martes, 27 de marzo de 2012

resumen música tema 3 : LIÑAS ADICIONAIS, SIGNOS DE REPETICIÓN E PROLONGACIÓN, LIGADURA DE UNIÓN, O PUNTO, O CALDEIRÓN, AS SÍNCOPAS, NACEMENTO DA PLIFONÍA, MUSICA MEDIEVAL EN ESPAÑA, INSTRUMENTOS MEDIEVAIS

AS LIÑAS ADICIONAIS : son liñas pequenas que lle engadimos ao pentagrama para colocar os sons demasiado agudos ou demasiado graves que non caben nel.
OS SIGNOS DE REPETICIÓN (D.C. (Da Capo) ao Fin) : indica volver a empezar. Se engadimos “ao fin” temos que rematar a interpretación onde aparece a palabra “fin”.
OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN
- A LIGADURA DE UNIÓN (   ) : serve para unir dúas notas iguais para obter un único son máis longo.
- O PUNTO (.) : cando colocamos este signo á dereita dun silencio ou figura, prolóngase a metade da súa duración.  
- O CALDEIRÓN (       ) : é un signo que prolonga a duración da figura ou silencio que o leva, detendo o pulso. O tempo de prolongación é a gusto do intérprete.
AS SÍNCOPAS : son combinacións rítmicas que producen un cambio na acentuación do compás, non sempre se localizan na ligadura.
                                
NACEMENTO DA POLIFONÍA
Os primeiros exemplos escritos que nos quedaron de canto a varias voces ou polifonía remóntanse a finais do S. IX. As dúas formas máis importantes deste periodo son as seguintes:
-  O “ORGANUM” : é a forma máis antiga de polifonía medieval. Consiste en engadir  unha voz en  movemento paralelo ao canto gregoriano.
- O “DISCANTUS” : xorde no S. XI. As dúas voces, xa non se moven de forma paralela como no organum, senón en movemento contrario.
ARS ANTIQUA (s. XII-XIII)
Destacan o conductus (compúñase todas as voces) e utiliza novas cancións que xa no se basan en melodías gregorianas e o motete (diferentes voces con diferente texto). Os primeiros motetes fixéronse en latín e a mediados do S. XIII, en francés. Os centros culturais deste foron : Abadía de San Marcial (Limoges) – Catedral de Nôtre-Dame (París) – Catedral de Santiago de Compostela
ARS NOVA (S. XIV-XV)
É unha nova corrente musical do S. XIV, que rompe con toda a música anterior. As súas carácterísticas son : - motete cun ritmo moi elaborado a música componse para ser gozada maior liberdade para o compositor aumentan as composicións de música profana
Guillaume de Machaut é un dos compositores máis relevantes deste período.

MÚSICA MEDIEVAL EN ESPAÑA
En España a música profana levaba o nome de cantiga. Existen diferentes tipos :
- CANTIGAS DE AMOR : o namorado canta para chamar a atención da súa amada.
- CANTIGAS DE AMIGO : a namorada canta, con tristeza, pola ausencia do amado ao que chama amigo.
- CANTIGAS DE ESCARNIO OU MALDICIR : con temas morais e satíricos.
Todas as cantigas están recollidas nunha serie de cancioneiros. Autores máis destacados : - Afonso X “O Sabio” Martín Codax Xoán de Cangas Mendiño
Centros españois máis relevantes da música polifónica durante a Ars antiqua : - Catedral de Santiago de Compostela (Códice Calixtino) Mosteiro das Huelgas (Códice das Huelgas).
O documento máis destacado da Ars nova española é o Llibre Vermell, do Mosteiro de Montserrat (Barcelona).
INSTRUMENTOS MEDIEVAIS
CORDÓFONOS : fídula e laude arpas salterios organistrum - fídulas
AERÓFONOS : añafis (trompetas rectas) – frautas traveseiras chirimías gaita órgano
IDIÓFONOS E MEMBRANÓFONOS : címbalos xogo de campás chifro e tamboril




No hay comentarios:

Publicar un comentario