lunes, 13 de junio de 2011

RESUMEN SOCIAIS 2º ESO TEMA 12

O SÉCULO XVII : A CRISE DO IMPERIO ESPAÑOL

O FINAL DA HEXEMONÍA (DOMINIO) ESPAÑOLA
Cando empezou o século XVII, España tiña o imperio máis rico e poderoso do mundo. Pero o país tiña grandes problemas internos e conflictos con outros países. En poucas décadas, España perdeu o dominio en Europa e entrou nunha profunda crise económica e social. Neste século reinaron en España tres grandes monarcas : Felipe III (1598 – 1621) – Felipe IV (1621 – 1665) – Carlos II (1665 – 1700). O maís destacado dos seus reinados é :
- OS REIS DESTE SÉCULO DELEGAN AS TAREFAS DE GOBERNO NOS VALIDOS : os validos eran persoas de confianza do rei aos que encargaba a dirección do goberno. O duque de Lerma foi o valido do rei Felipe III e o conde-duque de Olivares foi o valido de Felipe IV.
- A GUERRA DOS TRINTA ANOS (1618-1648) : nesta guerra participaron a maioría dos países europeos que enfrontaba a católicos e protestantes. A guerra rematou cando firmaron o Tratado de Westfalia (1648), que acabou co dominio de España en Europa. Francia foi o país máis poderoso a partir de entón.
-  OS LEVANTAMENTOS CONTRA A MONARQUÍA : en 1640, coincidindo co conflicto europeo, estalla en España unha crise de grandes consecuencias (Cataluña e Portugal levántanse contra a monarquía; o resultado foi a independencia de Portugal).
- EN 1700, COMEZOU UNHA GUERRA : carlos II, o último monarca da dinastía dos Austria, morría sen un herdeiro ao trono. Comezou daquela a Guerra de Sucesión que díu paso a unha nova dinastía no trono español, os Borbóns, de orixe francesa.

OS OBXECTIVOS DE FELIPE III
- ACABAR COAS GUERRAS ABERTAS : poñer fin a crise económica do imperio – política exterior pacifista – paz con Inglaterra (1604) – Tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas
- BUSCAR A SOLUCIÓN AOS PROBLEMAS ECONÓMICOS : freo aos gastos militares – freo aos gastos da corte (festas…) – bancarrota (desastre ou ruina económica) en 1607
- APLICAR MEDIDAS RELIXIOSAS : expulsión dos mouriscos en 1609 (musulmáns españois convertidos ao catolicismo) que fixo que 275000 persoas abandonaran España, o que provocou a ruina económica e a despoboación.

OS OBXECTIVOS DE FELIPE IV
- POLÍTICA EXTERIOR DE FELIPE IV (diferente á de Felipe III) : En 1621 reiníciase a guerra contra as Provincias Unidas - entre 1618 e 1648 a Guerra dos Trinta Anos (revolución protestante no Sacro Imperio) – inicio victorioso na batalla de Nördlingen (1635)
- POLÍTICA INTERIOR DE FELIPE IV : Repartir os gastos militares entre todos os territorios da Monarquía Hispánica – reforzar o poder do rei fronte á dos territorios
A CRISE DO REINADO DE FELIPE IV
O fin da Guerra dos Trinta Anos díu comezo a unha década desastrosa para a Monarquía Hispánica
(1640):
- LEVANTAMENTOS DE DIVERSOS TERRITORIOS DA MONARQUÍA : motivados pola política centralista de Felipe IV (maior poder) – unha dura e longa guerra contra Cataluña, que finalmente vence Felipe IV (1652) – a rebelión en Portugal triunfou e proclámanse independentes.
- AS GUERRAS EXTERIORES : Francia (co Cardeal Richelieu, valido do rei de Francia Luis XIII) declaroulle a guerra a España (1635) – en 1648 fírmase o Tratado de Westfalia que pon fin á Guerra dos Trinta Anos. Este Tratado recoñecía a independencia das Provincias Unidas e significou a perda do dominio español en Europa.

O REINADO DE CARLOS II    
Carlos II accede ao trono en 1665, con 4 anos, a súa nai Mariana de Austria gobernará como rexente ata 1675 (maioría de idade de Carlos II, aínda que debido aos seus problemas mentais e físicos seguirá a súa nai e diversos validos). Entre 1665 e 1680, España vive unha época de crise económica, política e social. Entre 1680 e 1700 (morte de Carlos II), vívese o problema da sucesión, ao non haber descendencia, as dinastías europeas buscaban a súa opción de acceder ao trono español. Ao morrer Carlos II, ponse fin á dinastía dos Austrias e imponse a dinastía dos Borbóns.


A CRISE ECONÓMICA E SOCIAL
A CRISE SOCIAL
A poboación española creceu dende finais da Idade Media ata finais do S. XVI; pero no S. XVII sufriu un
retroceso (dexou de crecer) e isto debeuse a :
- AS MALAS COLLEITAS E AS EPIDEMIAS DE PESTE QUE CAUSARON MILES DE MORTES : a epidemia máis grave foi a peste de 1599.
- A EXPULSIÓN DOS MOURISCOS
- AS GUERRAS QUE OCASIONARON MOITAS MORTES
- A EMIGRACIÓN A AMÉRICA : grupos de persoas buscaban mellor vida no Novo Continente.
Como consecuencia a poboación reducíuse duns 8 millóns de habitantes en tempos de Felipe II a uns 7 millóns no ano 1700. Tamén había unha gran porcentaxe da poboación que non se dedicaba a ningunha tarefa productiva e que vivía da mendicidade e da delincuencia.

A CRISE ECONÓMICA
- CRISE NA AGRICULTURA  :  debido ás contínuas secas e inundacións.
- CRISE NA ARTESANÍA : os produtos artesáns perderon competitividade fronte aos produtos de Europa do norte que eran máis baratos.
- CRISE NO COMERCIO : perdeu importancia, ademais os reis españois endebedáronse e tiveron que declarar varias bancarrotas.

GALICIA NA IDADE MODERNA
Os Reis Católicos someteron á poderosa nobreza galega. Crearon dúas institucións presididas polo Gobernador Capitán Xeneral :
- AS XUNTAS DO REINO : formadas polo Gobernador e por un fidalgo que representaba a cada provincia galega (Santiago, Lugo, Ourense, Betanzos, Mondoñedo, A Coruña e Tui).
- A REAL AUDIENCIA : tribunal de Xustiza
Galicia non tiña nin voz nin voto nas Cortes de Castela, era representada por Zamora.
ECONOMÍA DE GALICIA
- A AGRICULTURA : desenvolveuse pola introdución de cultivos de América (millo, pataca e vide).
- AUXE DO COMERCIO MARÍTIMO : polos contactos coas colonias de América.
A SOCIEDADE GALEGA : era maioritariamente rural – os campesiños tiñan que pagar rendas (foros) aos señores.

A HEXEMONÍA FRANCESA
Luis XIV accede ao trono en 1643, pero ata 1661 gobernará o seu valido o cardenal Mazarino. Dende o Tratado de Westfalia Francia converteuse na primeira potencia de Europa. Luis XIV impuxo unha monarquía absoluta (forma de goberno na que o rei ten o poder absoluto). O rei aumentou o seu poder grazas á nobreza, a Igrexa e os Parlamentos. A monarquía de Luis XIV caracterizouse por :
- CENTRALIZAR (reunir nun centro ou baixo unha dirección común) A POLÍTICA : é dicir, unificou as leis e impostos de toda Francia.
- INTENTOU SOMETER Á IGREXA A SÚAS ORDES
- CONTROLOU Á NOBREZA
- CONVERTEU A CORTE NO CENTRO DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO E NO PRINCIPAL FOCO CULTURAL
Luis XIV foi o rei máis poderoso da súa época. Na política exterior o seu obxectivo foi aumentar o poder de Francia por dous medios :
- AMPLIAR AS SÚAS FRONTEIRAS : a costa dos países veciños como España que perdeu territorios como Flandes, Cerdeña, etc.
- FORMANDO UN IMPERIO COLONIAL : como o que tiña España. Para iso, entrou en conflictos con outros países apoderándose dos seus territorios.

AS REFORMAS ECONÓMICAS
 Luis XIV intentou mellorar a economía francesa e así aumentar os ingresos do Estado para poder gastar
 máis. Creáronse monopolios estatais para industria e o comercio, para impedir a importación. Pero esta política fracasou.


No hay comentarios:

Publicar un comentario