viernes, 19 de abril de 2013

O MEDIO NATURAL bioloxía 4º eso


O MEDIO NATURAL
 FACTORES DO MEDIO  
factores limitantes : factores ambientais que determinan a distribución e abundancia dunha especie
zona de tolerancia : intervalo que admite cada especie para cada factor ambiental
zona óptima : zona na que a especie sobrevive mellor (as especies eurioicas teñen intervalos de tolerancia amplas para un factor e as especies estenoicas teñen intervalos de tolerancia estreitos)  
TIPOS DE FACTORES AMBIENTAIS
factores abióticos :  - físicos (temperatura, humidade atmosférica e luz) – químicos (substancias tóxicas, cantidade de osíxeno e salinidade) 
 factores bióticos : dependen da presenza doutros seres vivos 

RELACIÓNS ENTRE OS SERES VIVOS
 RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS (danse entre individuos da mesma especie)  
- asociación familiar : individuos emparentados entre si (galo e galiñas)
- asociación colonial : individuos unidos e que proveñen dun mesmo proxenitor (corais)  
- asociación estatal : individuos entre os que existe unha xerarquía (abellas)
- asociación gregaria : individuos que viven en común un período de tempo (aves en migración)
RELACIÓNS  INTERESPECÍFICAS (danse entre individuos de distinta especie)
- mutualismo : dous ou máis individuos asócianse con beneficio mutuo (peixe pallaso e anemona).
Cando dúas especies non poden vivir por separado fálase de simbiose (liques + fungos + algas)
- comensalismo : un individuo aliméntase dos restos doutro sen causarlle  nin beneficio nin prexuizo (tiburón e peixe rémora)
- inquilinismo : un individuo encontra acubillo no corpo doutras especies (bufo e árbore) 
- parasitismo : un individuo vive a expensas doutro ao que prexudica (piollos e persoas)
- competencia : individuos que usan un mesmo recurso limitado (león e voitre por unha gacela) 
- depredación : un depredador  captura, mata e come a súa presa (leopardo e gacela)

O MEDIO TERRESTRE E AS ADAPTACIÓNS A ESTE MEDIO
O medio terrestre está constituído por todas as zonas do planeta nas que os organismos viven sobre un terreo, rodeados de aire. Factores que determinan o medio terrestre : 
LUZ : fundamental para a vida no planeta
- Adaptación á luz : Moitas plantas efetúan movementos de orientación respecto á luz, denominados fototropismos.  
TEMPERATURA : normalmente, a maior altura, a temperatura diminúe.
- Adaptación á temperatura : Os animais homeotermos (aves e mamíferos) manteñen unha temperatura interna constante. Os poiquilotermos, que teñen unha temperatura semellante á do medio.  
HUMIDADE ATMOSFÉRICA : Cantidade de auga que hai no aire.  
- Adaptación á humidade : As plantas hidrófilas viven en ambientes moi húmidos e sombríos. As plantas xerófilas viven en ambientes secos. Os animais presentan estruturas especiais que evitan a perda de auga por transpiración  (escamas dos réptiles).

O MEDIO ACUÁTICO E AS ADAPTACIÓNS A ESTE MEDIO
MEDIO ACUÁTICO : placto (organismos que flotan) – necto (organismos nadadores) – bentos (viven sobre o fondo)
ADAPTACIÓNS AO MEDIO ACUÁTICO
- cantidade de O2 : as baleas almacenan O2 na mioglobina o que lles permite longas inmersións
- luz : medusas e peixes abisais teñen bioluminiscencia (producen luz)
- salinidade : o salmón pode vivir no mar e nos ríos, regula a súa concentración interna de sales
- presión hidrostática : os peixes posúen vexiga natatoria para subir e baixar na columna de auga
- viscosidade e densidade : moitos organismos son fusiformes, outros propúlsanse cun chorro de auga (cefalópodos)
- correntes de auga : as plantas acuáticas posúen talos flexibles para adaptarse ás correntes

A BIOSFERA, OS ECOSISTEMAS E OS BIOMAS
BIOSFERA : conxunto de todos os seres vivos que habitan na Terra.
ECOSFERA : conxunto de todos os ecosistemas que constitúen a Terra.  
ECOLOXÍA : é a ciencia que estuda a composición e o funcionamento dos ecosistemas.
ECOSISTEMA : conxunto de seres vivos que habitan nun determinado lugar, as características que defi-
nen o seu medio e as relacións que se establecen entre eles e co medio. Partes do ecosistema :
- Biótopo : parte inorgánica do ecosistema, formado polo medio físico (rochas, aire...) e as características físico-químicas do mesmo (luz, temperatura...)
- Biocenose ou comunidade : parte biótica do ecosistema e está formada polo conxunto de seres vivos que habitan e se relacionan co biótopo.
Ecotón : zona de transición entre estes dous ecosistemas, nel conviven especies dos dous ecosistemas.
BIOMAS : ecosistemas terrestres que ocupan grandes extensións. Poden ser terrestres (deserto frío, tundra, taiga, estepa, sabana, deserto cálido e os bosques caducifolio, mediterráneo, ecuatorial e tropical) e acuáticos (bioma doceacuícola e bioma mariño)
HÁBITAT : lugar onde vive, a área física onde se pode atopar.
NICHO ECOLÓXICO : papel funcional que desempeña unha especie dentro dun ecosistema.

O SOLO
O solo é a capa máis superficial da codia terrestre. Está formado por unha mestura de compoñentes in-
orgánicos (sólidos : gravas, areas, arxilas – líquidos : auga - gasosos : aire) e orgánicos (representados polos seres vivos e o humusmateria orgánica morta)
BIOTOPO DO SOLO : os factores do que depende un solo son o clima, a topografía, o tipo de rocha e os seres vivos.
BIOCENOSE DO SOLO : na terra viven  moitos organismos, coma bacterias, fungos e animais (miñoca,  arañas, insectos). As miñocas son moi importantes as súas galerías facilitan o crecemento das raíces e as súas feces teñen auga e conteñen importantes nutrientes para as plantas.
HORIZONTES DO SOLO : capas horizontais superpostas que constitúen o solo. Pode ter horizonte A (cor escura, contén materia orgánica), B (nel acumúlanse os sales minerais) e C (rocha nai)

OS PRINCIPAIS ECOSISTEMAS TERRESTRES DE ESPAÑA
BOSQUE ATLÁNTICO : - distribución xeográfica (norte e noroeste da Península, dende Galicia ata costa catalá) – características (clima moderado con precipitacións regulares todo o ano, folla cadu ca, sotobosque abundante) - Vexetación (faias, carballos, bidueiros, freixos, castiñeiros, acivros, arandeiras, breixos e fentos) - Fauna (oso, lobo, corzo, pita do monte, raposo, esquío, leirón e xa- baril)
BOSQUE MEDITERRÁNEO : - distribución xeográfica (interior e sur da Península e Baleares) – características (clima temperado, inverno húmido e verán caloroso, plantas esclerófilas de folla perenne. As dehesas son bosques mediterráneos aclarados pola acción humana) - Vexetación (aciñeiras, sobreiras, érbedos, piñeiros, xara, romeo e lavanda) - Fauna (corzo, aguía imperial, raposo, lebre, voitre negro, lince, xinete)   
ZONAS HÚMIDAS : zonas saturadas de auga ou inundadas durante algunha época do ano que albergan gran biodiversidade (como aves acuáticas que descansan nas súas rutas migratorias) e teñen unha  gran importancia ecolóxica.

A ALIMENTACIÓN DE SERES VIVOS NOS ECOSISTEMAS
A alimentación é a forma de obter a materia e a enerxía dos organismos. Clasifícanse en 3 niveis tróficos :
 - produtores :  organismos autótrofos que fabrican materia orgánica a partir de inorgánico mediante a fo-
tosíntese (plantas, algas e algunas bacterías). 
 - consumidores : organismos heterótrofos que se alimentan da materia orgánica doutros seres vivos.
Hai 3 tipos :  - Primarios (herbívoros) : aliméntanse dos produtores - Secundarios (carnívoros) : ali- méntanse dos consumidores primarios   – Terciarios (super carnívoros) : aliméntanse dos consumidores secundarios e dos primarios
- descompoñedores : organismos que transforman a materia orgánica en materia inorgánica (fungos e bacterias).
 RELACIÓNS TRÓFICAS :  son as relacións que existen entre os seres vivos que se alimentan uns dos outros e pódense representar en forma de cadea trófica (representación gráfica lineal nas que se indica mediante frechas quen é comido por quen no ecosistemaherba, saltón, rato, serpe) e rede trófica (conxunto de cadeas tróficas interrelacionadas dun ecosistema)    
FLUXO DE ENERXÍA :  é un proceso unidireccional aberto
CICLO DA MATERIA : é un proceso cíclico pechado
PARÁMETROS TRÓFICOS : - biomasa (B) : masa de C orgánico / superficie (calcúlase para cada nivel) - produción (P) : P = B / T (tempo) – produción neta (PN) : produción bruta (PB) – PN - produtividade ou taxa de renovación (Pr) : Pr = PN / B x 100 – tempo de renovación (Tr) : Tr = B / PN  
PIRÁMIDES TRÓFICAS :  representacion gráfica das relación alimentarias que se dan nun ecosistema. Cada nivel trófico represéntase cunha barra ou piso coa mesma altura :
- Pirámides de números : representa o n.º de individuos de cada nivel trófico, poden ser invertidas  (terciarios, secundarios, primarios e produtores)
- Pirámides de biomasa :
representan a biomasa de cada nivel trófico , poden ser invertidas (terciarios, secundarios, produtores e primarios)
- Pirámides de produción :
representa a enerxía almacenada de cada nivel trófico, nunca son invertidas  (terciarios, secundarios, primarios e produtores)

SUCESIÓN ECOLÓXICA
A sucesión ecolóxica son os  cambios que se producen nun ecosistema ao longo do tempo. Regras dunha sucesión : - Aumenta a diversidade de especies - Aumenta a complexidade nas relación tró- ficas - Increméntase a biomasa - Aumenta a eficacia no aproveitamento da enerxía - Diminúe a pro dutividade - Aumenta a estabilidade do ecosistema.
COMUNIDADE CLIMAX : comunidade final que se da nun proceso de sucesión ecolóxica, está en estado de equilibrio.En todolos ecosistemas prodúcense alteracións que a levan a etapas anteriores (regresión)
TIPOS DE SUCESIÓN : sucesión primaria (aquela que se establece nun lugar que non foi colonizado anteriormente, sucesión que tería lugar nunha illa volcánica) - sucesión secundaria (é a que se produce tras unha regresión, por exemplo, depois dun incendio).   

AS POBOACIÓNS NOS ECOSISTEMAS. AUTORREGULACIÓN
MODELO DE CRECEMENTO DA POBOACIÓN
- crecemento exponencial : prodúcese nun ecosistema ideal con recursos ilimitados. Dase en condi-
cións especiais e non pode manterse moito tempo. Obtense unha curva en forma de J.
- crecemento loxístico : prodúcese en condicións naturais con recursos limitados. A poboación medra
ata manterse constante arredor dun valor (K = capacidade de carganº máximo de individuos que pode soster un ecosistema), a poboación fluctúa arredor de K. Obtense unha curva en forma de S.
                                            
ESTRATEXIAS REPRODUTIVAS
- estrategas do r : especies (oportunistas) – ambiente (habitan ecosistemas inestables) – vida (vida curta) – taxa de reprodución (elevada) – descendentes (moitos e pequenos) - exemplos (peixes e insectos)
- estrategas do K : especies (especialistas) – ambiente (viven en ambientes estables) – vida (lonxe- vos) – taxa de reprodución (baixa) – descendentes (poucos) – exemplos (aves e mamíferos)


O USO DOS RECURSOS
Un recurso natural é todo aquilo que as persoas tomamos da natureza para obter beneficios e satisfacer as nosas necesidades.  Considérase reserva a cantidade dun recurso natural que pode ser explotada e ser extraídos dun xeito económicamente rendible. Os recursos naturais clasifícanse en recursos renovables (son os que se poden rexenerar co tempo como as enerxías solar, eolíca, maremotriz, xeotérmica, hidráulica e biomasa) e recursos non renovables (son os que non se re- xeneran, as súas reservas tenden a diminuír a medida que se consomen como o gas natural, o petróleo e o carbón).
OS IMPACTOS AMBIENTAIS
Denomínase impacto ambiental toda alteración no medio natural provocada pola actividade humana. A avaliación de impacto ambiental (EIA) é un instrumento preventivo para a conservación e xestión do medio natural. A lexislación española obriga a elaborar unha avaliación de impacto ambiental antes de realizar determinados proxectos que poidan afectar o medio natural. Certas actividades humanas supoñen unha ameaza para a biodiversidade : - a sobreexplotación (ocorre cando se explota un recurso a unha velocidade maior da que se pode rexenerar como a pesca abusiva)a destrución de hábitats (actualmente é un problema moi importante. Entre as actividades humanas que degradan en destrúen os hábitats destacan as cortas indiscriminadas, a contaminación e a ocupación do espazo) a introdución de especies exóticas (son especies que se introduciron de maneira artificial nun ecosistema. Estas especies poden non encontrar depredadores no seu novo hábitat e desprazar as poboacións orixinais autóctonas, pasando así a considerarse especies invasoras)
PROTECCIÓN DO MEDIO NATURAL
Os espazos naturais protexidos son áreas pouco transformadas pola explotación ou ocupación das persoas, que presentan características biolóxicas, paisaxísticas ou doutro tipo que xustifican a súa especial protección. En España a Lei de Conservación dos Espazos Naturais e da Flora e Fauna Silvestres establece catro tipos de espazos protexidos : - Parques Nacionais (teñen o máximo nivel de protección. En Galicia está o Parque Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas)- Parques Naturais (teñen un nivel inferior de protección. En Galicia están as fragas do Eume, a Serra da Enciña da Lastra e o monte Aloia) - Reservas Naturais – Paisaxes Protexidas - Monumentos Naturais
Nas Reservas da Biosfera habitan especies representativas da biodiversidade nacional, incluídas as consideradas endémicas (ameazadas ou en perigo de extinción). Esta distinción é outorgada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). 
PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE
A lista vermella é un inventario completo do estado de conservación das especies a nivel mundial. Con esta lista preténdese que a sociedade e as institucións políticas tomen medidas específicas para reducir a extinción de especies. As especies avaliadas que se inclúen na lista vermella clasifícanse en  oito categorías : - extinta (EX)tigre de Tasmania – extinta en estado silvestre (EW)tartaruga da illa Pinta – en perigo crítico de extinción (CR)lince ibérico – en perigo (EN)diaño de Tasmania – vulnerable (VU)oso polar - case ameazadas (NT)miñato real – preocupación menor (LC) – datos insuficientes (DD)





No hay comentarios:

Publicar un comentario