martes, 27 de marzo de 2012

resumen galego 3º eso os séculos escuros

OS SÉCULOS ESCUROS
Entre os séculos XV e XVIII a nosa lingua desaparece dos círculos do poder e da cultura escrita; por isto as mostras de literatura culta (literatura escrita) en galego son practicamente inexistente. É o período coñecido como Séculos Escuros. Desta época só conservamos escasos textos de lírica culta, unha vizosa e abundante lírica popular, moitos contos e lendas populares (narrativa) e algunha obra de teatro. 

LÍRICA
POESÍA CULTA (S.XVI e XVII) : poesía renacentista e barroca. Hai algunhas décimas dos cregos Martín Torrado e Diego Antonio Cernadas e dous sonetos compostos na honra da raíña Margarida.
POESÍA POPULAR E TRADICIONAL :
- POESÍA ANÓNIMA DE CIRCUNSTANCIAS : romances ou coplas de acontecementos históricos (o saqueo de Cangas polos turcos, 1617 e a execución do Mariscal Pedro Pardo de Cela, 1483)
- CANTIGAS E ROMANCES POPULARES : son anónimas, o pobo transmíteas oralmente. Trátase dos cantares ou romances de cego, regueifas e desafíos, os maios, as cantigas de berce, as cantigas amorosas ou as cantigas de traballo (cantiga de seitura, cantiga da muiñada) 
- VILLANCICOS : hainos anónimos e de autores cultos (Carlos Patiño e frai Francisco de Santiago)
NARRATIVA
A única mostra que se conserva é a Relazón da carta xecutoria (1615), que narra a execución de Pardo Cela. A maioría son de carácter popular e oral.
- CONTO : é un relato que non acostuma ter unha localización espacial ou temporal concreta e que intenta divertir ou entreter, con temas moi variados (a vida cotiá,sucesos con animais…)
- LENDA : adoita ter unha localización espacial ou temporal concreta, moitas veces presenta sucesos sobrenaturais e serve a miúdo para explicar a orixe de algo (unha fonte, unha cova, un tesouro…) ou algún feito histórico.

TEATRO
Nos Séculos Escuros existiu unha tradición teatral popular ( farsas, entremeses, autos…). Delas subsisten hoxe algunhas mostras no noso folclore (farsas do Entroido, diálogos de Nadal, encontros de mouros e cristiáns…). Só conservamos desta época dous textos drámaticos, o Entremés da Brancroft Library (1593), é anónimo, e o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671), de Gabriel Feixoo de Araúxo e trata as disputas entre galegos e portugueses pola pesca da troita.





No hay comentarios:

Publicar un comentario