martes, 27 de marzo de 2012

exámen sociais 3º eso as migracións

1.    Argumenta a frase “emigran quen pode non quen quere”
 Non todo o mundo pode emigrar, porque emigrar non é gratuito. Necesítanse recursos para o pasaxe e para o aloxamento, polo menos para os primeiros días, mentres non se cobra o primeiro salario.
2.     Explica as 4 formas de movemento espacial, e pon exemplos de cada variedade
Os movementos espaciais son os desprazamentos das persoas nun territorio (entradas e saídas). As catro formas de movemento espacial son :
- Mobilidade : son os desprazamentos periódicos por motivos cotiás (para estudiar, para ir ao traballo, ocio, para ir mercar, para ir ao médico, etc.)
- Turismo : a xente entra e sae do seu territorio, pode prolongarse ata 6 meses como moito (vacacións).
- migración : é un tipo de movemento espacial si dura máis de 6 meses e cun cambio de residencia, pode ser migración de entrada, que é a inmigración, e migración de saída, que é a emigración.Toda migración supón atravesar un límite administrativo. 
- Motivos políticos (guerra) ou naturais (catástrofes como terremotos, inundacións, etc.)  
3.    Indica brevemente as diferenzas entre emigración e inmigración; estacional, temporal e definitiva, e interior e exterior
Emigración : poboación saínte  -  Inmigración : poboación entrante
Estacional : duración curta e sin cambios de residencia  -  Temporal : dura varios anos, con idea de volver  -  Definitiva : sin retorno ao lugar de orixe, para sempre
Interior : desprazamento dentro dun país  -  exterior : desprazamento dun país a outro
4.    Que tres factores interveñen nas migracións? Pon exemplos de cada un.
Os tres factores que interveñen nas migracións son :
 - Os medios de transporte : teñen que ser accesibles
- Factor de expulsión : a falta de traballo, motivos políticos (a ditadura, guerra…), pobreza
- Factor de atracción : mellor traballo e mellor pagado, mellor nivel de vida
5. Explica as repercusións das migracións para o país de orixe e o de destino, e comenta cal deles pensas que se beneficia máis
As repercusións positivas no país de orixe son que os que marchan envían diñeiro (remesas), mellorando a situación económica do seu país e as negativas son o descenso da natalidade, o envellecemento da poboación e a perda de traballadores.  
As repercusións positivas no país de destino son o aumento da natalidade e de poboación, o rexuvenecemento da poboación, o crecemento económico do país e as negativas, perder as remesas dos emi- grantes.  
O país de orixe benefíciase coas remesas, xa que serven para financiar as compras que fai ao estranxeiro. O país de destino benefíciase case con todo.
6.    Cando, como, onde e porque emigraron masivamente os españois na época contemporánea?   
No S.  XIX, coa revolución dos transportes (barco de vapor e o tren) prodúcese unha emigración masiva a América, antes da guerra  emigraron 2 millóns de persoas e do ano 1914 ata 1918, a finais da Primeira Guerra Mundial, a emigración foi medrando ata chegar a seu punto máximo. A xente emigraba porque a poboación é moito máis numerosa e hai moita máis xente que quere emigrar e tamén emigraba por motivos económicos. En América había máis traballo e mellor pagado. Cando España comezou a crecer económicamente, acabouse esa emigración. Despois da Segunda Guerra Mundial ábrese unha forte etapa de nova emigración cara Europa, que se produce durante o réxime franquista. Nesa época emigraron moitos europeos, 50 millóns.  
7.    Que beneficios e prexuízos produciron a emigración a España e aos españois que se foron?
- Beneficios : coa emigración, España creceu economicamente grazas aos cartos que mandaban os españois que estaban fóra e eles mesmos volvían de America ricos (Indianos), tamén aumentaron as vendas de produtos noutros países, en especial, nos países receptores dos emigrantes. España non participa na guerra e polo tanto é un país neutro que pode venderlle aos dous bandos, o que fai que crezca económicamente.  
 - Prexuízos : moitos españois tiveron que separarse das súas familias.
        8. Como ten influido a inmigración da última década na evolución demográfica do país?
 Coa inmigración aumentou a poboación e a natalidade e polo tanto rexuvenece a poboación española.
9.    Valora as aportacións e beneficios da recente inmigración
A inmigración evita o avellentamento da poboación, fai que España crezca económicamente, fai que os empregados locais e os estranxeiros se capaciten para ter mellores traballos, o intercambio cultural fai máis rica a unha sociedade.
10. Que prexuízos e problemas poden atribuírse á inmigración? En quen repercuten e quen se aproveita deles?
Os prexuízos cara os inmigrantes é que pensamos que son delincuentes ou que son responsables da inseguridade que temos en España. Os problemas que se lle poden atribuír son a saturación dos servizos públicos.
Todo isto repercute nos inmigrantes e aprovéitanse deles os que os contratan, como por exemplo pagarlle un salario inferior cos demais e tamén se aproveitan deles o estado, xa que os inmigrantes pagan máis do que reciben. 
11.  Mobilidade. Migración. Inmigración. Emigración. Éxodo rural. Irregulares. Refuxiado. desprazado. Deportado.
A migración pode ser de saída, que é a emigración, e de entrada, que é a inmigración e pode haber entradas irregulares, que son os inmigrantes ilegais. Pero desde o punto de vista espacial, a migración principal é o éxodo rural. Tamén hai xente que sofre unha mobilidade forzada, como o refuxiado, o desprazado e o deportado.



   



No hay comentarios:

Publicar un comentario