sábado, 14 de julio de 2012

A POBOACIÓN MUNDIAL resume sociais 3º eso


12                                                         A POBOACIÓN MUNDIAL
A poboación mundial crece de forma continuada :
NATALIDADE : a medida que aumenta o nivel de desenvolvemento dos países, diminúe a súa taxa de natalidade : - nos países desenvolvidos (a taxa de natalidade é baixa) - nos países subdesenvolvidos (hai unha redución da natalidade).
MORTALIDADE : a taxa de mortalidade está influída polo desenvolvemento e avellentamento : - a maior nivel de desenvolvemento diminúe a mortalidade - os países máis desenvolvidos, maior grao de avellentamento e esperanza de vida alta.
O CRECEMENTO DA POBOACIÓN MUNDIAL : O crecemento natural é a diferenza entre o número de nacementos e o de defuncións. Utilízase a taxa de crecemento natural. Hai un crecemento desigual, a poboación mundial crece a un ritmo moi alto, debido ao aumento demográfico que se produce nos países subdesenvolvidos.
UNHA REPARTICIÓN MOI DESIGUAL
Os principais focos de concentración humana localízanse en Asia oriental e meridional, Europa central e occidental, e o nordeste dos Estados Unidos. Noutras partes do mundo as densidades de poboación son moi baixas. Nestes baleiros demográficos a densidade da poboación é menor de 10 habitantes por km2 (desertos, selvas, estepas, polos)
FACTORES QUE INFLÚEN NA DISTRIBUCIÓN : - o clima (algúns climas son máis favorables ca outros) - o relevo (as montañas forman un medio pouco habitable) - o solo e os recursos minerais - a organizacióin económica e social ao longo da historia (o desenvolvemento da agricultura permitiu unha maior poboación. Despois a industrialización dou lugar a maiores densidades)

DESIGUALDADES NA ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN
A estrutura da poboación varía moito duns países a outros :
- PAÍSES DESENVOLVIDOS : son países avellentados, cunha elevada proporción de anciáns e una baixa natalidade. Isto supón un crecente aumento dos gastos sociais.
- PAÍSES SUBDESENVOLVIDOS : son países mozos con altas taxas de natalidade e moita poboación moza, o que provoca intensos movementos migratorios. Estes países enfróntanse ao reto de alimentar e educar una elevada proporción de nenos mozos.
 - ESTRUTURA POR SEXO : nacen máis nenos que nenas, pero a esperanza de vida das mulleres é algo maior a emigración tamén inflúe na estrutura, segundo predomine a dun ou outro sexo.

O PROCESO DE URBANIZACIÓN CARA UN MUNDO DE CIDADES
A poboación concéntrase en ciudades :
OCRECEMENTO URBANO : - a poboación urbana é cada vez máis numerosa, e seguirá aumentando as cidades cada vez son máis grandes. Aquelas con máis de 10 millóns de hab. son megacidades.
DESIGUALDADES NO GRAO DE URBANIZACIÓN : o grao de urbanización é maior nos países desenvolvidos (como consecuencia da industrialización, o que provocou unha inmigración do campo á cidade), aínda que hoxe crece máis rapidamente nos subdesenvolvidos, a causa da pobreza nas zonas rurais.     
PROBLEMAS ASOCIADOS ÁS CIDADES
 - O TRANSPORTE E A MOBILIDADE : as cidades teñen problemas de transporte. Para mellorar a mobilidade foméntase o transporte público.
 - A CONTAMINACIÓN NAS GRANDES CIDADES : contaminación atmosférica, contaminación da auga e  contaminación acústica.
- EXCLUSIÓN SOCIAL E DELINCUENCIA : nas cidades hai grandes desigualdades sociais. Parte da poboación habita en barrios marxinais.Teñen peores oportunidades. Para éste úsase o termo de exclusión social. Os índices de delincuencia son maiores.
 - VIVENDAS SOCIAIS E INFRAVIVENDAS (vivendas cuxa calidade na construción e nos servizos está moi por debaixo do adecuado) : nas cidades dos países desenvolvidos o prezo da vivenda é moi alto.Téntase paliar este problema mediante vivendas sociais. O problema é moita máis grave nos países subdesenvolvidos. Isto sucede nos barrios de favelas
O FENÓMENO MIGRATORIO
A evolución do número de habitantes depende do seu crecemento natural e das migracións. A diferenza entre inmigrantes e emigrantes chámase saldo migratorio. Pode ser positivo ou negativo. A poboación mudial está suxeita a continuos movementos :
AS MIGRACIÓNS NA HISTORIA : - as migracións dos europeos a ultramar desde 1800 - as migracións forzadas dos escravos africanos cara América - as migracións chinesas.
AS MIGRACIÓNS  ACTUAIS : desde os países subdesenvolvidos ás rexións máis prósperas (os Estados Unidos, a Unión Europea, países con recursos pretrolíferos ou con nivel crecente de industrialización) – tamén existen correntes migratorias nos países subdesenvovlvidos (as guerras orixinan migracións forzadas) - o fenómeno máis importante é o desprazamentos desde zonas rurais a urbanas
CAUSAS E CONSECUENCIAS DAS MIGRACIÓNS
 As migracións obedecen a distintas causas. Tipos de migracións :
 - MIGRACIÓNS ECONÓMICAS E LABORAIS : - a maioría deses emigrantes son man de obra non cualificada ou pouco cualificada - outro tipo son as de traballadores cualificados
- MIGRACIÓNS POR MOTIVOS POLÍTICOS : en zonas de conflitos bélicos
- MIGRACIÓNS POR MOTIVOS AMBIENTAIS : fuxindo da desertización e de catástrofes naturais
CONSECUENCIAS DAS MIGRACIÓNS :  
- PAÍSES RECEPTORES : - constitúen un factor de desenvolvemento e contribúe a aumentar a riqueza - é un freo ao proceso de avellentamento - os países receptores enriquécense culturalmente.
- PAÍSES EMISORES : - perden poboación moza - os emigrantes envían cartos ós seus países de orixe, estas transaccións chámanse remesas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario