ACTIVIDADES
AGRARIAS E MUNDO RURAL
Cada
día colonízanse novas terras, pero abandónanse outras por erosión do solo ou
perda de fertilidade.
Os
espazos agrarios poden clasificarse
mediante :
- TIPOS DE PROPIEDADE :
latifundios e minifundios.
- EXPLOTACIÓN DA TERRA :
traballo levado a cabo polo propietario, parcería e arrendamento.
- FORMA DE EXPLOTACIÓN :
agricultura intensiva e agricultura
extensiva.
- APROVEITAMENTO DO SOLO :
explotacións agrícolas e gandeiras.
- TIPO DE PRODUCTOS QUE SE
CULTIVAN : autoconsumo e comerciais.
- SISTEMA DE CULTIVO:monocultivo
e policultivo, e segundo o tipo de cultivo, de sequeiro e de regadío.
- ORGANIZACIÓN DO TERRÁDEGO
AGRÍCOLA : parcelas irregulares e xeométricas.
- GRAO DE INVESTIMENTO E
DESENVOLVEMENTO : explotacións tradicionais e tecnificadas.
FACTORES
EXPLICATIVOS DOS ESPAZOS AGRARIOS :
- OS FACTORES NATURAIS :
certas plantas son comúns en climas
tropicais, outras asócianse a climas
chuviosos e algunhas son propias de climas
continentais ou subtropicais.
- AS ALTAS DENSIDADES
DEMOGRÁFICAS : favorecen o cultivo intensivo, mentres
que as áreas pou- co poboadas teñen
usos extensivos.
- A EVOLUCIÓN HISTÓRICA :
tamén pode axudar a explicar a repartición actual da propiedade e dos cultivos
dominantes.
- AS POLÍTICAS AGRARIAS :
as reformas agrarias e as políticas de modernización.
- O POTENCIAL ECONÓMICO
: dos agricultores e gandeiros facilita a compra de
productos. Iso sucede no mundo desenvolvido e nos países que sufriron a revolución verde (proceso de
modernización agraria).
PAISAXES AGRARIAS
NAS REXIÓNS TROPICAIS :
- PAISAXE AGRÍCOLA DAS SABANAS TROPICAIS
:
con rotación de diversas especies e
períodos de barbeito. En rexións próximas
aos desertos, a agricultura limítase aos oasis húmidos, e no resto
dáse un pastoreo nómade.
-
PAISAXES DAS REXIÓNS DE BOSQUE HÚMIDO : onde se desenvolve a agricultura itinerante de corta
e queima.
-
AGRICULTURA DE PLANTACIÓN : con
explotacións de gran tamaño, parcelas regulares e sistemas de produción
modernos e abundantes en man de obra.
- A AGRICULTURA INTENSIVA DE REGADÍO : con
solo utilizado de forma intensiva e pequeñas parcelas de arrozais, que ocupan
vales e deltas fluviais.
NAS REXIÓNS TEMPERADAS :
- POLICULTIVO MEDITERRÁNEO :
onde predomina a triloxía de cereal, viñedo e oliveiral,
xunto a áreas de regadío onde se cultivan árbores froiteras e hortalizas.
- AGRICULTURA INTENSIVA DE
INVERNADOIRO : desenvolvida en invernadoiros de cristal
ou plástico, que esixe altos investimentos de capital para a construción de instalación,
sistemas de rega e calefacción. Permite obter altos rendementos.
- MONOCULTIVOS CEREALEIROS
MECANIZADOS : con grandes extensións de monocultivo,
xeralmente propiedade de grandes empresas agroalimentarias.
AGRICULTURA E ALIMENTACIÓN
NO MUNDO : as actividades agrarias xeran una produción de alimentos, suficiente para alimentar a toda a poboación
actual. A produción de alimentos duplicouse desde 1970 á actualidade. Esta
produción de alimentos está moi
desigualmente repartida, hai máis de mil millóns de persoas no mundo que
padecen fame ou subalimentación. África e Asia son as rexións que concentran unha
maior porcentaxe de persoas subalimentadas. A produción de alimentos esixe
medidas de seguridade alimentaria : -
reformas agrarias - mellora de técnicas de produción – comercio xusto de
alimentos
A PESCA E A EXPLOTACIÓN DOS
BOSQUES : as
actividades agrarias compleméntanse coa pesca e
a
explotación dos bosques :
- AS ACTIVIDADES PESQUEIRAS
: lévanse a cabo nos caladoiros,
controlados polas Zonas Económicas Exclusivas. Predomina a pesca de altura, realizada por grandes buques que están longas
tempadas en alta mar. Compleméntanse coa pesca
de baixura, realizada por pequenos barcos cerca da costa.
- A EXPLOTACIÓN FORESTAL : ten
como obxectivo a extracción de madeira,
polo que ameaza o futuro das principais áreas forestais do mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario