A ORGANIZACIÓN DO ESTADO
A
organización do Estado queda establecida pola Constitución de 1978, que converte o Estado nunha monarquía parlamentaria e establece un réxime democrático como forma de goberno.
Características:
- soberanía nacional (o
poder máximo reside no pobo) - división de poderes (lexislativo,
executivo e xu- dicial) - igualdade dos cidadáns ante a lei - garantía dos dereitos e liberdades dos
cidadáns
ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO ESTADO:A
Constitución permite organizar o Estado a partir de 3 podere
- PODER LEXISLATIVO :
elabora e aproba leis, exérceo as Cortes Xerais (Congreso e Senado) cuxos representantes son elexidos democráticamente
mediante sufraxio universal
- PODER EXECUTIVO :
executa as leis aprobadas polo Parlamento e dirixe a política exterior e
interior do Estado, exérceo o Goberno
- PODER XUDICIAL :
aplica as leis e garantiza a xustiza co Consello Xeral do Poder elexido polas
Cortes
En
España as eleccións son cada 4 anos, o período que dura unha lexislatura.
ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE
ESPAÑA : a organización territorial do Estado ordénase
a partir de 3 administracións :
- ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL :
os municipios son as unidades
administrativas máis relevantes. O seu órgano de goberno é o Concello dirixido polo alcalde e os concelleiros
- ADMINISTRACIÓN PROVINCIAL
: hai 50 provincias
cuxo órgano de goberno é a Diputación
provincial. As provincias están formadas por unha agrupación de municipios. As comunidades autónomas uni provinciais
e as illas están gobernadas por cabildos
- ADMINISTRACIÓN AUTÓNOMICA
: hai 17 comunidades autonómicas e 2 cidades autónomas (Ceuta e Melilla). Entre 1979 e 1983 aprobáronse
os Estatutos de Autonomía onde se establece a súa organización política. Cada
comunidade dispón do seu propio goberno no Tribunal Superior de Xustiza.
A
organización do estado presenta desequilibrios rexionais :
- TERRITORIAIS : -
Castela e León e Andalucía son as dúas comunidades máis extensas - Canarias e Baleares teñen carácter
insular – 6 comunidades
uniprovinciais (Asturias, A Rioxa,
Cantabria, Navarra, Madrid e Murcia)
- DEMOGRÁFICOS : as
comunidades costeiras presentan maior densidade de poboación que as interiores,
a comunidade máis poboada é Andalucía e a menos A Rioxa
- ECONÓMICOS : Cataluña,
o País Vasco e a Comunidade de Madrid son as rexións máis ricas. Outras rexións
teñen niveis máis baixos de renda : Galicia, Principado de Asturias e Cantabria
sofren unha reconversión das súas industrias, mentres que Castela e León,
Castela-A Mancha, Estremadura e Andalucía herdan difíciles condicións
económicas
AS POLÍTICAS DE COOPERACIÓN
E DESENVOLVEMENTO REXIONAL
-
ESTATAIS : Fondo de compensación interterritorial – Incentivos Rexionais –
Plans de Desenvolvemento Rexional - ao mesmo tempo cada comunidade autónoma
desenvolve a súas propias políticas para a mellora económica e social.
- EUROPEAS :
Fondos estruturais e de Cohesión (FEDER,
FEOGA, FSE)–Iniciativas Comunitarias (cooperación
fronteiriza, rehabilitación de cidades, desenvolvemento rural e apoio aos
desfavorecidos)
A
ORGANIZACIÓN POLÍTICA E TERRITORIAL DE GALICIA
A
unidade territorial básica de Galicia é a parroquia, sobre esta base
superpuxéronse no S. XIX as divisións actuais : - municipio (co concello) –
provincia (coa deputación) – comarca
(en Galicia hai 53, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo,
12 á de Ourense e 10 á de pontevedra)
O
Estatuto de Autonomía é a lei
fundamental da comunidade. Regula : - o
territorio que comprende –
os símbolos (bandeira,
escudo e himno) – os idiomas cooficiais –
as institucións – as competencias
- as relacións co Estado e o
resto de comunidades
AS INSTITUCIÓNS DE GALICIA
- PARLAMENTO : elabora
e aproba as leis. Está formado por 75 deputados elixidos por sufraxio universal
- XUNTA DE GALICIA :
toma as decisións de goberno.Está formado por un presidente e os conselleiros
- TRIBUNAL SUPERIOR DE
XUSTIZA DE GALICIA
- OUTRAS INSTITUCIÓNS :
o Valedor do Pobo, Consello de Contas e Consello de Cultura
No hay comentarios:
Publicar un comentario