jueves, 12 de julio de 2012

A ECONOMÍA ESPAÑOLA resume sociais 3º eso


A ECONOMÍA ESPAÑOLA
A economía española desenvolve actividades no SECTOR PRIMARIO :
- NA AGRICULTURA : - condicionada polo solo (pobres en materia orgánica), o clima (escaseza de precipitacións ou variabilidade interanual) e a estrutura da propiedade (latifundios ou minifundios) – en proceso de modernización (mecanización, extensión do regadío, desenvolvemento de novas técnicas de cultivo)
- NA GANDARÍA : - en fase de expansióncrece a porcina, a bovina e a ovinadiminúe a caprina e a equina  
- NA PESCA : - importante tradición pesqueira crise do sector e reconversión
O sector primario dá lugar a distintas PAISAXES AGRARIAS :
- PAISAXE MEDITERRÁNEA DE INTERIOR : - na Meseta e no Ebro (cerealeira, gandeira lanar e latifundista) – en Andalucía (oliveiral me viñedo)
- PAISAXE MEDITERRÁNEA LITORAL : - regadío (hortas en C. Valenciana e Murcia) – pequeña propiedade
- PAISAXE OCEÁNICA : na España atlántica (pequeña propiedade, bocages e prados)
- PAISAXE DAS ILLAS CANARIAS : agricultura de elevado potencial (pequeña propiedade)
A economía española conta cun importante SECTOR SECUNDARIO que viu cambios na industria : - industrialización tardía e localizada no S. XIX importante crecemento a mediados do S. XX crise e reconversión posterior modernización máis recente e novo crecemento
O sector secundario distribúese en novas áreas industriais :
- 60 % DO EMPREGO INDUSTRIAL : na costa meditteránea, Madrid e o País Vasco
- NOVOS DESENVOLVEMENTOS : en Andalucía, Aragón, Navarra e Castela-A Mancha
- GRAN DINAMISMO : no Eixe do Ebro, Mediterráneo e Eixe atlántico galego
- FOCOS EN CIDADES : Málaga, Valladolid, Burgos e Vitoria-Gasteiz
Na economía española predomina o SECTOR TERCIARIO :
- O TRANSPORTE : - rede de estradas (medio máis usado, trazado radial) – ferrocarril (modernización) – transporte aéreo (crecemento)
-  A ACTIVIDADE COMERCIAL : - comercio interior (retallista, que abastece ao usuario e almacenista, que serve ao retallista) – comercio exterior (importancia pola internacionalización)
- O TURISMO : - importante destino desde a década de 1960 - inicialmente, turismo de sol e praia en costas levantinas e andaluzas diversificación actual (turismo deportivo, rural, etc)

OS SECTORES DA ECONOMÍA DE GALICIA
UN SECTOR PRIMARIO EN TRANSFORMACIÓN
- A AGRICULTURA : está transformando o seu proceso produtivo cara ao mercado
- A GANDARÍA : ten gran peso. Hai avicultura, porcina e vácua (leite e carne)
- A PESCA (baixura e altura) : o marisqueo e a acuicultura teñen unha grande importancia económica
A MINARÍA, A ENERXÍA E A INDUSTRIA (sector secundario)
A industria sufríu un proceso de modernización : - tradición mineira centrais térmicas, hidroeléctricas e creación de parques tecnolóxicos a maior parte da industria localízase na Galicia atlántica (A Coruña e Pontevedra) – a reconversión industrial nos anos oitenta afectou á construción naval destacan a industria do automóbil, a confección, a agroalimentaria e a conserveira
OS SERVIZOS (sector terciario)
É o sector máis destacado da economía galega : - necesidades de melloras das infraestruturas de transporte (estradas, ferrocarrís e aeroportos) – desenvolvemento insuficiente do comercio, balanza comercial deficitariaimportante desenvolvemento do sector turístico grazas ao clima e á riqueza cultural e paisaxística

No hay comentarios:

Publicar un comentario