1. Definicións de termos e datas :
COLONIA : territorio dominado desde un punto de vista
político e militar e explotado económicamente por outro estado.
METRÓPOLE : estado que explota unha colonia.
IMPERIALISMO : sistema político polo que un estado procura
un dominio máis alá das súas fronteiras
TRIPLE ENTENTE : bloque que participa na 1ª G.M formado por
R.U, Francia e Rusia (que abandonaría en 1917), ao que máis tarde se
uniría Italia e entra EEUU
TRIPLE ALIANZA : bloque que participa na 1ª G.M formado por
Alemaña, imperio austro-húngaro e Italia (que abandona por integrarse no outro bloque) e
entrará o imperio turco.
1914 : comezo da 1ª G.M entre os bloques da Triple Entente e
da Tripe Alianza.
1918 : remate da 1ª G.M e comezo do Tratado de Versalles.
1917 : prodúcese a Revolución comunista en Rusia (que abandona a 1ª
G.M), entrando EEUU na 1ª G.M
REVOLUCIÓN DE OUTUBRO : en outubro, os soviets, impulsados
polos bolxeviques, subleváronse e, dirixidos por Lenin, comeza unha
Revolución comunista, firmando a paz con Alemaña e perdendo territorios para
centrarse nas reformas internas.
NAZISMO : ideoloxía política creada por Hitler na década dos
20, que triunfa en Alemaña na dos 30, con principios antidemocráticos, racistas
e militaristas.
HOLOCAUSTO : foi a
persecución e o asasinato sistemático polo Estado, de millóns de xudeus por
parte do réxime nazi e dos seus colaboradores.
CONFERENCIA DE BERLÍN : reunión dos países europeos en 1884
para repartirse África e Asia como un imperio colonial.
LIBERALISMO : teoría política que defendía os dereitos
naturais do cidadán, a liberdade, igualdade, propiedade, soberanía nacional e a
división de poderes.
DEMOCRACIA : sistema de goberno en que os gobernantes son
elexidos polos cidadáns mediante votación. Sufraxio universal.
ESTADO TOTALITARIO OU DICTATORIAL : estado cun réxime
político ditatorial que, ademais de eliminar as liberdades individuais, o
estado pretende controlar todos os aspectos da sociedade.
2. Emparellar feitos cos seguintes personaxes :
LENIN : fundador da Unión
Sovética – o seu verdadeiro nome era Vladimir Ilich Ulianov - cría, a diferencia de Marx, que a revolución
socialista era posible nun país atrasado como Rusia – volveu a Rusia en abril
de 1917 e expúxolles as súas teses ós bolxeviques - en 1917 converteuse no Presidente do
Consello de Comisarios do Pobo da URSS
NICOLÁS II : último zar de Rusia - abdicou trala Revolución
de 1917 – él e a súa familia foron asasinados polos bolxeviques
TROSTKI : líder comunista soviético – desenvolveu un papel
fundamental na Revolución rusa de 1917 – foi o responsable do éxito do Exército
Esquerdista na guerra civil rusa - foi obrigado a exiliarse de Rusia en 1929 –
en 1940 foi asesinado en México por orde de Stalin
WILSON : presidente dos EEUU – propuña os 14 puntos no
tratado de paz para respetar as distintas nacionalidades e tamén a creación da
Sociedade de Nacións
STALIN : dictador soviético – sucedeu a Lenin no poder en - os
seus plans quinquenais promoveron a industrialización a grande escala – puxo en
marcha a Gran Purga para eliminar os seus adversarios - en
1922 foi
nomeado secretario xeral do Partido Comunista
ROOSEVELT : presidente dos EEUU de 1933 a 1945 – na súa
campaña electoral prometeu acabar coa Gran Depresión – converteuse nunha figura
familiar para os cidadáns co seu programa radiofónico “Charlas arredor da
cheminea” – a súa política do New Deal freou os efectos da crise económica –
afectado de poliomielite en 1921, tivo que usar unha cadeira de rodas, pero non
deixou a política
HITLER : dicatador alemán, nace una cidade austríaca de
Braunau – en 1919 afiliouse ó partido
nazi e en 1921 chegou á presidencia deste - a súa ideoloxía racista fíxolle
crer na superioridade da raza aria (alemana) –
durante a súa estancia en prisión escribiu o seu libro “Mein Kampf” (A miña loita)
- en 1945
suicidouse
canda a súa compañeira Eva Braun
MUSSOLINI : dictador fascista italiano entre 1922 e 1945 –
chegou ó poder mediante un golpe de Estado
– a partir
de 1936 estreitou os lazos coa Alemaña de Hitler – en 1919 iniciou o fascismo ó
fundar os Fasci di Combattimento – como Duce concentraba todo o poder nas súas
mans
EINSTEIN : físico matemático nacido en Ulm (Alemaña),
no seo dunha familia xudía – converteuse en símbolo do xenio científico do S.
XX e está considerado o artista máis influente do S. XX – en 1921 foi galardoado
co premio Nobel de física en 1933 fuxiu do antisemitismo da Alemaña de
Hitler
3. Localizar nos mapas (do imperialismo,
do remate da 1ª G.M e o de democracias e totalitarismos)
Mapa do Imperialismo : En África (o máis repartido),
Asia e Oceanía había colonias europeas. O R.U posuía maior número de colonias.
As metrópoles foron o R.U, Francia, EEUU, Alemaña, Holanda, Italia, Portugal,
Bélxica, Dinamarca e España.
Mapa do remate da 1ª G.M : - Irlanda (independízase do
R.U) - Francia (amplía os seus territorios, Alsacia e Lorena a conta de
Alemaña) - Austria-Hungría (divídese en Checoslovaquia, Austria e Hungría cedéndolle
territorios a Polonia, Rumanía, Iugoslavia e Italia) - Alemaña (perde territorios
a favor de Polonia e unha parte oriental queda dividida do resto de Alemaña)
- créase a gran Iugoslavia (englobando a Montenegro, Serbia e collendo parte do Imperio
austro-húngaro) - Rusia (independízanse Estonia, Lituania, Letonia e Finlandia e
perde territorios a favor de Polonia) - o imperio turco (queda reducido ao
que hoxe en día é Turquía pasando oriente medio á península arábiga)
Mapa de democracias e totalitarismos : - países
dictatoriais (Portugal,
España, Italia, Grecia, Bulgaria, Iugoslavia, Romanía, Hungría, Austria,
Polonia, Luxemburgo, Alemaña, Lituania, Letonia, Estonia) – países
democráticos (Francia,
Suiza, Bélxica, Holanda, R.U, Irlanda, Dinamarca, Suecia, Noruega, Finlandia,
Checoslovaquia) – país comunista
(URSS)
5. Argumentar, preguntas curtas sobre :
Causas e consecuencias económicas do imperialismo, relacionando ambas.
O mesmo coas causas e consecuencias políticas e culturais.
económicas : debido as R.I, as colonias
convertéronse en mercados e en espazos onde poden investir as grandes
potencias, para facerse máis ricas e dominar a economía mundial. Tamén se
colonizaron os territorios que ofrecían materias primas baratas para as
industrias da metrópole, xerando unha dependencia económica con respecto dos
países ricos, e convertíndose en países subdesenvolvidos.
políticas : a ambición de posuir máis
territorios servía para aumentar o prestixio, xerando moitos gastos para manter
unha administración e un exército, debido ao enfrontamento cos indíxenas. Tamén
para conseguir posicións estratéxicas, creáronse fronteiras artificiais,
xerando conflitos que conlevan máis pobreza
culturais : as ideoloxías racistas dos
países dominantes, que se consideraban superiores, non respetaron nin as
culturas, nin as relixións indíxenas, impoñendo pola forza as occidentais, que
se estenderon polas colonias e faise dominate ata hoxe.
Explica causas, bloques e países enfrontandos e fases da 1ª G.M
Debido ás
R.I, Alemaña e Reino Unido competían polo poder económico. As relacións entre
os estados europeos estiveron condicionadas por que Francia quería recuperar
os seus territorios e porque a políti-
ca de Alemaña
quería manter a Francia illada do resto das grandes nacións. Alemaña xunto con Austria-Hungría e Italia constituíu a
Triple Alianza. Francia ante isto buscou o apoio de Rusia e, polas diferencias
económicas e políticas entre R.U e Alemaña, R.U buscou apoio con
Francia e Rusia formando a Triple Entente. O momento definitivo para a causa da
guerra será o asesinato do herdeiro de Austria-Hungría que lle declara a guerra
a Serbia arrastrando os dous bloques. Esta guerra durou 4 anos (1914-1918)
e pasou por 3 fases : a guerra de movementos, Alemaña intentou unha rápida
victoria sobre Francia. Na 2ª fase, os frentes estabilizáronse en
trincheiras provocando un gran número de mortos. Na 3ª fase, Rusia retírase da
guerra en 1917, tras o triunfo da súa propia revolución e entra EEUU na
guerra dos submariños alemáns, apoiando aos aliados e gañando a guerra.
Explica tratados de paz e consecuencias da 1ª G.M
Fixéronse
distintos tratados de paz con todos os países, pero o definitivo sería o de
Versalles no que só negocian os países vencedores, castigando duramente a
Alemaña e facéndoa culpable desta guerra. De- bido a esta guerra houbo 10
millóns de mortos ademais de feridos mutilados e desprazados; Europa quedou
totalmente endebedada, dependendo de
EEUU, o que levará a crise económica do 29; EEUU convértese no líder mundial,
sendo o seu presidente Wilson quen propoña os 14 puntos no tratado de paz e a
creación da Sociedade de Nacións; o mapa europeo sofre grandes cambios
dividíndose os grandes imperios e creándose novas nacións.
Describe as consecuencias territoriais da 1ª G.M, e pon o nome de
certos países que están en blanco no mapa
- Irlanda : independízase do R.U.
- Francia : amplía os seus territorios (Alsacia e Lorena)
a conta de Alemania
- Austria-Hungría : divídese en
Checoslovaquia, Austria e Hungría cedéndolle territorios a Polonia, Rumanía,
Iugoslavia e Italia
- Alemaña : perde territorios a favor
de Polonia e unha parte oriental queda dividida do resto de Alemaña
- créase a gran Iugoslavia:englobando a
Montenegro, Serbia e collendo parte do Imperio austro-húngaro
- Rusia : independízanse Estonia,
Lituania, Letonia e Finlandia e perde territorios a favor de Polonia
- o imperio turco : queda reducido ao
que hoxe en día é Turquía, pasando oriente medio á península
arábiga.
Causas da Revolución rusa e movementos revolucionarios
O poder
absoluto do zar, as represións contra os movementos populares e as guerras por
prestixio foron as causas políticas. Non se
levou a cabo no seu momento a RI polo
que o gasto excesivo das guerras provocou fame e estancamento económico que seguía
dependendo da agricultura. A sociedade
estamen tal dividíase en poucos nobres con gran poder económico e político,
campesiños sen terras e moi explotados e grupos de obreiros (soviets)
que se organizaron para protestar e conseguir melloras. A derrota na guerra
ruso-xaponesa de 1905 provocou unha revolución onde os manifestantes
dirixíronse ao Pazo Real para pedirlle ao Zar pan e dereitos poíticos, o que
levou a unha dura represión e poucas reformas. Os que se opoñían ao zarismo
promoveron a revolución de febreiro de 1917 que supuxo a caída do zar Nicolás
II e o nomeamento dun goberno provisional liderado por Kerensky que decidiu
manter a Rusia na guerra. Os soviets, impulsados polos bolxeviques que estaban liderados
por Lenin, provocan a revolución de outubro de 1917, na que
tomaron o poder, establecendo un novo goberno comunista e firmando a paz con
Alemaña.
Comparación entre a época de Lenin e de Stalin. Cando e quen crea a
URSS. Di unha república europea, outra caucásica e outra asiática
- época de Lenin (1917-1929)
: Despois da saída da 1ª G.M. e o comezo da guerra civil, lévase a cabo o
compromiso de guerra coa nacionalización do campo, requisando colleitas aos
campesinos, provocando fame, pobreza e disminuíndo a produción. Lenin decide
facer un cambio económico para aumentar a produción, establecendo a NEP onde se
recoñeceu a propiedade privada tanto na industria coma na agricultura, pero o
estado reservouse o control de empresas, transportes, banca, etc.
No ano 1922,
Lenin formou a URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas) agrupando
as repú- blicas federais de Rusia : - Azerbaiyán (Cáucaso) – Turkmenistán (Asia) – Letonia (Europa)
- época de Stalin (1929-1953)
: dictador soviético. Á
morte de Lenin sucédelle Stalin que segue coa revolución de maneira autoritaria
acaparando moito poder e levando a cabo unha represión feroz, que se coñeceu co nome de purgas. No plano
económico consegue levar a URSS ao rango de primeira potencia mediante os plans
quinquenais planificando a economía e
suprimindo a propiedade privada con colectivizacións agrarias e granxas
estatais. Ao mesmo tempo, a industria pasou ao control do Estado, convertin-
do a URSS
nunha potencia económica, pero descuidando o benestar da poboación.
Especifica os nomes dos dictadores do fascismo e do nazismo e a data do
acceso ó poder. Explica a ideoloxía do nazismo e compáraa co fascismo
Fascismo : Benito Mussolini (1922). Ideoloxía
antidemocrática e anticomunista ríxida e moi articulada.
Nazismo : Adolf Hitler (1933).
Ideoloxía antidemocrática e anticomunista – culto descomunado ao líder –
creación
dunha raza superior (aria) – eliminación de todolos partidos políticos
e sindicatos – exterminio de razas inferiores – creación dun espazo vital
Especifica os nomes dos dictadores do fascismo e do nazismo e a data do
acceso ó poder. Explica
a política interior e exterior do nazismo e compáraa co fascismo
Fascismo : Benito Mussolini (1922). Política
interior : - un líder todopoderoso – non hai liberdades individuais – un
único partido – sindicatos e Estado interveñen na economía – represión. Política exterior :
- expansiva
e militarista – creación dun gran exército – conquista de territorios en
África.
Nazismo : Adolf Hitler (1933). Política
interior : - o Estado ten todolos poderes – non hai ningún tipo de
liberdades – queima do Parlamento alemán – creación de grupos violentos (SA, SS e Gestapo).
Política exterior : - política de
rearme e militarización – invasións (Austria, Checoslovaquia e Polonia) - incumplimento
de todolos tratados (chegando a 2ª G.M)
6. Clasificación e comentarios de diapos
Obra : A danza
Autor :
Matisse Estilo : Fauvismo S : XX
Comentario : O fauvismo foi a primeira vangarda que rompe con
todo o anterior e abre camiño para un
novo tipo de
arte. Usan cores moi agresivas coma
se fosen fieras; non copian a realidade, esta sérvelle de inspiración; elaboran
unha realidade paralela con cores
totalmente arbitrarias; é unha pintura chea de alegría, optimista e pasional. Neste
cadro o autor relaciona o tema co encargo, facendo unhas figuras enlazadas con
debuxo curvo que baila sobre dous planos verdes e azuis. As cores relaciónanse
coa simboloxía da danza (o verde coa racionalidade, o azul coa espiritualidade e o
vermello coa pasionalidade)
Obra : O berro Autor : Munch
Estilo : Expresionismo S : Finais do S. XX
Comentario : O expresionismo convive co fauvismo e usa cores
agresivas que tratan de expresar a sub- xectividade do propio artista e ao
mesmo tempo o medo, a angustia e a soidade do ser humano no medio da natureza.
Este cadro básase nunha experiencia propia
do artista, cando nun paseo polos fiordos noruegos sente medo e angustia
no medio do mundo que o rodea. A figura do primeiro plano, en forma de
interrogante que semella unha calavera, tapa os oídos e emite un berro interno
ante a soidade, o medo que sinte nese momento, a pesar dos seus amigos que se
ven no fondo e ante unha natureza que se ve como agresiva, con ondas fortes no
mar e un ceo ameazador, usando cores planas, agresivas e curvas.
Obra : A fonte Autor : Duchamp
Estilo : Dadaísta S : XX
Comentario : O dadaísmo
foi un movemento moi crítico coa sociedade e coa civilización occidental debido
a guerra que se iniciou neste momento. Por iso unha serie de artistas crearon
un grupo chamado dada que non significaba nada, pois imita o balbuceo dun neno.
Este artista crea obxectos antiartísticos como foi este urinario masculino,
para demostrar a hipocresía da sociedade e a sobrevaluación da arte en artistas
moi coñecidos. Él non pretende que estes obxectos sexan tomados como
artísticos, pero críticos e museos os acaban considerando obxectos de alto
valor representativos dun novo estilo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario