miércoles, 5 de junio de 2013

resumen sociais 4º eso imperialismo, colonización, 1ª Guerra Mundial

1. Definicións de termos e datas :
COLONIA : territorio dominado desde un punto de vista político e militar e explotado económicamente por outro estado.
METRÓPOLE : estado que explota unha colonia.
IMPERIALISMO : sistema político polo que un estado procura un dominio máis alá das súas fronteiras
TRIPLE ENTENTE : bloque que participa na 1ª G.M formado por R.U, Francia e Rusia (que abandonaría en 1917), ao que máis tarde se uniría Italia e entra EEUU
TRIPLE ALIANZA : bloque que participa na 1ª G.M formado por Alemaña, imperio austro-húngaro e Italia (que abandona por integrarse no outro bloque) e entrará o imperio turco.
1914 : comezo da 1ª G.M entre os bloques da Triple Entente e da Tripe Alianza.
1918 : remate da 1ª G.M e comezo do Tratado de Versalles.
1917 : prodúcese a Revolución comunista en Rusia (que abandona a 1ª G.M), entrando EEUU na 1ª G.M
REVOLUCIÓN DE OUTUBRO : en outubro, os soviets, impulsados polos bolxeviques, subleváronse e, dirixidos por Lenin, comeza unha Revolución comunista, firmando a paz con Alemaña e perdendo territorios para centrarse nas reformas internas.  
NAZISMO : ideoloxía política creada por Hitler na década dos 20, que triunfa en Alemaña na dos 30, con principios antidemocráticos, racistas e militaristas.
HOLOCAUSTO :  foi a persecución e o asasinato sistemático polo Estado, de millóns de xudeus por parte do réxime nazi e dos seus colaboradores.
CONFERENCIA DE BERLÍN : reunión dos países europeos en 1884 para repartirse África e Asia como un imperio colonial.
LIBERALISMO :  teoría política que defendía os dereitos naturais do cidadán, a liberdade, igualdade, propiedade, soberanía nacional e a división de poderes.
DEMOCRACIA : sistema de goberno en que os gobernantes son elexidos polos cidadáns mediante votación. Sufraxio universal.
ESTADO TOTALITARIO OU DICTATORIAL : estado cun réxime político ditatorial que, ademais de eliminar as liberdades individuais, o estado pretende controlar todos os aspectos da sociedade.

2. Emparellar feitos cos seguintes personaxes :
LENIN : fundador da Unión Sovética – o seu verdadeiro nome era Vladimir Ilich Ulianov - cría, a diferencia de Marx, que a revolución socialista era posible nun país atrasado como Rusia – volveu a Rusia en abril de 1917 e expúxolles as súas teses ós bolxeviques  - en 1917 converteuse no Presidente do Consello de Comisarios do Pobo da URSS 
NICOLÁS II : último zar de Rusia - abdicou trala Revolución de 1917 – él e a súa familia foron asasinados polos bolxeviques
TROSTKI : líder comunista soviético – desenvolveu un papel fundamental na Revolución rusa de 1917 – foi o responsable do éxito do Exército Esquerdista na guerra civil rusa - foi obrigado a exiliarse de Rusia en 1929 – en 1940 foi asesinado en México por orde de Stalin
WILSON : presidente dos EEUU – propuña os 14 puntos no tratado de paz para respetar as distintas nacionalidades e tamén a creación da Sociedade de Nacións
STALIN : dictador soviético – sucedeu a Lenin no poder en - os seus plans quinquenais promoveron a industrialización a grande escala – puxo en marcha a Gran Purga para eliminar os seus adversarios - en
1922 foi nomeado secretario xeral do Partido Comunista  
ROOSEVELT : presidente dos EEUU de 1933 a 1945 – na súa campaña electoral prometeu acabar coa Gran Depresión – converteuse nunha figura familiar para os cidadáns co seu programa radiofónico “Charlas arredor da cheminea” – a súa política do New Deal freou os efectos da crise económica – afectado de poliomielite en 1921, tivo que usar unha cadeira de rodas, pero non deixou a política 
HITLER : dicatador alemán, nace una cidade austríaca de Braunau –  en 1919 afiliouse ó partido nazi e en 1921 chegou á presidencia deste - a súa ideoloxía racista fíxolle crer na superioridade da raza aria (alemana) –  durante a súa estancia en prisión escribiu o seu libro “Mein Kampf” (A miña loita) - en 1945
suicidouse canda a súa compañeira Eva Braun
MUSSOLINI : dictador fascista italiano entre 1922 e 1945 – chegou ó poder mediante un golpe de Estado
– a partir de 1936 estreitou os lazos coa Alemaña de Hitler – en 1919 iniciou o fascismo ó fundar os Fasci di Combattimento – como Duce concentraba todo o poder nas súas mans
EINSTEIN : físico matemático nacido en Ulm (Alemaña), no seo dunha familia xudía – converteuse en símbolo do xenio científico do S. XX e está considerado o artista máis influente do S. XX – en 1921 foi galardoado co premio Nobel de física en 1933 fuxiu do antisemitismo da Alemaña de Hitler 

3. Localizar nos mapas (do imperialismo, do remate da 1ª G.M e o de democracias e totalitarismos)
Mapa do Imperialismo : En África (o máis repartido), Asia e Oceanía había colonias europeas. O R.U posuía maior número de colonias. As metrópoles foron o R.U, Francia, EEUU, Alemaña, Holanda, Italia, Portugal, Bélxica, Dinamarca e España.
Mapa do remate da 1ª G.M : - Irlanda (independízase do R.U) - Francia (amplía os seus territorios, Alsacia e Lorena a conta de Alemaña) - Austria-Hungría (divídese en Checoslovaquia, Austria e Hungría cedéndolle territorios a Polonia, Rumanía, Iugoslavia e Italia) - Alemaña (perde territorios a favor de Polonia e unha parte oriental queda dividida do resto de Alemaña) - créase a gran Iugoslavia (englobando a Montenegro, Serbia e collendo parte do Imperio austro-húngaro) - Rusia (independízanse Estonia, Lituania, Letonia e Finlandia e perde territorios a favor de Polonia) - o imperio turco (queda reducido ao que hoxe en día é Turquía pasando oriente medio á península arábiga)  
Mapa de democracias e totalitarismos : - países dictatoriais (Portugal, España, Italia, Grecia, Bulgaria, Iugoslavia, Romanía, Hungría, Austria, Polonia, Luxemburgo, Alemaña, Lituania, Letonia, Estonia)países democráticos (Francia, Suiza, Bélxica, Holanda, R.U, Irlanda, Dinamarca, Suecia, Noruega, Finlandia, Checoslovaquia)país comunista (URSS)

5. Argumentar, preguntas curtas sobre :
Causas e consecuencias económicas do imperialismo, relacionando ambas. O mesmo coas causas e consecuencias políticas e culturais.
económicas : debido as R.I, as colonias convertéronse en mercados e en espazos onde poden investir as grandes potencias, para facerse máis ricas e dominar a economía mundial. Tamén se colonizaron os territorios que ofrecían materias primas baratas para as industrias da metrópole, xerando unha dependencia económica con respecto dos países ricos, e convertíndose en países subdesenvolvidos.
políticas : a ambición de posuir máis territorios servía para aumentar o prestixio, xerando moitos gastos para manter unha administración e un exército, debido ao enfrontamento cos indíxenas. Tamén para conseguir posicións estratéxicas, creáronse fronteiras artificiais, xerando conflitos que conlevan máis pobreza
culturais : as ideoloxías racistas dos países dominantes, que se consideraban superiores, non respetaron nin as culturas, nin as relixións indíxenas, impoñendo pola forza as occidentais, que se estenderon polas colonias e faise dominate ata hoxe.
Explica causas, bloques e países enfrontandos e fases da 1ª G.M
Debido ás R.I, Alemaña e Reino Unido competían polo poder económico. As relacións entre os estados europeos estiveron condicionadas por que Francia  quería recuperar os seus territorios e porque a políti-
ca de Alemaña  quería manter a Francia illada do resto das grandes nacións. Alemaña  xunto con Austria-Hungría e Italia constituíu a Triple Alianza. Francia ante isto buscou o apoio de Rusia e, polas diferencias  económicas e políticas entre R.U e Alemaña, R.U buscou apoio con Francia e Rusia formando a Triple Entente. O momento definitivo para a causa da guerra será o asesinato do herdeiro de Austria-Hungría que lle declara a guerra a Serbia arrastrando os dous bloques. Esta guerra durou 4 anos (1914-1918) e pasou por 3 fases : a guerra de movementos, Alemaña intentou unha rápida  victoria sobre  Francia. Na 2ª fase, os frentes estabilizáronse en trincheiras provocando un gran número de mortos. Na 3ª fase, Rusia retírase da guerra en 1917, tras o triunfo da súa propia revolución e entra EEUU na guerra dos submariños alemáns, apoiando aos aliados e gañando a guerra.  
Explica tratados de paz e consecuencias da 1ª G.M
Fixéronse distintos tratados de paz con todos os países, pero o definitivo sería o de Versalles no que só negocian os países vencedores, castigando duramente a Alemaña e facéndoa culpable desta guerra. De- bido a esta guerra houbo 10 millóns de mortos ademais de feridos mutilados e desprazados; Europa quedou totalmente endebedada, dependendo de EEUU, o que levará a crise económica do 29; EEUU convértese no líder mundial, sendo o seu presidente Wilson quen propoña os 14 puntos no tratado de paz e a creación da Sociedade de Nacións; o mapa europeo sofre grandes cambios dividíndose os grandes imperios e creándose novas nacións.
Describe as consecuencias territoriais da 1ª G.M, e pon o nome de certos países que están en blanco no mapa
- Irlanda : independízase do R.U.
- Francia : amplía os seus territorios (Alsacia e Lorena) a conta de Alemania
- Austria-Hungría : divídese en Checoslovaquia, Austria e Hungría cedéndolle territorios a Polonia, Rumanía, Iugoslavia e Italia
- Alemaña : perde territorios a favor de Polonia e unha parte oriental queda dividida do resto de Alemaña
- créase a gran Iugoslavia:englobando a Montenegro, Serbia e collendo parte do Imperio austro-húngaro
- Rusia : independízanse Estonia, Lituania, Letonia e Finlandia e perde territorios a favor de Polonia
- o imperio turco : queda reducido ao que hoxe en día é Turquía, pasando oriente medio á península 
arábiga.
Causas da Revolución rusa e movementos revolucionarios
O poder absoluto do zar, as represións contra os movementos populares e as guerras por prestixio foron as causas políticas. Non se levou a cabo no seu momento a RI  polo que o gasto excesivo das guerras provocou fame e estancamento económico que seguía dependendo da agricultura.  A sociedade estamen tal dividíase en poucos nobres con gran poder económico e político, campesiños sen terras e moi explotados e grupos de obreiros (soviets) que se organizaron para protestar e conseguir melloras. A derrota na guerra ruso-xaponesa de 1905 provocou unha revolución onde os manifestantes dirixíronse ao Pazo Real para pedirlle ao Zar pan e dereitos poíticos, o que levou a unha dura represión e poucas reformas. Os que se opoñían ao zarismo promoveron a revolución de febreiro de 1917 que supuxo a caída do zar Nicolás II e o nomeamento dun goberno provisional  liderado por Kerensky que decidiu manter a Rusia na guerra. Os soviets, impulsados polos bolxeviques que estaban liderados por Lenin,  provocan a revolución de outubro de 1917, na que tomaron o poder, establecendo un novo goberno comunista e firmando a paz con Alemaña.
Comparación entre a época de Lenin e de Stalin. Cando e quen crea a URSS. Di unha república europea, outra caucásica e outra asiática
- época de Lenin (1917-1929) : Despois da saída da 1ª G.M. e o comezo da guerra civil, lévase a cabo o compromiso de guerra coa nacionalización do campo, requisando colleitas aos campesinos, provocando fame, pobreza e disminuíndo a produción. Lenin decide facer un cambio económico para aumentar a produción, establecendo a NEP onde se recoñeceu a propiedade privada tanto na industria coma na agricultura, pero o estado reservouse o control de empresas, transportes, banca, etc.  
No ano 1922, Lenin formou a URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas) agrupando as repú- blicas federais de Rusia : - Azerbaiyán (Cáucaso) – Turkmenistán (Asia) – Letonia (Europa)
- época de Stalin (1929-1953) : dictador soviético. Á morte de Lenin sucédelle Stalin que segue coa revolución de maneira autoritaria acaparando moito poder e levando a cabo unha represión feroz,  que se coñeceu co nome de purgas. No plano económico consegue levar a URSS ao rango de primeira potencia mediante os plans quinquenais  planificando a economía e suprimindo a propiedade privada con colectivizacións agrarias e granxas estatais. Ao mesmo tempo, a industria pasou ao control do Estado, convertin-
do a URSS nunha potencia económica, pero descuidando o benestar da poboación.
Especifica os nomes dos dictadores do fascismo e do nazismo e a data do acceso ó poder. Explica a ideoloxía do nazismo e compáraa co fascismo
Fascismo : Benito Mussolini (1922). Ideoloxía antidemocrática e anticomunista ríxida e moi articulada.
Nazismo : Adolf Hitler (1933). Ideoloxía antidemocrática e anticomunista – culto descomunado ao líder –
creación dunha raza superior (aria) – eliminación de todolos partidos políticos e sindicatos – exterminio de razas inferiores – creación dun espazo vital

Especifica os nomes dos dictadores do fascismo e do nazismo e a data do acceso ó poder. Explica
a política interior e exterior do nazismo e compáraa co fascismo
Fascismo : Benito Mussolini (1922). Política interior : - un líder todopoderoso – non hai liberdades individuais – un único partido – sindicatos e Estado interveñen na economía – represión. Política exterior :
- expansiva e militarista – creación dun gran exército – conquista de territorios en África.
Nazismo : Adolf Hitler (1933). Política interior : - o Estado ten todolos poderes – non hai ningún tipo de liberdades – queima do Parlamento alemán – creación de grupos violentos (SA, SS e Gestapo). Política exterior : - política de rearme e militarización – invasións (Austria, Checoslovaquia e Polonia) - incumplimento de todolos tratados (chegando a 2ª G.M)

6. Clasificación e comentarios de diapos
Obra : A danza                 Autor : Matisse                 Estilo : Fauvismo                        S : XX
Comentario : O fauvismo foi a primeira vangarda que rompe con todo o anterior e abre camiño para un
novo tipo de arte. Usan cores moi agresivas coma se fosen fieras; non copian a realidade, esta sérvelle de inspiración; elaboran unha realidade paralela  con cores totalmente arbitrarias; é unha pintura chea de alegría, optimista e pasional. Neste cadro o autor relaciona o tema co encargo, facendo unhas figuras enlazadas con debuxo curvo que baila sobre dous planos verdes e azuis. As cores relaciónanse coa simboloxía da danza (o verde coa racionalidade, o azul coa espiritualidade e o vermello coa pasionalidade)

Obra : O berro            Autor : Munch             Estilo : Expresionismo            S : Finais do S. XX
Comentario : O expresionismo convive co fauvismo e usa cores agresivas que tratan de expresar a sub- xectividade do propio artista e ao mesmo tempo o medo, a angustia e a soidade do ser humano no medio da natureza. Este cadro básase nunha experiencia propia  do artista, cando nun paseo polos fiordos noruegos sente medo e angustia no medio do mundo que o rodea. A figura do primeiro plano, en forma de interrogante que semella unha calavera, tapa os oídos e emite un berro interno ante a soidade, o medo que sinte nese momento, a pesar dos seus amigos que se ven no fondo e ante unha natureza que se ve como agresiva, con ondas fortes no mar e un ceo ameazador, usando cores planas, agresivas e curvas.

Obra : A fonte              Autor : Duchamp               Estilo : Dadaísta               S : XX
Comentario :  O dadaísmo foi un movemento moi crítico coa sociedade e coa civilización occidental debido a guerra que se iniciou neste momento. Por iso unha serie de artistas crearon un grupo chamado dada que non significaba nada, pois imita o balbuceo dun neno. Este artista crea obxectos antiartísticos como foi este urinario masculino, para demostrar a hipocresía da sociedade e a sobrevaluación da arte en artistas moi coñecidos. Él non pretende que estes obxectos sexan tomados como artísticos, pero críticos e museos os acaban considerando obxectos de alto valor representativos dun novo estilo.












  


No hay comentarios:

Publicar un comentario