RUGBY
HISTORIA
Na Idade Media fíxose moi popular un xogo, a soule e o seu obxectivo era levar una vexiga de porco hinchada dun extremo a outro, a base de patadas. En 1823, durante un partido de fútbol nun colexio da cidade de Rugby, Inglaterra, un xoven chamado William Webb Ellis, colleu a pelota coas mans e levouna ata a meta contraria, obtendo un gol. Desde entón, o trofeo que se entrega aos gañadores da Copa do Mundo de Rugby leva o seu nome.
CARACTERÍSTICAS
O rugby é un deporte colectivo, no que o máis importante é a cooperación entre os xogadores dun mesmo equipo e o respeto ás reglas e ao adversario. Cada equipo está formado por 15 xogadores que segundo as diferentes posicións que ocupan no campo divídense en 8 dianteiros, 2 medios e 5 trescuartos. Un partido dura 80 minutos, divididos en dúas partes de 40 min., máis 5 min. de descanso. O terreo de xogo é un rectángulo de 100 x 70 m e xógase cunha pelota ovalada cun peso de 400 g. O obxectivo de cada equipo é avanzar co balón ata plantalo na zona de marca do equipo contrario. Para iso está permitido correr coa pelota nas mans, levalo nos pés, chutalo, pasalo ou lanzalo, sempre que sexa coa man débese facer cara atrás e si é co pé sempre cara adiante. Cada marca ou ensaio vale 5 puntos. Para conseguir gol realizaremos : - un ensaio (5 p.) – gol despois dun ensaio (2 p.) – gol sobre puntapé de castigo, despois de cometer falta (3 p.) – gol de botepronto (3 p.).
TÉCNICA
Existen 3 formas de golpear o balón co pé no rugby : - puntapé colocado (pousando o balón no chan) – de volea (sin bote, serve para avanzar metros) – e de botepronto ou drop (con bote antes da patada).
PLACAXE : é unha acción técnica defensiva de contacto e úsase sempre para impedir que un xogador avance co balón, tirándoo ao chan, abrazándoo polas pernas e empurrándoo co noso hombreiro. Unha vez que o xogador foi placado ten que deixar o balón no chan ou pasalo a un compañeiro porque senón será sancionado cun golpe de castigo. Hai 3 tipos de placaxe : lateral, frontal e por detrás.
TÁCTICA
A MELÉ : é unha forma de poñer en xogo a pelota cando o árbitro sinala falta. Está formada por 8 xogadores (dianteiros) que deben agarrarse fortemente entre sí formando 3 líneas. O balón introdúceo o medio melé do equipo que ten a posesión da pelota (cara adentro e cara atrás)
A TOUCHE : é unha formación necesaria para poñer en xogo o balón cando sae fóra do campo sobrepasando a línea de banda. Está formada por dúas filas de 7 xogadores por equipo, que loitarán saltando para coller o balón lanzado desde a línea lateral.
AGRUPAMENTOS : serven para apoiar a un xogador que avanza co balón :
- MAUL : agrupamento creado espontaneamente cando un xogado,r co balón e de pé, queda entre dous ou máis adversarios agarrados entre sí.
- RUCK : agrupamento creado espontaneamente cando o balón ou un xogador co balón está no chan con dous ou máis adversarios agarrados entre sí.
REGRAS E NORMAS BÁSICAS
- AVANT : falta que se comete cando o balón se pasa ou se lanza a un compañeiro que se atopa avanzado, en dirección á zona de ensaio rival. Sanciónase cunha melé.
- FÓRA DE XOGO : falta que se produce cando un xogador está situado nunha posición prohibida. Pódese sancionar cun golpe de castigo.
- LEI DA VENTAXA : cando un equipo infrinxe o regulamento, o árbitro pode deixar que siga o xogo, sempre e cando interprete que o equipo non infractor pode sacar proveito da xogada.
BALONMAN
TÉCNICA
O PASE : - de cadeira (pasando a pelota desde a altura da cadeira) – picado (lanzando contra o chan) – deixada (colocando a pelota sobre a palma e deixarlla a un compañeiro) – rectificado (pasar flexionando o tronco lateralmente)
O LANZAMENTO : - en suspensión (realízase no aire) – de cadeira (colocando o balón coa man á al-
tura da cadeira) – en caída frontal (execútase cando o xogador que recibe a pelota se atopa en línea de 6 metros) – rectificado (nos extremos).
O BOTE : bote alto (póñeno en práctica os xogadores que se atopan lonxe dos defensas) – bote baixo (úsase para evitar que a defensa poida roubar o balón).
AS FINTAS : son todas as accións que teñen por obxectivo engañar ao adversario : - de pase (facemos crer ao adversario que vamos pasar ao compañeiro, para logo desplazarte e lanzar) – de lanzamento (facemos crer que vamos lanzar, para pasar a un compañeiro) – de desmarque (é un rápido cambio de dirección para desequilibrar ao teu defensor).
TÁCTICA
DEFENSA
Os obxectivos da defensa son dificultar os pases para provocar fallos e recuperar balón, interpoñerte na línea de tiro, impedir ser superado, evitar o lanzamento ou impedilo realizando un bloqueo.
- DEFENSA A XOGADOR CON BALÓN : sitúase sempre en línea, entre o atacante e a portería. Debe estar atento a seus movementos e a súa principal función consiste en evitar que o supere e dificultar ao máximo o lanzamento e os pases.
- DEFENSA A XOGADOR SIN BALÓN : debe controlar a seu adversario e ao balón, intentando dificultar os pases que poida recibir e os desplazamentos que fai para desmarcarse del, tanto individualmente ou en colaboración con outro xogador (cruzamentos, bloqueos, etc.)
SISTEMAS DEFENSIVOS
- DEFENSA INDIVIDUAL : cada defensor é responsable dun xogador atacante.
- DEFENSA EN ZONA : cada defensor é responsable dunha zona e defende o xogador que está nela. Dentro deste sistema podemos diferenciar as modalidades de 3:3, 5:1, 6:0.
- DEFENSA MIXTA : un xogador fai defensa individual sobre o xogador máis perigoso do outro equipo e o resto defende por zonas.
ATAQUE
O obxectivo do ataque é conseguir anotar.
- ATAQUE UN CONTRA UN : desmarque por todo o campo
- PASE E VAI : consiste en pasar a un apoio desmarcándose en profundidade e correr para quedar libre de marca, conseguir unha vantaxa posicional e penetrar a portería ou lanzar.
- CRUZAMENTO : consiste na ocupación dun espazo de lanzamento creado por un compañeiro que fixa en amplitude a seu opoñente.
- BLOQUEO : son accións executadas entre dous xogadores, usando o corpo dun deles para impedir o paso do defensa e obter o desmarque do outro.
- CONTRAATAQUE : trátase do envío do balón por parte do porteiro e de forma directa ao xogador máis adiantado, o cal de forma rápida e a través do bote desplazarase á portería contraria para efectuar o lanzamento adecuado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario