jueves, 2 de junio de 2011

TEMA 5 MÚSICA 2º ESO : AS ALTERACIÓNS, CLASIFICACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE VENTO, SÉCULO DAS LUCES OU CLASICISMO

AS ALTERACIÓNS
Son signos empregados para modificar a  altura das notas :
      SOSTIDO : sube un semitón a altura da nota á que afecta                                                               
      BEMOL : baixa un semitón a altura da nota á que afecta.        
      BECADRO : anula o efecto das alteracións anteriores.

TIPOS DE ALTERACIÓNS
- ALTERACIÓNS PROPIAS (constantes) : son as que aparecen colocadas ao principio do pentagrama entre a clave e o compás. Afectan (mentres outras alteracións non as anulen) durante toda a partitura ás notas situadas na liña e/ou espazo nos que aparecen as alteracións colocadas. Constitúen a armadura dunha composición musical.
- ALTERACIÓNS ACCIDENTAIS (momentáneas) : son as que aparecen escritas diante das notas. Afectan (mentres outras alteracións non as anulen) a todas as notas de igual nome e son que aparezan dentro do mesmo compás e tamén cando van ligadas ao compás seguinte.
CLASIFICACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE VENTO
VENTO-MADEIRA
- CON BISEL :  frautas de pico, pícolo ou frautín, frautas traveseiras.
- LINGÜETA DOBRE : óboe, corno inglés, fagot, contrafagot.
- LINGÜETA SIMPLE : clarinetes, saxofóns.
VENTO-MECÁNICO : harmonio, órgano de tubos, acordeón.
VENTO-METAL : trompeta, trompa, trombón, tuba.

SÉCULO DAS LUCES OU CLASICISMO
O Século das luces vai dese a 2ª metade do S. XVIII ata principios do S. XIX.
CARACTERÍSTICAS
- a música profana imponse sobre a relixiosa.
- Viena convértese no centro musical europeo.
- aumenta o público afecionado aos concertos, aos que asiste a burguesía enriquecida, e encárgase tamén moita música para tocar nos salóns da nobreza e ser interpretada por pequenos grupos instrumentais (música de cámara).
- na música instrumental as melodías son claras, con frases regulares e obxectivas, xa que a perfección da estructura da obra é a beleza ideal, polo que o contido extramusical pasa a un segundo plano.
- no xénero instrumental predomina a forma sonata, cuarteto, quinteto e sinfonía.



No hay comentarios:

Publicar un comentario