viernes, 18 de enero de 2013

resumen literatura galega 1ª avaliación 4º eso : O GALEGO NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX, PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A LÍRICA, 1º TERZO DO SÉCULO XX : O TEATRO, PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A NARRATIVA, O GALEGO NAS DÉCADAS DA DITADURA, AS LINGUAS NA PENÍNSULA IBÉRICA


O GALEGO  NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX
Aínda que a política do poder seguiu a ser completamente oposta á recuperación das linguas distintas ao castelán, ausentes do ensino e de todo uso oficial, nesta época vanse producir uns logros moi importantes na loita pola recuperación do galego e contra a asimilación á que parecía condenado. No 1906 fundouse a Real Academia Galega, aínda que este feito ficou desgraciadamente no plano simbólico. O seu labor normativizador foi case nulo. Un dos logros desta etapa foi o grao de cultivo da lingua tanto na literatura como no ensaio e na prensa, pero, sobre todo, como lingua oral formal, en conferencias, actos públicos e reunións. No plano literario, a lingua ampliou os seus ámbitos de uso: desenvolveuse principalmente a prosa narrativa e a poesía, pero foron tamén importantes os ensaios científicos e divulgativos, as traducións de textos estranxeiros (Revista Nós). As organizacións políticas e culturais galegas que nacen nesta épocaforon as Irmandades da fala, Partido Galeguista,Seminario de Estudos Galegos e a revista Nós que só usaban o galego. A lingua é para os seus membros o principal signo de identidade. Foron estas organizacións, declaradamente nacionalistas, as que iniciaron a loita pola oficialidade do idioma galego e pola súa introdución nos ámbitos escolar, administrativo e xudicial. No ano 1936, durante a República, conseguiu gañarse o plebiscito para a aprobación do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia, no que se recoñecía a cooficialidade de galego e castelán, pero non tivo efecto, xa que a legalidade republicana foi abolida polos militares que gañaron a Guerra Civil iniciada ese mesmo ano.

PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A LÍRICA
A entrada do s. XX non supuxo un cambio no panorama literario galego. Nos primeiros anos do novo sé- culo continuaron as liñas que se iniciaran no Rexurdimento. Os primeiros sinais de cambio danse con  
Ramón Cabanillas.
RAMÓN CABANILLAS : sintetiza a tradición decimonónica do Rexurdimento e as diferentes contribucións dos movementos estéticos de finais do século XIX e comezos do XX. Por iso podemos consideralo un poeta moderno e clásico á vez. As liñas poéticas de Cabanillas permítennos distinguir catro vertentes :  - poesía intimista : na que trata temas referidos ao amor, á natureza e á recreación de vivencias do seu pasado. A obra máis representativa desta tendencia é A rosa de cen follas, que constitúe unha homenaxe a Rosalía.  
- poesía cívica : na que recolle os postulados agraristas e o ideario das Irmandades da Fala. Proclama a hostilidade anticaciquil e antiseñorial e a exaltación da aldea e dos labregos (No desterro )
- poesía costumista : na que fala de tipos e costumes rurais cunha perspectiva crítica e humorística
- poesía narrativa : orientada cara á creación de mitos para movilizar a conciencia colectiva. Recupera a Materia de Bretaña situando a acción en Galicia (Na noite estrelecida)
AS VANGARDAS : é un movemento de renovación estética que revolucionou todos os aspectos da arte.   As diferentes solución das vangardas reciben o nome de ismos e teñen en común : - a reivindicación da materia artística como algo autónomo - O espírito rebelde e provocador fronte á tradición estética e as normas - A defensa da liberdade creadora e da orixinalidade.
Os principais movementos vangardistas foron o Futurismo (Marinetti)o Cubismo (Apollinaire), o Dadaísmo (Tzara)o Surrealismo (Breton). En Galicia as vangardas foron o neotrobadorismo (cantigas medievais), o hilozoísmo (poesía paisaxística), o surrealismo (consiste en afastar a razón dos textos para deixar paso aos soños e ao subconsciente) e o creacionismo (consiste en afastar a poesía da realidade).
MANUEL ANTONIO :  Representa o mellor autor vangardista en Galicia. É o autor do manifesto Máis Alá. A súa obra máis relevante é De catro a catro que son follas sen data dun diario de abordo, 19 poemas estruturados como viaxe marítima (presenza do mar), case sempre de noite, simboliza a súa concepción absolutamente pesimista da vida: monótona, repetitiva, en completa soidade (como perdido no mar), e contínua despedida. O tema central da obra é a soidade do suxeito, que adopta en moitos casos un Nós, como expresión de universalidade. A súa escrita vangardista podemos dividila en tres etapas: unha primeira de formación, unha de ruptura vangardista e unha final de retroceso. Caracterízase pola ausencia de argumento, a presenza do mar, a monotonía, soidade, simbolismo [O mar (símbolo da aven tura e a unión á natureza) e a terra (espazo onde a vida carece de sentido e con saudade do mar)]   

1º TERZO DO SÉCULO XX : O TEATRO
A partir de 1916, gracias ao labor das Irmandades da Fala, o teatro galego experimenta un salto cualitati
vo e cuantitativo importante, xa que para as Irmandades era considerado como a arma de maior eficacia para a propaganda lingüística e para a educación das masas. En 1919 fundan O Conservatorio Nacional de Arte Dramática e en 1922 Leandro Carré Alvarellos crea a Escola Dramática Galega que tivo unha intensa actividade. No teatro desta época podemos sinalar dúas tendencias :
- unha actitude conservadora en termos estéticos, baseada no costumismo humorístico.
unha actitude renovadora, que intenta crear un teatro culto e moderno, superador do costumismo e do ruralismo, na que destaca Ramón Cabanillas, quen publicou A man de Santiña (1921), que foi a primeira obra posta en escena polo Conservatorio en 1919.
CASTELAO E OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE : as liñas basicas da súa concepción teatral son o gusto pola simetría na estrutura das obras e pola expresión concentrada; expresionismo e simbolismo combinados co humorismo e o folclore. Os vellos non deben de namorarse, concebida como un espectáculo integral (texto, música, danza, luminotecnia, decoración, todos os personaxes levan máscaras…), componse de tres lances e un epílogo nos que presenta tres versións diferentes dunha mesma historia : un vello paga coa morte o seu namoramento dunha rapariga nova. Os tres vellos representan distintos sectores da sociedade da época: o burgués das vilas  (D. Saturio, un vello boticario que tenta namorar a Lela), o fidalgo bebedor (D. Ramón que seduce a Micaela) e o labrego rico (Sr. Fuco que lle fai as beiras a Pim pinela). As tres mozas pertencen a un estrato social inferior ao dos vellos. Aparecen caracterizadas negativamente; é a súa deshonestidade e o seu materialismo o que provoca a desgraza dos vellos que remata coa morte do protagonista. No epílogo aparecen no cemiterio os protagonistas de cada lance.  

PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A NARRATIVA
O GRUPO NÓS : a revista Nós nace en ourense en 1920. Daralle nome a unha xeración da que fixeron parte intelectuais como Vicente Risco, Pedrayo, Cuevillas, Castelao, quen se encargou da dirrecion artistica desta publicación que tentou darlle proxección unviersal e cultural. Nos 144 números publicados ata a Guerra civil de 1936 fixose un esforzo por facer una lingua de cultura, capaz de levar a Galicia as novidades da cultura europea (científica e literaria). Recolle colaboracións estranxeiras a traduccións procedentes das culturas célticas. Pintores e debuxantes galegos ilustraron as páxinas da publicación. O Grupo Nós realizou un importante labor de difusión do libro galego, ao crear o editor compostelán Ánxel Casal a editorial Nós.
VICENTE RISCO : escritor ourensán; coñecedor dos movementos da vangarda europeos cun importante labor de modernización da literatura galega. Pasou unha etapa inicial apartado da cultura galega que coin cidiu coa dirección da revista La Centuria (1917). Despois evolucionou cara ao descubrimento do galeguismo tras integrarse nas Irmandades da Fala. Os valores da obra de Risco :
- Invidualismo:xorde como reacción do individuo cara aos movementos políticos de masas do seu tempo
- Crítica da ciencia : fronte a opinión da sociedade do momento que loaba a técnica, valora a historia e a tradición popular por medio dun culturalismo relacionado co seu interese pola etnografía e os mitos.
- Relixiosidade e misticismo : a identificación do catolicismo como unha das bases da identidade galega é un dos seus principios.
- Ambiguedade respecto as vangardas : axudou a difundir entre escritores novos como Manoel Antonio, as novas correntes estéticas.
OBRA DE VICENTE RISCO :  
- novelas curtas : tratan temas da literatura popular (O lobo da xente, A trabe de ouro e A trabe de alquitrán).
- novelas longas : O porco de pé, novela que satiriza un comerciante enriquecido usando unha linguaxe e unha estética vangardista.
- ensaio : temas etnográficos, políticos (Teoría do nacionalismo galego), viaxes e experiencia vital (Mittleuropa)
- teatro : O bufón d-el Rei, nunha corte medieval o bufón descobre o adulterio cometido pola raíña.
O GALEGO NAS DÉCADAS DA DITADURA
Despois do triunfo das tropas franquistas na Guerra Civil (1936-39), a ditadura militar instaurada polo Xeneral Francisco Franco duraría ata 1975  e a lingua galega perde toda posibilidade de acceder ás instancias oficiais e ao uso público debido a unha política dura e recesiva. A cultura galega só sobrevive no exilio americano. A capital cultural galega nos anos 40 e 50 é Bos Aires onde chegou Castelao en 1940. Desenvolveu unha actividade tendente a manter vivos os dereitos de Galicia, deste xeito fundouse o Consello de Galicia. Arxentina, México, Venezuela e Estados Unidos acollen aos nosos exiliados que van facer un intenso labor, editando revistas e libros, facendo radio, montando obras de teatro, creando agrupación políticas e culturais e mantendo viva a nosa cultura literaria. A produción cultural no exilo ten dinstintas vertentes :
- Edicións de obras que a censura non permitía publicar : sempre en Galiza (de Castelao), A Esmorga (de Blanco Amor)
- Publicación de revistas vinculadas a sociedades de emigrantes : Galicia, Galicia Emigrante, Eufonía
- Creación de grupos de teatro afeccionado que estrean moitas obras : Os vellos non deben de namorarse (de Castelao), A xustiza dun muiñeiro (de Varela Buxán)
A partir de 1950 iníciase unha recuperación da literatura galega da man da Editorial Galaxia e da revista Grial.   
AS LINGUAS NA PENÍNSULA IBÉRICA
LINGUAS OFICIAIS
Galego : 
lingua románica e é cooficial do castelán, fálase en Galicia, zonas estremeiras de Asturias e de  León e Zamora e no val de Xálima en Cáceres (nas que non ten protección oficial).  
Catalán : lingua románica, fálase en Cataluña, Baleares, en Alguer, franxa de Aragón, Andorra, Valencia  e na Cataluñya Nord (Francia). O catalán é lingua cooficial co castelán en Cataluña, Baleares e Valencia (valenciano).
Eúscaro : lingua preindoeuropea, é a lingua máis vella de Europa e é cooficial co castelán, falase no País Vasco, Navarra e suroeste de Francia (onde non ten recoñecemento oficial)
Mirandés (Portugal) : lingua románica e é cooficial co portugués, fálase no concello de Miranda do Douro e non chega aos 5000 falantes.
NON OFICIAIS
Asturiano : lingua románica sen oficialidade, fálase en Asturias, viuse reducida polo castelán.  
Aragonés : fálase nalgunhas zonas de Huesca, actualmente sufriu un proceso de abandono.
Aranés: fálase no Val d'Arán (Lleida) e non chega aos 5000 falantes  




No hay comentarios:

Publicar un comentario