lunes, 13 de febrero de 2012

resumen bioloxía 3º eso o aparello circulatorio e excretor

O APARELLO CIRCULATORIO
 O medio interno é o conxunto de líquidos que rodean as células dun organismo. As células extraen del os nutrientes e o osíxeno en el verten os refugos e o dióxido de carbono que producen no seu metabolismo. Nas persoas, o medio interno está formado principalmente por :           
- PLASMA INTERSTICIAL : é un líquido, con funcións defensivas e nutritivas, que se queda entre as células.
- SANGUE : é un medio de transporte de substancias que discorre polo interior dos vasos sanguíneos.
- LINFA : é un líquido que se forma a partir do plasma e circula polos vasos linfáticos uns condutos que desembocan nos vasos sanguíneos.
O medio interno ten unhas características e propiedades (composición, temperatura, etc) que permiten o bo funcionamento do organismo. O mantemento destas propiedades denomínase homeostase. Nas persoas, o aparato circulatorio ou de transporte de substancias ten 2 sistemas, o sistema circulatorio sanguíneo (polo que circula o sangue) e o sistema circulatorio linfático (polo que circula o linfa).

O SISTEMA CIRCULATORIO SANGUÍNEO (vasos sanguíneos, o sangue e o corazón)
VASOS SANGUÍNEOS
- VEAS : levan o sangue desde os órganos ata o corazón. Teñen paredes finas e pouco elásticas, o sangue circula con pouca presión e teñen válvulas no seu interior que impiden o retroceso do sangue.
- ARTERIAS : conducen o sangue desde o corazón ata tódolos órganos. Teñen paredes grosas, resistentes e elásticas e o sangue circula a elevada presión.
- CAPILARES : vasos microscópicos que comunican as arterias coas veas. Teñen paredes moi finas para o intercambio de substancias.

O SANGUE
O sangue é un líquido viscoso, de cor vermello e sabor salgado que circula polo interior dos vasos sanguíneos. No sangue interveñen diferentes funcións (nutrición, respiración, excreción, defensa e regulación térmica).
A COMPOSICIÓN DO SANGUE
PLASMA : é un líquido de cor amarelada constituido nun 90% de auga que contén sales, proteínas, nutrientes e substancias de refugo. Na coagulación (solidificación) o plasma perde proteínas e chámase soro sanguíneo.
CÉLULAS SANGUÍNEAS : fórmanse na médula ósea vermella que está dentro dos ósos. Hai tres tipos :
- GLÓBULOS VERMELLOS OU ERITROCITOS : son células que non teñen núcleo e son os máis abundantes do sangue. Son os encargados do transporte de osíxeno e de eliminar o dióxido de carbono. Son vermellos porque teñen hemoglobina (unha proteína).
- GLÓBULOS BRANCOS OU LEUCOCITOS : son células máis grandes cas anteriores, que interveñen na defensa do organismo fronte ás infeccións.
- PLAQUETAS OU TROMBOCITOS : encárganse de taponar os vasos sanguíneos (coagulación) cando se produce unha ferida.

O CORAZÓN
A súa función é impulsar o sangue. É un órgano musculoso e oco. As súas paredes están formadas por tecido muscular chamado miocardio. O corazón está dividido en dúas partes (dereita e esquerda) non comunicadas entre sí. Cada metade subdivídese en dúas cámaras, aurícula (a superior) e ventrículo (a inferior). Entre a aurícula e o ventrículo de cada lado hai unha válvula chamada válvula aurículo-ventricular que só permite o paso do sangue desde a aurícula ata o ventrículo. A válvula do lado dereito chámase tricúspide e a do lado esquerdo mitral. Á aurícula dereita chegan as dúas veas cavas (superior e inferior) e á aurícula esquerda chegan as catro veas pulmonares. Desde o ventrículo dereito sae a arteria pulmonar e desde o ventrículo esquerdo sae a arteria aorta. No inicio das dúas arterias atópanse as válvulas sigmoides que impiden o retroceso do sangue desde as arterias ata o corazón.

O FUNCIONAMENTO DO CORAZÓN
A función do corazón é bombear sangue de forma permanente mediante movementos rítmicos : sístole
(contracción) e diástole (relaxación).
CICLO CARDÍACO
- 1ª FASE : SÍSTOLE  AURICULAR : as aurículas, que están cheas de sangue contráense e pasan o sangue aos ventrículos.
- 2ª FASE : SÍSTOLE VENTRICULAR : contráense as paredes dos ventrículos e as válvulas auriculo-ventriculares cérranse impidindo que o sangue retroceda.
- 3ª FASE : DIÁSTOLE : as aurículas vólvense encher, os ventrículos reláxanse e cérranse as válvulas arteriais.
A CIRCULACIÓN DO SANGUE
O circuito circulatorio humano é completo (porque non se mestura o sangue osixenado co desosixenado) e dobre (porque ten dous circuitos). Os dous circuitos son :
- CIRCUITO MENOR OU PULMONAR : o sangue desosixenado sae do ventrículo dereito á arteria pulmonar cara aos pulmóns. Aquí intercámbianse os gases e o sangue cede CO2 e colle O2. O sangue pasa ás veas pulmonares que levan o sangue osixenado desde os pulmóns ata o corazón.
- CIRCUITO MAIOR OU XERAL : o sangue osixenado sae do ventrículo esquerdo á arteria aorta dirixíndose a todo o organismo. Ao chegar aos distintos órganos prodúcese o intercambio gasoso cedendo O2 e nutrientes e recollendo CO2 e substancias de refugo. Osangue pasa ás veas cavas que levan o sangue desosixenado ata a aurícula dereita do corazón.
SISTEMA CIRCULATORIO LINFÁTICO
O sistema circulatorio linfático encárgase de recoller o exceso de líquido que se queda entre as células, devolvéndollo ao sangue e ademais, transporta as graxas que se absorben no intestino. Este sistema está constituido por capilares linfáticos que son cegos, atópanse nos tecidos e únense formando condutos cada vez maiores chamados vasos linfáticos e que desembocan nas veas sanguíneas. O plasma intersticial entra nos capilares linfáticos pasando entón a chamarse plasma linfático que é conducido ata o sangue. Nalgúns lugares dos vasos linfáticos atópanse os ganglios linfáticos que liberan linfocitos ao plasma linfático. O plasma linfático e os linfocitos forman a linfa.

ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES (do corazón)
- ARTERIOSCLEROSE : endurecemnto das arterias debido ao depósito de graxas e de colesterol que pode provocar trombos producindo unha trombose. 
- INFARTO DE MIOCARDIO : morte de células musculares producida por un trombo que pode desencadear unha anxina de peito. Síntese presión e dor intensa na zona torácica.
SAÚDE CARDIOVASCULAR : facer exercicio, ter unha boa alimentación, non fumar.

O APARELLO EXCRETOR
A excreción é o proceso polo cal se eliminan as substancias de refugo do sangue procedentes do metabolismo celular. Os principais órganos excretores son os riles (eliminan substancias de refugo), os
pulmóns (eliminan o dióxido de carbono producido na respiración), as glándulas sudoríparas (eliminan a suor) e o fígado (expulsan residuos da dixestión e dalgún fármaco, que son eliminados nas feces).

O SISTEMA URINARIO (riles e vías urinarias)
- RILES : son dous órganos situados na cavidade abdominal nos que se forma a urina. O sangre sin filtrar entra pola arteria renal e sae limpo (filtrado polos riles) pola vea renal. Nun corte transversal dun ril distinguimos 3 partes : o córtex, a médula e a pelve renal.
- VÍAS URINARIAS : os uréteres, encargados de levar a urina ata a vexiga urinaria, onde se acumula a urina. A uretra, é o conduto que comunica a vexiga co exterior.

O FUNCIONAMENTO DOS RILES
As nefronas son unidades microscópicas capaces de formar urina. Ao principio hai un ensanchamento en
forma de copa. A cápsula de Bowman rodea ao glomérulo (nobelo de capilares sanguíneos). A conti-
nuación hai un túbulo renal onde se forma a urina. Estes acaban no conduto colector que verte a urina na pelve renal.
A FORMACIÓN DA URINA
Realízase nas nefronas do ril. Consiste en dúas fases :
1. FILTRACIÓN GLOMERULAR : fórmase o filtrado glomerular formado por líquido do sangue e substancias sinxelas que sairon do sangue e pasaron á cápsula de Bowman
2. REABSORCIÓN TUBULAR : no filtrado glomerular ademais de urea e substancias de refugo hai substancias nutritivas e auga que hai que aproveitar reabsorbéndose nos túbulos renais.
ENFERMIDADES DO APARELLO EXCRETOR
CÓLICO NEFRÍTICO : prodúcese pola acumulación de cálculos (pedras) de diferentes sales minerais. É moi doloroso, sobre todo ao urinar.
CISTITE : Inflamación da vexiga urinaria que produce incontinencia.
PREVENCIÓN 
manter a hixiene – ter unha alimentación adecuada – beber auga con abundancia

No hay comentarios:

Publicar un comentario