jueves, 17 de mayo de 2012

FÍSICA/QUÍMICA RESUMEN TEMA 5 : CONCENTRACIÓN DAS DISOLUCIÓNS EN MOL/L, ECUACIÓN DOS GASES IDEAIS, FORMULACIÓN E NOMENCLATURA INORGÁNICA, VALENCIA DOS ÁTOMOS METÁLICOS E NON METÁLICOS, COMO SE CONSTRÚEN AS FÓRMULAS, CLASIFICACIÓN DOS COMPOSTOS, FORMAS DE NOMEAR


CONCENTRACIÓN DAS DISOLUCIÓNS EN MOL/L
CONCENTRACIÓN MOLAR OU MOLARIDADE : é o nº de moles de soluto que hai nun litro de disolución.                                             FÓRMULA :    M = n/V
M : concentración molar (exprésase en mol/litros) - n : nº de moles de soluto - V : volumen de disolución expresado en litros
EX : calcula a concentración molar dunha disolución formada por 20 g de hidróxido de sodio (NaOH) en 200 ml de auga.
- calculamos a masa molecular do soluto :          23 + 16 + 1 = 40 g/mol
- calculamos o nº de moles do soluto :           n = 20 g / (40 g / mol) = 0,5 mol
- calculamos a concentración molar :             M = n/V = 0,5 mol / 0,2 l = 2,5 mol/l

A ECUACIÓN DOS GASES IDEAIS
FÓRMULA  DOS GASES IDEAIS : P x V = n x R x T
P : presión do gas - V : volumen que ocupa - n : nº de moles do gas contido no recipiente - R : constante dos gases, vale 0,082 atm x l/ (mol x K) ou, no SI 8,31 J / (mol x K) - T : temperatura á que se atopa o gas, expresada en Kelvin.
EX : calcula o volumen que ocupa 1 mol de osíxeno (O2) a 1 atm de presión e 0ºC de temperatura.
V = n x R x T / P = 1 mol x 0,082 atm x l / (mol x K) x 273 K/1 atm = 22,4 litros
Segundo a ecuación dos gases, 1 mol de calquera gas ocupa sempre o mesmo volume, nas mesmas condicións de presión e temperatura.

FORMULACIÓN E NOMENCLATURA INORGÁNICA
A VALENCIA : é un nº enteiro que se asigna a cada elemento que nos vai dicir cantas unións pode formar ese átomo (H valencia 1 = forma unha unión con outros átomos O valencia 2 = forma 2 unións – Al valencia 3 = forma 3 unións)

VALENCIA DOS ÁTOMOS METÁLICOS
VALENCIA 1: Li, Na, K, Rb, Cs, Fr, Ag - VALENCIA 2: Be, Mg, Ca, Sr, Ba, Ra, Cd, Zn – VALENCIA 3: Al
VALENCIA 1 e 2: Cu, Hg - VALENCIA 1 e 3: Au - VALENCIA 2 e 3: Fe, Co, Ni - VALENCIA 2 e 4:Sn, Pb 

VALENCIA DOS ÁTOMOS NON METÁLICOS
VALENCIA 1 : H – VALENCIA 2 e 4 : C, Si – VALENCIA 1, 3 e 5 : N, P, As – VALENCIA 2, 4 e 6 : O(*), S, Se, Te – VALENCIA 1, 3, 5 e 7 : F(**), Cl, Br, I
O osíxeno (O) ten sempre valencia 2 (agás nuns poucos casos que non imos estudar).
O flúor (F) ten únicamente valencia 1

COMO SE CONSTRÚEN AS FÓRMULAS
Para escribir a fórmula dun composto é necesario saber a valencia dos átomos que o forman pero non é preciso coñecer que tipo de enlace forma (iónico, covalente ou metálico). Exemplos :
H (valencia 1) e Cl (valencia 1) = HCl (un átomo de cada un, un enlace de cada un)
H (valencia 1) e O (valencia 2) = H2O (dous átomos de H cun enlace cada un, e 1 de O con 2 enlaces)
H (valencia 1) e Al (valencia 3) = AlH3 (un átomo de Al con 3 enlaces e 3 de H cun enlace cada un)
Cando se unen 2 átomos intercambianse as valencias : O (valencia 2) e Al (valencia 3) = Al2O3 – O (valencia 2) e Cl (valencia 7) = Cl2O7
Se a valencia dos dous átomos é par, pódese simplificar : O e Ca = Ca2O2 = CaO – O e S (valencia 6) =
S2O6 = SO3
CLASIFICACIÓN DOS COMPOSTOS
1.- SUBSTANCIAS SIMPLES : compostos formados por un só tipo de átomos e noméanse igual cos átomos constituíntes.
2.- ÓXIDOS : compostos de osíxeno noutros elementos. Póden ser óxidos metálicos (formados pola
unión do osíxeno cos metáis) ou óxidos non metálicos (formados pola unión do osíxeno cos non
metáis)
3.- HIDRUROS : compostos de hidróxeno. Póden ser hidruros metálicos ou hidruros non metálicos (actúa cunha única valencia das que ten).
4.- HIDRÓXIDOS : compostos de metáis con osíxeno e hidróxeno. O osíxeno e o hidróxido van xuntos nun paquete e chámanse grupo de hidróxido e funciona con valencia 1
5.- SALES BINARIAS : compostos que resultan da combinación de metal e non metal (actúa cunha única valencia das que ten). Noméanse coa terminación -uro aplicada ao nome do metal.
6.- OXOÁCIDOS : compostos de non metal con osíxeno e hidróxeno.
7.- OXOSALES : compostos de metal, non metal e osíxeno.

FORMAS DE NOMEAR
Existen varios métodos para nomear os compostos (nomenclaturas) :
NOMENCLATURA SISTEMÁTICA : indícase o nº de átomos de cada tipo con prefixos numéricos : mono (1 átomo) – di (2 átomos) – tri (3 átomos) – tetra (4 átomos) – penta (5 átomos) – hexa (6 átomos) – hepta (7 átomos). EX : Fe2O3 = Trióxido de dihierro - PH3Trihidruro de fósforo - Ba(OH)2 = Dihidróxido de bario
NOMENCLATURA TRADICIONAL : nalgúns casos é a máis sinxela. Cando un átomo ten máis dunha valencia pode formar varios compostos con outro átomo (Carbono,valencia 2 e 4, pode formar dous compostos CO e CO2 – Cloro, valencias 1, 3, 5 e 7, pode formar 4 compostos diferentes Cl2O, Cl2O3, Cl2O5, Cl2O7). Nestes casos emprégase una serie de prefixos e subfixos para distinguilos :
- se hai 2 valencias diferentes : terminación –oso para a menor e –ico para a maior
- se hai 3 valencias diferentes : prefixo e terminación hipo-…-oso para a menor, terminación –oso para a intermedia e terminación –ico para a maior.
- se hai 4 valencias diferentes : prefixo e terminación hipo-…-oso para a menor, terminación –oso para a segunda, terminación –ico para a terceira e prefixo e terminación per-…-ico para a maior.
EX : FeO = Oxido ferroso -  Fe2 O3  =  Óxido férrico    









No hay comentarios:

Publicar un comentario