viernes, 25 de enero de 2013

exercicios con solucións galego 1ª avaliación 4º eso (parte 1)


1.
O conservatorio de música
Señor alcalde, vostede xa coñece a mina opinión contraria a que o conservatorio de musica de X se constrúa no solar interior que esta formado polas rúas Marcelo Macías, Avenida de Ourense, Curros Enríquez e Cruceiro. Como agora xa e unha realidade que se vai facer ai de acordo coa axuda do Goberno do Estado, quero lembrarlle a vostede, señor A, e a cidadanía en xeral, o enorme desatino que implica o tomar esta decisión, ao meu entender.
As persoas que coñezan o lugar saben que o único acceso que queda a ese patio e a través da praza Carlos Casares,tendo que facer o mesmo a pe xa que por ese oco non colle ningún coche. Que pasara no caso dunha emerxencia? Por onde accederían os vehículos de bombeiros, ambulancias, etc? Por outra banda, as rúas de Curros Enríquez e Cruceiro teñen prohibido estacionar vehículos nelas. Se se fai e ocupando a beirarrúa.
Ademais, os usuarios/as do conservatorio (a maior parte crianzas) teñen que cruzar a rúa para poder acceder a estas instalacións.Na actualidade, os pais e nais do alumnado aparcan alí a espera de que saian das aulas. Ata cando llo vai permitir, señor alcalde? E cando deixe de consentirllo, onde van poder aparcar? No Toural? Ademais, a obra que se vai a facer e a estrutura. E o resto, para cando? Calquera pode ver a Casa do Concello, que leva mais de 10 anos en continuas reformas e con visos de que iso vai continuar así. Vostede, señor A, e o alcalde mais ‘chapuceiro’ que coñezo. As poucas obras que inicia non as remata. Agora que na Xunta van mandar os seus, pode retomar aquela idea do multiusos e facer alí o conservatorio (por certo, aquel proxecto fóralle aprobado unha vez que xa perderan as eleccións, e dicir, cando ‘gobernaban ‘ en funcións, lembrase?).
Por outra banda lembre que a Asociación de Veciños de Marcelo Macías ten formuladas varias reclamacións a ese concello sobre, entre outras cousas, parte da propiedade dos terreos onde quere vostede construír o ‘esqueleto’ do conservatorio. Que pasara se o dia de mana a Xustiza da a razón aos veciños? Claro que para aquelas vostede xa non será alcalde e os que veñan, peor para eles.
Reitérolle, señor A, faga por primeira vez na súa historia de alcalde un conservatorio que sexa a admiración de todo o mundo e nun lugar que se poida ver e déixese de andar con chapuzas.

1. Cal é o tema principal do texto?
2. Este é un texto argumentativo. Identifique e marque nel as tres partes que forman os elementos da ar-
gumentación: tese, corpo da argumentación e conclusións.
3. Que tipo de argumentos se utilizan para defender a tese? Utilice exemplos extraídos do texto.
4. Subliñe os conectadores que aparecen neste texto.

 2.
A prohibición de fumar
Durante os últimos meses debateuse moito sobre a prohibición de fumar nos lugares públicos. Os argumentos relacionados coa saúde e o benestar mestúranse cos temas económicos. Afírmase que hai unha grande hipocrisía por parte das autoridades. Por unha parte, prohíbese fumar; por outra, auméntanse os impostos ao tabaco, que son unha fonte de ingresos importante para a facenda pública.
A verdade é que a miña opinión é moi clara. Non se debe fumar naqueles lugares que compartimos todos.
As razóns son apaixoantes. En primeiro lugar, porque fumar xunto a unha persoa que non o fai é agredir o seu espazo persoal con olores e substancias que son desagradables. É unha razón sobre todo de comodidade. En segundo lugar, porque está demostrado por innumerables estudos científicos que fumar favorece o desenvolvemento de moitas enfermidades graves, como os tumores de pulmón ou larinxe. E en terceiro lugar, porque, aínda que non sexamos fumadores directos, ser fumadores pasivos é igualmente prexudicial e perigoso.
As opinións en contra non se manteñen en pé. Dise que a prohibición atenta contra a liberdade dos que queren fumar. Moi ben, pero que o fagan en lugares específicos e propios para eles, non en lugares onde entramos todos.
En conclusión, a prohibición de fumar en lugares públicos é acertada e necesaria.

1. Cal é o tema principal do texto?
2. Éste é un texto argumentativo. Identifique e marque nel as tres partes que forman os elementos da argumentación: tese, corpo da argumentación e conclusións.
3. Que tipo de argumentos se utilizan para defender a tese? Utilice exemplos extraidos do texto.
4. Subraie os conectores utilizados.

 3) Relaciona as funcións da linguaxe coa súa finalidade correspondente.

Apelativa                                             Transmitir información.
Expresiva                                            Falar do código.
Representativa                                   Facilitar o contacto entre emisor e receptor.
Fático                                                   Actuar sobre o receptor.
Poética                                                 Expresar sentimentos.
Metalingüística                                   Facer bela a mensaxe.

4) Di a que función da linguaxe corresponde cada oración.
a) Os guacamaios son loros tremendamente vistosos.
b) Señora, deposite todos os obxectos nesta bandexa.
c) Soaba o planeta (Antonio Machado).
d) Puaggg! Que mal ulen os sumidoiros!
e) O verbo "haber" escríbese sempre con hache.
f) Oia? Si...? Hai alguén aí que poida oírme?
g) A miña tía ten dúas bicicletas.
h) Se bebes, non conduzas.
i) A lúa é un pozo pequeno.
j) "Ser" é un verbo copulativo.
k) Érguete.
l) Que agradable sorpresa!
 m) Control chamando a...
n) Camareiro, a conta, por favor.

 5.
TEXTO PARA ANALIZAR
   Analiza A COHERENCIA (tema, resumo, progresión temática e título), A COHESIÓN (palabra clave, palabras repetidas, sinónimos, antónimos, campos semánticos, hipónimos e hiperónimos, conectores, anáforas y catáforas, y deixis) e A ADECUACIÓN (Receptor, contexto, registro lingüístico y tipo de texto) deste texto.
Dende aquel día o neno Jacobo -o máis grande ladrón de todos os tempos- habería xa de pasar as horas mortas lendo e lendo. Co tempo aprendeu mesmo a dividir as palabras en grupos: estaban primeiro os substantivos, moi nobres eles, moi atildados e moi señoritos; viñan logo os verbos, moito máis  seriezotes e máis circunspectos; nun terceiro chanzo arremuiñábanse adxectivos e adverbios, escudeiros ou paxes daqueles outros primeiros; en cuarto lugar, Jacobito colocaba toda a fauna e flora distinta dos pronomes, moi eslamiados eles, pero moi enigmáticos e moi misteriosos a un tempo; en último lugar, en fin, o neno Jacobo amontoaba, sen ningunha orde nin criterio aparente, todo o demais que sobraba: determinantes, conxuncións, preposicións e interxeccións. Esas palabras, en fin, que non servían para nada -segundo Jacobitopensaba-, que estaban no dicionario só para darse pisto e para nada máis.
Pero Jacobito Axel, como é natural, non deixou de crecer e crecer. Moi pronto, por exemplo, tivo que ir á escola. Ah, a escola! Que fermoso vocábulo! Que banquete, que festín resultou ser o colexio para a súa alma ávida de palabras e frases, e aínda de parágrafos e textos enteiros! Alí, na escola, podía escoitar agora o neno Jacobo, completamente absorto, embelesado e como ido, as suavecitaspalabras que fluían, fráxil e ritmicamente, dos labios pintados de vermello da mestra. E alí aprendeu Jacobito, sobre todo, as normas sagradas da escritura. Con que tolo frenesí se entregou Jacobín a aquela nova tarefa. Escribir!: pintar as palabras co lapis que lle regalara a Nati. Debuxar na pel do caderno todas as palabras do mun-
do. Nomear todo o que lle viñera en gana. Iso era escribir: moito mellor que falar, moito mellor que ler.
E foi entón -ao aprender a escribir- cando Jacobito Axel comezou a roubar as palabras agora xa con todo descaro, á luz do día, á vista de todos, sen importarlle un comiño o que a xente puidese dicir ou pensar: copiaba, escribíndoo, todo o que lía. Rebuscou pola súa casa e amoreou, no seu cuarto, todos os libros que puido encontrar; e entregouse, de inmediato, ao frenético labor de copiar e copiar.
PEDRO JUAN GALÁN, Lecturas (adaptación)

6. Observa as seguintes secuencias e, de acordo coas propiedades que definen un texto, di cales delas son textos e cales non. Xustifica a túa resposta.
- Lume!
- Pódesme deixar mil pesetas, por favor? É que teño que recoller unhas fotos e deixeime na casa a carteira. Devólvochas mañá sen falta, vale?
- Can ladrador, pouco mordedor.
- ANA. Vou tomar un café. Dígoo por se te vés...
BEA. É que me acabo de poñer a traballar agora mesmo... Case mellor quedo. Grazas.

7. Por que esta secuencia non é un texto?
O gato e o violín. A vaca saltou sobre a lúa. E o prato escapouse coa culler.

8. En que contextos serían adecuados os seguintes textos?
A)
Actualmente encontrámonos ante unha sociedade de consumo. O obxectivo primario parece ser nos nosos días o consumo xeneralizado, converténdose os consumidores en auténticos autómatas, esquecendo as diferenzas existentes non só entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos, senón tamén as desigualdades que se dan no noso país.
Unha das causas que encontramos é asociar o consumo con desenvolvemento ou progreso, desta forma consumimos sen cesar, e canto máis consumimos creámonos novas necesidades, gastando máis do necesario.
Outra das causas actuais é o poder que exercen os medios de publicidade, encontrámonos dominados por poderosas organizacións publicitarias, que nos incitan a consumir constantemente os produtos novidosos, facéndonos sentir mellores que os demais.

B) Os volcáns e os terremotos son dous procesos xeolóxicos que alteran a forma ou aspecto da terra por erosión.
Os volcáns están formados basicamente por chemineas ou fisuras na codia terrestre, a través das cales é expulsado o magma, formado por lava, partículas sólidas e gases, a diferenza dos terremotos, que son vibracións producidas na codia terrestre.
Por outra parte, mentres os volcáns son producidos pola elevada temperatura que existe no interior da terra, os terremotos son causados pola ruptura de rochas da codia terrestre baixo determinadas tensións.
Así mesmo, os volcáns permanecen durante moito tempo activos, a diferenza dos terremotos que duran escaso tempo; a sacudida principal adoita durar uns segundos ou uns poucos minutos.

C) Os turistas conteñen a respiración cando se encontran ante a pirámide de Keops que se levanta ao sueste Del cairo (Exipto).
A súa estrutura é xigantesca, tan alta como un edificio de 140 pisos e ocupa unha superficie de case 5 ha.
Está composta de millóns de grandes bloques de pedra, de 2,5 toneladas de peso, que tiveron que ser cortados, desbastados, transportados e colocados na estrutura con gran precisión.
Os únicos medios mecánicos cos que contaban os construtores exipcios foron a panca e o rolo, pois aínda non coñecían a polea.

9. Di que propiedade non teñen estes non-textos. Hai algún que puidese ser aceptable se definimos para el unha situación comunicativa concreta?
a) Camarero, póñame dous zapatos con moito sal, por favor.
b) Juan saíu a comprar o xornal e a súa nai chorou durante anos.
c) Por quererte dóeme ata o corazón e o sombreiro.
d) A castañera asa os corazóns do inverno.
e) Encantado de coñecelo. É vostede sempre tan feo?

10. Explica por que non son coherentes estas secuencias:
a. Luis é o marido de Luisa, pero ela está casada con Félix.
b. Nas culturas primitivas adoitaban ofrecerse aos deuses sacrificios cruentos sen derramamento de sangue.
c. Aínda que choveu demasiado, inundáronse os campos.
d. Colleremos o avión mañá e non sei canto sal queres.
e. Eustaquio salvou a vida milagrosamente; non obstante, morreu.
f. As pedras bailan salsa e merengue todas as noites.
g. Eramos moi temerarios naqueles tempos: enfrontabámonos aos perigos con valor pero con prudencia.
h. Adrián, que di sempre a verdade, di que onte viu un can voando.
i. Juan, que é moi puntual, chega sempre tarde.
j. Elisa dixo que quedaba; polo tanto, marchou.
k. Os morcegos toman habitualmente unha copita de viño nas comidas.

11. Precisa a unidade de sentido (tema) e a intención comunicativa dos tres textos.
a)
Pois, sabes unha cousa? Eu quérote moito máis ca ela. E querereite sempre moito máis do que ela te tería querido. E vouche poñer moitos menos cornos dos que te poñía ela. E voute querer máis do que te quixo ninguén. E máis que quixen a ninguén.
Fernando Fernán-Gómez, Viaxe a ningunha parte.

b) 
Ártemis identifícase en Roma coa Diana itálica e latina. Aínda que certas tradicións fan dela a filla de Démeter, adoita ser considerada como a irmá xemelga de Apolo, filla, como el, de Leto e Zeus.
Pierre Grimal, Dicionario de mitoloxía grega e romana.

c)
Velaquí literalmente transcribida a pregunta que un interlocutor radiofónico lanzou hai pouco, nunha entrevista, a un director de cine: " Non cres que, a nivel de imaxe, o teu cine evolucionou dalgún xeito ata centrarse como máis autónomo semioticamente? ". Eu ía conducindo cando oín isto, e houben de abeirar o meu coche e determe para cobrar alento. Pareceume un milagre que todo seguise en pé e que a xente continuase indo aos seus asuntos coma se aquel feito non se tivese producido.
Fernando Lázaro Carreter, O dardo na palabra.

 13) Coloca cada unha destas palabras no seu lugar correspondente segundo o seu proceso de formación.
ESO, sorpresivo, lanzachamas, descabezar, refrescante, RTVE, cortafogos , CD-ROM, incómodo, ovni, quebraosos.
COMPOSICIÓN
DERIVACIÓN
ACRONIMIA

14) Sinala os prefixos e sufixos que encontres nas seguintes palabras. Que tres lexemas recoñeces?
lavandaría
salgadura
sanidade
sanatorio
saleiro
lavadoiro
saneamento
sanitario
lavabo
salgado
salina
lavable
lavatorio
sanear
saleroso

15) Clasifica as seguintes palabras segundo sexan derivadas ou compostas. Faino seguindo os exemplos.
diaria, desgarradora, cavernosa, conmovía, radiooíntes, altofalante, poderoso, rañaceos.
DERIVADAS : re-facer
COMPOSTAS : saca-corchos

16) Separa as seguintes palabras en lexemas e morfemas.  
imparable   desorbitante    transoceánico   vicepresidencia    superabundante    biodegradable

17) Clasifica  estas seguintes palabras segundo sexa a súa formación:
incómodo, atemorizar, ciclomotor, afialapis, antiestético, rompeolas ,marcapaso, comodidade, subterráneo
DERIVADAS
COMPOSTAS
PARASINTÉTICAS

18) En cada unha destes grupos de palabras coáronse algunhas onde o que parece un sufixo ou un prefixo non é máis que parte do lexema. Descúbreas:
a) insensato, inhóspito, iniciar, indescritible, inexperto, intelixente, intocable.
b) refacer, renacemento, repolo, recolocación, rebuscado, redondo.
c) desexar, desbloquear, desmerecer, desalgar, esfollas, desbaratar.

 19. Segmenta as seguintes palabras en lexemas e morfemas  
- libraría:
- mediopensionista:
- enloquecer :
- semifinalista:
- botelliña :
- golpetazo:
 - arquiduque:
- traballarías:
- recapitulacións:

 20. Precisa cales das seguintes formas son morfemas e cales lexemas e de que tipo son, prestando especial atención aos sufixos apreciativos:
dorm-:
-ito:
anti-:
viv-:
mull-:
-ón:
sub-:
-ino:
super-:
-allo:
pequen-:
-mos:

21.Segmenta as seguintes palabras en lexemas, morfemas flexivos e derivativos e identifica o seu procedemento de formación:
- preconcebir:
- amotinamento :
- fixaremos:
- fillastros:
- desigualdade:
- cafeciño:
- contracultural:
- simpaticón:
- parachoques:
- atemorizado:

SOLUCIÓNS
1. Tema principal do texto.
O desacordo manifesto dunha persoa coa construción dun conservatorio de música nun espazo da súa vila que para el non é o lugar adecuado por diversos motivos que argumenta.
Tese
Señor alcalde, vostede xa coñece a miña opinión contraria a que o Conservatorio de Música de X se
constrúa no solar interior que está formado polas rúas Marcelo Macías, Avenida de Ourense, Curros Enríquez e Cruceiro. Como agora xa é unha realidade que se vai facer aí de acordo coa axuda do Goberno
do Estado, quero lembrarlle a vostede, señor A, e a cidadanía en xeral, o enorme desatino que implica o
tomar esta decisión, ó meu entender.
Corpo
As persoas que coñezan o lugar saben que o único acceso que queda a ese patio é a través da praza
Carlos Casares, tendo que facer o mesmo a pé xa que por ese oco non colle ningún coche. Qué pasará
no caso dunha emerxencia? Por onde accederían os vehículos de bombeiros, ambulancias, etcétera?
Por outra banda, as rúas de Curros Enríquez e Cruceiro teñen prohibido estacionar vehículos nelas. Se
se fai é ocupando a beirarrúa. Ademais, os usuarios do Conservatorio (a maior parte crianzas) teñen que cruzar a rúa para acceder ás instalacións. Na actualidade, os pais e nais do alumnado aparcan alí á espera de que saian das aulas.
Ata cando llo vai permitir, señor alcalde? E cando deixe de consentirllo, onde van poder aparcar? No
Toural? Ademais, a obra que se vai a facer é a estrutura. E o resto, para cándo? Calquera pode ver a
Casa do Concello, que leva máis de 10 anos en continuas reformas e con visos de que iso vai continuar
así. Vostede, señor A, é o alcalde máis ‘chapuceiro’ que coñezo. As poucas obras que inicia non as remata. Agora que na Xunta van mandar os seus, pode retomar aquela idea do multiúsos e facer alí o Conservatorio (por certo, aquel proxecto fóralle aprobado unha vez que xa perderan as elección, é dicir, cando
‘gobernaban’ en funcións, lémbrase?). [...]Por outra banda lembre que a Asociación de Veciños de Marcelo Macías ten formuladas varias reclamacións a ese Concello sobre, entre outras cousas, parte da propiedade dos terreos onde quere vostede construír o ‘esqueleto’ do Conservatorio. Qué pasará se o día de mañá a Xustiza dá a razón ós veciños? Claro que para aquelas vostede xa non será alcalde e os que veñan, peor para eles
Conclusions
Reitérolle, señor A, faga por primeira vez na súa historia de alcalde un Conservatorio que sexa a admiración de todo o mundo e nun lugar que se poida ver e déixese de andar con chapuzas.

Tipo de argumentos para defender a tese. Exemplos extraídos do texto.
Argumento da universalidade: as persoas que conezan o lugar saben que o unico acceso que queda a ese patio e a traves da praza Carlos Casares, tendo que facer o mesmo a pe, xa que por ese oco non colle ningun coche. Que pasara no caso dunha emerxencia? Por onde accederian os vehiculos de bombeiros, ambulancias, ...?
Argumento baseado nas consecuencias: ademais, os usuarios do Conservatorio (a maior parte crianzas) tenen que cruzar a rua para poder acceder a estas instalacions. Na actualidade, os pais e nais do alumnado aparcan ali a espera de que saian das aulas. Ata cando llo vai permitir, senor alcalde? E cando deixe de consentirllo, onde van poder aparcar? No Toural?
Argumento baseado na persoa: Vostede, senor A, e o alcalde mais ‘chapuceiro’ que conezo. As poucas obras que inicia non as remata. Agora que na Xunta van mandar os seus, pode retomar aquela idea do multiusos e facer ali o Conservatorio (por certo, aquel proxecto foralle aprobado unha vez que xa perderan as eleccion, e dicir, cando ‘gobernaban’ en funcions, lembrase?)/ Claro que para aquelas vostede xa non sera alcalde e os que venan, peor para eles.
Argumento de autoridade: a Asociacion de Vecinos de Marcelo Macias ten formuladas varias reclamacions a ese Concello sobre, entre outras cousas, parte da propiedade dos terreos onde quere vostede construir o ‘esqueleto’ do Conservatorio. Que pasara se o dia de mana a Xustiza da a razon os vecinos?

2.
Cal é o tema principal do texto?
A defensa da prohibición de fumar en lugares públicos.
Tese, corpo e conclusións do texto argumentativo.
Durante os últimos meses debateuse moito sobre a prohibición de fumar nos lugares públicos. Os argumentos relacionados coa saúde e o benestar mestúranse cos temas económicos. Afírmase que hai unha
grande hipocrisía por parte das autoridades. Por unha parte, prohíbese fumar; por outra, se aumentan os impostos ao tabaco, que son unha fonte de ingresos importante para a facenda pública
Tese
A verdade é que a miña opinión é moi clara. Non se debe fumar naqueles lugares que compartimos todos.
Corpo
As razóns son apisoantes. En primeiro lugar, porque fumar xunto a unha persoa que non o fai é agredir
o seu espazo persoal con olores e substancias que son desagradables. É unha razón sobre todo de comodidade. En segundo lugar, porque está demostrado por innumerables estudos científicos que fumar favoreceo desenvolvemento de moitas enfermidades graves, como os tumores de pulmón ou larinxe. E en terceiro lugar, porque, aínda que non sexamos fumadores directos, ser fumadores pasivos é igualmente prexudicial e perigoso. As opinións en contra non se manteñen en pé. Dise que a prohibición atenta contra a liberdade dos que queren fumar. Moi ben, pero que o fagan en lugares específicos e propios para eles, non en lugares onde entramos todos.
Conclusións
En conclusión, a prohibición de fumar en lugares públicos é acertada e necesaria.

3)      Relaciona las funciones del lenguaje con su finalidad correspondiente.

1
Apelativa
3
Transmitir información.
2
Expresiva
6
Hablar del código.
3
Representativa
4
Facilitar el contacto entre emisor y receptor.
4
Fática
1
Actuar sobre el receptor.
5
Poética
2
Expresar sentimientos.
6
Metalingüística
5
Hacer bello el mensaje.

4)      Di a qué función del lenguaje corresponde cada oración.
a)      Representativa
b)      Apelativa
c)       Poética
d)      Expresiva
e)      Metalingüística
f)       Fática
g)      Representativa
h)      Apelativa
i)        Poética
j)        Metalingüística
k)      Apelativa
l)        Expresiva
m)    Fática
n)      Apelativa

5.
TEXTO ANALIZADO (SOLUCIÓNS)
Dende aquel día
o neno Jacobo -o máis grande ladrón de todos os tempos- habería xa de pasar as horas mortas lendo e lendo. Co tempo (Ø Jacobo) aprendeu mesmo a dividir as palabras en grupos: estaban primeiro os substantivos, moi nobres eles, moi atildados e moi señoritos; viñan logo os verbos, moito máis seriezotes-1 e máis circunspectos-1; nun terceiro chanzo arremuiñábanse adxectivos e adverbios, escudeiros-2 ou paxes-2 daqueles outros primeiros; en cuarto lugarJacobito colocaba toda a fauna e flora distinta dos pronomes, moi eslamiados eles, pero moi enigmáticos-3 e moi misteriosos-3 a un tempo; en último lugar, en fin, o neno Jacobo amontoaba, sen ningunha orde nin criterio aparente, todo o demais que sobraba: determinantes, conxuncións, preposicións e interxeccións. Esas palabras, en fin, que non servían para nada -segundo Jacobito pensaba-, que estaban no dicionario só para darse pisto e para nada máis. Pero Jacobito Axel, como é natural, non deixou de crecer e crecer. Moi pronto, por exemplo, (Ø Jacobo) tivo que ir á escola-4. Ah, a escola-H! Que fermoso vocábulo! Que banquete-5, que festín-5 resultou ser o colexio-4 para a súa alma ávida de palabras-h e frases-h, e aínda de parágrafos e textos enteiros-h! Alí, na escola, podía escoitar agora o neno Jacobo, completamente absorto-6,embelesado-6 e como ido-6, as suavecitas palabras que fluían, fráxil e ritmicamente, dos labios pintados de vermello da mestra-h. E alí aprendeu Jacobito, sobre todo, as normas sagradas da escritura-h. Con que tolo frenesí se entregou Jacobín a aquela nova tarefa-h.Escribir!-h: pintar-h as palabras co lapis-h que lle regalara a Nati. Debuxar na pel do caderno-h todas as palabras do mundo. Nomear todo o que lle viñera en gana. Iso era escribir: moito mellor que falar, moito mellor que ler.
E foi entón -ao aprender a escribir- cando Jacobito Axel comezou a roubar as palabras agora xa con todo descaro, á luz do día, á vista de todos, sen importarlle un comiño o que a xente puidese dicir ou pensar: (Ø Jacobo) copiaba, escribíndoo, todo o que lía. (Ø Jacobo)Rebuscó pola súa casa e (Ø Jacobo) amoreou, no seu cuarto, todos os libros-h que puido encontrar; e (Ø Jacobo) entregouse, de inmediato, ao frenético labor de copiar e copiar.
PEDRO JUAN GALÁN, Lecturas (adaptación)

COHERENCIA:
- Tema: un neno ao que lle encanta ler e escribir.
- Resumo: O texto empeza coa clasificación que fai Jacobo das palabras. Continúa coa súa chegada á escola e o que alí aprende. Nese momento, espértase aínda máis o seu interese e copia por escrito todo o que conta.
- Título: Jacobo, o devorador de libros. / Jacobo e o seu amor á lectura. / Jacobo e as letras.
- Progresión temática: lineal, porque enlaza as ideas que desenvolve: primeiro fala da súa afección á lectura, o cal relaciona coa clasificación das palabras; de aí pasa aos seus estudos na escola; e de aí, a copiar todo o que encontra.
 COHESIÓN:
- DEÍXE: "Dende aquel día" (de tempo, l.1), "co tempo" (de tempo, l.2), "Moi pronto" (de tempo, l.10), "alí" (de lugar, l.12 e 14), "agora" (de tempo, l.13), "entón" (de tempo, l.19).
- ANÁFORAS
ou "eles" (l.3 à "os substantivos"), "aqueles outros primeiros" (l.5 à"adxectivos"), "eles" (l.6 à "os pronomes"), "esas palabras" (l.8 à"determinantes, conxuncións, preposicións e interxeccións"), o seu (l.13 à "Jacobito"), "que" (l.15 à "palabras"), "alí" (l.16 à "a escola"), "que" (l.18 à "lapis"), o seu -os dous- (l.23 à Jacobito Axel), "que" (l.24 à "libros").
- CONECTORES
ou "Dende aquel día", "co tempo", "moi pronto" à de tempo
ou "primeiro" "logo", "nun terceiro chanzo", "en último lugar" à de orde
ou "en fin" (2) à de opinión
ou "pero" à de oposición
ou "por exemplo" à de exemplificación
ou "E" (2) à de adición
- SINONIMIA (v. texto)
- HIPERONIMIA à HIPERÓNIMO: escola; hipónimos: (h-1)
- REPETICIÓNS (non podo pintar todos porque están coloreados xa)
- CAMPOS SEMÁNTICOS
ou Da lectura à "frases", "parágrafos", "textos", "caderno", "dicionario", "libros".
ou Da gramática à "substantivos", "adxectivos", "adverbios", "verbos", determinantes, conxuncións, preposicións e interxeccións.
- ELIPSE (Ø)
- NON HAI ANTÓNIMOS
ADECUACIÓN
- Este texto pertence a un libro chamado Lecturas e, ao ter comoprotagonsita a un neno e utilizar unha linguaxe sinxela (rexistro estándar) pero cun ton infantil, creo que será un libro para nenos ou mozos. A isto tamén inflúe o tema do texto, máis propio para este tipo de público. Polo tanto, o texto si ten adecuación, xa que é apropiado tanto para o receptor coma para a situación comunicativa.

6. Observa as seguintes secuencias e, de acordo coas propiedades que definen un texto, di cales delas son textos e cales non. Xustifica a túa resposta.
- Lume!
Texto, porque ten coherencia (significado propio e lóxico) e adecuación (non podería ter cohesión porque só é unha palabra, pero iso non impide que sexa un texto).
- Pódesme deixar mil pesetas, por favor? É que teño que recoller unhas fotos e deixeime na casa a carteira. Devólvochas mañá sen falta, vale?
Texto, porque ten as tres propiedades para selo: adecuación (se lle pide diñeiro, é porque son amigos e, se son amigos, é lóxico que utilice un nivel coloquial), coherencia (todo está ligado de maneira que ten un significado unitario) e cohesión (hai unha pregunta/petición que aparece debidamente xustificada).
- Can ladrador, pouco mordedor.
Partindo do feito de que é un refrán (e as súas características), podemos afirmar que é un texto (as tres propiedades).
- ANA. Vou tomar un café. Dígoo por se te vés...
BEA. É que me acabo de poñer a traballar agora mesmo... Case mellor quedo. Grazas.
Texto, porque ten as tres propiedades para selo: adecuación (é un nivel axeitado para dúas persoas que se coñecen), coherencia (todo está ligado de maneira que ten un significado unitario) e cohesión (hai un convite e o seu rexeitamento xustificado).

7. Por que esta secuencia non é un texto?
O gato e o violín. A vaca saltou sobre a lúa. E o prato escapouse coa culler.
Non é coherente porque os seus enunciados non están ligados uns con outros e porque todo xunto non posúe ningún significado, ademais de que atenta contra a lóxica.
Non está cohesionar: o primeiro enunciado é unha frase que non ten un significado completo polo que non se pode enlazar nin relacionar co seguinte. Ningún dos tres enunciados está relacionado semanticamente.
Tal e como está, non podería ser adecuado en ningún contexto (a menos que se modificase algún dos seus elementos).

8. En que contextos serían adecuados os seguintes textos?
A) Actualmente encontrámonos ante unha sociedade de consumo. O obxectivo primario parece ser nos nosos días o consumo xeneralizado, converténdose os consumidores en auténticos autómatas, esquecendo as diferenzas existentes non só entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos, senón tamén as desigualdades que se dan no noso país.
Unha das causas que encontramos é asociar o consumo con desenvolvemento ou progreso, desta forma consumimos sen cesar, e canto máis consumimos creámonos novas necesidades, gastando máis do necesario.
Outra das causas actuais é o poder que exercen os medios de publicidade, encontrámonos dominados por poderosas organizacións publicitarias, que nos incitan a consumir constantemente os produtos novidosos, facéndonos sentir mellores que os demais.
Nunha charla sobre economía, nun traballo sobre a situación económica actual, etc.

B) Os volcáns e os terremotos son dous procesos xeolóxicos que alteran a forma ou aspecto da terra por erosión.
Os volcáns están formados basicamente por chemineas ou fisuras na codia terrestre, a través das cales é expulsado o magma, formado por lava, partículas sólidas e gases, a diferenza dos terremotos, que son vibracións producidas na codia terrestre.
Por outra parte, mentres os volcáns son producidos pola elevada temperatura que existe no interior da terra, os terremotos son causados pola ruptura de rochas da codia terrestre baixo determinadas tensións.
Así mesmo, os volcáns permanecen durante moito tempo activos, a diferenza dos terremotos que duran escaso tempo; a sacudida principal adoita durar uns segundos ou uns poucos minutos.
Nun libro de texto, unha enciclopedia, un traballo de investigación...

C) Os turistas conteñen a respiración cando se encontran ante a pirámide de Keops que se levanta ao sueste Del cairo (Exipto).
A súa estrutura é xigantesca, tan alta como un edificio de 140 pisos e ocupa unha superficie de case 5 hai.
Está composta de millóns de grandes bloques de pedra, de 2,5 toneladas de peso, que tiveron que ser cortados, desbastados, transportados e colocados na estrutura con gran precisión.
Os únicos medios mecánicos cos que contaban os construtores exipcios foron a panca e o rolo, pois aínda non coñecían a polea.
Nunha guía turística (en papel ou por Internet).

9. Di que propiedade non teñen estes non-textos. Hai algún que puidese ser aceptable se definimos para el unha situación comunicativa concreta?
a) Camarero, póñame dous zapatos con moito sal, por favor.
Falta coherencia. Podería ser aceptable nun chiste ou nunha obra cómica.
b) Juan saíu a comprar o xornal e a súa nai chorou durante anos.
Fáltalle cohesión.
c) Por quererte dóeme ata o corazón e o sombreiro.
Fáltalle coherencia. En lírica sería aceptable.
d) A castañera asa os corazóns do inverno.
Non ten coherencia, pero en poesía si a tería.
e) Encantado de coñecelo. É vostede sempre tan feo?
Non ten cohesión. Se fose un chiste, poderíase aceptar. Ou se fosen dous amigos chanceando.

10. Explica por que non son coherentes estas secuencias:
a. Luis é o marido de Luisa, pero ela está casada con Félix.
Se está casada con Félix, Luis non pode ser o seu marido.
b. Nas culturas primitivas adoitaban ofrecerse aos deuses sacrificios cruentos sen derramamento de sangue.
Se son cruentos, debe haber sangue.
c. Aínda que choveu demasiado, inundáronse os campos.
Non está ben utilizada a conxunción; sería mellor "como", "posto que"…
d. Colleremos o avión mañá e non sei canto sal queres.
Os dous enunciados que forman a oración non teñen relación entre si.
e. Eustaquio salvou a vida milagrosamente; non obstante, morreu.
Se salvou a vida, non puido morrer. E, se morreu, non puido salvar a vida.
f. As pedras bailan salsa e merengue todas as noites.
As pedras son seres inanimados, polo cal non poden bailar.
g. Eramos moi temerarios naqueles tempos: enfrontabámonos aos perigos con valor pero con prudencia.
As persoas temerarias non teñen prudencia nas súas accións.
h. Adrián, que di sempre a verdade, di que onte viu un can voando.
O non é certo que Adrián diga a verdade sempre, ou non viu un can voador, porque os cans non voan.
i. Juan, que é moi puntual, chega sempre tarde.
Ser puntual implica chegar pronto.
j. Elisa dixo que quedaba; polo tanto, marchou.
Se quedaba, non puido marchar. E, se marchou, non puido quedar.
k. Os morcegos toman habitualmente unha copita de viño nas comidas.
Os animais non adoitan beber viño e, moito menos, en copa.

11. Precisa a unidade de sentido (tema), a intención comunicativa e o tipo de progresión temática dos tres textos.
a) Pois, sabes unha cousa? Eu quérote moito máis ca ela. E querereite sempre moito máis do que ela te tería querido. E vouche poñer moitos menos cornos dos que te poñía ela. E voute querer máis do que te quixo ninguén. E máis que quixen a ninguén.
Fernando Fernán-Gómez, Viaxe a ningunha parte.
- Declaración de amor peculiar.
- Informar do seu amor e esperar unha resposta positiva.
- De tema constante.

b) Ártemis identifícase en Roma coa Diana itálica e latina. Aínda que certas tradicións fan dela a filla de Démeter, adoita ser considerada como a irmá xemelga de Apolo, filla, como el, de Leto e Zeus.
Pierre Grimal, Dicionario de mitoloxía grega e romana.
- A deusa Ártemis
- Solucionar as dúbidas sobre quen é
- De tema constante

c) Velaquí literalmente transcribida a pregunta que un interlocutor radiofónico lanzou hai pouco, nunha entrevista, a un director de cine: " Non cres que, a nivel de imaxe, o teu cine evolucionou dalgún xeito ata centrarse como máis autónomo semioticamente? ". Eu ía conducindo cando oín isto, e houben de abeirar o meu coche e determe para cobrar alento. Pareceume un milagre que todo seguise en pé e que a xente continuase indo aos seus asuntos coma se aquel feito non se tivese producido.
Fernando Lázaro Carreter, El dardo na palabra.
- Anécdota dun programa de raio
- Informar e chamar a atención do oínte
- De tema constante

13) Coloca cada unha destas palabras no seu lugar correspondente segundo o seu proceso de formación.
COMPOSICIÓN lanzachamas   quebraosos   cortafogos
DERIVACIÓN  sorpresivo descabezar refrescante incómodo
ACRONIMIA  ESO   RTVE   CD-ROM   ovni

14) Sinala os prefixos e sufixos que encontres nas seguintes palabras. Que tres lexemas recoñeces?
lavandaría
salgadura
sanidade
sanatorio
saleiro
lavadoiro
saneamento
sanitario
lavabo
salgado
salina
lavable
lavatorio
sanear
saleroso

lavar    sal    san

15) Clasifica as seguintes palabras segundo sexan derivadas ou compostas. Faino seguindo os exemplos.
DERIVADAS dia-rio   des-garr –adora   cavern-osa   con-movía   poder-oso
COMPOSTAS radio-oíntes  alto-falante   raña-ceo

16) Separa as seguintes palabras en lexemas e morfemas. Indica se os morfemas son sufixos ou prefixos.
imparable - im (prefixo) + par (lexema) + able (sufixo)
desorbitante  -des (prefixo) + orbit (lexema) + ante (sufixo)
transoceánico - trans (prefixo) + oceán (lexema) + ico (sufixo)
vicepresidencia - vice (prefixo) + presiden (lexema) + cia (sufixo)
superabundante - super (prefixo) + abund (lexema) + ante (sufixo)
biodegradable -  bio (prefixo) + agrad (lexema) + able (sufixo)
    
 17) Clasifica nunha táboa como esta as seguintes palabras segundo sexa a súa formación:
DERIVADAS incómodo  antiestético  comodidade
COMPOSTAS ciclomotor  afialapis  rompeolas  marcapaso
PARASINTÉTICAS atemorizar  subterráneo

18) En cada unha destes grupos de palabras coáronse algunhas onde o que parece un sufixo ou un prefixo non é máis que parte do lexema. Descúbreas:
a) insensato, inhóspito, iniciar, indescritible, inexperto, intelixente, intocable.
b) refacer, renacemento, repolo, recolocación, rebuscado, redondo.
c) desexar, desbloquear, desmerecer, desalgar, esfollas, desbaratar.

19.Solución:
- libr- (lexema) -er- (morfema derivativo sufixo 'que vende') –ía (morfema derivativo sufixo 'lugar onde').
- medio- (morfema derivativo prefixo) -pensión- (lexema) -ista(morfema derivativo sufixo 'relativo a').
- en- (morfema derivativo prefixo) - loqu- (lexema) -ec- (morfema derivativo interfixo) -er (morfema flexivo de infinitivo).
- semi- (morfema derivativo prefixo) -final- (lexema) -ista (morfema derivativo sufixo 'relativo a').
- botell- (lexema) -iña (morfema derivativo sufixo diminutivo).
- golpe- (lexema) -t- (morfema derivativo interfixo) -azo (morfema derivativo afectivo aumentativo).
 - arqui- (morfema derivativo prefixo) -duque (lexema).
- traball- (lexema) -a- (vogal temático de 1ª conxugación) -rí- (morfema flexivo de tempo condicional, modo indicativo, aspecto imperfectivo, voz activa) -ás (morfema flexivo 2ª persoa singular).
- re- (morfema derivativo prefixo) -capitula- (lexema) –ción (morfema derivativo sufixo) -s (morfema flexivo de número plural).

20. Solución:
dorm-: lexema de durmir.
-ito: morfema derivativo sufixo apreciativo diminutivo.
anti-: morfema derivativo prefixo.
viv-: lexema de vivir.
mull-: lexema de muller.
-ón: morfema derivativo sufixo aumentativo.
sub- :lexema de subir.
-ino: morfema derivativo sufixo apreciativo diminutivo.
super-: morfema derivativo prefixo.
-allo: morfema derivativo sufixo apreciativo despectivo.
pequen-: lexema de pequeno.
-mos: morfema flexivo de primeira persoa do plural.

21. Solución:
Solución:
- pre- (morfema derivativo prefixo) -conceb- (lexema) -i- (vogaltemático 3ª conxugación) -r (morfema flexivo de infinitivo); deri-vación.
- amotina- (lexema 'amotinar') -mento (morfema derivativo sufixo); derivación.
- fix- (lexema) -a- (vogal temático 1ª conxugación) -re- (morfema flexivo de tempo futuro simple, modo indicativo, aspecto imperfectivo, voz activa) -mos (morfema flexivo de 1ª persoaplural); palabra simple.
- fill- (lexema) -astr- (morfema derivativo sufixo) -o (morfema flexivo de xénero masculino) -s (morfema flexivo de número plu-ral); derivación.
- des- (morfema derivativo prefixo) -igual- (lexema) -dade(morfema derivativo sufixo); derivación.
- cafe- (lexema) -c- (morfema derivativo interfixo) -iño (morfema derivativo sufixo afectivo diminutivo); derivación.
- contra- (morfema derivativo prefixo) -cultur- (lexema) –al (morfema derivativo sufixo); derivación.
- simpat- (lexema) -ic- (morfema derivativo interfixo) -ón (morfema derivativo sufixo afectivo aumentativo); derivación.
- para- (lexema) -choques (lexema); composición.
- a- (morfema derivativo prefixo) -temor- (lexema) -iz- (morfema derivativo interfixo) -ad- (morfema derivativo sufixo) -o (mor-femaflexivo de xénero masculino); parasíntese.








No hay comentarios:

Publicar un comentario