AGOSTO DO 36 (Xosé Fernández Ferreiro)
En
Agosto do 36 (Premio Xerais de
1991), Fernández Ferreiro aborda o tema da Guerra Civil en
Galicia, relatando, a partir dun feito real, o "paseo" do que foi
vítima unha parella de profesores rurais, Gregorio e Sara,de
ideoloxía "vermella", nunha remota aldea da serra de Ourense, un
mes despois do alzamento militar. Na súa novela, Fernández
Ferreiro renuncia ás fórmulas automemorialísticas e á primeira persoa
para optar por un narrador ominisciente que reconstrúe, cincuenta
anos despois e a partir das testemuñas veciñais, as violentas mortes desta
parella. O autor conduce con grande axilidade ao lector pola trama da novela, e
somérxese nunha atmosfera asfixiante, de crueza e tensión, na que as paixóns
das persoas, con todas as súas vilezas, saen a flote
TEMA
: é unha obra na que se narra a situación
de Galicia durante a guerra civil española.
ARGUMENTO : Xosé Fernández Ferreiro trata de volver aos inicios da guerra civil na que os falanxistas xuran limpar España de comunistas. Introducíndose nas situacións vividas nesa época, ademais dos métodos empregados para esa "limpeza", a obra reflicte un caso concreto dos moitos que neses momentos ocorrían. A historia do libro plasma o profundo odio que sente un falanxista , Manuel o Garabís, cara a un mestre, Gregorio o Xirandón, enfrontados os dous en tempos pasados polo amor dunha muller, Sara. A cruel vinganza que leva a cabo Manuel vai máis alá do feito de que o mestre sexa comunista, así a verdadeira razón é o rancor que sente a nivel persoal contra Gregorio. A atrocidade toma forma de persoa no falanxista que se volve capaz de aldraxar, humillar e por último, asasinar a muller da que estivera e aínda está namorado. E, de feito, ela, Sara (a mestra e muller de Gregorio) unha vítima inocente que paga inxustamente o desbordamento dos sentimentos máis infa- mes levados da man polo orgullo e a vinganza que mostra a cara máis despiadada do ser humano.

RESUMEN : Os protagonistas principais son Sara e
Gregorio; un matrimonio de mestres que se coñecían dende a infancia. Esta
parella é perseguida por un grupo de falanxistas encabezado por Manuel "O
Garabís", cuxo pai estaba enfrontado dende a mocidade co pai de Gregorio,
ao que chamaban "O Xirandón". A causa do seu enfado era por mor de
que "O Xirandón" lle quitou a moza ao "Garabís". Os
falanxistas (Manuel, Leonardo, Xan, e Luís)
estaban moi interesados na captura de Gregorio pero das veces que o intentaron,
Sara díxolles que o seu home se atopaba de viaxe. Estes, fartos xa da situación,
decidiron secuestrar a Sara para que Gregorio a fose salvar e poder apresalo.
Sara foi levada á "Touza" (un lugar
afastado, de tempe- raturas moi bruscas), onde a tiveron retida.
Eles apenas baixaban á vila, xa que os alimentos que precisaban leváballos o
taberneiro Lázaro, quen estaba tan namorado de Sara que o levou a obsesionarse.
Durante unha longa e intensa semana, Gregorio non deu sinais de vida, só se
comunicaba con Sara mediante o canto da perdíz que aprendera a facer de rapaz.
Un día Lázaro díxolles aos secuestradores que vira a Gregorio na súa casa. Luís e Leonardo baixaron para asegurarse, pero alí non atoparon a ninguén. Despois, cando xa estaban de regreso na Touza, Luís oíu un ruido no monte e disparou, pensando que era Gregorio o que alí se atopaba. Manuel, nervioso por esa situación, e como o mestre non daba aparecido decidíu matar á fermosa e esbelta mestra, quen non facía máis que chamar por Gregorio. Ao rematar todo isto a rapaza quedou alí tirada no chan rodeada de sangue e eles dispuxéronse a baixar cara á aldea. De camiño atoparon a Gregorio tirado no chan morto.
Mataríase Gregorio, ou sería o disparo do "Garabís" quen rematou coa vida deste???

ESTRUTURA : é unha estrutura clásica de exposición
- nó - desenlace na que, sen embargo, o desen- lace coñécese ao
comezo, xa que a obra comeza coa nova dos asasinatos de Sara e Gregorio.
Estamos polo tanto diante un final anticipado. Con todo, o autor
consigue manter a tensión e a intriga durante
toda a obra. A obra divídese en dúas partes que, á súa vez
están formadas por capítulos moi curtos :
“O cerco” (8 capítulos)
e “A execución” (15 capítulos).
NARRADOR : atopámonos
con dous narradores que se ocupan de cadansúa parte :
Narrador testemuña (“O cerco”) :
representado polos veciños de Abades, narra desde o presente un feito que
aconteceu 50 anos antes :
- É un
relato literaturizado, pero con aparencia de literatura
oral.
-
Segue linealmente a vida de Sara e Gregorio desde
a infancia, é unha ollada introspectiva que se estende ata o momento no que
prenden a Sara.
-
Infórmanos da rencilla entre o Garabís e
o Xirandón por causa dunha muller, feito que se repite cos
seus fillos (Manuel e Gregorio
respectivamente), o que nos amosa que as causas da represión son en
ocasións persoais, non só políticas.
- Amosa
a actitude do clero diante a durísima represión, que a ignora
ou mesmo colabora con ela. Así, don Xenaro non fai nada para salvar a Sara.
- Estre narrador popular introduce elementos que anuncian o
terrible desenlace (“lúa tinxida de san- gue”).
- Nalgún
momento hai un imperfecto narrador testemuña (páxinas 79, 80,
81) que fala das conxec- turas dos veciños para
intentar salvar a Sara.
Narrador omnisciente en terceira
persoa (“A execución”) : Narra os acontecementos desde
que co- llen a Sara o día 13 de agosto ata que a matan o día 17 ás
3 da tarde, eses cinco días de angustia, de carraxe contida que
se mesturan con lembranzas de soños imposibles :
- Hai
un cambio de escenario de Abades á Touza, un lugar
caracterizado polo misterio no que Sara agoniza eses 5 días.
Só hai dous momentos nos que a acción sae do escenario da
Touza na segunda parte :
- No capítulo
XIV a acción volve a Abades para describir o ambiente que
se respira entre os veciños ante a situación na que está Sara.
- No capítulo
XVII os falanxistas van a Abades para intentar
apresar a Gregorio.
PERSONAXES
SARA E GREGORIO
LÁZARO (o taberneiro) :
o personaxe mellor caracterizado psicoloxicamente e
que vencella os dous escenarios da segunda
parte :
- Sente un
amor imposíbel por Sara, tena idolatrada. Esa visión
sublime e platónica mesturarase cos seus instintos máis
primarios cando a ve espida.
- É unha
persoa covarde que, malia a admiración que sente por Sara, non
é quen de salvala dos falan- xistas, aínda desprezándoos.
- O
seu físico lembra a don Celidonio de O
porco de pé.
FALANXISTAS : todos con caracteres
negativos (definidos
coma “desertores do arado”), seres des- prezables, cheos de odio,
amigos das armas, o que se acompaña dunha fala soez. Pero teñen diferentes
motivacións :
O Garabís, Manuel :
- O único
cunha motivación clara, aínda que iso non o xustifique, xa que
a muller dos seus soños está casada con outro e repítese a
historia do seu pai e de Gregorio.
- É de
caste ruín e está loitando a súa propia guerra,
feito do que se decatan os outros.
- Está namorado de Sara e,
aínda que diante dos seus compañeiros quere quedar coma un machote,
impide a súa violación.
- Hai
un triunfo do torturado sobre o torturador xa que a
vontade de Sara é infranqueábel, polo que está psicoloxicamente nas súas mans,
xa que ela está namorada do seu marido.
Luís : é un personaxe tipo, un
señorito convencido da ideoloxía de Primo de Rivera que defende os pri-
vilexios da súa clase social. É un personaxe ruín e
un dos seus disparos acaba accidentalmente coa vida de Gregorio, pero non se
atreve a darlle o tiro de graza.
Xan : é un home sen
vontade, sen criterio propio, que acata a autoridade do Garabís (cando se discute
se violar ou non a Sara).
Leonardo : un home “sen oficio coñecido”,
un parasito que, a diferenza de Luís, é un pervertido sexual.
Quere violar a Sara e, ao non o conseguir, oponse ao Garabís e pretende deixar
o grupo.
OUTRAS
CARACTERÍSTICAS
- Creación
dunha atmosfera de medo, terror e violencia.
- Paisaxe chea
de vida, con sentido hilozoísta : unha paisaxe rural
con alma, con espírito propio.
- Presenza abafante do sol e
da calor
No hay comentarios:
Publicar un comentario