O MEDIO NATURAL DE ESPAÑA
O medio natural de España comprende
as seguintes unidades de relevo :
- MESETA CENTRAL : zócolo dividido en
dúas submesetas (norte e sur) polo
Sistema Central
- REBORDOS MONTAÑOSOS DA MESETA : Macizo
Galaico, Montes de León, cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico e Serra Morena
- UNIDADES EXTERIORES : Montes Vascos,
Pireneos, cordilleira Costeira Catalá e cordilleiras Béticas
- RELEVO INSULAR : Arquipélago Balear
(prolongación de cordilleiras Béticas e
cordilleira Costeira Catalá) – Canarias (orixe volcánica).
O medio natural de España
caracterízase pola súa diversidade climática, causada por varios factores (a situación da Península Ibérica na Terra,
a influencia marítima, a presenza das borrascas atlánticas, a elevada altitude
media e a proximidade ao trópico de Cáncer) e dá lugar a diferentes climas
:- atlántico ou oceánico (no norte e noroeste peninsular) - mediterráneo (no centro, leste e sur peninsular, e nas illas
Baleares) – subtropical (nas illas
Canarias).
No medio natural de España teñen
especial importancia os ríos e o litoral :
- RÍOS : - vertente cantábrica (Bidasoa,
Deva, Nervión, Sella, Nalón, Narcea e Navia)
– vertente atlántica (os ríos do noroeste Miño e Sil, Douro, Texo, Guadiana
e Guadalquivir) – vertente mediterránea
(Ebro, Ter, Llobregat, Turia, Cabriel, Xúcar, Segura, Almanzora e
Guadalhorce)
- O LITORAL : - costa cantábrica (abrupta
e escarpada) – costa mediterránea (o
litoral catalán ten relevo desigual, o sector central é chan e areoso, e a
costa andaluza oriental é abrupta e accidentada) – costa atlántica (a galega ten un relevo suave, recortado por
profundas rías e a andaluza é areosa con marismas e baías) – costa das illas Baleares (ten extensas praias e moitas calas) – costa das illas Canarias (é alta e
abrupta)
O medio natural de España conta
cunha vexetación variada e cunha gran diversidade de paisaxes naturais.
Principais rexións vexetais :
- REXIÓN ATLÁNTICA : vexetación de
folla caduca (faias, carballeira)
- REXIÓN MEDITERRÁNEA : vexetación
adaptada a períodos secos e árbores de folla perenne (piñeiral, sobreiral)
- REXIÓN SUBTROPICAL : nas illas Canarias
destaca a laurisilva
- VEXETACIÓN DE MONTAÑA :
predomina o bosque de coníferas (abeto,
piñeiro)
- VEXETACIÓN DE RIBEIRA : constituída
por amieiros, salgueiros, chopos, freixos e olmos
Estes paisaxes naturais están
ameazados pola acción do home : -
contaminación e consumo excesivo de auga –
contaminación do aire – xeración de
lixo – incendios forestais,
desertización e urbanización en ecosistemas fráxiles
O MEDIO NATURAL DE GALICIA
RELEVO E HIDROGRAFÍA
- a franxa litoral coas rías Altas (de Ribadeo a Fisterra) e Baixas (de
Fisterra ao Miño)
- as serras setentrionais (Xistral),
Dorsal Galega (Faladoira, Suído e Faro
de Avión), serras orientais (Ancares,
Courel e Queixa)
- superficies de aplanamento (Terra Chá) e depresións interiores (As Pontes, Lemos e Verín)
- rede de vales fluviais, coa vertente cantábrica (ríos curtos e caudal
alto) e vertente atlántica (Eume,
Tambre, Ulla, Lérez, Miño e Sil)
CLIMA E VEXETACIÓN
O medio natural de Galicia ten un clima oceánico (temperaturas suaves,
precipitacións máis abundantes na franxa costeira).
Hai cinco variedades climáticas : - fachada cantábrica – Galicia occidental – zonas de montaña – interior de Galicia (continentalizado)
- vales e depresións meridionais no interior (mediterráneo continental suavizado)
Existen distintas formacións vexetais : - fraga (caducifolia) – landa (matogueira)
- perennifolias
A paisaxe galega foi moi modificada pola intervención humana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario