viernes, 19 de abril de 2013

preguntas sociais 4º eso REVOLUCIÓN INDUSTRIAL


1. DEFINICIÓN DE TERMOS
REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (R. I) : proceso de cambios económicos e sociais que supuxo o paso dunha sociedade agrícola e tradicional a unha sociedade industrial, urbana e moderna.
REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA : aumento da poboación no S. XVIII debido aos cambios agrícolas, de hixiene, á R. I., etc. Disminúe a mortalidade e mantense alta a natalidade.
REVOLUCIÓN AGRÍCOLA : apareceron novos cultivos, nova utilaxe, novas técnicas, roturación de terras e polo tanto unha maior produción. Dase a partir do S. XVIII.
SOCIEDADE DE CLASES :nova organización social que aparece coa R. I. e básase no poder económico
MOVEMENTO OBREIRO : reivindicacións de obreiros para mellorar as súas condicións de vida, laborais e políticas a partir da R. I.
PROLETARIADO : novo grupo social formado polos obreiros que traballaban e eran explotados nas fábricas a cambio dun salario. Provén da palabra latina “prole” (descendencia).
TRUST : asociación de empresas que controlan as etapas de produción dun produto. Aparece na 2ª R. I.
HOLDING : asociación de empresas de distintos productos. Aparece na 2ª R. I.
TAYLORISMO : organización de traballo inventada por Taylor onde o obreiro traballaba cronometrado nunha cadea de produción. Aparece na 2ª R. I.
FORDISMO : organización de traballo inventada por Ford, consiste en ir pasando productos dun operario a outro, dunha cadea de montaxe, dándose unha especialización obreira.Aparece na 2ª R. I.
SOCIEDADE ANÓNIMA (S. A.) : sociedade na que os socios participan con accións. Aparece na 1ª R. I.
MULTINACIONAL : empresas con sede nun país rico e ramificacións a nivel mundial, con influencias económicas e políticas.
ENERXÍAS ALTERNATIVAS : son fontes de obtención de enerxías que serían unha alternativa (nuclear, solar, eolíca e biomasa) a outras tradicionais (carbón e petróleo) e producirían un impacto ambiental mínimo.
GLOBALIZACIÓN : dependencia da economía a nivel mundial que aparece durante a terceira R. I.
FÁBRICA : lugar no que os obreiros traballan con máquinas.
1929 : caída da bolsa de Wall Street en Nova York que da comezo a unha grave crise económica.
1973 : segunda crise forte de tipo enerxético, debido á subida do petróleo por parte dos países árabes.
CRISE ECONÓMICA : descenso da actividade económica provocado por moitas cousas ou factores, que ten como consecuencia un descenso do consumo, aumentando moito o paro.
BOLSA : lugar onde se compran e venden accións das distintas empresas.

3. EXPLICACIÓNS ARGUMENTADAS :
Por que comeza a R. I. en Inglaterra
A primeira R. Industrial xorde en Inglaterra a partir de 1760 e inflúen diversos factores que se dan todos ao mesmo tempo : - revolución agrícola (aparecen novos cultivos, nova utilaxe e maquinaria, novas técnicas agrícolas,  maior roturación de terras e polo tanto maior produción) - revolución demográfica  (co que aumenta moito a produción debido a unha natalidade alta e que baixa a mortalidade. Esta poboación traballa no campo pero tamén se vai para a cidade) - existencia de materias primas (necesarias para a R. I.) - existencia de fontes de enerxía (necesarias para as máquinas e os transportes) - clases sociais emprendedoras (que invirten nas novas industrias axudadas tamén polo estado) - desenvolvemento de transporte (para a mobilidade da poboación e para o desenvolvemento do comercio) - apoio á innovación (a ciencia e os descubrimentos para as distintas industrias e para os transportes).
cadro sobre as revolucións industriais, pero especificando industrias, fontes de enerxía, etc. 
1ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (Inglaterra 1760) : - industria (textil do algodón e siderúrxica) – fontes de enerxía (carbón) – transportes (ferrocarril e barco de vapor) – sistemas de produción ou organización do traballo (fábricas onde se xuntan os obreiros para controlalos e taylorismo) – tipos de empresa (sociedade limitada e sociedade anónima)  
2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (Alemania, EEUU e resto de países europeos, principio S. XIX ata á metade do XX) : - industria (textil do algodón e siderúrxica e aparecen a química, eléctrica, mecánica e a metalúrxica) – fontes de enerxía (carbón, pero as máis importantes son o petróleo e o gas natural) – transportes (ferrocarril, pero aparecen o automóvil e os primeiros avión) – sistemas de produción ou organización do traballo (taylorismo e aparece o fordismo)  – tipos de empresa (concentracións empresarais como o Cártel,o Trust  e o Holding)  
3ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (Xapón, EEUU e toda a Unión Europea, 2ª metade do S. XX ata hoxe)  - industria (informática, telecomunicación e aeronáutica) – fontes de enerxía (carbón, petróleo, gas natural e enerxías renovables coma a nuclear, solar, eolíca e biomasa) – transportes (ferrocarril, automóvil, avión, naves espaciais e AVE) – sistemas de produción ou organización do traballo (crise do fordismo, deslocalización industrial, subcontratación e especialización) – tipos de empresa (multinacionais  e globalización)  
Como inflúe a R. I. na sociedade?
A industrialización influíu moito na sociedade, suprimindo a sociedade estamental do Antigo Réxime e creando a sociedade de clases (alta, media e baixa), que depende do poder económico. Esta sociedade segue existindo hoxe en día.  
Explica a evolución dos primeiros movementos obreiros
Xorden en Inglaterra a finais do S. XVII, xa que alí comeza a R. I. e esténdese no S. XIX por toda Europa debido ás malas condicións de vida dos obreiros. Os primeiros movementos obreiros foron : - o ludismo (loita contra as máquinas que lle sacaban traballo aos obreiros) – cartismo (asociación de obreiros que manda unha carta ao Parlamento inglés para denunciar as pésimas condicións de vida e de traballo) – Trade Unions (asociación obreiras de distintos sectores que reivindican melloras de tipo laboral).
Cales foron as ideoloxías do movemento obreiro contemporáneo e que organización se crearon?
A partir de 1848 e coa aparición do marxismo (Marx e Engels) e máis tarde do anarquismo (Bakunin), comezan a aparecer asociacións obreiras chamadas sindicatos, nas que se pedían milloras laborais, mellores condicións de vida e participación na política (o marxismo propón unha revolución obreira ata chegar a un goberno obreiro ou proletario e o anarquismo pedía a eliminación do Estado mediante asociación obreiras). Así aparecen sindicatos como CC OO (Comisións Obreiras), UXT (Unión Xeral de Traballadores) e CIT (Confederación Internacional de Traballadores)
Explica as tres teorías económicas claves do mundo contemporáneo, partindo de tres frases…
O liberalismo económico do S. XVIII de Adan Smith, coa lei de oferta/demanda e onde o estado non intervén na economía, diu paso o capitalismo de finais do S. XIX que trouxo a modernización da economía e conflitos debido ao imperialismo, e desembocaría no S. XX no neoliberalismo, coa globalización económica que produce moito paro.
Que supón unha crise económica? Cales foron as máis importantes
Supón un descenso do consumo e da demanda, o que ocasiona peche de fábricas, de empresas agrícolas, de bancos, aumentando moito o paro e creando unha superprodución de productos por non ter saída.
As máis importantes foron a caída da bolsa de Wall Street en 1929, a de tipo enerxético de 1973 e a de tipo financiero de 2008, que segue hoxe en día.
Explica factores da crise do 29, consecuencias e solución
A superprodución e a especulación na bolsa provocou a caída da bolsa de Wall Street, que a súa vez provocou o peche de fábricas, paro e crise no sistema financiero. Para solucionar a crise, o New Deal de Roosvelt proporcionou emprego, protexendo o campo con créditos ás industrias e creando obras públicas; Francia, gobernó de fronte popular de esquerdas, reduciu a semana laboral, aumentou o salarios e desvalorizou o franco; en Alemania, Hitler promoveu obras públicas, industria de armas e crea un gran exército.

4. RELACIONAR INVENTOS, INVENTORES E APLICACIÓN, TAMÉN OBRAS E ARTISTAS
Lanzadeira voadora : John Kay, permitiu tecer máis rápido
Spinning Jenny : James Hargreaves, fixo posible fiar máis axiña
Water-frame : Richard Arkwright, permitiu fabricar fío máis forte
Máquina de vapor : James Watt, revolucionou o transporte
Dirixible : Ferdinand Von Zeppelin, globo dirixido co que se podía voar
Avión : irmáns Wright, voaba con motor
Cinematógrafo : irmáns Lumière, proxectaba películas
Motor de explosión : Gottlieb Daimler e Karl Benz, permitiu a fabricación dos primeiros automóbiles
Motor de combustión interna : Rudolf Diesel, fixo posible o desenvolvemento do automóvil
Telégrafo sen fíos : Guglielmo Marconi, posibilitou a comunicación telegráfica
Teléfono : Alexander Graham Bell, permitiu a comunicación por cable
Lámpada incandescente : Thomas Alva Edison, introduciu a iluminación eléctrica
Convertedor Bessemer : Henry Bessemer, mellorou a produción do acero
Monet : Impresión, Sol nacente          Berthe Morisot : O berce               Renoir : Le moulin de la Galette
Degas : Lección de baile                     Manet : Déjeuner sur l’herbe          Van Gohg : Os xirasois
Gauguin : Mulleres tahitianas     Cézanne : Xogadores de cartas   Rodin : O pensador    Eiffel : Tour E…

OBRA : Impresión. Sol nacente      AUTOR : Monet       ESTILO : impresionismo        SÉCULO : XIX
COMENTARIO : o impresionismo é un estilo que nace en Francia inspirándose na fotografía e na pintura xaponesa, rompendo coa forma tradicional de pintar, pois o importante é a cor e os efectos da luz sobre as figuras, colocando as pinceladas curtas, sen mezclar as cores, para que o noso ollo se encargue de facelo, os temas e os debuxos non teñen importancia. Neste cadro o pintor recolle a saída dunhas barcas de pescadores ao amencer e os efectos da luz e da néboa que distorsiona e apenas nos deixou recoñecer as figuras, ao mesmo tempo empregou pinceladas moi soltas e inacabadas e nunca a cor negra, por non existir na natureza.

OBRA : Os xirasois         AUTOR : Van Gogh         ESTILO : postimpresionismo         SÉCULO : XIX
COMENTARIO :  o postimpresionismo está formado por un conxunto de artistas que teñen estilos moi distintos, pero a partir deles nacerán as vangardas do S. XX. Son autores que rompen a tradición e investigan novas formas de facer pintura. Van Gogh é un dos impresionistas que máis cadros pintou, aínda que só vendeu 1 en toda a súa vida. Hoxe é un dos artistas máis caros da historia da arte. Este cadro pintouno ás beiras do Mediterráneo, en Francia, e quixo captar a luz e o sol desa zona. Colle a cor amárela en moitas variantes, que para él simboliza vida, por estar relacionado co sol. Ao mesmo tempo pinta as flores en distintas fases, cando están comezando a abrir, no momento da floración e cando se marchitan, sím- bolo das idades ou parte da vida.

OBRA : Tour Eiffel                     AUTOR : Eiffel                ESTILO : Novas tendencias. Funcionalismo   SÉCULO : finais do XX             LUGAR : París
COMENTARIO:coa R. I. comézase a coñecer novos materiais para arquitectura (formigón, aceiro, cristal), que foron usados polos enxeñeiros nun primeiro momento, servindo de base para unha revolución arquitectónica.  A Tour Eiffel fíxose para a última exposición universal do S. XIX, en París, como demostración para usar novos materiais. Nun primeiro momento foi moi rexeitada polos parisinos, pero cando os americanos se interesaron por ela e a quixeron levar a EEUU, os parisinos negáronse e convertíronna no sím- bolo de París. Feita de aceiro e ferro, componse de 3 andares que serven de miradores, cafetería e restaurantes, empregando para o seu desprazamento ascensores, como demostración dos novos tempos creados pola R. I. Esta construcción serviu de base para os futuros rañaceos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario