APARELLO DIXESTIVO
Na nutrición están implicados os aparellos dixestivo (inxestión, dixestión e absorción de nutrientes),
respiratorio (obtención do osíxeno e eliminación de dióxido de carbono), circulatorio (transporte de nutrientes, de refugallos e de O2 e CO2) e excretor (eliminación das substancias de refugo).O aparello dixestivo transforma os alimentos en substancias máis sinxelas, para que poidan ser absorbidas e utilizados polas células, e elimina os restos non dixeridos. O aparello dixestivo está formado polo tubo dixestivo que mide uns 10 m (boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado e intestino groso) e polas glándulas dixestivas (glándulas salivares, o fígado e o páncreas).
ANATOMÍA DO APARELLO DIXESTIVO
BOCA : cavidade de entrada dos alimentos ao tubo dixestivo. Ten lingua (músculo que move o alimento e mestúrao coa saliva), dentes (serven para mastigar os alimentos) e glándulas salivares (que producen saliva). A dentición definitiva humana ten catro tipos de dentes : 8 caninos ou cairos, 4 incisivos, 8 premolares e 12 molares
FARINXE : conducto común ao aparello respiratorio. Por el pasa o alimento desde a boca ata o esófago. Un repregamento chamado epiglote impide que o alimento pase ás vías respiratorias.
ESÓFAGO : tubo musculoso que comunica a farinxe co estómago. As súas paredes permiten que o alimento avance ata o estómago.
FÍGADO : glándula produtora de bile que se almacena navesícula biliar.
PÁNCREAS : glándula produtora do zume pancreático que se verte no duodeno e completa a dixestión dos alimentos.
ESTÓMAGO :ensanchamento do tubo dixestivo. A entrada dos alimentos chámase cardia e a saída píloro. A dixestión realízase grazas á secreción do zume gástrico.
INTESTINO DELGADO : tubo de 6 m que se atopa pregado na cavidade abdominal. As súas paredes internas forman pregues chamadas pilosidades intestinais. Nel complétase a dixestión e ten lugar á absorción da maior parte de substancias nutritivas. Divídese en 3 rexións : duodeno, xexuno e íleo.
INTESTINO GROSO : comunícase co exterior polo ano. As súas paredes absorben auga e sales minerais. Divídese en 3 rexións : cego, colon e recto. Do cego sae o apéndice vermiforme.
PROCESOS DIXESTIVOS
As funcións dixestivas permiten que os alimentos sexan transformados en nutrientes no tubo dixestivo, para ser transportados ás células onde serán utilizados. Consta de 4 procesos :
INXESTIÓN
- mastigación (na boca) : é unha acción mecánica. Os alimentos son mastigados polos dentes.
- insalivación (na boca) : é unha acción química. Mestura do alimento coa saliva producida polas glándulas salivares (parótides, submaxilares e sublinguais). A lingua axuda nos procesos anteriores.
- deglutición (na farinxe e no esófago) : paso do bolo alimenticio (alimentos mastigados e empapados en saliva) desde a boca ao estómago. Primeiro, de forma voluntaria, pasa á farinxe e ao esófago, e despois, de forma involuntaria pasa ao estómago mediante os movementos peristálticos. Entra no estómago a través do cardia.
DIXESTIÓN (é mecánica cando só parte os alimentos - é química cando transforma os nutrientes en moléculas máis simples)
- dixestión gástrica (no estómago) : comprende dixestión mecánica polos movementos peris-
tálticos das paredes do estómago e dixestión química polo zume gástrico, que contén ácido clorhídrico. Aquí fórmase unha papa ácida chamada quimo, que pasa a través do píloro ao intestino delgado.
- dixestión intestinal (no intestino delgado) : no duodeno, o quimo mestúrase co zume intestinal (producido polo intestino), co zume pancreático (producido polo páncreas) e coa bile (producida polo fígado e axuda a dixerir as graxas). Aquí fórmase unha papa abrancazada chamada quilo.
ABSORCIÓN (no intestino delgado) : os nutrientes, produtos da dixestión, pasan ao sangue a través das pilosidades intestinais, pregues internos da parede do intestino delgado con vasos sanguíneos no seu interior que levan os nutrientes a todas as células do corpo.
EXESTIÓN (no intestino groso) : os residuos da dixestión transfórmanse nas feces fecais que pasan ao recto e elimínanse através do ano. Hai bacterias simbióticas que descompoñen os residuos da dixestión e producen os gases intestinais, e sintetizan vitaminas (K, B12).
ENFERMIDADES DO APARELLO DIXESTIVO
CARIES : enfermidade infecciosa producida por bacterias. Hai que reducir o consumo de doces, cepillarse os dentes despois de cada comida e ir ao dentista regularmente.
ESTRINXIMENTO : trastorno que dificulta a evacuación das feces. Débese ao estrés, a certos fármacos, e a dietas pobres en fibra vexetal.
ÚLCERAS : feridas que se abren na parede interna do tubo dixestivo. Débense ao estrés, a infección pola bacteria Helicobacter pylori.
GASTROENTERITE : inflamación da mucosa do estómago e intestino, que impide a absorción de auga producindo feces moi líquidas (diarrea) e vómitos. Débese a infeccións de virus e bacterias.
CIRROSE HEPÁTICA : enfermidade crónica que provoca a morte progresiva do tecido do fígado. Débese casi sempre por consumo excesivo de alcohol.
APARELLO RESPIRATORIO
A respiración pulmonar é a entrada de osíxeno do exterior e a expulsión do dióxido de carbono. A respiración celular é o conxunto de reaccións celulares que producen enerxía a partir de nutrientes e do osíxeno. O aparello respiratorio permite obter o osíxeno do aire e expulsar o dióxido de carbono. Na respiración hai dúas etapas :
A VENTILACIÓN PULMONAR : renova o aire contido nos pulmóns. Consta de dous procesos :
- a inspiración : os músculos intercostais e o diafragma contráense e reláxanse os músculos abdominais, aumenta o volume dos pulmóns e o aire entra polas vías respiratorias.
- a expiración : os músculos intercostais reláxanse e contráense os músculos abdominais, diminúe o volume dos pulmóns e o aire é expulsado ao exterior.
O INTERCAMBIO DE GASES : prodúcese nos alvéolos pulmonares por difusión (desde onde hai máis concentración cara a onde hai menos concentrado). O osíxeno dos pulmóns, mías concentrado no alvéolo, pasa ao sangue e o dióxido de carbono, máis concentrado no sangue, pasa ao alvéolo. O intercambio de gases nos tecidos prodúcese en sentido contrario, o dióxido de carbono pasa dos tecidos ao sangue e o osíxeno do sangue aos tecidos. O sangue cargado de osíxeno, reparte o osíxeno ás células do organismo e recolle o dióxido de carbono, para levalo aos pulmóns.
ANATOMÍA DO APARELLO RESPIRATORIO
O aparello respiratorio está formado polas vías respiratorias e os pulmóns. A entrada e saída de gases pódese realizar pola boca e polo naríz.
VÍAS RESPIRATORIAS
- fosas nasais : son a entrada do aire.
- farinxe : recibe o aire a través de dous orificios e condúceo cara a larinxe. É a cavidade común ao aparello dixestivo. Aquí atópanse as amígdalas e a epiglote que impide que os alimentos entren nas vías respiratorias.
- larinxe : atópanse as cordas vocais que ao vibrar emiten sons.
- tráquea : formada por aneis de cartilaxe incompletos, conduce o aire cara os bronquios.
PULMÓNS : son dous órganos situados na cavidade torácica. Están formados polos bronquios e bronquiolos, que se ramifican sucesivamente ata formar os alvéolos pulmonares que están rodeados de ca- pilares sanguíneos. Os pulmóns están recubertos por unha menbrana dobre denominada pleura. O pul- món dereito é maior co esquerdo, xa que este debe deixar sitio ao corazón.
ENFERMIDADES DO APARELLO RESPIRATORIO
BRONQUITE : é unha inflamación da mucosa dos bronquios.
ASMA : é un estreitamento dos bronquios que dificulta a respiración.
TUBERCULOSE : enfermidade contaxiosa producida por unha bacteria que destrúe o tecido pulmonar. Pode afectar ao cerebro e aos riñóns.
ARREFRIADO, GRIPE :é unha infección producida por un virus que afecta ao nariz, á gorxa ou á larinxe.
Os compoñentes do fume do tabaco prexudican o noso corpo de diferentes modos : - a nicotina produce adicción e favorece a arteriosclerose. - o alcatrán causa bronquite, enfisema e cancro de boca, gorxa e pulmóns. - o monóxido de carbono diminue a capacidade deportiva.
A práctica habitual de exercicio físico mellora o funcionamento do aparello respiratorio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario