lunes, 13 de febrero de 2012

resumen relixión 3º eso as relixións monoteistas

AS RELIXIÓNS MONOTEÍSTAS
O XUDAÍSMO (S. XIX a. C.)
DEUS ÚNICO : Iavé (Deus revela o seu nome a Moisés). O Deus dos xudeos é un Deus que : - elixe un pobo fai unha alianza fala polos profetas promete un mesías
ORIXES DO XUDAISMO  
Abraham, patriarca que naceu en Ur de Caldea, ao sur de Mesopotamia (actual Iraq), e por orde de Deus emigrou a Canaán. Abraham é o elexido por Deus para guiar a seu pobo. Renóvase a alianza con Moisés que liberou a Israel da escravitude de Exipto. Deus prometéulle a Israel, por medio de Abraham, darlle unha terra, un país. Este país é a actual Palestina ou Israel.
OS LIBROS SAGRADOS
Biblia Hebrea = TANAKA, palabra formada polas tres partes da que está formada, nela atópase a historia do pobo xudeo : - TORA (Libro da lei ou pentateuco) – NEBIÎM (Libro dos profetas) – KETUBÎM (Escritos :poesía, literatura sapiencial, libros históricos).
TALMUD : outro libro importante para os xudeus
 PRECEPTOS E NORMAS
O xudeo ha de amar a Deus con todo o seu ser. Este amor concrétase na obediencia practica á lei de Deus que recolle as normas que cobren a vida do xudeo e están resumidos nos 10 mandamentos.
LUGARES DE CULTO    
- TEMPLO : construÍdo por Salomón no S. X.a.C. Era o centro da cidade, dentro gardábase a arca da alianza e ofrecíanse as grandes festas por parte dos sacerdotes.
- SINAGOGA : é o lugar onde se reúnen os xudeos para as súas oracións. Van o sábado, que é o día de festa dos xudeos. Na sinagoga debátense cuestións importantes para a comunidade e tamén son centros de estudo.
ORACIÓN : a maís importante é a shemá (verdadeiro credo do xudaísmo)
FESTAS E  RITOS : - Circuncisión (rito aos nenos aos poucos  días do nacemento) - o Shabat =sábado (é o día Sagrado, dedicado ao descanso e ao repouso) - Yom Kippúr (marca o inicio do ano relixioso) - a Pascua (saída da escravitude, do pobo xudeo de Exipto) - Shavout (50 días despois da Pascua, é a festa da recolección).

O CRISTIANISMO (S. I da nosa era)
DEUS ÚNICO : Deus Pai (Xesucristo dá a coñecer que Iavé é Pai, Fillo e Espírito Santo). O Deus dos cristiáns é un Deus que : - elixe un pobo fai unha alianza fala polos profetas promete un mesías envía o seu Fillo Xesús é o Mesías
 ORIXES DO CRISTIANISMO
 Con Xesús iníciase o cristianismo. Xesús naceu en Belén (4 ou 6 anos antes da nosa era) e morreu en Xerusalén  en tempos de Poncio Pilato (ano 30).
OS EVANXEOS, TESTEMUÑO DE FE EN XESÚS
A Biblia é o libro sagrado do cristianismo (inclúe os libros do AT e do NT). Nos evanxeos recóllese a vida e a mensaxe de Xesús. Non son biografías, senón o relato de fe dos primeros discípulos.
A MENSAXE DE XESÚS
Xesús é o fillo de Deus e foi enviado por Deus para predicar o Reino de Deus. Este reino é Xesús mesmo. É a boa nova que hai que anunciar e vivir.
A VIDA DO CRISTIÁN
Fronte a mensaxe de Xesús, a resposta do cristián é a conversión de corazón. Non se trata de actuar segundo unhas normas senón de entrar nun proceso de cambio persoal que nos leve a vivir os valores do evanxeo (amor, xustiza, verdade e paz).
UNHA COMUNIDADE CHAMADA IGREXA
Xesús formou unha comunidade de discípulos.Tras a súa morte e resurrección, convertíronse en apósto-
los da Igrexa. A fe cristiá é comunitaria.
LUGARES DE CULTO E ORACIÓN
 A Igrexa ou templo (EX : catedrais, sede do bispo da diócese). As oracións son o nosopai (é a principal), o credo (fe na Igrexa) e a avemaría (á Virxe María)
RITOS E SACRAMENTOS
Son moi importantes os 7 sacramentos (Confirmación, Eucaristía, penitencia, Unción dos enfermos, Orde sacerdotal e Matrimonio).  A celebración central é o sacramento da eucaristía que actualiza a presenza de Xesús. 
 FESTAS : - a Pascua (celebra a resurrección de Xesús , entre o 22 de marzo e o 25 de abril) - o Nadal (celebra o nacemento de Xesús, 25 de decembro) - Pentecoste (celebra a vinda do Espírito Santo) - o Domingo (é o día de festa semanal por ser o día en que Xesús resucitou).

O ISLAM (S.VII d.C.)
DEUS ÚNICO : Alá (“Deus” en lingua árabe).
 A ORIXE DO ISLAM
É a terceira relixión revelada por Deus aos homes. Non é unha nova relixión. Pretende establecer a primeira revelación feita por Deus a Abraham e Moisés. O Islam profesa un monoteísmo absoluto: non hai máis ca un só Deus, dono e señor do universo. O musulmán cre na vida futura e na resurrección de todos tras un xuizo final onde uns iran ao inferno e outros ao paraiso.
 LIBRO SAGRADO : O CORÁN   
O Corán é o libro sagrado do Islam e significa en árabe “recitación”. É a palabra de Alá recollida por Mahoma. No Corán, Deus fala en primeira persoa. Foi escrito polo terceiro sucesor de Mahoma. Non só é unha referencia relixiosa senón un código moral. Consta de 6236 versículos agrupados en 114 capítulos (suras).
MAHOMA, O PROFETA
Naceu no ano 570 na Meca. Quedou orfo e foi criado polo seu tío. Cuando tiña 25 anos, casouse cunha viuva rica e tiveron unha filla, Fátima. Adoitaba retirarse a unha cova a meditar e no ano 611 recibiu unha visita do anxo Gabriel…Comezou entón a predicar na Meca. No ano 622 fundou en Medina unha comunidade. Morre no ano 632.
OS CINCO PIARES DO ISLAM
Profesar que non existe máis cun só Deus e que Mahoma é o seu profeta - Orar cinco veces ao día repitindo textos do Corán, inclinándose en dirección á Meca - xaxuar desde a saída do sol ata o ocaso no mes do ramadán Dar esmola, o único propietario dos bienes é Deus - Peregrinar á Meca unha vez na vida.
RITOS E NORMAS
MESQUITAS : lugares de oración. A oración pode dirixila o imán ou calquera musulmán que o saiba facer xa que non teñen sacerdotes.
NORMAS : deben absterse de comer carne de porco, non beber alcohol, evitar fumar, respetar ao seu pai e a súa nai e ser solidario - o matrimonio é un deber - a morte debe ser acollida con valentía e confianza, toda vida deber volver a súa fonte, que é Deus.
FESTAS
Hai dúas, a primeira é para cerrar o mes do ramadán (Eid-ul-Fitr) e a segunda, dous meses máis tarde, para conmemorar o sacrificio de Abraham (Festa do Cordeiro).






No hay comentarios:

Publicar un comentario