jueves, 12 de julio de 2012

ACTIVIDADES E ESPAZOS INDUSTRIAIS EN TRANSFORMACIÓN resume sociais 3º eso


                 ACTIVIDADES E ESPAZOS INDUSTRIAIS EN TRANSFORMACIÓN
AS ACTIVIDADES INDUSTRIAIS : - industria e manufacturas (a transformación de materias primas) - fábricas contra talleres artesáns (produción standard e maquinaria especializada).
Os espazos industriais divídense en distintos tipos :
- SEGUNDO O SEU LUGAR E PROCESO DE PRODUCIÓN : - industrias básicas (siderurxia, petroquímica, papeleira, etc) - de bens de equipo (metalúrxica de transformación ou mecánicas) - de bens de consumo (industria téxtil, de alimentación, farmacéutica, editorial, etc).
- SEGUNDO O SEU NIVEL TECNOLÓXICO : - nova ou alta tecnoloxía (informática, telecomunicación, biotecnoloxía) - tecnoloxía media (automóbiles e química) - tradicionais (calzado, téxtil, moble)  
- SEGUNDO O TIPO DE EMPRESA INDUSTRIAL : - PEMES (pequenas e medianas empresas) -  grandes empresas -  empresas multinacionais ou transnacionais  

AS REVOLUCIÓNS INDUSTRIAIS
Os espazos industriais transformáronse no tempo :
- A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (fins do S. XVIII no Reino Unido) : mecanización, uso do carbón e da maquina de vapor, industria siderúrxica e téxtil, localización en minas e portos.  
- A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (inicios do S. XX) : uso de hidrocarburos e electricidade, Revolución do transporte e as comunicacións, produción en serie (cadeas de montaxe)
- A TERCEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (anos 70) : tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), biotecnoloxía e novos materiais, produción flexible, deslocalización.  

LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
Os espazos industriais cambian a súa localización segundo varios factores : - abundancia de recursos 
naturais – custo e cualificación da man de obra – mercado de consumo – transporte – investimento de capital – existencia de centros de investigación e formación técnica – proximidade ao lugar de orixe do empresario – medio ambiente
Os espazos industriais cambian a súa localización desde os países máis desenvolvidos cara ao resto do mundo : - as novas industrias xorden en rexións desenvolvidas – cando o produto se difunde, a súa produción trasládase cara a territorios periféricos.

AS PAISAXES INDUSTRIAIS
Os espazos industriais dan lugar a paisaxes industriais :
- HERDADAS : paisaxes negras, paisaxes industriais portuarias
- URBANAS : periferia urbana, eixes de desenvolvemento, tecnopolos
- RURAIS : industria agroalimentaria, industrias tradicionais

O MAPA INDUSTRIAL DO MUNDO
Os espazos industriais forman un novo mapa industrial no mundo :
- PAÍSES DESENVOLVIDOS : comezaron a súa industrialización no S. XX. Están sometidos a problemas medioambientais (emisións de CO2) e están en crise e reconversión desde 1980. Grandes rexións industriais : - en Europa, do Mar do Norte ata o norte de Italia - o nordeste dos EEUU e California - o sur da illa de Honshu en Xapón - Os Urais en Rusia.
- NOVOS PAÍSES INDUSTRIAIS : zona de Asia-Pacífico (Hong-Kong, Taiwan, Corea, Singapur, Filipinas, Indonesia, Malasia e Tailandia). Man de obra barata e abundante. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario