OS SISTEMAS DE COORDINACIÓN
Mediante a función de relación, as persoas, ao igual que o resto dos seres vivos, recibimos información e elaboramos respostas.
SISTEMA DE COORDINACIÓN : detecta os cambios que se producen no medio e elabora a resposta adecuada. Esta formado por :
- SISTEMA NERVIOSO : está formado por tecido nervioso, elabora respostas rápidas e pouco duradeiras e actúa mediante impulsos nerviosos.
- SISTEMA ENDOCRINO OU HORMONAL : está formado por glándulas endocrinas, elabora respostas lentas pero duradeiras e actúa mediante hormonas.
ELEMENTOS QUE INTERVEÑEN NA COORDINACIÓN
- RECEPTOR : é a estructura capaz de percibir os estímulos e transmitilos ao centro nervioso.
- CENTRO NERVIOSO : é o órgano encargado de recibir a información percibida polos receptores.
- EFECTOR : é o órgano que leva a resposta (músculos, glándulas)
O SISTEMA NERVIOSO
O sistema nervioso está constituido por dous tipos de células neuronas e células de glía :
NEURONAS : reciben e transmiten sinais, mediante impulsos nerviosos. A sinapse é a zona de separación entre dúas neuronas. O neurotransmisor é unha substancia química que transmite o impulso nervioso a través da sinapse. As partes da neurona son :
- CORPO CELULAR : nel atópase o núcleo e a maioría dos orgánulos da célula.
- AXÓN : prolongación longa que parte do corpo celular.
- DENDRITAS : prolongacións curtas e moi ramificadas do corpo celular.
Pode haber neuronas sensitivas (levan a información captada polos receptores ata o sistema nervioso central), neuronas motoras (envían a información desde o sistema nervioso central ata os efectores) e neuronas de asociación (conectan as neuronas sensitivas coas motoras).
CÉLULAS DA GLÍA : están intercaladas entre as neuronas e protexen, illan ou alimentan ás neuronas. As principais células da glía son os astrocitos e as células de Schwann.
O sistema nervioso é o encargado de analizar os estímulos, tanto externos como internos, e elaborar as respostas necesarias para o funcionamento do organismo. Está formado por :
SISTEMA NERVIOSO CENTRAL (SNC) : encargado do control do corpo e as súas actividades. Está formado polo encéfalo e a médula espiñal (controla actos reflexos e a parte máis externa componse de substancia branca e a máis interna de substancia gris) que están protexidos polo cráneo, a columna vertebral e as meninxes. O encéfalo está formado por :
- CEREBRO : dividido en dous hemisferios con circunvolucións e surcos. A parte máis externa (córtex cerebral) está formada por substancia gris e recibe información e elabora respostas. A parte máis interna ten substancia blanca.
- CEREBELO : está debaixo do cerebro e divídese en dous hemisferios. Coordina movementos voluntarios e permite manter o equilibrio.
- BULBO RAQUÍDEO : enlaza o encéfalo coa parte superior da médula espiñal e controla funcións involuntarias.
SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO (SNP) : transmite os impulsos nerviosos desde os receptores ata o SNC, e deste aos efectores. Está formado por nervios (craneais e espiñais) que conectan o SNC con todos os órganos do corpo. Tipos de nervios segundo a súa función :
- NERVIOS SENSITIVOS : transmiten a información procedente dos receptores.
- NERVIOS MOTORES : conducen a información desde o SNC ata os efectores.
Hai dous tipos de SNP :
- SISTEMA NERVIOSO SOMÁTICO : intervén no movemento corporal voluntario.
- SISTEMA NERVIOSO VEXETATIVO : actúa sobre as funcións básicas do organismo que realizan un movemento involuntario.
Os órganos reciben ordes antagónicas mediante dous subsistemas (parasimpático e símpatico).
FUNCIONAMENTO DO SISTEMA NERVIOSO : - actos voluntarios (cando a resposta é voluntaria e
consciente, a resposta realízase no cerebro) – actos reflexos (cando a resposta é involuntaria, a resposta sae da médula espiñal). Os actos reflexos lévanse a cabo mediante unha estructura nerviosa chamada arco reflexo, no que interveñen os seguintes elementos :
- RECEPTOR : capta o estímulo.
- NEURONA SENSITIVA : leva o impulso nervioso desde o receptor ata médula espiñal.
- NEURONA DE ASOCIACIÓN : pon en contacto a neurona sensitiva coa motora.
- EFECTOR : é o músculo que realiza o movemento, dando unha resposta.
SISTEMA ENDOCRINO OU HORMONAL
É o conxunto de glándulas chamadas endocrinas, porque fabrican hormonas que circulan pola sangre ata chegar a unhas células específicas chamadas diana, onde realiza unha función. Principais glándulas endocrinas con algunhas hormonas :
- HIPOTÁLAMO : actúa sobre a hipófise.
- HIPÓFISE (no cerebro) : regula a cantidade de urina (hormona antidiurética), regula as contraccións do parto (oxcitoxina), regula o crecemento.
- TIROIDE (no pescozo) : regula o metabolismo.
- PARATIROIDE (na tiroide) : regula a cantidade de fósforo e de calcio no sangue.
- CÁPSULAS SUPRARRENAIS (sobre os riles) : activa o esforzo e a loita (adrenalina).
- PÁNCREAS : regula o azúcar no sangue (insulina)
- OVARIOS E TESTÍCULOS : interveñen no desenvolvemento sexual (estróxenos, testosterona)
FUNCIONAMENTO DO SISTEMA HORMONAL : o exceso ou o defecto na cantidade de hormonas pode provocar determinadas enfermidades. A secreción hormonal regúlase mediante un mecanismo chamado retroalimentación ou feedback. Está controlado polo SNC a través do hipotálamo e a hipófise. Permite manter uns niveis adecuados de hormona en sangue mentres dura o estímulo. Cando unha glándula recibe un estímulo empeza a producir hormonas. A medida que a hormona aumenta, impídese a súa secreción. Cando a cantidade de hormona en sangue é baixa, estímulase a glándula e aumenta a sua secreción.
A SAÚDE MENTAL
TRASTORNOS FÍSICOS OU ORGÁNICOS : - enfermidades infecciosas (poliomielite, meninxite) - obstrución ou rotura – golpes (paraplexía, tetraplexía) – enfermidades neurodexenerativas (alzheimer, parkinson)
TRASTORNOS PSÍQUICOS : - ansiedade – déficit de atención e hiperactividade – depresión - esquizofrenia – trastorno obsesivo-compulsivo
HÁBITOS SAUDABLES DO SISTEMA NERVIOSO : - alimentación equilibrada – exercicio físico, descansando un pouco durante o día e durmindo ao menos 8 horas – realizar actividades intelectuais e mentais – evitar situacións e actividades que poidan lastimar o sistema nervioso – tomar medidas de protección para evitar lesións – non consumir tabaco, alcohol ou outras drogas.
AS ENFERMIDADES DO SISTEMA ENDOCRINO
Prodúcense por hiperfunción ou hipofunción glandular : - diabetes (tipo 1 e 2) – enfermidades da tiroide (hipertiroidismo, hipotiroidismo, bocio) – ananismo e xigantismo hipofisario
A CONDUTA HUMANA
TIPOS DE CONDUTA : - estereotipada (é innata, inclúe respostas programadas desde o nacemento) – adquirida (depende da aprendizaxe e do medio do individuo)
A PRESIÓN DO GRUPO : a nosa conduta está influenciada polas demais persoas e polo medio social. Adoita ser positiva, aínda que algunhas veces pode ser negativa. Si a presión e negativa, pode conducir ao consumo de alcohol e de drogas, e a manifestar certos comportamentos violentos.
AS DROGAS E O SISTEMA NERVIOSO
As drogas son substancias tóxicas que producen adicción e xeran tolerancia. Tipos de drogas :
- DEPRESORAS : relaxan o SNC (alcohol, tranquilizantes, opio, morfina, heroína, metadona).
- ESTIMULANTES : estimulan o SNC e crean sensación de euforia (cocaína, tabaco, anfetaminas, crack, esteroides anabólicos).
- PERTURBADORAS : producen alucinacións, depresións, enfermidades mentais e alteracións da personalidade (LSD, haxix, marihuana, éxtase, Eva)
No hay comentarios:
Publicar un comentario