A ORIXE DA VIDA
Hai varias hipóteses
sobre a orixe da vida :
XERACIÓN ESPONTÁNEA : Antigamente críase que
os seres vivos xurdían por xeración espontánea, a partir da materia orgánica
en descomposición. O primeiro científico en cuestionarse a xeración espontánea
foi Fancesco Redi. No seu
experimento colocou un anaco de carne nun recipiente aberto e outro cubriuno
cunha reixa, ao pasar un tempo, decatouse de que o anaco de carne que había no
recipiente aber- to descompuxérase, e afirmou que as larvas que naceran na
materia orgánica foron polos ovos postos polas moscas. Pero esta teoría non
rexeitou totalmente a xeración espontánea. No S. XVII Louis Pasteur foi quen rexeitou totalmente a xeración
espontánea e demostrou co seu experimento (puxo caldo en dous matraces de colo longo
e estreito, que curvou co calor dunha chama, ferveu o líquido dos matraces para
esterilizalos, varios días despois comprobou que o caldo non se estragara,
cortou o colo dun deles e ao cabo duns días viu que se descompuxera) que
son os microorganismos do aire os que descompoñen a materia orgánica, querendo
dicir que todo ser vivo procede doutro
ser vivo.
HIPÓTESE DA PANSPERMIA : a vida orixinouse no
espazo e viaxou en forma de esporas.
HIPÓTESE
DA SÍNTESE PREBIÓTICA :a vida provén de moleculas orgánicas
xurdidas no planeta a par- tir de materia inorgánica. Síntese prebiótica
: Oparin e Haldane
propuxeron que puideron formarse unha serie de moléculas orgánicas simples
a partir de gases presentes na atmosfera primitiva. Baseáronse en
: - que o planeta
estaba rodeado dunha atmosfera sen osóxeno (atmosfera
redutora), constituída por metano, hidróxeno,
amoníaco e vapor de auga – cando a
temperatura da terra descendeu o vapor de auga condensouse formando as nubes
que deron lugar á chuvia que orixinou os océanos – a enerxía que chegaba do sol e as descargas eléctricas
provocaron que os compostos inorgánicos interactuaran orixinando compostos
orgánicos, estes precipitaron sobre a superficie terrestre e forn arrastrados
pola chuvia ata os océanos formando a sopa primitiva. Oparin propuxo
que nesta sopa primitiva, estas moléculas asociáronse en esferas ocas chamadas coacervados que encerrarían no seu
interior ácidos nucléicos. Estas esferas serían as precursoras das primeiras células.
Stantley Miller comprobou a
hipótese de Oparin e Haldane, creando unhas esferas como a terra
primitiva, nelas introduciu auga e quentouna e viu que ao arrefriarse
precipitaba e se creaban moléculas orgánicas sinxelas.
A EVOLUCIÓN BIOLÓXICA. A ORIXE DA BIODIVERSIDADE
A evolución biolóxica é o proceso continuo de transformación das
especies ao longo do tempo. Hai varias teorías sobre a evolución :
FIXISMO : pensaban que os seres vivos non cambiaban. As
especies permanecían invariables ao longo do tempo. O naturalista Carl Von Linneo defendeu o fixismo.
CREACIONISMO : pensaban que as
especies fóran creadas por Deus e que se mantiñan inmutables (baseánbanse na
biblia).
CATASTROFISMO : Georges Cuvier dicía que antigamente había seres vivos, que se fóron
extinguindo por catástrofes naturais. Tras a desaparición destas especies
eran creadas outras distintas.
EVOLUCIONISMO :os seres vivos cambiaron ao longo do tempo. Existen
distintas teorías evolucionistas:
- O LAMARKISMO OU TRANSFORMISMO : primeira teoría
sobre a evolución proposta polo naturalista Jean Baptiste Lamarck. A súa teoría baseábase
en 3 puntos : - Os
organismos mostran unha tendencia cara á complexidade - O uso repetitivo dun órgano produce o seu
desenvolvemento, a función crea o órgano (unha xirafa ía forzando o colo ata telo
grande e logo os seus fillos tiñan o colo alto, algo que non é certo)
- Os caracteres
adquiridos son herdables (incorrecto, só se
herdan aqueles caracteres cuxa información está nos xenes).
- TEORÍA DE CHARLES DARWIN E
ALFRED RUSSEL WALLACE : Ambos
os dous científicos chega- ron ás mesmas conclusións para explicar a
orixe da gran diversidade de seres vivos. No seu libro “A ori- xe das especies” Darwin propuxo que a evolución das especies
se produce por selección natural (meca- nismo polo que as especies cambian). Na súa
obra influíron varios feitos como por exemplo a súa via- xe arredor do mundo (nas illas
Galápagos atopou numerosas probas que foron claves para elaborar a súa teoría),
e a partir de obras doutros ilustrados coma a do economista Thomas Malthus (deulle a idea da
loita pola supervivencia) e a do xeó logo Charles Lyell (deulle a idea da sucesión e cambio
gradual
ao longo do
tempo). A teoría da evolución por selección natural ou darwinismo pódese resumir nos seguintes puntos : - existe
entre os organismos unha loita pola supervivencia (os recursos do medio, coma o alimento e o espazo, son
limitados. Se nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, entre eles
prodúcese unha loita pola supervivencia) – entre
os individuos dunha poboa- ción existe variabilidade (non todos son exactamente iguais) - o medio selecciona aos organismos mellor adaptados (aqueles individuos que presenten unha variación vantaxosa terán
unha maior probabilidade de sobrevivir e reproducirse. Deste xeito, as especies
van cambiando de forma continua e
gradual).
O EQUILIBRIO PUNTUADO : os paleontólogos Eldredge e Gould expuxeron esta teoría
e tratan de explicar a desaparición repentina dalgunhas especies e a aparición
súbita doutras novas. Segundo esta teo- ría, non todos os cambios evolutivos
son graduais, existiron períodos de curta duración (especiación),nos que se producen rápidos cambios e aparecen
moitas especies novas. A especiación é
o conxunto de pro cesos que conducen á formación dunha nova
especie a partir doutra preexistente. A condición esencial é
o illamento reprodutivo, (que se interrompa o fluxo de xenes entre dúas poboacións).
Isto pode ocorrer por illamento xeográfico,
debido a aparición dunha barreira xeográfica (montañas, etc). O material xenético
inicial de cada unha das poboacións irá diferenciándose. Cada poboación
evolucionará de forma diferente. Co paso do tempo, as poboacións serán
diferentes e orixinaríanse dúas especies distintas.
TEORÍA DA SIMBIOXÉNESE : que un organismo
transfira fragmentos de ADN a outro organismo dunha especie distinta denomínase
transferencia xenética horizontal. A
simbioxénese é unha teoría evolutiva
defendida pola bióloga Lynn Margulis,
que propón que a especiación está íntimamente ligada a adquisición de xenomas a
través de transferencia xenética horizontal.
A ORIXE DA VARIABILIDADE
Darwin non puido
explicar como se orixina a variabilidade sobre a cal actúa a selección natural.
Actual- mente sábese que é por variacións xenéticas e estas xeran dous
procesos :
MUTACIÓNS : son alteracións que se
producen ao azar nos xenes, as que afectan aos gametos transmítense á
descendencia. As mutacións poden ser : - prexudiciais (provocan
unha desvantaxe. Estas mutacións tenden a ser eliminadas por selección natural)
– favorables (propón
algunha vantaxe) - neutras (non son vantaxosas nin prexudiciais)
REPRODUCIÓN SEXUAL : xera
variabilidade debida á recombinación xénica que ocorre durante a meiose e mais
á unión ao azar dos gametos durante a fecundación.
A PRESIÓN DE SELECCIÓN E A ADAPTACIÓN
Aqueles factores que afectan de xeito negativo á supervivencia dos individuos denomínanse presión de selección. A selección natural ocorre cando a presión de selección se mantén sen cambio durante longos períodos de tempo. Despois de moitas xeracións, os individuos estarán adaptados ao medio. Este proceso que ten lugar nas poboacións como consecuencia da presión de selección e a selección natural chámase adaptación. Cantas máis variacións hereditarias para un carácter se xerasen ao azar nunha poboación, maior será a capacidade de superar a presión de selección.
Aqueles factores que afectan de xeito negativo á supervivencia dos individuos denomínanse presión de selección. A selección natural ocorre cando a presión de selección se mantén sen cambio durante longos períodos de tempo. Despois de moitas xeracións, os individuos estarán adaptados ao medio. Este proceso que ten lugar nas poboacións como consecuencia da presión de selección e a selección natural chámase adaptación. Cantas máis variacións hereditarias para un carácter se xerasen ao azar nunha poboación, maior será a capacidade de superar a presión de selección.
PROBAS DA EVOLUCIÓN
Existen gran cantidade
de probas que demostran a evolución :
PROBAS ANATOMICAS : baséanse no
estudo comparado das estruturas corporais dos organismos :
- órganos homólogos (aqueles que teñen a mesma estrutura interna aínda que a aúa
forma externa e función sexa diferentes→o brazo dunha persoa, a á dun morcego, a aleta dunha
balea) - órganos
análogos (aqueles que desempeñan a mesma
función, pero teñen unha orixe distinta→ás
de morcegos, aves e insectos) - órganos vestixiais (aqueles
cuxa función se foi perdendo ao longo da evo lución. Son órganos que
nos organismos actuais se encontran en desuso)
PROBAS PALEONTOLÓXICAS : baséanse no estudo
de fósiles (restos
de seres vivos no pasado). O rexistro fósil permitiu reconstruír a
evolución de certos organismos ao observar modificacións graduais. Ás veces, os
fósiles presentan características intermedias entre dous grupos (Archaeopteryx
presenta tra
zos de réptil e de ave)
PROBAS EMBRIOLÓXICAS : baséanse no estudo
comparado do desenvolvemento embrionario de distintos animais.
PROBAS BIOXEOGRÁFICAS : baséanse no estudo
da distribución xeográfica das especies. Os organis- mos que
habitan xuntos nunha determinada área evolucionan de maneira similar, pero
cando certas po-
boacións quedan
illadas, tenden a evolucionar cara a formas diferentes.
PROBAS BIOQUÍMICAS : baséanse na comparación de
organismos diferentes a nivel molecular. Canto mais parecidas sexan dúas
especies a nivel molecular maior será o parentesco evolutivo. Os
métodos baséanse nas secuencias de ADN e de aminoácidos das proteínas.
TEORÍA SINTÉTICA DA EVOLUCIÓN (NEODARWISMO)
Durante a primeira
metade do S. XX, os avances en todos os campos da bioloxía permitiron dar novas
interpretacións á teoría da evolución. Esta teoría chámase neodarwinismo ou teoría
sintética xa que unifica diferentes áreas da bioloxía coma a xenética, paleontoloxía, bioquímica,
ecoloxía e a xenética de poboacións . Baséase nos seguintes puntos : - a viabilidade
xenética débese á mutación e recombinación - a selección natural actúa sobre a
variabilidade xenética - a selección
natural conduce a cambios no conxunto de alelos dunha poboación - evoluciona a poboación, non os individuos - a evolución prodúcese de xeito gradual. O
proceso para que aparezca unha nova especie é moi longo
A ORIXE E A EVOLUCIÓN DA ESPECIE HUMANA
ANTEPASADOS COMÚNS : o homo sapiens é a única especie do xénero Homo, e compón, xunto aos
xéneros gorilas e orangutáns, a familia
Hominidae, incluída dentro da orde Primates. Esta familia comprende tamén o
Australopithecus e o Ardipithecus. Unha das principais características dos
homínidos é o bipedismo, que
consiste en camiñar sobre os dous pés, sen apoiar as mans. Camiñar erguido
posibilita un grande aforro enerxético e permite percorrer maiores distancias.
A EVOLUCIÓN DO XÉNERO HOMO
Os primeiros homínidos
xa estaban presentes no leste de África hai uns 7 ou 5 M.a. Co tempo, diversificáronse
dando lugar a unha variedade de especies distintas, moitas das cales conviviron
no mesmo espazo. Os Homo sapiens, somos os últimos representantes dos homínidos,
xa que o resto das especies se extinguiu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario