miércoles, 5 de junio de 2013

resumen do libro O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR (Agustín Fernández Paz)

O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR (Agustín Fernández Paz)
UN RADIANTE SILENCIO
Narra a historia de Sara, executiva capaz e competitiva que busca unha pequena saída á rutina diaria cambiando a cafetería habitual pola dunha nova librería que acaban de abrir ó pe do banco onde traballa.
Cando entra por primeira vez asómbralle a cantidade de libros que había e tamén lle asombra unha especie de pequena cafetaría na que a xente toma o seu café mentres len un libro. Curiosea polos andeis e compra algúns libros que le con ansia. Tamén vai atopando polos andeis tarxetas con citas de libros, coma se fosen expresamente deixadas para ela, coma se alguén estivese a manter unha charla con ela,
co cal pensa que algún dos habituais do local pode ser o seu admirador e os seguintes días trata de descubrir quen. Xorde o namoro ás cegas, pero como non descobre quen é o seu admirador deixa de ir á libraría. Pablo, o libreiro, apesárase enormemente ao decatarse de que Sara non é tan lista como el imaxinaba e non puido descubrir que él era o seu admirador secreto e que deixando de ir lle rompera o cora- zón. Decide queimar as tarxetas que lle tiña preparadas, coma se fosen cartas de amor, para irllas deixan do días vindeiros.
A miña opinión sobre este conto é que é unha historia moi pasteleira pero á vez bastante tenra porque mostra a parte cariñosa das persoas nesta sociedade gris e negra.
AMOR DE AGOSTO
Esta historia trata dun rapaz que aos dezasete anos traballaba nun taller mecánico chamado Bordelle, en Vilarelle, que se namora de Laura, a filla do seu xefe, á cal invita a bailar nas festas de Vilarelle.  Tras bailar sepáranse do grupo de amigos e vanse á carballeira do pobo a ver a chuvia de estrelas fugaces e  liáronse, razón pola cal o pai de Laura despediu o rapaz que marchou a traballar a Barcelona co seu primo. Pero non se esqueceu de Laura e escribíalle cartas. Moitos anos despois Laura mandoulle unha última carta que dicía que deixase de mandarlle cartas, pois o seu prometido podería decatarse e ela non quería que tal cousa sucedese. Despois de moitos anos voltou ao pobo pero ela xa estaba con outro e xa queimara as súas cartas. Agora….casado e con fillos volve só outra vez a Vilarelle á carballeira onde descubriu o seu primeiro amor para queimar as cartas nas que puxera tanto cariño e aprezo.
A miña opinión sobre este conto é que se pode sacar unha gran lección coma non renderse nunca, pero coa parte negativa, que neste caso é que se non te rendes e é un amor non correspondido, 
arráncanche o corazón e patéancho  ata que pareza unha uva pasa.
O conto tamén nos presenta o panorama da emigración dentro do Estado: o asentamento e creación dunha familia noutro lugar, a falta de raíces da parella e dos fillos na terra, o esforzo do emigrante saudoso por manter algún lazo, aínda que sexa remoto, co lugar onde naceu.
 ESTA ESTRAÑA LUCIDEZ
O que conta a historia é un can, Argos, e conta que todalas noites ve coma o seu amo olla as ventás da casa dunha muller. Lembra cando o seu amo a coñeceu paseando cun can e namorárase d' Ela o día que a viu lendo un libro sentada nun banco da praia. Esquecíase algo do seu can pero él estaba felíz posto que seu amo tamén o estaba. Pero un día o dono xa non volveu con ese brillo nos ollos; é máis veu moi triste e meteuse no seu cuarto. O can consolouno moito naqueles difíciles días pero os paseos eran máis curtos e pouco divertidos. O amo provou sorte con outras tres mulleres pero non puideron reemprazar o espazo baleiro que deixou aquela moza no seu corazón. Un día foron a vila na que nacera, e despois de comer foron en busca dun lugar que o seu amo recordaba de pequeno. Cando se dispuñan a volver a casa comezou a chover, montáronse no coche, tronaba e chovía con moita intensidade e non se vía ben, só puido ver unha brillante luz acercándose ao coche que terminou coas súas vidas. Agora son fantasmas e teñen que vivir un ano no mundo dos vivos, el mira o seu amo que supervisa todos os movementos da rapariga da que estivera namorado, o fox terrier dela intenta cheiralo mais non pode velo nin el pode ladrar. Hoxe acabase o ano do que dispoñen para estar no mundo dos vivos, o can mira como o seu amo vai desaparecendo entre a néboa.
Este conto gustoume moito en especial pola ficción de que despois de morrer se pode seguir sentindo e porque, á parte diso, a historia pareceume mellor enfocada dende o punto de vista do can que se a tivese contado o amo.
UNHA HISTORIA DE FANTASMAS
A narradora acórdase de cando, facendo o camiño de Santiago dende Pamplona, un señor contoulle, mentres estaban nunha velada nocturna dunha posada, o conto dun accidente de coche que deixou viúva a unha muller. No hostal xa ben entrada a noite un compañeiro de viaxe decide que sería divertido contar historias e cada un conta unha ou algunhas rimas dalgún libro que lles gustase. Entón un home conta a
traxedia que sucedeu alí a menos dun quilometro. Era a tráxica historia dunha parella que casara hai pouco,  e que nunha noite, volvendo en coche por unha estrada e cruzando por esa ponte, o marido perdeu o control do vehículo por culpa dunha mancha de aceite que deixara o camión facía unhas horas. O marido morreu no acto pero a súa muller logrou salvar a vida. Despóis daquel tráxico suceso a pobre muller estaba triste todo o día e, as veces, con calquera ruido facíase a ilusión de que o seu marido seguía na casa. Refuxiouse na lectura e pasou bastante tempo buscando un libro de segunda man que lle regalara o seu home do mesmo autor que o poema da nosa protagonista. Pero un bo día, despóis de comer cos seus páis, ocultando a tristeza que seguía tendo, volveu a casa e esta estaba impregnada do olor do perfume do seu marido. Este cheiro facíase moito máis forte no seu dormitorio onde atopou o seu libro, pero o máis curioso e que tiña a sensación de que non estaba soa na casa a parte do seu can. Despóis da fantasmagórica historia de este home todos marcharon para cama e a nosa protagonista quedouse coas ganas de preguntarlle un montón de cousas. Á mañá seguinte agardou bastante rato a que o home ao que buscaba saíse pero no foi así. Preguntoulle ao dependente sobre o accidente que lle contara e iste respondeulle e trouxolle os periódicos que relataban a historia, posto que ese mesmo día abriran o restaurante. Non tardou en atopar a noticia na que aparecían unha foto do accidente e outra do home que perdeu a vida. Era o mesmo que lle contara a historia.
Este conto non me gustou moito porque non fun capaz de palpar o sentimento de desamor e pena.
RÍOS DA MEMORIA
 Conta a historia dunha parella que ían de viaxe camiño de Bilbao.  María, obriga o seu marido a desviarse para visitar a vila onde vivira de pequena.  Alí recordou a súa adolescencia, onde coñecera ao seu primeiro amor, o río no que se bicou con él e do que tivo que despedirse, porque a vida a obrigou a separarse del. Busca o río, pero xa non existe, desapareceu canalizado. Todolos lugares estaban só na súa memoria posto que as construcións que fixeran na súa ausencia destruíran eses lugares.   
Este conto apenas me gustou non me chegou de todo ningún sentimento de pena ou frustración.
LOANZA DA FILATELIA
Este conto trata dun home chamado Ernesto que coleccionaba caixas de mistos desde cativo e que casou cunha fermosa  muller chamada Margarita Vilar. Tiña a costume de coleccionar caixas de mistos de todo tipo. Cando casou no 79, a muller non lle puxo mala cara; mais comezou a vela con malos ollos cando decidiu que lle estorbaba na casa. Por culpa dunha  pequena liorta que tiveran, as caixiñas trasladáronse ata o escuro armario de abaixo. Ao cabo duns anos, Ernesto morreu aos 59 anos dun infarto e en nadal,  a súa muller decidiu queimar toda a colección porque lle parecía que non valía para nada... sen saber que tamén queimaba un magnífico diamante de vinte e catro quilates engarzado no anel de ouro branco" que tiña pensado regalarlle nas vodas de prata.
 Na miña opinión este conto á par que corto de paxinas é curto de sentimento aquí non se palpa nin amor nin desamor non se sente nada cando les esta historia.
UNHA FOTO NA RÚA
Daniel atopa tirada nas rúas de Vigo unha foto de carné dunha muller moi guapa, detrás da foto pon solo o nome de Diana. Namórase da moza e comeza unha busca desesperada. Diana é unha administrativa que se dedica a viaxar dende que lle tocara a lotería. Xoga a deixar oito fotos en cada cidade que visita coa ilusión de que, se cadra, alguén que as atope se entreteña en imaxinar historias. Pasa un mes bus- cándoa por todas partes pero non a encontra polo que se da por vencido. Despois o narrador é a propia Diana que conta que vai subirse a un vagón de volta a casa e tirar a derradeira foto, despois dunhas vacacións, xa que desde que gañara a lotería dedicárase a viaxar.
Este conto é o meu favorito porque se pode sentir a frustración de Daniel fronte a desesperación de non atopar a Diana e o seu sufrimento.
MEDITACIÓN ANTE O ÁLBUM DE FOTOS FAMILIAR
Fala do preludio de outro libro de Agustín Fernández Paz no que un home narra a súa infancia e adoles-
cencia xunto coa súa familia en especial coa súa tía e os seu curmáns en verán no pazo da súa avoa en Vilalba. Co paso dos anos as familias fóronse distanciando comezando coa morte da avoa co que a súa tía herdou o pazo. Máis tarde e ca morte desta tía repartíuse o diñeiro entre os curmáns que xa non tiñan a mesma amizade que de cativos. O noso protagonista xá casado e con dúas fillas quixo quedar co pazo que tan bos recordos lle trouxera e restaurouno co apoio da súa filla Rosa. Pero case ao rematar, descobre entre dous tabiques, un esqueleto cunha bala no cranio.  Mirando o álbum familiar, o narrador tenta ver os ollos do asasino. Na novela, o tema desenvólvese dende a perspectiva da neta do asasino.
Esta historia non me gustou moito pero tampouco me desgusta, a verdade é que o do asasinato me chamou moito a atención pero non se nota ningún indicio de drama en ningún momento da historia.
DESPOIS DE TANTOS ANOS
Elvira, recibe a chamada da sua filla para dicirlle que Adrián, un antigo mozo, morrera e traían o cadáver desde Barcelona ata Mondoñedo pero a anciá non quixo ir.
É entón cando recordamos o seu pasado. Elvira sempre saía coa súa curmá Carme e era moi amiga de Adrián que o coñecera nas festas de San Lucas en 1964. Pero Elvira estaba saíndo con Suso, un rapaz cinco anos maior ca ela que xa rematara a mili e quería un plan de futuro con ela. Os seus país estaban de acordo porque proviña dunha familia rica e era bo rapaz. Pero Elvira non estaba tan segura, aínda era unha rapaza moi xoven e quería seguir saíndo coa súa prima polas festas dos pobos. Pouco despóis, recibe un paquete cun libro de poesía, unha carta e unha foto de Adrián expresándolle os seus sentimentos. Escribíronse 15 cartas e a rapaza estaba cada vez máis confusa sobre a súa situación ata que falou ca súa nai,quen non foi moi amable con ela, e decidiu deixar de contestarlle. Ao final casou con Suso e mu- dáronse a Ferrol onde el traballou no porto.Pero máis tarde chegaron momentos de crise; malia que xa tiñan fillos e tiñan aforros, Suso desesperouse cando o despediron e non paraba quieto na casa; sempre fumando e fumando ata que aos 59 anos sufriu un infarto que acabou ca súa vida. Pouco despóis morreron tamén os seus país e Elvira herdou a casa do pobo onde grazas a unha das súas fillas atopou unha caixa onde gardara algúns recordos da súa adolescencia, encontrou un exemplar das Rimas de Bécquer  que Adrián lle regalara xunto cunha foto e non pode evitar pensar que puido haber tido unha vida moi distinta con el. 
UN RÍO DE PALABRAS
Ao protagonista gústalle moito ler e compartir a súa lectura, entón ten a idea de copiar anacos, dos que para él son os mellores textos, e pégaos por todas as partes da cidade coma se fosen anuncios e, en lugar de poñer un teléfono nun papeliño abaixo para arrincar, él ponlle o nome do libro e o autor ao que pertence o anaco do texto. Fai isto repetidos días con textos diferentes e da resultado posto que ao cabo duns días outras persoas empezaron a facer o mesmo qua él, as rúas están repletas de papeis nas paredes dos edificios. Entre estes imitadores espera atopar o amor da súa vida

                                                           VALORACIÓN PERSOAL
Este libro é sen dubida algunha o que máis me gustou de todos os libros de galego que teño lidos este curso e os anteriores. É un libro de dez relatos relacionados co amor. Na meirande parte deles trátase de amores perdidos, ou amores que quedaron en nada, son relatos tan precisos como tristes. A verdade é que case todos os relatos, son moi bonitos pero de elixir un quedaríame con : Esta estraña lucidez ou o primeiro : Un radiante silencio.  Os finais deste libro son tristes a maioría, os personaxes en vez de ter a- postado decididamente polo amor confórmanse co orgullo de telo vivido nalgún momento. Os personaxes son variados, dende persoas a animais, algúns con nome e outros sen el, vivos e mortos…
Despois as ilustracións de Pablo Auladell, non me gustaron, sei que son imaxes que teñen que gardar sentido co libro mais, parécenme frías e escuras, e moi raras ás veces, aínda que eu non entendo nada de arte.
ANÁLISE DO LIBRO
As voces empregadas nestas historias son distintas : catro, nunha terceira persoa omnisciente, obrigada e necesaria para a sorpresa final; cinco, nunha primeira persoa (coa perspectiva repetida de mulleres), presididas pola nostalxia e, en certos casos, por unha fonda tristura; e mesmo un relato estrañado na voz dun can (de nome case simbólico, Argos) que pousa a súa ollada na historia do amor do seu amo, curiosamente nun dos relatos de sabor máis fantástico e de pegada case cinematográfica.
Todas estas distinguidas voces tentan describir, na meirande parte dos casos, unha historia que non foi. Un relato alternativo á propia vida, sustentado só pola memoria dun amor eterno, creado nun intre da existencia. “Un radiante silencio”, cunha relación que non chega siquera a formularse (si en literatura, claro está), que fica en imposibilidade que atormenta á protagonista; “Amor de agosto”, construida a partir da memoria permanente dun bico nunha noite de festa; “Río da memoria”, que describe a vila da infancia (“afogada sen remedio no río do tempo”) visitada fugazmente por unha muller despois de tantos anos, cuxo pasado aparece cifrado nun regato, esceario de amores xuvenís, agora xa oculto e desaparecido; ou “Meditación diante dun álbum de fotos familiar”, que resume unha vida familiar en torno a un pazo en días de verán, sen apenas anécdotas relevantes (agás o final Poe, que non desvelo) e que, sen embargo, constitúe unha descripción concretísima do paso do tempo. O relato, de título ben significativo, “Despois de tantos anos”, representa, entre todos, o exemplo máis claro desa constante historia que non foi na boca dunha muller que decide unha vida rutinaria, mentres outra, de amor apaixoado, fica só na lembranza nostálxica dun libro de poemas de Bécquer ou dun baile nas san Lucas de Mondoñedo.
A morte forma parte do esceario narrativo. En non poucas historias, a súa presencia faise tanxible. Os párrafos últimos de “Meditación diante…” refiren unha a unha as constantes desaparicións dos membros da familia, como se o retrato dese álbum fose esvaecéndose, do mesmo xeito das figuras do conto “Esa estraña lucidez”. Os accidentes de coche tamén se repiten, algúns con fantasmas que contan á súa vez relatos de fantasmas, como no estraordinario “Unha historia de fantasmas”, cunha estructura clásica de conto case folclórico contado en torno a unha mesa ao calor do lume, incluso co contexto do camiño de Santiago para realzar a fantasía. Esa presencia da morte, mesmo, reserva unha sorpresa definitiva, capaz de reconstruir, como nos casos anteriores, unha vida que non foi: o relato “Loanza da filatelia”, o máis breve de todos, maxistral na súa densidade e na súa resolución sorprendente, é un bó exemplo de como as historias só cobran sentido pleno despois mesmo da propia morte.
Un dos elementos característicos deste libro de relatos é o amor polos libros (e polas palabras que viven dentro deles) ou polos obxectos cargados de sentimentalidade e recordos (caixas e esqueletos). As citas son abundantes e constrúen mesmo o propio relato. “Despois de tantos anos” sería inexplicable sen as Rimas y leyendas de Bécquer; “Un río de palabras” coloca textos concretos (Rivas, o querido Auster, Kafka, Valcárcel) como protagonistas do relato final, en forma de apoteose da literatura. “Un radiante silencio” só pode comprenderse no contexto dunha librería. “Unha historia de fantasmas” comeza co ensalmo duns versos de Valente que precisamente falan de morte, da impresencia. O poema de Xulio Valcárcel, “Outro poema dos dons”, sublima o amor máis alá da morte no relato “Esa estraña lucidez”, ao quedar como último recordo do can que, coma un fantasma, ve desaparecer a súa propia vida. Unha nota final proporciona ao lector as claves precisas sobre este particular, pero o importante reside en que tales libros, versos, palabras constrúen este mundo. Non sei se foi a propósito, pero no primeiro relato as palabras acaban queimadas polo lume dos mistos (un motivo repetido noutro relato) e no derradeiro as palabras aparecen espalladas a xeito de proclamación universal do seu poder creador.
AFP é autor vencellado á literatura xuvenil: os seus libros son devorados polos mozos porque están construidos cunha sinxeleza e cunha eficacia narrativa extraordinarias. Este libro tal vez sexa considerado nesa liña, porque desde un punto de vista editorial, se cadra coas ilustracións (magníficas por outra parte), pode dar a impresión de libro para a mocidade. Non adiviño a intención da editora, pero é evidente que é un libro que non debe ser esquecido polos adultos. AFP compón un retrato por veces terrible do paso do tempo: terrible por melancólico, por trazar vidas que puideron ser e ao cabo non foron. “O único que queda é o amor” declara o título: estimo que AFP quere crer que coas palabras así pronunciadas conxura ao tempo e á morte. Pero da lectura dos seus textos, eu creo que o único que queda (afortunadamente) son as palabras, as súas palabras. E moita nostalxia, moita tristura, moita melancolía.



 








No hay comentarios:

Publicar un comentario