1.- En que se
diferenzan o tempo de traballo do de descanso e ocio?
O tempo de traballo é o que empregamos en cubrir as
necesidades materiais das persoas. O tempo de ocio cubre necesidades non
materiais, pero tamén importantes para o desenvolvemento físico, mental e
emocional das persoas. O tempo de descanso en cambio serve para repoñer forzas
para as outras dúas actividades.
2.- Que significa
actividade produtiva? Están todas retribuídas? Quen e en que adoita realizar traballos
non pagados?
A actividade produtiva é toda acción que permite atender
ás nosas necesidades. Case todas están retribuídas (reciben un salario), sin
embargo os traballos que se realizan nos fogares, no campo ou en empresas
familiares, non o están. As mulleres (nas tarefas domésticas), as persoas
maiores (cuidando os netos ou colaborando nos negocios familiares) e os minores
de idade ou xóvenes (cuidando dos irmáns pequenos ou colaborando nos negocios
familiares) son os que adoitan realizar traballos non pagados.
3.- Como eran as
condicións laborais durante a industrialización e cales eran as causas desa situación?
Como conseguiron mellorarse?
Eran moi duras, porque as xornadas laborais eran moi
longas, incluso superiores a 12 horas. Tamén eran duras as condicións de
traballo e os salarios eran baixos, pois a oferta de man de obra era moi
elevada.
Melloraron aumentando o número de traballadores e
xurdiron grandes organizacións co obxectivo de loitar por mellorar as
condicións laborais e salariais. Gracias a iso, lográronse importantes
conquistas das que se benefician hoxe millóns de traballadores en todo o mundo.
4.- Que significa
que o traballo é un dereito? En que medida pode exercerse e a quen hai que reclamalo?
Todo o mundo ten dereito a satisfacer as súas
necesidades, para o cal é preciso traballar, polo tanto o traballo é un dereito
e unha obriga moral. Dependendo da lexislación de cada país, a poboación pode facelo
entre determinadas idades. En España é dos 16 anos ata os 67, aínda que pode
variar segundo as profesións (60/63 ou chegar ata os 70). Hai que pedirlle ao
estado que promova o crecemento económico xa que regula a economía e a política
económica facilita o crecemento, polo tanto o estado debe repartir a riqueza.
5.- Pon exemplos
de persoa activa, ocupada, desempregada, autónoma e inactiva, explicando en
cada caso as circunstancias pola que o son.
Miña nai é unha persoa activa porque está en idade e
condicións de traballar. Meu pai é unha persoa ocupada porque ten un emprego. O
pai de Marta é unha persoa desempregada porque está a buscar traballo. O xefes
da miña nai son persoas autónomas porque teñen un negocio propio. Miña avoa é
unha persoa inactiva porque está xubilada.
6.- A que grupo
da poboación pertences? E os teus país? E o teu profesor? En que sector
traballan os teus país e o teu profesor?
Eu pertenzo a poboación inactiva. Os meus pais e o meu
profesor pertencen a poboación ocupada. A miña nai traballa no sector terciario,
no comercio e o meu profesor tamén, na educación e o meu pai no sector
secundario, na construción.
7.-Que diferenza
hai entre as taxas de actividade de home e mulleres en España? A que se debe?
Aumentou notablemente a taxa de actividade feminina. As
mulleres sufrían un paro moito maior co dos homes ata que chegou a crise e o
igualou.
8.- Que quere
dicir que o traballo é unha mercadoría? Quen o compra e quen o vende?
Significa que o traballo está sometido á lei de oferta e
demanda, é dicir, se hai moitos traballadores para un traballo os salarios
serán máis baixos, e se se precisan moitos traballadores, os salarios serán
máis altos. Polo tanto as empresas compran traballo e os traballadores véndeno.
9.- Quen regula o
mercado de traballo? En que aspectos? Por que? Que fixeron os traballadores
cando ninguén se ocupaba dese asunto?
O estado é o que regula o mercado de traballo,
establecendo un salario mínimo e unha xornada legal máxima para que non haxa
explotación laboral, pero as leis non sempre se cumplen. Por iso os
traballadores mantiveron duras loitas contra os abusos dos empresarios e para
poder negociar con eles, asociáronse nos sindicatos.
10.- Que
caracteriza o mercado laboral respecto ás mulleres? Por que?
As mulleres cobran menos salario cos homes, aínda que
realicen a mesma tarefa. Existe unha gran desigualdade de oportunidades que
favorece aos homes en detrimento das mulleres. Eles ocupan postos de
maior responsabilidade, prestixio e maior salario. Isto
pásalles por tradición, porque as mulleres aínda acaban de chegar ao mercado
laboral, por dobre carga, as mulleres asumen a maior parte do traballo
doméstico e non poden ter adicación plena á actividade laboral porque non teñen
tanta disponibilidade
coma os homes.
11.- Que é a
temporalidade no emprego? Que vantaxes e inconvenientes ofrece o empresario e
traballador? A quen afecta en maior medida?
A temporalidade no emprego é cando un traballador ten un
contrato temporal (por meses, días horas), sáelle máis barato ao empresario,
pois paga menores salarios que aos traballadores que teñen contratos
indefinidos e ademais o empresario pode despedilos con maior facilidade. Polo
tanto, afecta en maior medida ao traballador.
12.- Que é o
desemprego e que circunstancias o incrementan? A que sectores afecta máis e por
que?
O desemprego é unha situación na que non hai postos de
traballo para un sector da poboación activa e increméntase debido a crise, xa
que as empresas e algúns mecanismos están funcionando mal. Os sectores máis
afectados son os traballladores de baixa cualificación laboral, estranxeiros
irregulares e mozos que buscan o seu primeiro emprego, porque as empresas
reducen custos reducindo a man de obra.
13.- Que
significa estado de benestar? Que necesidades atende? Como se financia? En que
principios se basa?
O estado de benestar é unha loita para conseguir dereitos
sociais, laborais e políticos e os gobernos teñen a obriga de mellorar as
condicións dos cidadáns e proporcionarlles a asistencia social básica (sanidade,
educación, pensións, seguros sociais, etc) que se financian cos impostos que
pagan os cidadáns. Todos pagan e reciben, pero pagan máis os que máis teñen e
reciben máis os que menos teñen.
14.- Que é a
economía somerxida? A que intereses obedece? A quen perxudica?
A economía somerxida é unha actividade económica que
escapa ao control do Estado e mantén aos traballadores como ilegais, sometidos
á única decisión do empresario. Esta situación produce un importante fraude
fiscal, polo tanto o Estado deixa de ingresar importantes cantidades de
retencións e impostos cos que mellorar a cobertura social da poboación
traballadora.
15.- Que é a
sociedade dos tres terzos e a que tres sectores sociais se refire? Cales son as
causas desa situación?
A sociedade dos tres terzos é a división da sociedade en
3 grupos en función da calidade do emprego. Un tercio son os que teñen empregos
estables e ben retribuídos, o segundo tercio son os que teñen empregos máis ou
menos estables e o terceiro tercio son os que quedan excluídos do mercado
laboral (mendigos, inmigrantes ilegais, desempregados de longa duración sen
paro, etc.). Debido a situación actual, de relativa crise do estado de benestar,
resulta improbable que os estados poidan garantir a todos os cidadáns dignas condicións
de traballo e subsistencia.
16.- Que son os
dereitos laborais? Desde cando e como se regulan?
Os dereitos laborais son os dereitos que teñen os
traballadores e foron conquistados ao longo dos dous últimos séculos, nunha
loita contínua deses traballadores e de moitos países, organizados en
sindicatos.
Eses dereitos laborais están recollidos na lei e polo
tanto teñen protección xudicial e ademais no S. XX foron recollidos en tratados,
declaracións e leis internacionais.
17.- Enumera os
principais dereitos sociais relacionados co traballo.
Os principais dereitos sociais son o dereito a seguridade
social, dereito a liberdade de traballo, dereito a non discriminación laboral,
dereito a un salario digno, dereito a sindicalización e dereito a ter cubertas
as súas necesidades básicas.
18.- Que é o
subemprego? A quen afecta máis e porque?
O subemprego é a situación na que unha persoa desempeña
un traballo de inferior estima social, e de menor retribución que a que lle
tiña que corresponder pola súa cualificación. Afecta máis aos mozos e mozas,
porque a falta de postos de traballo adecuados fai que desempeñen traballos
inestables e cun baixo salario (contratos lixo).
19.- Cales son os
dereitos específicos dos nenos e nenas e porque non deben traballar? Onde se
vulneran eses dereitos?
Os dereitos dos nenos e nenas son que deben ser
protexidos contra toda forma de abandono,crueldade e asoballamento,non serán obxectos
de comercio ou trata e non deberá permitirse que traballen antes dunh
idade mínima.Vulnéranse eses dereitos cando os menores
realizan tarefas de adultos,traballos prohibidos tanto porque non teñen idade
legal como pola actividade, inadecuada polo esforzo ou polas condicións.
20.- En que
traballan nenos e nenas? Por que traballan e con que consecuencias?
Uns traballan coa familia, facendo labores domésticas, no
campo, no comercio, etc. Moitos son empregados en talleres artesanais,
traballando ata 10 horas. Outros son cedidos polos seus pais a propietarios a- grícolas,
como pagamento de débedas ou a cambio de comida. Outros son abandonados e teñen
que sobrevivir nas rúas facendo todo tipo de traballos, pedindo ou roubando. No
caso da explotación infantil nos talleres e fábricas, o seu reducido salario serve
para axudar a súa familia, pero perxudica á poboación ac-
tiva porque elimina postos de traballo que deberían ser
ocupados por adultos.
21.- Que son e
onde están as ZIE? Por que se instalan nelas as empresas multinacionais? Quen
traballa nelas e en que condicións?
As ZIE son zonas francas industriais nas que se favorece
a instalación de empresas multinacionais ás que se lles libera determinadas
cargas fiscais. A esas empresas ofréceselles a posibilidade de explotación dos
traballadores, xa que nesas zonas permíteselles facer o que non poderían facer
normalmente. Case sempre contratan a mulleres, porque realizan a mesma función
que os homes cobrando menos.
22.- Que é un
sindicato? Cal é o seu labor? Cando e por que xurdiu o sindicalismo moderno?
Os sindicatos son organizacións de traballadores que
teñen como onxectivo a defensa dos seus intereses, en especial os relacionados
co salario, a xornada laboral e as condicións do traballo. A súa orixe está no
S. XIX coa creación de sociedades de socorros mutuos; os fondos procedían das
cotizacións dos beneficiarios. Posteriormente, os obreiros formaron sindicatos
por oficios (Trade Unions) que foron fusionándose ata formar grandes
organizacións nacionais e internacionais.
23.- Cales son os
principais sindicatos en España? Nomea tamén as dúas patronais máis importantes.
Os principais sindicatos son : Unión Xeral de
Traballadores (UXT) – Comisións Obreiras (CCOO) - Confederación Intersindical Galega
(CIG)
As patronais máis importantes son : Confederación
Española de Organizacións Empresariais (CEOE) – Confederación Española de
Pequenas e Medianas Empresas (CEPYME)
24.- Explica os
logros máis relevantes dos sindicatos. Son respectados sempre e en todas
partes?
Os logros máis relevantes son : O recoñecemento legal dos
traballadores a asociarse – a limitación da xornada laboral – o establecemento
dun salario mínimo – a regulamentación da idade máxima e mínima para traballar –
o dereito a xubilación – dereito a un día de descanso semanal e varios de
vacacións anu ais – recoñecemento ao dereito a folga – cobertura social ao
desemprego e a asistencia a colectivos desfavorecidos. Non sempre se cumpren,
sobre todo cando hai réximes autoritarios ou en economía somerxida. Son
conquistas que poden retroceder en épocas de crise e están permanentemente
ameazadas.
25.- Como se
negocian as condicións laborais? Que medios de presión utilizan cada parte?
Cales son os dereitos dos traballadores neste asunto?
O máis habitual é que periodicamente representantes dos
empresarios e dos traballadores de cada sector e os colectivos profesionais
negocien as condicións de traballo e revisen salarios, asinando un acordo que
se coñece co nome de convenio colectivo. Cando as dúas partes non chegan a un
acordo, prodúcese unha situación de conflito na que todos fan presión para
tratar de impoñer os seus criterios. As principais formas de exercer presión
son a folga, por parte dos traballadores e o lock-out ou pechamento da empresa,
por parte dos empresarios.
26.- traballo –
descanso – ocio – actividade produtiva – traballo remunerado – traballo doméstico
– dobre carga – mercado laboral – xornada laboral – salario
A incorporación da muller ao mercado laboral, supón para
ela unha dobre carga, xa que a súa xornada laboral prolóngase ao ter que
realizar o traballo doméstico, sen recibir salario, e ten que compaxinalo co
seu traballo fóra da casa. Así é, que con tanta actividade produtiva, a muller
ten ben merecido o seu tempo de descanso e de ocio.
27.- desemprego –
estado de benestar – economía somerxida – sociedade dos tres terzos
Unha das funcións do benestar é a de dar cobertura social
ao desemprego. Pero debido á economía somerxida, que provoca un importante
fraude fiscal, os seus beneficios non alcanzan a todos os traballadores, encamiñándonos
así á sociedade dos tres terzos.
28.- dereitos
laborais – subemprego – explotación infantil – zona franca
Os incumplimentos dos dereitos laborais, son o subemprego
xuvenil, a explotación infantil e a explotación do traballo feminino, como na
ZIE. A ZIE é unha zona franca onde o estado favorece a instalación de empresas
multinacionais liberándoas das cargas fiscais, permitíndolles así, facer o que
non poderían facer normalmente.
29.- sindicato –
patronal – negociación colectiva – folga
Para defender os intereses dos traballadores, o sindicato
e a patronal deben manter unha negociación colectiva e deben chegar a un
acordo. Se non é así, pódese producir unha situación de conflito na que todos
fan presión, que pode ser en forma de folga, por parte dos traballadores.