O GALEGO NO PRIMEIRO
TERZO DO SÉCULO XX
Nesta época
vanse producir uns logros moi importantes na loita pola recuperación do galego.
No 1906 fun douse a Real Academia Galega. Un dos logros desta etapa
foi o grao de cultivo da lingua tanto na litera-
tura como no
ensaio e na prensa, pero, sobre todo, como lingua oral formal, en conferencias,
actos públicos e reunións. No plano literario, a lingua ampliou os seus ámbitos
de uso: desenvolveuse principalmente a prosa narrativa e a poesía, pero foron
tamén importantes os ensaios científicos e divulgativos e as tra ducións de
textos estranxeiros (Revista Nós). As organizacións políticas e culturais
galegas que nacen
nesta época foron
as Irmandades da fala, Partido Galeguista, Seminario de
Estudos Galegos e a revista Nós que só usaban o galego. A
lingua é para os seus membros o principal signo de identidade. Foron estas organización
as que iniciaron a loita pola oficialidade do idioma galego e pola súa introdución
nos ámbitos escolar, administrativo e xudicial. No ano 1936, durante a República
aprobouse o primeiro Es tatuto de Autonomía de Galicia, no que se
recoñecía a cooficialidade de galego e castelán, pero non tivo efecto.
PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A LÍRICA
Nos primeiros
anos do S. XX continuaron as liñas que
se iniciaran no Rexurdimento. Os primeiros sinais de cambio danse con Ramón
Cabanillas.
RAMÓN CABANILLAS : podemos consideralo un poeta moderno e
clásico á vez. As liñas poéticas de Ca banillas permítennos distinguir catro
vertentes :
- poesía intimista : trata
temas referidos ao amor, á natureza e á recreación de vivencias do seu pasado. (A rosa de cen follas, que
constitúe unha homenaxe a Rosalía).
- poesía cívica : recolle
os postulados agraristas e o ideario das Irmandades da Fala. Proclama a hostilidade
anticaciquil e antiseñorial e a exaltación da aldea e dos labregos (No desterro )
- poesía costumista : na que fala de tipos e costumes rurais cunha perspectiva crítica e
humorística
- poesía narrativa : orientada
cara á creación de mitos para movilizar a conciencia colectiva. Recupera a
Materia de Bretaña situando a acción en Galicia (Na noite estrelecida)
AS VANGARDAS : é un movemento de renovación estética que
revolucionou todos os aspectos da arte. As diferentes solución das
vangardas reciben o nome de ismos e teñen en común : -
a reivindicación da materia artística como algo autónomo - O espírito rebelde e
provocador fronte á tradición estética e as normas - A defensa da liberdade
creadora e da orixinalidade.
Os principais
movementos vangardistas foron o Futurismo (Marinetti), o Cubismo(Apollinaire), o Dadaísmo (Tzara), o Surrealismo (Breton). En Galicia as
vangardas foron o neotrobadorismo (cantigas medievais), o hilozoísmo (poesía paisaxística), o surrealismo(consiste en afastar a razón dos textos para
deixar paso aos soños e ao subconsciente) e o creacionismo (consiste en afastar a poesía da realidade).
MANUEL ANTONIO : Representa o mellor
autor vangardista en
Galicia. É o autor do manifesto Máis Alá. A súa obra máis relevante
é De catro a catro que son follas sen data dun diario
de abordo, 19 poemas estruturados
como viaxe marítima (presenza do mar), case sempre de noite, simboliza a súa concepción
absolutamente pesimista da vida: monótona, repetitiva, en completa soidade (como perdido no mar), e contínua despedida. O tema central
da obra é a soidade do suxeito, que adopta en moitos casos un Nós, como
expresión de universalidade. A súa escrita vangardista podemos dividila en tres
etapas: unha primei ra de formación, unha de ruptura vangardista e unha final
de retroceso. Caracterízase pola ausencia de ar gumento, a presenza do mar, a
monotonía, soidade, simbolismo [O mar (símbolo da aventura
e a unión á natureza) e a terra (espazo onde a vida carece de sentido e con
saudade do mar)]
1º TERZO DO SÉCULO XX : O
TEATRO
A partir de
1916, gracias ao labor das Irmandades da Fala, o teatro galego experimenta un salto
importante, xa que para as Irmandades era considerado como a arma
de maior eficacia para a propaganda lingüística e para a educación das masas. En
1919 fundan O Conservatorio Nacional de Arte Dramática e en
1922 Leandro Carré Alvarellos crea a Escola Dramática Galega que
tivo unha intensa actividade. No te-
atro desta
época podemos sinalar dúas tendencias :
- unha actitude conservadora en
termos estéticos, baseada no costumismo humorístico.
- unha actitude renovadora, que intenta
crear un teatro culto e moderno, superador do costumismo e do ruralismo, na que
destaca Ramón Cabanillas, quen publicou A man de Santiña (1921), que foi a primeira obra posta en escena polo
Conservatorio en 1919.
CASTELAO E “OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE” : as liñas basicas da súa concepción teatral
son o gusto pola simetría na estrutura das obras e pola expresión concentrada;
expresionismo e simbolismo combinados co humorismo e o folclore. Os vellos non
deben de namorarse, concebida como un espectáculo integral (texto, música, danza, luminotecnia,
decoración, todos os personaxes levan máscaras…), componse de tres lances e un epílogo nos
que presenta tres versións diferentes dunha mesma historia : un vello paga coa
morte o seu namoramento dunha rapariga nova. Os tres vellos representan
distintos sectores da sociedade da época: o burgués das vilas (D. Saturio, un vello boticario que tenta
namorar a Lela), o fidalgo
bebedor (D. Ramón que
seduce a Micaela) e o
labrego rico (Sr. Fuco que lle
fai as beiras a Pimpinela). As tres
mozas pertencen a un estrato social inferior ao dos vellos. Aparecen
caracterizadas negativamente; é a súa deshonestidade e o seu materialismo o que
provoca a desgraza dos vellos que remata coa morte do protagonista. No
epílogo aparecen no cemiterio os protagonistas de cada lance.
PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A NARRATIVA
O GRUPO NÓS : a revista Nós nace en ourense en 1920.
Daralle nome a unha xeración da que fixeron parte intelectuais como Vicente Risco, Pedrayo, Cuevillas e Castelao (quen se encargou da dirección ar tistica desta
publicación que tentou darlle proxección unviersal e cultural). Nos 144 números publicados ata a Guerra civil
de 1936 fíxose un esforzo por facer unha lingua de cultura, capaz de levar a Galicia as novidades da cultura europea (científica e literaria). Recolle colaboracións estranxeiras a traduccións procedentes
das culturas célticas. Pintores e debuxantes galegos ilustraron as páxinas da
publicación. O Grupo Nós realizou un importante labor de difusión do libro
galego, ao crear o editor compostelán, Ánxel Casal, a editorial Nós.
VICENTE RISCO : escritor ourensán; coñecedor dos movementos da vangarda
europea cun importante labor de modernización da literatura galega.
Pasou unha etapa inicial apartado da cultura galega que coin cidiu coa
dirección da revista La Centuria (1917). Despois evolucionou cara ao descubrimento do galeguismo
tras integrarse nas Irmandades
da Fala. Os valores da obra de Risco :
- Invidualismo:xorde como
reacción do individuo cara aos movementos políticos de masas do seu tempo
- Crítica da ciencia : fronte a
opinión da sociedade do momento que loaba a técnica, valora a historia e a
tradición popular por medio dun culturalismo relacionado co seu interese pola
etnografía e os mitos.
- Relixiosidade e misticismo : a identificación do catolicismo como unha das bases da identidade
galega é un dos seus principios.
- Ambiguedade respecto as vangardas : axudou a difundir entre escritores novos como Manoel Antonio, as novas correntes estéticas.
OBRA DE VICENTE RISCO :
- novelas curtas : tratan
temas da literatura popular (O lobo da xente, A trabe de ouro e A trabe de alquitrán).
- novelas longas : O porco de pé, novela que satiriza un comerciante
enriquecido usando unha linguaxe e unha estética vangardista.
- ensaio : temas
etnográficos, políticos (Teoría do nacionalismo galego), viaxes e experiencia vital (Mittleuropa)
- teatro : O bufón d-el Rei, nunha corte medieval o bufón descobre o
adulterio cometido pola raíña.
O GALEGO NAS DÉCADAS DA
DITADURA
Despois do
triunfo das tropas franquistas na Guerra Civil (1936-39), a ditadura militar instaurada polo Xeneral Francisco Franco duraría ata
1975 e a lingua galega perde toda posibilidade de acceder ás instancias
oficiais e ao uso público debido a unha política dura e recesiva. A cultura
galega só sobrevive no exilio americano. A capital cultural galega nos anos 40
e 50 é Bos Aires onde chegou Castelao en 1940. Desenvolveu
unha actividade tendente a manter vivos os dereitos de Galicia, deste xeito
fundouse o Consello de Galicia. Arxentina, México, Venezuela e Estados Unidos
acollen aos nosos exiliados que van facer un intenso labor, editando revistas e
libros, facendo radio, montando obras de teatro, creando agrupación políticas e
culturais e mantendo viva a nosa cultura literaria. A produción cultural no
exilo ten distintas vertentes :
- Edicións de
obras que a censura non permitía publicar : sempre en
Galiza (de Castelao), A Esmorga (de Blanco Amor)
- Publicación
de revistas vinculadas a sociedades de emigrantes : Galicia, Galicia
Emigrante, Eu- fonía
- Creación de
grupos de teatro afeccionado que estrean moitas obras : Os vellos non deben de na- morarse (de Castelao), A xustiza dun muiñeiro (de Varela Buxán)
A partir de
1950 iníciase unha recuperación da literatura galega da man da Editorial
Galaxia e da revista Grial.
AS LINGUAS NA PENÍNSULA
IBÉRICA
LINGUAS OFICIAIS
Galego : lingua románica e é cooficial do castelán, fálase en Galicia, zonas estremeiras de Asturias e de León e Zamora e no val de Xálima en Cáceres (nas que non ten protección oficial).
Galego : lingua románica e é cooficial do castelán, fálase en Galicia, zonas estremeiras de Asturias e de León e Zamora e no val de Xálima en Cáceres (nas que non ten protección oficial).
Catalán : lingua románica, fálase en Cataluña, Baleares, en Alguer, franxa de
Aragón, Andorra, Valencia e na
Cataluñya Nord (Francia). O catalán é lingua cooficial co castelán en Cataluña,
Baleares e Valencia (valenciano).
Eúscaro : lingua preindoeuropea, é a lingua máis vella de Europa e é cooficial co castelán, falase no País Vasco, Navarra e suroeste de Francia (onde non ten recoñecemento oficial)
Mirandés (Portugal) : lingua románica e é cooficial co portugués, fálase no concello de Miranda do Douro e non chega aos 5000 falantes.
Eúscaro : lingua preindoeuropea, é a lingua máis vella de Europa e é cooficial co castelán, falase no País Vasco, Navarra e suroeste de Francia (onde non ten recoñecemento oficial)
Mirandés (Portugal) : lingua románica e é cooficial co portugués, fálase no concello de Miranda do Douro e non chega aos 5000 falantes.
NON OFICIAIS
Asturiano : lingua románica sen oficialidade, fálase en Asturias, viuse reducida polo castelán.
Asturiano : lingua románica sen oficialidade, fálase en Asturias, viuse reducida polo castelán.
Aragonés : fálase
nalgunhas zonas de Huesca, actualmente sufriu un proceso de abandono.
Aranés: fálase no Val d'Arán (Lleida) e non chega aos 5000 falantes
Aranés: fálase no Val d'Arán (Lleida) e non chega aos 5000 falantes
ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN
A comunicación é un proceso complexo no que interveñen diferentes
elementos : - Emisor (persoa que transmite) -
Receptor (persoa á que vai dirixida a mensaxe) -
Mensaxe (contido) - Código (sistema de signos) - Canle (vía ou
conduto) - Contexto (situación)
A comunicación verbal pode ser oral ou escrita. A linguaxe pode desempeñar varias funcións : - Expresiva (manifesta actitudes e sentimentos do emisor) - Apelativa (chamar a atención ao oínte cun fin determinado) - Referencial (informa sobre algo que descoñece o receptor) - Fática (verificar que a canle entre emisor e receptor segue aberta) - Metalingüísitica (utiliza a linguaxe para explicar ou analizar o propio código da lingua) - Poética (centra a atención sobre a forma da mensaxe)
A comunicación verbal pode ser oral ou escrita. A linguaxe pode desempeñar varias funcións : - Expresiva (manifesta actitudes e sentimentos do emisor) - Apelativa (chamar a atención ao oínte cun fin determinado) - Referencial (informa sobre algo que descoñece o receptor) - Fática (verificar que a canle entre emisor e receptor segue aberta) - Metalingüísitica (utiliza a linguaxe para explicar ou analizar o propio código da lingua) - Poética (centra a atención sobre a forma da mensaxe)
PROPIEDADES TEXTUAIS
O texto é unha unidade lingüística con sentido completo que cumpre
unha función comunicativa determinada (informar,
persuadir…). As súas propiedades son a adecuación, a
coherencia e a cohesión. A información que queiramos transmitir ten que
cumprir, polo tanto, unha serie de requisitos : - estar relacionada (que
trate do mesmo tema) – ser completa e suficiente – non ser redundante – non pode
ser contradictoria – debe estar organizada de xeito lóxico – debe ser clara e
comprensible.
O TEXTO ARGUMENTATIVO
O texto argumentativo é aquel no que se exponen unas ideas
determinadas para convencer o receptor
da súa validez. As partes da súa estrutura son : - tese (é a idea que se quere defender) - argumentos (son os razoamentos que apoian a tese) - conclusión (sintetízanse os argumentos expostos para reafirmar a idea
principal)
TIPOS DE ARGUMENTOS
- De coñecemento xeral : son as ideas aceptadas pola maioría da xente (Evitar
os accidentes de tráfico benefícianos a todas as persoas.)
- De autoridade : empregan o testemuño de
persoas consideradas coñecedoras do tema (Unha importante
porcentaxe das vítimas que sobreviviron a graves accidentes coincide ao sinalar
a posibilidade de evitalos se se circulase a menor velocidade.)
- De datos : ofrecen datos que
corroboran os feitos (Segundo un estudo realizado
recentemente, pro- dúcese un 70% máis de accidentes cando as condicións climáticas
son desfavorables)
- De exemplo : un caso concreto serve
como exemplo das ideas que se queren defender (Un
claro exem
plo
constitúeo o accidente acontecido en Vila de Cruces o mes pasado. Se a estrada
non estivese
mollada e se
se mantivese a distancia de seguridade, podería evitarse o impacto.)
- De experiencia persoal : empregan as propias vivencias ou experiencias para apoiar unha idea (Eu mes ma me teño visto envolta en máis dunha ocasión en
accidentes deste tipo.)
- De analoxía : compáranse dúas
situacións semellantes (No mes de agosto deste ano
producíronse
67 accidentes
menos que o ano pasado.)
- Legais : refírense ao establecido
na lexislación (Segundo as leis vixentes é
obrigatorio o uso do cinto de seguridade
nos asentos traseiros.)
CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS : - abundancia de substantivos
abstractos e tecnicismos - predominio do presente de indicativo
e de construcións impersoais ou de pasiva reflexa - períodos
sin tácticos longos - emprego de conectores - enumeracións - definicións, citas e exemplos que
apoien os argumentos.
SEMÁNTICA : CONTEXTO E SITUACIÓN
DENOTACIÓN : significado obxectivo,
basico das palabras.
CONNOTACIÓN : significado adicional,
subxectivo, que pode adquirir unha palabra nun contexto.
A ADECUACIÓN : A INTENCIÓN
REXISTRO FORMAL : é o empregado, por exemplo, nas conferencias, nos telexornais, na maior
parte da literatura, nos traballos da
clase…Características : - Información ben seleccionada e organizada - Corrección morfosintáctica - tecido sintáctico ben construído con emprego de
oracións compostas - Riqueza léxica con uso de si- nónimos, antónimos e
hiperónimos - Léxico preciso, mesmo con emprego de vocabulario especializado - Ton
impersoal e máis distante; tratamento de vostede
REXISTRO INFORMAL OU COLOQUIAL : é o que utilizamos a maior parte do tempo na nosa vida cotiá coas amizades e con persoas de confianza. Características
: - Adoita repetirse a información - Proble- mas de concordancias e oracións
sen rematar - Tendencia a usar oracións simples ou abuso das coordinadas con e -
Léxico repetitivo - uso de palabras
comodín, frases feitas, expresións de apo- io e xergas - Ton próximo aos interlocutores
(tratamento de ti, vocativos, pronomes de solidariedade,
diminutivos e abundantes interrogacións e exclamacións).
ESCRÍBENSE CON B
a) os verbos rematados en -bir e as
formas que deles se derivan [excepcións : vivir
e servir]
b) todos os verbos rematados en -buír e
as formas que deles se derivan
c) os verbos beber, caber, deber,haber, saber,
sorber, e todas as formas que deles se derivan.
d) as terminacións do copretérito da primeira conxugación: -ba, -bas, -ba, -bamos, -bades, -ban
e) as palabras que comezan con prefixos bi-
e –bis
f) as palabras rematadas en -bundo, -bunda
e -bilidade
g) as palabras comezadas por bu-, bur- e bus-
h) cando este son vai seguido de calquera outra
consoante (abstracto, blasfemia, bloque, blusa, branco, breve, brisa,
cable, moble, obstáculo, obstruír, obxecto, público...)
i) moitas palabras por fidelidade etimolóxica,
isto é, porque así se escribían en latín ou na lingua a través da que
entraron no galego (abelá, automóbil, baldeiro, bolboreta, inmóbil,
marabilla, móbil, rebentar, trobador...)
ESCRÍBENSE CON V
a) os verbos rematados en -ver e os
seus derivados [ excepcións : beber, caber, deber,
haber, saber, sorber e lamber.]
b) os verbos rematados en -servar e -versar
c) as formas dos verbos ter e estar que levan este son [excepción : lembra que o copretérito do verbo estar, como
todos os da primeira conxugación, se escribe con “b”.]
d) as palabras rematadas en -ava, -avo, -eve,
-evo, -eva, -ivo e -iva [excepcións : árabe e
sílaba.]
e) as palabras rematadas en -ívoro e –ívora [excepción : víbora.]
f) moitas palabras por fidelidade
etimolóxica, isto é, porque así se escribían en latín ou na lingua a
través da que entraron no galego (avó, avogado, chuvasco, covarde, esvarar, esvelto,
garavanzo, gravar, pavillón, varrer, vasoira, vasureiro, verniz, voda, vulto...)
USO DO N E DO Ñ
PALABRAS QUE LEVAN N : albanel, cabana, cana,
canón, dano, dona, donar, enganar, ensinar, escena, escano, gana, pano,
pestana, sinal, xardineiro, abandonar, apaixonar, condenar, consonancia,
lunar...
PALABRAS QUE NON LEVAN N INTERVOCÁLICO : abotoar, ameaza, amoestar, amontoar, apisoar, area, cadea,
campá, comadroa, conter, contido, coroa, doar, doazón, empadroar, estrea…
PALABRAS QUE NON LEVAN N : abdome, albará, campá, certame, réxime…
REMATAN EN -IÑO, -IÑA : golfiño, mariño,
mesquiño, niño, padrino, pergamino, sobriño, touciño, madriña, mañanciña,
panxoliña, piña, tardiña, viña, xoaniña, zamburiña…
REMATAN EN –INO, -INA : albino, asasino, bovino, capuchino, casino, clandestino,
cristalino, dou
trina,
esquina, gabardina, gasolina, guillotina, heroína…
USO DO L E DO LL
DESAPARECE O –L INTERVOCÁLICO EN : amea,
caveira, doce, moa, natureza, pa, perigo, pobo, saír, saúde, só, tea, veo,
voar…
PALABRAS QUE LEVAN R EN VEZ DE L : afrixir, árbore, branco, cárcere, cravar, cumprir, empregar,
frouxo, igrexa, nobre, obrigar, pracer, praia, prata, prato…
PALABRAS QUE LEVAN L : argola,
chanceler, crioulo, engolir, estaleiro, apelido, atropelar, camelo, capela,
castelo, degolar, ebulición, estalar, estrela, meixela, pesadelo, querela,
laranxa, leste, lintel, xulgar, rolda, pálpebra, rampla……
PALABRAS QUE LEVAN LL : allo, llelo, espello, tella, xeonllo, rock and roll,
Sabadell, brillo, bacallau, mexillón, antollo, baralla, coello, callar, atallo,
cella, lentella, parella…
A PALABRA
MORFEMAS FLEXIVOS : - de xenero (MFX)
nen-o /nen-a - de número (MFN)
canción-s /flore-s - vogal temática (VT) cant-a-mos /beb-e-mos /durm-i-mos
- modo-temporal (MMT) cant-a-ba
- número persoal
(MNP) cant-a-mos
MORFEMAS DERIVATIVOS : prefixos (des-orde) - sufixos (zapat-eiro) - interfixos (te-t-eira/en-s-anch-
char)
PROCEDEMENTOS DE CREACIÓN DE PALABRAS : - palabras simples (só teñen un lexema e poden levar sufixos flexivos→nen-o/nen-os)
– palabras derivadas (teñen un lexema ao que lle engadimos prefixos e
sufixos derivativos→des-honra/social-mente) – palabras compostas (proceden da unión de
dous ou máis lexemas→agri+doce=agridoce) – palabras parasintéticas (fórmanse
coa unión simul- tánea dun prefixo e dun sufixo, sen que se poida formar unha
palabra intermedia → embarcación → non existe em,
nin ción. Tamén se poden formar combinando
dous lexemas e un sufixo→ sete-mes-iño)
CAMPOS SEMÁNTICOS : Conxunto de
palabras que comparten un contido común : pai, nai, avoa (semas) →
familia. Un campo semántico é
un conxunto de palabras da mesma categoría que posúen un núcleo de
significación común (sema compartido) e diferéncianse por unha
serie de rasgos ou semas
distintivos. Un exemplo de campo semántico sería o de parede :
palabra
sema compartido
semas distintivos
parede obstáculo + vertical alto
muro obstáculo + vertical alto + pedra + groso
valo obstáculo + vertical alto + rústico
muralla obstáculo +
vertical defensivo
No hay comentarios:
Publicar un comentario