lunes, 13 de junio de 2011

EXERCICIOS DE GALEGO 2º ESO PARA REPASO TEMAS 8-12

7. Completa os seguintes enunciados coas palabras axeitadas en cada caso.
  Podemos aproveitar para marchar agora que non chove e hai unha _____[espazo de sol entre chuvieiras].
  A min o que máis me asusta das tormentas son os _______________ [descarga que se produce nas tormentas], non podo soportar esa luz cegadora.
  Estabamos na praia, tan ricamente, tomando o sol, pero comezou a _______________ [cubrirse o ceo de nubes] así que marchamos para a casa.
  Como di meu avó: nunca choveu que non _______________ [parar de chover].
  Saímos a pasear e a medio camiño caeu un _______________ [chuvia intensa e súbita que dura pouco], mollámonos todos coma se nos bañásemos coa roupa posta.

11.      Corrixe os castelanismos que haxa nas seguintes frases:
  Todos os concexais fan o mesmo.
  A tenda de muebles está demasiado alexada de onde vive a decoradora.
  No colexio estivemos analizando os contos por párrafos.
  Este ano aínda non nos pasaron as encuestas sobre o profesorado.
  Tivemos que chamar ao fontaneiro para que amañase o grifo da cociña.
  Déronnos para cenar dúas rodaxas de merluza con lechuga.

17.      Clasifica os predicados das seguintes oracións segundo sexan predicativos (transitivos ou intransitivos), atributivos, reflexivos, recíprocos ou impersoais.
  Ventou toda a noite. (I)
  Anabela parece unha gacela cando corre pola pista.
  Entraron no estadio dando berros.
  O meu compañeiro de piso e os seus pais chámanse por teléfono todos os días.
  Luísa peitéase sempre antes de se deitar.
  Pola noite tronou e asusteime moito.
  Sairei de Ortigueira o luns pola tarde.
  A miña irmá é artista de cine.
  Adrián xogou un gran partido o domingo.
  O pobre burro está canso.

18.      Indica os predicados e os suxeitos correspondentes no seguinte texto.

O santo apóstolo Santo André, que se atopaba naquel arredado recuncho, illado e senlleiro, andaba decote tristeiro de ver as grandes peregrinacións que de todas as partes ían a Santiago, malia as penalidades que tiñan que sufrir. En troques o seu santuario víase baleiro, a pesar de que facía tamén milagres e sandaba males que serían incurables sen a súa axuda protectora.

22.Completa co BR ou BL:
pú__ico                                  do__e
__ anco                                  a ___ andar
o__igatorio                            no __ eza
sensi __ e                              __ ando
__ oque                                  __asfemar

23.Completa con B ou V:
  A  miña  moto  ti__o  unha  a__aría  a  causa  da  forte  chu__ia.
  Unha  multitude  de  __ol__oretas  in__adía  os  campos  próximos  á  casa.
  O  a__ogado  ía  no  seu  mara__illoso  automó__il  falando  polo  mó__il.
  Miña  a__oa  le__a__a  na  _olsa  dous  paquetes  de  a__elás.
  Mo__e  ese  sofá  de  __im__io  que  lle  teño  que  pasar  a  __asoira  ao  chan  do  __estíbulo.

25.Escolle todas as series correctas.
a. emprego – aplicar – plegar – placer
b. completo – complexo – plumas
c. pleamar – plástico – soplete – pleno
d. aplacible – compricar – soplar – prantar
e. platino – exemplar – plácido – soprar
f. pregaria – compracer – cumprido – implicar
g. reclutar – aplicar – plaza – praia
h. preito – prata – expricar – aplazar
i. placa – prata – planta – praza
l. suplicar – prato – explicar – prezo

26.Sinala o elemento incorrecto en cada unha das seguintes series.
1. adscrición – descriptivo – proscrito – aceptar
2. receptor – apto – interrutor – concepto
3. ditongo – prescrición – inscripción – adscrito
4. erución – setembro – decepción – erudición
5. erupción – descritivo – concepto – septentrional
6. óptimo – anticoncetivo – proscrito – coleóptero
7. nupcial – circunscripción – réptil – imperceptible
8. trasncripción – irrupción – corrupto – precepto
9. subscriptor – ditongar – setentrional – tritongo
10. adaptar – racto – prescrito – opción

1. Escribe as palabras correspondentes ás seguintes definicións.
  Crear un índice nunha base de datos informática:
  Idear a  realización dunha cousa antes de executala:
  Desprazarse a través da rede informática:
  Dar formato a un disco para que poida executar operacións informáticas:
  Aparato que converte os sinais dixitais en sinais susceptibles de ser enviados por unha liña telefónica ou telegráfica, que se emprega na transmisión de datos a distancia (informática):
  Tecla que permite cambiar entre as diferentes funcións que pode realizar algunha das teclas do teclado dun ordenador:

3. Escribe as palabras correspondentes ás seguintes definicións.
  Que ten o cabelo de cor castaña moi clara ou dourada:
  Que ten unha cor entre castaña tirando a vermella e amarela tirando a vermella:
  Aplícase ao pelo rizado:
  Aplícase ao cabelo sen ondas nin bucles:
  Que ten o pelo ou o cabelo dunha cor entre castaña e amarela, pero tirando a vermella:

6. Indica a palabra que sobra en cada serie.
  descolorante - descolorar - decolorar - descolorir
  espuma - xaboeira - pente - rímmel
  maquilaxe - bigudí - escuma - xabón
  cutis - rulo - tesoira - descolorido
  peiteado - peruca - tesoira - descoloración.

7. Completa coa palabra axeitada en cada caso. No caso que sexa preciso escribe o artigo correspondente.
  Cando chega á casa, o primeiro que fai é despechar a ________________ que hai no portal para ler a correspondencia.
  Dende o ano 2000 está prohibida a instalación de ________________ na beira das estradas para realizar publicidade comercial.
  Puxeron un ________________ na estrada principal, con raias brancas e vermellas, polo que agora resulta doado cruzala sen perigo.
  ________________ municipais tiveron moito que limpar logo da entroidada.
  Deixei o coche no __________subterráneo e cando volvín estaba raiado por un lateral.
  No meu barrio puxeron un ________________ de vidro e outro de papel para reciclar.
  Coa chegada do outono as rúas énchense de follas e lixo polo que os ______________ rematan por atoarse e non permiten que a auga saia por eles formándose grandes charcas cando chove.

8. Explica o significado das seguintes palabras (non serven sinónimos).
  Focha                                                  –Afastado
  Ruela                                                              Guindastre  
  Chafariz
9. Escribe enunciados con cada unha das seguintes palabras nos que se vexa claramente o significado de cada unha.
  Esvaer
  Conxénere
  Irrelevante
  Pulular

1. Subliña os complementos directos das seguintes oracións e indica que tipo de unidade desempeña a función de CD.
  As galiñas levounas a raposa.
  Os concelleiros non avisaron os veciños.
  Nas festas de San Froilán comen moito polbo.
  Betanzos vive a independencia musical.
  Os deportistas galegos teñen opcións claras para conseguir catro medallas.
  Rusia firma a paz con Xeorxia impulsada pola UE.

2. Elixe a opción correcta.
A función de complemento directo pode estar desempeñada por:
a) Unha frase nominal, unha frase substantiva e o pronome persoal átono.
b) Unha frase substantiva, unha frase preposicional, unha frase adxectiva e un pronome persoal átono.
c) Unha frase nominal, unha frase substantiva, unha frase preposicional, unha oración e o pronome persoal átono.
d) Unha frase preposicional, unha frase substantiva, unha frase adxectiva, unha oración, o pronome persoal átono e unha frase preposicional.

3. Indica cales das seguintes oracións son correctas.
  Todas as mañás lávome a cara despois de levantarme.
  Afogou na praia.
  O can de miña irmá morreuse de vello.
  Antón casou cunha rapaza arxentina.
  Cando a viu quedouse abraiado do fermosa que era.
  Non se dignou vir onde estabamos nós.
  Calou cando llo mandou a profesora.
  Cando llo dixeron subiuse o pantalón.
  Imaxínate unhas vacacións no Caribe.
  Durante a carreira popular das festas da vila caínme na metade do recorrido e xa non puiden facer nada.

4. Substitúe o pronome átono de complemento directo das seguintes oracións por un enunciado do tipo que se indica entre parénteses.
  Non a volverei ver ata final de curso (frase preposicional).
       Rompeuna cun martelo e non quedou nada dela (frase nominal).
        Miña nai tróuxoos para agasallar os meus amigos (frase substantiva).
          A estilográfica que me regalou tena de prata (frase nominal).
        Antón comeunos para contentar a súa avoa (frase substantiva).
          Leveino de paseo pola mañá cedo (frase preposicional).

5.Identifica se teñen ou non complemento indirecto as seguintes oracións. Ten en conta que non todas teñen CI.
                                                                                                       Non CI             Si CI
– Hai que lle subir un pouco ao pantalón                             __                   __
– Regaloulles un xadrez aos fillos                                          __                   __
– Tiroulle a pelota á irmá                                                           __                   __
– Tirou a pelota ao aire                                                              __                   __
– O meu avó estache feito un mozo                                       __                   __
– Contou aquela historia ao público da sala                         __                   __
– O director viu a obra de teatro e dixo que era boa             __                   __

6. Completa cada oración cun complemento indirecto.
– Dedicou unha canción__________________________
– Pide o enderezo________________________________
– Ela indicou____________________________________
– Xela dixo_____________________________________

7. Escribe de novo as seguintes oracións introducido o dativo de solidariedade no lugar axeitado.
  Os meus alumnos non me obedecen como deberan
_______________________________________________________
  Esa señora non cociña nada mal
_______________________________________________________
  O rapaz ten moi mal xenio.
_______________________________________________________
  Non sei se o coñecían.
_______________________________________________________
  O meu fillo pequeno non come nada.
_______________________________________________________

8. Subliña os complementos circunstanciais das seguintes oracións e indica de que tipo son.
  Fomos onte pola mañá de excursión.  
  Na miña vila hai moitas moscas no verán.
  A semana pasada fostes pescar luras a Pedramea.
  Esta noite van cear cuns amigos de meu pai.
  Viviron naquela casa os primeiros anos da súa vida.

9. Nestas oracións subliña o suplemento e indica que tipo de unidade realiza a función de termo.
  Namorouse dun australiano.
  Sempre fala de cousas triviais.
  No cumio da terra, os políticos falaron da débeda externa.

10.      Identifica os atributos e os complementos predicativos das seguintes oracións. Pode haber oracións que non teñan nin atributo nin complemento predicativo.
  O xogador entrou moi alegre no campo.
  Esta carne é ben brandiña.
  Ese do gabán verde parece o fillo do mestre.
  O neno saíu contento do cine.
  Co vaivén do autobús, os nenos chegaron cansos.
  Iso foi o máis grave de todo.
  A máquina quedou estragada.
  Elas chegaron moi avergoñadas á nosa casa.
  O home do retrato é meu avó.

11.      Analiza as seguintes oracións.
  O meu avó construíu unha carrilana con madeiras vellas para os dous netos.
  Esa noite todas as mulleres apareceron na discoteca vestidas de branco.

1. Escolle a opción correcta:
a)    flor - influír - reflexionar - flaqueza.
b)    flor - influír - refrexionar - fraqueza.
c)    a e b son correctas.
d)    ningunha é correcta.

2. Completa estas palabras con h se o precisan.
__ectárea                  __irmán                     __ola              __impo
__emisferio               pro__ibir                    __orta             __inchar
__ata                          __armónico              alco__ol        __ombro
ex__uberante                      ba__!                          __enrique     __elena
__ipermercado                     __orfo                                    __arpa                       __ernia

3. Completa con FL ou FR.
  • Durmín  nunha  cama  con  sabas  de  __anela.
  • Meu  irmán  toca  a  __auta  na  banda  municipal.
  • Comemos  un  paquete  de  __ocos  de  millo  mentres  viamos  a  película.
  • Xela  apareceu  cun  __amante  coche  novo.
  • Vin  onte  a  teu  irmán  e  encontreino  moi  __aco.
  • Apareceu  un  home  vestido  cun  traxe  __ouxo.
  • A  __ota  pesqueira  galega  permaneceu  amarrada  no  porto.
  • O  doce  que  máis  me  gusta  é  o  __an  que  fai  a  miña  avoa.
  • Díxenlle  que  trouxera  un  pouco  de  __iame  para  comer.
  • Estaba  tan  canso  que  non  puido  in__ar  o  balón  de  praia.

4. Completa con CL ou CR.
  • Os re__utas da academia de infantería desfilaron na súa graduación.
  • Hoxe amenceu un día moi __aro, espero que poidamos ir á praia.
  • Antigamente había moitos es__avos.
  • O proceso para re__amar as notas aínda non comezou.
  • Des__avou o __avo da parede.
  • As __ases comezan ás oito e media da mañá.


5. Completa CC, CT, C ou T onde sexa preciso.
a__ión                                   redu__ión                             fru__ífero
inxe__ar                    di__ado                                 distri__o
di__ionario               condu__a                             di__adura
cole__ión                  infe__ión                              prospe__o
obstru__ión              produ__o                              fi__icio
redu__o                     tradu__or                              reconstru__ión

6. Indica as series correctas
a)    traspasar - trasladar - trastornar - traspoñer
b)    transiberiano - trasferir - transcender - transcribir
c)    transtonte - abstracto - subscritores - trasladar
d)    abstemio - trasfegar - substancia - trasmisor
e)    transpirar - subscritor - transbordar - subscrición
f)     abstrato - substrato - transcender - transvasar
g)    substancia - trastornar - transcribir - abstracción
h)   trascribir - abstrato - transcendente - transvasar

7. Sinala a forma correcta das parellas de palabras que van deseguido.
escavar / excavar                estender /extender
estrañar / extrañar               estranxeiro / extranxeiro
lexicoloxía / lesicoloxía                  excelente / escelente
sintaxe / sintase                              exceder / esceder
esclamar / exclamar                        reflexionar / reflesionar
aprosimar / aproximar                     asfisia / asfixia

8. Clasifica as seguintes palabras segundo a pronuncia do X sexa [S] ou [ks].

extremo, convexo, nexo, éxito, sexo,
paradoxo, galaxia, anexo, sintaxe, exilio,
asfixia, exótico, pasaxeiro, léxico, eixe, osíxeno

1. Volve escribir as seguintes palabras corrixindo os erros ortográficos

transladar, trasformación, transcorrer, traspaso

 sustancias, substracción, sustituír

 osíxeno, esixencia, extender, extraño, estenso

 conflicto, traducción, ficción, eleción, corrector, conducta, dicionario, dictado

2. Asocia cada estrutura coa oración que lle corresponde
Estragou o libro de matemáticas.
Avariouse o noso autobús.
O rañaceos Windsor sufriu un incendio.
Pechou as súas instalacións a fábrica de bonecas Jesmar
O presidente envioulle unha mensaxe de correo electrónico aos afectados polo derrubamento.

SUX+PRED+CD                              PRED+CD 
PRED+CD+SUX                              SUX+PRED+CD+CI
PRED+SUX
3.  Escribe de novo as seguintes oracións substituíndo os CD e CI polos pronomes correspondentes:

 O parlamento aprobará dentro de pouco o matrimonio entre homosexuais.
 O médico subministrou un tranquilizante aos accidentados.
Presentaremos dúas novas rutas aos turistas que visitan a nosa comarca.
Queremos mellores instalacións deportivas para o noso centro.
As nais e pais reclamaron á inspectora o cumprimento dos horarios dos autobuses.

4. Sinala a palabra que non é sinónima das demais:
 
  esmola
   esmorga
   diversión
   troula

5. Marca os tres sinónimos da seguinte serie:
 
 saltar
 amedrentar
 arrepiar
 estarrecer

6. Marca a palabra que non é sinónima das demais:
 
   aterrecer
   mallar
   bater
   zoupar

7. Sinala todos os sinónimos da seguinte serie:
 
bico
 adulación
 gabanza
 eloxio

8. Que palabra sobra?
 
   enfrontamento
   troula
   liorta
   rifa

9. Escolle o significado axeitado para cada expresión.
(Chamar a atención - Chegar a un acordo - Non parar quieto -  Andar de festa – Cortexar -  Moita festa)
Facerlle as beiras a alguén
Virse ás boas   
Ter un foguete no cu    
Estar de farra    
Andar coma a gaita na festa    
Festa rachada

10. Volve escribir as seguintes oracións corrixindo os castelanismos.

Vou a ver se chegaron os resultados das encuestas sobre as alerxias producidas polo polen.

Un peldaño da escaleira estaba mollado, resbalou e deu coa cabeza contra un mueble.

 Mete a basura nesa bolsa blanca e lévaa ao contenedor que está diante da casa das ventanas
vermellas.

Todavía lle doe a rodilla que mancou cando caeu na carretera.

Xa me habían dito que barnizar esta madeira non era sencillo e, efectivamente, sinto un cansancio e unha dor de espalda que non podo conmigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario