A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES
A forma fundamental de organización da sociedade é o
Estado, que consiste no conxunto de institucións
políticas e administrativas que rexen un país. Ha de ter soberanía (representa a
autoridade superior no seu territorio e non depende de ningún outro poder)
sobre o seu territorio. Pero
existen Estados nos que conviven comunidades que teñen diversas linguas, ou
unha pluralidade cultural ou relixiosa moi grande, son os Estados plurinacionais. O Estado ten como funcións máis importantes
: - desenvolver políticas - garantir o
respecto á lei - representar e defender os intereses internacionais – garantir a
seguridade da poboación
Segundo
a súa organización os Estados pódense clasificar en :
- ESTADOS UNITARIOS :
son aqueles nos que o poder exércese desde un único lugar.
- ESTADOS FEDERAIS :
o poder repártese entre o goberno federal e os territorios que constitúen a federación.
Os territorios organízanse mediante órganos de autogoberno.
- ESTADOS DESCENTRALIZADOS :
neles trátase de facer compatible a idea da unidade do territorio cunha descentralización (traspaso da
capacidade de decisión, nalgúns asuntos, desde o poder central cara ás rexións
ou territorios autónomos) dos seus
órganos de goberno.
A organización política das sociedades presenta
distintos réximes políticos :
ESTADOS DEMOCRÁTICOS :
- os cidadáns elixen os seus representantes políticos mediante eleccións
libres - poden ser repúblicas (o
xefe do Estado é un presidente elixido polo pobo a través de eleccións) ou monarquías parlamentarias (a
xefatura do Estado recae sobre un monarca que chegou ao trono por herdanza). Caracterízanse por :
- SUFRAXIO UNIVERSAL
– SISTEMA DE PARTIDOS
POLÍTICOS
– RESPECTO DOS DEREITOS
HUMANOS
– DIVISIÓN DE PODERES :
- lexislativo (encárgase de aprobar
as leis e controlar a acción do goberno a través do Parlamento) - executivo (corresponde ao goberno, pon en práctica as
leis aprobadas polo Parlamento, dirixe a política interior e exterior do Estado) - xudicial (garante o cumprimento das
leis a través dos tribunais que aplican a xustiza).
Para
regular a organización política e territorial das sociedades é indispensable
que haxa unha Constitución ou lei
fundamental, que ha de ser aprobada polos cidadáns nun referendo.
ESTADOS AUTORITARIOS :
- a poboación carece de liberdades - o
poder é exercido por unha per soa ou por un grupo político que suplantan a
vontade popular – a forma máis frecuente é a ditadura : ditaduras militares (o
exército ocupa o poder), ditaduras
totalitarias (un partido único controla o go-
berno), teocracia (o poder está nas mans da
autoridade relixiosa)
A
organización das sociedades permite agrupar os estados en distintos conxuntos xeopolíticos e culturais:
- MUNDO OCCIDENTAL :
inclúe Europa occidental e central, os Estados Unidos, o Canadá, Australia e
Nova Zelandia. É o centro da organización política e económica do mundo.
- ASIA MERIDIONAL E ORIENTAL
: é a zona máis poboada do planeta. Debilidade de
protección social e repartición desigual da riqueza
- AMÉRICA LATINA :
comprende todos os Estados de América do Sur, Central e México. Hai certa uniformidade
cultural e grandes desigualdades sociais e económicas.
- ÁFRICA :
gran variedade de linguas e culturas. Graves dificultades económicas e
emigración.
- ESPAZO POSTSOVIÉTICO :
inclúe as antigas repúblicas da Unión Soviética (Rusia). Presenta conflitos herdados do antigo bloque soviético.
- ORIENTE PRÓXIMO E ORIENTE
MEDIO : núcleo do mundo musulmán. Formas de goberno autoritarias
na súa maioría. Clave na economía mundial polas súas reservas de hidrocarburos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario