1. Termos
CONSTITUCIÓN : leis fundamentais dun
estado democrático que fixa os dereitos e deberes dos cidadáns e o marco de
funcionamento das institucións.
PRAGMÁTICA SANCIÓN : norma que promulgou
Fernando VII, que derrogaba a Lei Sálica, que impedía reinar ás mulleres. Quería evitar
que a súa única herdeira, Isabel, fose eliminada da liña sucesoria, e con
este documento recoñecéuselle como herdeira.
PRONUNCIAMENTO : forma de
sublevación militar típica do S. XIX, que perseguía cambiar un determinado
sistema político.
GUERRILLAS : partidas de civís
armados que fustrigaban as tropas napoleónicas e entorpecían o seu control.
CORTES DE CÁDIZ : Asamblea formada
polo goberno da Xunta Central, que durante a Guerra da Independencia crea a
primeira Constitución Española (1812) que pon fin ao Antigo Réxime.
LIBERAIS : son os partidarios de
Isabel II e da súa nai, a rexente María Cristina (1). Os liberais eran partidarios
da monarquía constitucional e divídense en dous grupos : - os moderados (partidarios de reforzar a
posición do rei e de aplicar unhas reformas limitadas) – os progresistas (que defendían unha política de reformas profundas).
DESAMORTIZACIÓN : expropriación de
terras pertencentes á Igrexa, aos nobres e aos concellos para poñelos en
subasta pública, para que as merquen os campesinos. Dáse en España no S.
XIX
GUERRAS CARLISTAS : enfrontamentos que se
dan en case todo o S. XIX entre os absolutistas partidarios de Don Carlos e os
liberais partidarios de Isabel II.
FEDERALISMO : organización de
estado onde distintas zonas ou rexións teñen gobernos propios e moitas
competencias administrativas.
QUENDA DE PARTIDOS : organización política
da restauración organizada por Cánovas del Castillo onde se alternaban no poder
os liberais e os conservadores para evitar enfrontamentos entre eles.
OLIGARQUÍA : goberno dunha
minoría constituída polos máis poderosos. Dáse en España no S. XIX debido ao
sufraxio censitario.
RESTAURACIÓN : é a volta á
monarquía borbónica con Alfonso XII, despois do golpe de estado de Martínez
Campos.
CANTONALISMO : movemento que
tiña como obxectivo a creación de Estados soberanos e federados dentro de
España.
REPÚBLICA : forma de goberno
representativa na que o xefe do goberno non é hereditario nin vitalicio, senón
o resultado dunha elección popular,directa ou indirecta.
2. Datas e personaxes
1808 :inicio da Guerra da
Independencia, vencendo o exército español aos franceses na batalla de Bailén
1868 : fin do reinado de
Isabel II. Tras derrocar a raíña, constitúese un goberno provisional ata 1870.
1874 : fin do Sexenio
Democrático e comezo da Restauración e do reinado de Afonso XII.
1812 : as Cortes de
Cádiz aprobaron a primeira Constitución Española. Con iso establecíanse os fundamentos
do réxime liberal en España.
1898 : España perde
Cuba, Puerto Rico e Filipinas, debido ás guerras que mantiña España coas súas colonias
na Restauración.
M. CRISTINA (1) : muller de
Fernando VII e nai de Isabel II, foi a 1ª rexente do réxime liberal en España
no S. XIX.
DON CARLOS : irmán do rei Fernando
VII, os seus partidarios eran os absolutistas. Don Carlos era o lexítimo
herdeiro ao trono. Os seus seguidores, os carlistas, ao non aceptar
a Isabel II como raíña, darán lugar a unha serie de guerras ao longo
do S. XIX (guerras
carlistas).
MENDIZÁBAL :ministro progresista
durante a rexencia de M. Cristina (1), que realizou a desamortización.
ESPARTERO : I ministro no bienio
progresista.
NARVÁEZ : I ministro moderado, varias
veces durante a primeira década do
reinado de Isabel II
ISABEL II : foi proclamada raíña en
1833 con tres anos de idade, por iso o seu reinado iníciase con dúas
rexencias, a da súa
nai Mª Cristina (1) e a do Xeneral Espartero. Adiántase a súa maioría
de idade e en
novembro de1843 empeza
o seu reinado efectivo.
SERRANO : presidente do goberno unionista, tras derrocar a Isabel II cun pronunciamento que fixo xunto co xeneral Prim. Serrano convocou Cortes constituíntes que aprobaron a Constitución de 1869.
SERRANO : presidente do goberno unionista, tras derrocar a Isabel II cun pronunciamento que fixo xunto co xeneral Prim. Serrano convocou Cortes constituíntes que aprobaron a Constitución de 1869.
PRIM : tras a marcha de Isabel
II, o xeneral Prim foi o encargado
de encontrar un novo rei para España, o
príncipe Amadeo de Saboia e foi o seu principal apoio ata que foi asesinado en
Madrid.
AMADEO I DE SABOIA : rei de España desde
1871 ata 1873. Era un rei moderno e demócrata, pero non foi nada ben recibido
xa que contou coa oposición dos monárquicos e da Igrexa. Tampouco o apoiaban os
republicanos, e parte da poboación non o quería porque era estranxeiro.
AFONSO XII : fillo de Isabel II. Foi
proclamado rei polo xeneral Martínez Campos en 1874, co que diu comezo ao
réxime da Restauración.
CÁNOVAS DEL CASTILLO : Afonso XII nomeouno
presidente do goberno conservador. Cánovas organizou o sistema político
baseándose nunha nova Constitución e na alternancia no poder dos partidos.
SAGASTA : presidente do goberno
liberal na alternancia do poder dos partidos que propuxo Cánovas.
M.CRISTINA (2) : muller de Afonso
XII. Ao morrer este en 1885, a raíña Isabel II abdica no nome do seu fillo e
dáselle a rexencia a M. Cristina (2).
3.Xuntar dous personaxes e relacionalos (4 parellas)
AMADEO I DE SABOIA – PRIM : Prim foi o
principal apoio de Amadeo I de Saboia
CÁNOVAS DEL CASTILLO – SAGASTA : No novo sistema
político de Cánovas del Castillo existían dous partidos, o conservador,
liderado por él mesmo e o liberal, liderado por Sagasta.
AFONSO XII – M. CRISTINA (2) : Ao morrer Afonso
XII, dáselle a rexencia a súa esposa M. Cristina (2)
ISABEL II – M. CRISTINA (1) : durante a minoría
de idade de Isabel II, a súa nai M. Cristina (1) foi a primeira rexenta do
réxime liberal instaurado en España no S. XiX
4. Explica as seguintes afirmacións :
1. Cales foron os motivos da
Independencia de Latinoamérica?
Os crioulos (descendentes de
españois) que foron educados en Europa con ideas liberais e
nacionalistas.
2. Explica as fases da
Independencia iberoamericana e os seus protagonistas?
1808-1815 : debido á Guerra da Independencia de España e que as colonias aproveitan,
pola falta de exército español.
1815-1825 : cando se restaura en España a monarquía absoluta con Fernando VII, o
que rexeitan as colonias iberoamericanas.
Os seus protagonistas
foron Simón Bolivar, que independiza o norte de Sudamérica creando a gran Colombia
e José Sanmartín, que independiza o sur de Sudamérica.
3. Por que abdicou Carlos IV, con
quen e lugar onde o fixo?
Carlos IV cede a coroa
a Napoleón, cansado das conspiracións da propia corte, levadas a cabo polo seu
fillo Fernando, e os partidarios deste, que non soportaban o poder absoluto que
estaba acumulando Godoy (primeiro ministro de Carlos IV) e presionado polo
propio Napoleón, que convoca en Baiona aos reis de España.
4. Que medidas políticas se
levaron a cabo durante a Guerra da Independencia?
Trátase de botar abaixo
ao Antigo Réxime, poñendo un goberno liberal. Elabórase unha Constitución. Lóitase
e expúlsase aos franceses, que se ven como invasores.
5. Por que reinou Isabel II no
lugar do príncipe Don Carlos? E que provocou isto?
Isabel II puido reinar
debido a Pragmática Sanción que promulgou o seu pai Fernando VII, que derrogaba
a lei Sálica que impedía reinar ás mulleres. Isto provocou as Guerras
Carlistas, enfrontamentos entre os absolutistas, partidarios de Don Carlos e os
liberais, partidarios de Isabel II.
6. Cales foron os principais
problemas do reinado de Fernando VII?
Suprímese a
Constitución e vólvese a restaurar o absolutismo , intervén a Santa Alianza.
Persecusións con fusilamentos dos liberais. Instáurase o Antigo Réxime e
suprímese a lei Sálica que non deixaba reinar ás mulleres e establece a
Pragmática Sanción.
7.Cales foron as dúas
desamortizacións do S. XIX, a quen lle afectaron e durante que reinados ou periodos
se fixeron?
Durante a rexencia de
M. Cristina (1) prodúcese a desamortización de Mendizábal, expropiando as
terras da Igrexa e dos nobres para poñelas a subasta pública, para que as
merquen os campesinos.
Durante o bienio
progresista do reinado de Isabel II, liderado por Espartero, prodúcese a
desamortización de Madoz sobre bens de concellos e eclesiásticos, o que agravou
a situación dos campesinos.
8. Por que tivo que abdicar
Isabel II?
Pola unión de todos os
partidos para botar a raíña, obligándoa a abdicar por problemas políticos e
persoais.
9. Cales foron as etapas
políticas do sexenio Democrático? Explica os problemas máis importantes.
1ª etapa 1868-1870 :
Goberno Provisional – 2ª etapa 1870-1873 : Monarquía de Amadeo I de Saboia
3ª etapa 1873-1874 :1ª
República
Elabóranse
Constitucións democráticas. Trátase de solucinar os problemas nas colonias.
Continúan as Guerras Carlistas. Diversidade nos tipos de República. Atentados
terroristas. Cantonalismo ou movementos independentistas de certas zonas de
España. Golpe de Estado.
10. Por que se proclamou a I
República e cales foron os motivos da súa corta duración?
Proclamousa a I
República porque non había rei. Durou un ano porque a maioría do seus diputados
non eran republicanos e non apoiaban esa ideoloxía.
11. A que se debeu o nome de
restauración e quen foi o seu creador e artífice?
O nome de Restauración
debeuse á volta da monarquía borbónica con Afonso XII e o seu creador e artífice
foi Cánovas del Castillo.
12. Como foi posible levar a cabo
durante a Restauración a alternancia ou quenda de partidos?
Foi posible levar a
cabo a alternancia dos partidos pola manipulación das eleccións mediante fraude
electoral (pucheirazo) , polo caciquismo e pola corrupción.
13. Cando se pasa definitivamente
do Antigo Réxime o Estado Liberal en España e por que?
Nun primeiro momento
implántase o estado liberal coas Cortes de Cádiz durante a Guerra da Independencia,
onde se elabora a primeira Constitución. O Antigo Réxime desaparecerá
definitivamente á morte de Fernando VII co reinado de Isabel II, que ten que
apoiarse nos liberais debido ás Guerras Carlistas e establecer polo tanto un
estado liberal.
OBRA :
Casa Milá ou A Pedrera AUTOR : Gaudí SIGLO : principio do XX
ESTILO : Modernismo LUGAR : Barcelona
COMENTARIO
O
Modernismo é un estilo que se estende por toda Europa (en España : Cataluña → Barcelona).
Este estilo inspírase nas formas da natureza, no estilo gótico e algo na arte
islámica. En Cataluña, Gaudí sería un dos arquitectos máis representativo,
chamado desde distintas partes de España para traballar. A Casa Milá, encargada
por esta familia de empresarios, ocupa toda a mazá, a familia estaría no
primeiro andar. Os andares superiores eran para alugar e áinos de distintas
formas e medidas, porque o edificio está feito con planta libre como
arquitectura contemporánea. A súa fachada é unha onda con entrantes e saíntes
semellando unha ola do mar, pois o material da fachada é unha pedra que imita a
area, con balcóns de ferro semellando algas e os pisos todos distintos. No
interior hai dous patios con formas circulares que van a dar a terraza superior
onde se sitúan unas chimeneas con formas antropomórficas. Tanto esta terraza
como as buhardillas da parte superior son de uso común.
OBRA : A
Sagrada Familia AUTOR : Gaudí
SIGLO : finais S. XIX ata XXI
ESTILO :
Modernismo LUGAR : Barcelona
COMENTARIO
A
esta obra adicoulle Gaudí toda a súa vida, na que invertíu todos os cartos que
gañaba, pois está feita a base de donativos. É unha igrexa con 3 naves de gran
altura e con influencias góticas. Gaudí só puido facer unha fachada e a zona da
ábsida. Deseñou na súa totalidade a igrexa, traballando e vivindo nos últimos
anos da súa vida na cripta. Neste deseño aparecían 3 fachadas con 4 torres cada
unha, sendo en total 12, que simbolizan os 12 apóstolos; no cruceiro da igrexa
habería unha gran torre, que simbolizaría a Cristo, rodeada de 4 pequenas
torres, que simbolizarían aos 4 evanxelistas; enriba do altar hai 1 torre,
símbolo de María. A fachada, que él construíu una súa totalidade, foi a do
nacemento, con 3 portadas semellando grutas con estalactitas, nelas coloca
esculturas moi realistas relacionadas coa vida de Cristo. Enriba desta 3
portadas colocaría 4 torres cilíndricas totalmente furadas e unha delas
funcionaría como campanario. No remate das torres colocaría cerámica vidrada,
que ao darlle a luz a unha certa hora, emitiría destelos, que simbolizarían á
luz de Deus, ademais puxo gravados alabando a Deus. A outra fachada estaría
construída nos anos 80 de forma moderna, o resto da igrexa constrúese seguindo
os planos de Gaudí. Gaudí morre atropelado por unha carruaxe cando viña de
recaudar cartos para seguir a construción da igrexa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario