lunes, 20 de febrero de 2012

examen de sociais 3º eso a poboación

1.  Sinala os dous tipos de movementos de poboación, os seus compoñentes e o resultado da combinación de ambos.
Os dous tipos de movemento da poboación son o tempo, que é o movemento natural (nacementos e mortes) e o espazo, que é o movemento de traslado (emigración e inmigración). O resultado da combinación deses dous movementos é o crecemento real dun país, obtense sumando o crecemento natural ou vexetativo (a diferenza entre o número de nacementos e o número de mortes) e o saldo migratorio.
2.   Explica a diferenza entre censo, padrón municipal e rexistro civil. 
- CENSO : é un documento que recolle o stock da poboación dun país con todas as súas características (sexo, idade, nivel de estudos…), un día concreto cada 10 anos. Faino o estado, porque é o único que ten suficientes recursos. 
- REXISTRO CIVIL : é un organismo que recolle os falecementos, nacementos e o estado civil (casado, solteiro, viuvo, divorciado). Hoxe en día, debido a que as pautas culturais cambiaron, tamén se anotan as persoas que conviven sin estar casados. As condicións do estado civil non paran de simplificarse.
- PADRÓN : é un rexistro contínuo que levan os concellos e que é permanente, no cal constan todos os residentes, que é a xente que ten a vivenda habitual nese lugar.  
3.  Indica con dous exemplos a diferenza entre poboación de feito e de dereito.
A poboación de feito é a poboación que reside no lugar onde se fai o padrón (eu, por exemplo).
A poboación de dereito é a poboación que está inscrita no padrón dese lugar, aínda que temporalmente non viva alí (A miña tía foise traballar a Canarias, pero está empadroada no Carballiño).
4. Que é un réxime demográfico? Que características presentan o tradicional e o moderno? 
No movemento natural da poboación distínguense 3 etapas ou réximes demográficos, ao longo dos cales a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural poden ser baixos ou altos.
O réxime tradicional caracterízase por altas taxas de natalidade (porque facían falla moitos nacementos, xa que a mortalidade infantil era moi elevada) e de mortalidade (+ 30 0/00) e por un baixo crecemento natural (- 5 0/00).
O réxime moderno caracterízase por baixas taxas de natalidade e de mortalidade (- 10 0/00) e por un baixo crecemento natural (- 5 0/00)
5. Que é a transición demográfica? Que trazos presentan as variables demográficas antes e despois dela?
A transición demográfica é o paso do réxime demográfico antigo ao moderno. Na transición demográfica baixa bruscamente a taxa de mortalidade e despois baixa suavemente a taxa de natalidade e o crecemento natural é alto (+ 10 0/00)
Antes da transición demográfica as variables eran natalidade e mortalidade alta e crecemento natural baixo. Despois da transición demográfica as variables eran natalidade e mortalidade baixa e crecemento natural baixo (- 5 0/00)
6. Por que crece a poboación durante a transición demográfica? A que ritmo medra?
A poboación crece durante a transición demográfica porque a taxa de mortalidade adoita baixar antes que a taxa de natalidade e porque hai un descenso da mortalidade infantil e hai un aumento da esperanza de vida, polo que a taxa de crecemento é alta e a poboación aumenta rapidamente.
7. Indica os factores que explican o descenso da mortalidade durante a transición demográfica?  
Os factores do descenso da mortalidade durante a transición demográfica foron :
- mellor nutrición : debido a modernización agraria e a mellora comercial e polo tanto había máis comida e máis barata.
- mellor salubridade : como a hixiene e o saneamento público (alcantarillado e auga potable)
- mellora médica (epidemoloxía) : como as vacinas e os antisépticos (desinfectantes, polo tanto menos infeccións)
- tecnoloxía médica : progresos en evitar as mortes cardiacas ou de cancro.
8. Cales eran as causas de mortalidade antes e despois da transición demográfica? Por que cambiaron?
As causas da mortalidade antes da transición demográfica debíanse á fame, ás epidemias e ás enfermi-
dades infecciosas. Despois da transición demográfica as súas causas son as enfermidades cardiacas, o cancro e os accidentes de estrada.
As causas da mortalidade cambiaron debido aos avances médicos e sanitarios, a mellora da alimentación, ao aumento do nivel de vida e ao descenso da mortalidade infantil.
9. Que factores contribuiron ao descenso da natalidade durante a transición demográfica? Comenta o papel das mulleres neste fenómeno. 
Os factores que contribuiron ao descenso da natalidade durante a transición demográfica foron :
- a difusión de métodos anticonceptivos
- o descenso da mortalidade infantil : ao morrer menos nenos, nacen menos
- a urbanización : na cidade as familias teñen menos nenos, porque hai máis traballo, polo tanto os nenos supoñen unha carga e gastos.
- debido a incorporación da muller ao traballo
As mulleres cambian de mentalidade, incorpóranse ao traballo e empezan a ter autonomía. Deciden os filos que queren ter grazas aos anticonceptivos.Teñen que axustar a maternidade ao cargo laboral e terán fillos en función de cómo poidan compatibilizar a maternidade co traballo.
10.a)Demografía. Crecemento natural/vexetativo. Mobilidade. Migración. Emigración. Inmigración.             
        crecemento real. Densidade.
     b) Censo. Padrón municipal. Rexistro civil. Macroenquisa.
     c) Indicador. Taxas : natalidade, fecundidade, mortalidade, mortalidade infantil, esperanza de  
         vida.
a)  A demografía é a ciencia que estuda a poboación. Para comparar a poboación dun lugar con outro, úsase a densidade de poboación. A poboación ten mobilidade, como o movemento de migración que é a emigración e a inmigración e o movemento natural. O resultado da combinación deses movementos é o crecemento real, que se calcula sumando o crecemento natural/vexetativo e o saldo migratorio.
b) As fontes demográficas son o censo, que é un documento que recolle o stock da poboación con todas as súas características; o padrón municipal, que é un rexistro que levan os concellos, no cal constan todos os residentes; o rexistro civil, que é un organismo que recolle os falecementos, nacementos e o estado civil; tamén pode haber macroenquisas, onde só se entrevista a un 10% da poboación.      
c) O indicador de taxas do crecemento natural é o de mortalidade e natalidade; aínda que hai outras taxas, como a de fecundidade, que son os nacidos nun ano en relación co número de mulleres en idade fértil; a de mortalidade infantil,  que son os falecidos menores dun ano; a de esperanza de vida, que é o número medio de anos de vida que poida esperar vivir unha persoa no momento do seu nacemento.     
11. Réxime demográfico. Transición demográfica. Réxime demográfico antigo. Réxime demográfico postransicional.
No movemento natural da poboación distínguense tres etapas ou réximes demográficos, ao longo dos cales a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural poden ser baixos ou altos. Esas tres etapas son o réxime demográfico antigo, a transición demográfica e o réxime demográfico postransicional.

VOCABULARIO
Demografía – crecemento natural – crecemento real – censo – padrón – rexistro civil  
Emigración : saída de persoas dun territorio
Inmigración : chegada de persoas a un país
Fecundidade : media de fillos que teñen as mulleres dun lugar
Natalidade : persoas que nacen nun ano
Mortalidae : persoas que morren nun ano




No hay comentarios:

Publicar un comentario