanidade).   
                                                      OS RESCURSOS NATURAIS
A actividade económica aproveita os recursos naturais (animais, plantas, auga, solo e minerais), que poden ser renovables (rexenéranse pronto ou non se esgotan) ou non renovables (esgótanse). A actividade humana orixina sobreexplotación cando o consumo é máis rápido que a rexeneración do recurso (sobrepesca). A sobreexplotación corríxese con medidas conservacionistas (as vedas nas pesquerías). O control dos recursos naturais por parte dos Estados produce conflictos (demanda e valor de recursos estratégicos, fontes de enerxía non renovables).
TIPOS DE RECURSOS NATURAIS
- RECURSOS HÍDRICOS : a auga como recurso básico e a dificultade de acceso á auga potable
- OS SOLOS : lenta formación e deterioro por erosión ou contaminación
- A VEXETACIÓN : especies vexetais silvestres e cultivadas e a deforestación
- A FAUNA : especies silvestres e domesticadas
- A ATMOSFERA : osíxeno, temperatura morna e ciclo da auga e a contaminación das actividades humanas                 
- OS RECURSOS MINERAIS : mariños e continentais, non son renovables e poden ser enerxéticos, me- tálicos e non metálicos. A minaría ou a extracción dos recursos naturais pode ser a ceo aberto ou subterránea.
                                                              
                                                  AS FONTES DE ENERXÍA  
 A actividade económica da sociedade necesita usar fontes de enerxía, son a base para as actividades humanas. Hai un elevado consumo enerxético nos países desenvueltos e predomina o consumo de enerxías fósiles (88 %).
AS ENERXÍAS FÓSILES NA ECONOMÍA MUNDIAL :
 - CARBÓN : desde o S. XIX, importancia nos países en desenvolvemento.  
- GAS NATURAL : para o consumo doméstico e a produción eléctrica. 
- PEDTRÓLEO : gran importancia económica, como fonte de enerxía e para a produción de plásticos, fibras e lubricantes.
PRODUCTORES E CONSUMIDORES DE PETRÓLEO
- Xeografía da producción do petróleo : Oriente Próximo, América do Norte (USA), Rusía, Mar do Norte e Golfo de Guinea.
- Xeografía do consumo de petróleo : dependencia dos Estados prósperos non produtores (elasticidade da demanda e cambios de prezos). Risco de conflictos internacionais e medioambientais (contaminación das termoeléctricas e das vertedoras dos petroleiros).
AS ENERXÍAS ALTERNATIVAS : - a enerxía hidroeléctrica - a enerxía solar - a enerxía xeotérmica - a enerxía mareomotriz - a enerxía eólica  - o uso energético da biomasa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario