miércoles, 30 de mayo de 2012

o renacemento musical música 3º eso


UNHA NOVA MÚSICA PARA UNHA NOVA SOCIEDADE : O RENACEMENTO
O Renacemento é o período que comprende os S. XV e XVI. Os compositores desta época seguiron escribindo música a varias voces (polifonía), pero todo o que facían soaba moi sinxelo e natural. En 1501, Ottaviano Petrucci publicou a primeira edición de partituras a grande escala. A imprenta musical significou un paso decisivo na difusión de aprtituras por todo o mundo.
A MÚSICA RELIXIOSA
Características :  
- OBRAS INTERPRETADAS A CAPELLA : usan únicamente a voz dos cantantes  
- COMPONSE PARA 4 VOCES BÁSICAS : soprano, contralto, tenor e baixo (textura imitativa).
- O TEXTO ESTÁ EN LATÍN : que era a lingua da Igrexa.
- AS FORMAS MÁIS IMPORTANTES SON A MISA E O MOTETE
ALGÚNS COMPOSITORES DESTACADOS : Joaquín DesPrés, Giovanni Pierluigi da Palestrina,Tomás Luis de Victoria.
A MÚSICA PROFANA
A mellora do nivel de vida e a expansión urbana favorecen o crecemento da actividade musical fóra da igrexa. Os propios compositores de igrexa compuñan música para as cortes ou festas públicas. A música profana divídese en música vocal e instrumental.
A MÚSICA VOCAL DO RENACEMENTO
A musical vocal é polifónica, normalmente de 3 ou 4 liñas melódicas, cantadas polas diferentes voces.
Características da música vocal :
- O RITMO : é marcado, distinguíndose con claridade os pulsos fortes (acentos) e os débiles.
- O TEXTO : ten carácter profano e está nas linguas respectivas de cada territorio.
- A TEXTURA : é homofónica (todas as voces co mesmo ritmo din o texto á vez)
Tipos de composicións de música vocal :
- O VILLANCICO : en castelán
- AS CANCIÓNS E OS ROMANCES : en castelán, atópanse recollidos no Cancioneiro de Palacio
- O MADRIGAL : tiña textos profanos e era frecuente que tivesen cinco ou seis voces. Apareceu en Italia, pero difundiuse polo resto de Europa.
A MÚSICA INSTRUMENTAL DO RENACEMENTO
Adquiriu importancia social posto que era imprescindible para a danza e para as cerimonias públicas. Estas danzas de corte bailábanse dando pasos a rentes do chan ou pequenos saltos. Era frecuente combinalas de dous en dous, formando parella (unha lenta e unha rápida). Os conxuntos de danzas acabarían chamándose suite. Unha das danzas máis coñecidas é a branle.
O RENACEMENTO EN ESPAÑA
Este período é considerado como a Idade de Ouro da música española. A música, como a maior parte das actividades políticas e culturais do momento, vén determinada polo espírito relixioso. Destaca a principios desta época Juan del Enzina. Durante os reinados de Carlos V e Felipe II, alcanza a súa máxima plenitude o renacemento musical español (Cristóbal Morais, Tomás Luís de Vitoria, Antonio de Cabezón). Cabe destacar na España do S. XVI o auxe da vihuela (instrumento antecesor da guitarra).

OS INSTRUMENTOS NO RENACEMENTO
 - CORDA FRETADA (CORDÓFONOS) : viola da gamba, viola da braccio e a lira da braccio
- CORDA PUNTEADA (CORDÓFONOS) : laúde, vihuela, clavicémbalo, espineta, virxinal
- CORDA PERCUTIDA (CORDÓFONOS) : clavicordio
- VENTO-MADEIRA (AERÓFONOS) : frautas de pico (con bisel), chirimías, cromornos e bombardas (con lingüeta dobre).
- VENTO-METAL (AERÓFONOS) : cornetas, trompetas, sacabuche
- VENTO-MECÁNICO (AERÓFONOS) : órganos
Os conxuntos ou consorts eran agrupacións de 3 a 8 instrumentos dunha mesma familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario