HISTORIA DA LINGUA GALEGA
PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX
Durante o
primeiro terzo do S. XX xorden iniciativas para a dignificación da lingua
galega, fúndase a Real Academia
Galega→RAG (estudos da literatura e da lingua
galega), créanse as Irmandades
da Fala (defendían e promovían o uso exclusivo do
galego), aparece a revista
Nós (escrita en galego) e fórmase o Seminario de Estudos Galegos (promovían a investigación en Galicia, a elaboración e a
publicación de estudos). Neste período nace o Partido Galeguista (1931), no
que militarán personalidades como Castelao ou Bóveda, quen redactará o I Estatuto de Galicia, aprobado
en xuño de 1936 que no poderá entrar en vigor ao iniciarse a Guerra Civil
poucos días despois, pero propiciará a consideración de Galicia como
nacionalidade histórica (xunto con Cataluña e Euskadi) ao instaurarse a
democracia.
Foi tamén
neste tempo que moitos dos políticos máis destacados na historia de Galicia
foron asasinados :
- Ánxel Casal : editor e alcalde do concello de Santiago de
Compostela, apareceu morto nunha gavia de Teo (18 de agosto de 1936)
- Alexandre Bóveda : peza clave no Partido Galeguista, foi
executado na Caeira en Poio (17 de agosto de 1936)
- Johán Carballeira : xornalista e político galego, foi
alcalde do concello de Bueu, executárono na Caeira (17 de abril de 1937)
LITERATURA
PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A
LÍRICA
A principios
do S. XX prodúcense unhas mudanzas na sociedade e na poesía galega, deixando as
tendencias do Rexurdimento polas novidades estéticas traídas das vangardas
europeas. Escritores como Cabanillas combinan a estética do Rexurdimento coa
introducción de elementos do Modernismo.
RAMÓN CABANILLAS : as súas liñas poéticas permítennos distinguir 4 vertentes :
-
poesía intimista : na que trata temas referidos ao amor, á
natureza e á recreación de vivencias do seu pasado (A rosa de cen
follas→ homenaxe a Rosalía de Castro).
- poesía cívica : na que recolle as ideas das Irmandades da Fala. Proclama a
hostilidade anticaciquil e antiseñorial e a exaltación da aldea e dos
labregos (No desterro )
- poesía costumista : na
que fala de tipos e costumes rurais cunha perspectiva crítica e humorística
- poesía modernista
: ligada á beleza formal e de espazos (Na noite estrelecida)
A VANGARDA GALEGA : é a
vontade de romper coas tradicións culturais. Desenvólvense con varias correntes : - neotrobadorismo (cantigas medievais→Fermín
Bouza Bey) - hilozoísmo (poesía paisaxística→Luís Amado Carballo) - surrealismo (consiste en afastar a
razón dos textos para deixar paso aos soños e ao subconsciente→Álvaro Cunqueiro) - creacionismo (consiste en afastar a poesía
da realidade→Manoel Antonio ).
MANOEL ANTONIO : representa
o mellor autor vangardista en Galicia. É o autor do
manifesto “¡Máis Alá!”. A súa obra máis
relevante é “De catro a catro” (son follas sen data dun diario de abordo), 19 poemas estruturados como viaxe marítima (presenza do mar), case sempre de noite, simboliza a súa
concepción absolutamente pesimista da vida (monótona, repetitiva, en completa soidade e contínua despedida). O tema central é a soidade do suxeito, que adopta en moitos casos un
Nós, como expresión de
universalidade. A súa escrita
vangardista podemos dividila en tres etapas: - unha primeira de formación - unha de ruptura vangardista - unha de
retroceso. Caracterízase pola ausencia de argumento, a presenza do mar, a
monotonía, soidade, simbolismo→o mar (símbolo da aventura) e a terra (espazo onde a vida carece de sentido e con saudade do mar)
A
VANGARDA NA PINTURA GALEGA :nas primeiras décadas do S. XX xorde unha
corrente de renovación das artes plásticas galegas (Maside, Maruja Mallo, Laxeiro, Colmeiro)
GRAMÁTICA
ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN
A comunicación é
un proceso complexo no que interveñen diferentes elementos : - Emisor (persoa que transmite) - Receptor(persoa á que vai dirixida a mensaxe) - Mensaxe (contido) - Código (sistema de signos) - Canle (vía ou conduto) - Contexto(situación)
A comunicación verbal pode ser oral ou escrita. A linguaxe pode desempeñar varias funcións : - Expresiva (manifesta actitudes e sentimentos do emisor) - Apelativa (chamar a atención ao oínte cun fin determinado) - Referencial (informa sobre algo que descoñece o receptor) - Fática (verificar que a canle entre emisor e receptor segue aberta) - Metalingüísitica (utiliza a linguaxe para explicar ou analizar o propio código da lingua) - Poética (centra a atención sobre a forma da mensaxe)
A comunicación verbal pode ser oral ou escrita. A linguaxe pode desempeñar varias funcións : - Expresiva (manifesta actitudes e sentimentos do emisor) - Apelativa (chamar a atención ao oínte cun fin determinado) - Referencial (informa sobre algo que descoñece o receptor) - Fática (verificar que a canle entre emisor e receptor segue aberta) - Metalingüísitica (utiliza a linguaxe para explicar ou analizar o propio código da lingua) - Poética (centra a atención sobre a forma da mensaxe)
PROPIEDADES TEXTUAIS
O texto é unha unidade
lingüística con sentido completo que cumpre unha función comunicativa determinada (informar, persuadir…). As súas propiedades son
:
- adecuación : é a propiedade da cal o texto debe ser adecuado á situación comunicativa
na que se produce. un mesmo texto pode resultar adecuado nunha situación
comunicativa concreta e inadecuado noutra.
- coherencia : é a que fai que un texto poida ser percibido como unha unidade
comunicativa comprensible. É a encargada de nivelar o contido da mensaxe e
clarificar o significado (organización da información).
- cohesión : son os medios lingüísticos que permiten ligar as oracións dentro de
unidades máis grandes como parágrafos, estrofas ou capítulos (uso de conectores)
CONTEXTO E SITUACIÓN
DENOTACIÓN : significado obxectivo, básico das
palabras.
CONNOTACIÓN : significado adicional, subxectivo, que
pode adquirir unha palabra nun contexto.
O TEXTO ARGUMENTATIVO
O texto argumentativo é
aquel no que se exponen unas ideas determinadas para convencer o receptor
da súa validez. As partes da súa estrutura
son : - tese (é a idea que se quere
defender) - argumentos (son os razoamentos que apoian a tese) - conclusión (sintetízanse os argumentos expostos para reafirmar a idea principal)
TIPOS DE ARGUMENTOS
- De coñecemento xeral : son as ideas aceptadas pola maioría da
xente (Evitar os accidentes de tráfico
benefícianos a todas as persoas.)
- De autoridade : empregan o testemuño de persoas
consideradas coñecedoras do tema (Unha importante
porcentaxe das vítimas que sobreviviron a graves accidentes coincide ao sinalar
a posibilidade de evitalos se se circulase a menor velocidade.)
- De datos : ofrecen datos que corroboran os feitos (Segundo un estudo realizado recentemente, pro- dúcese un 70% máis de
accidentes cando as condicións climáticas son desfavorables)
- De exemplo : un caso concreto serve como exemplo das
ideas que se queren defender (Un claro exem
plo constitúeo o accidente acontecido en
Vila de Cruces o mes pasado. Se a estrada non estivese
mollada e se se mantivese a distancia de
seguridade, podería evitarse o impacto.)
- De experiencia persoal : empregan as propias vivencias ou
experiencias para apoiar unha idea (Eu mes ma me teño visto
envolta en máis dunha ocasión en accidentes deste tipo.)
- De analoxía : compáranse dúas situacións semellantes (No mes de agosto deste ano producíronse
67 accidentes menos que o ano pasado.)
- Legais : refírense ao establecido na lexislación (Segundo as leis vixentes é obrigatorio o uso do cinto de seguridade
nos asentos traseiros.)
CARACTERÍSTICAS
LINGÜÍSTICAS : - abundancia de substantivos abstractos e tecnicismos -
predominio do presente de indicativo e de construcións
impersoais ou de pasiva reflexa - períodos
sin tácticos longos - emprego de conectores -
enumeracións - definicións, citas e
exemplos que apoien os argumentos
ESCRÍBENSE CON B
a) os verbos rematados en -bir e as formas
que deles se derivan [excepcións : vivir e
servir]
b) todos os verbos
rematados en -buír e as formas que deles se derivan
c) os verbos beber, caber, deber,haber, saber, sorber, e todas as formas que deles se derivan.
d) as terminacións do
copretérito da primeira conxugación: -ba, -bas, -ba, -bamos, -bades, -ban
e) as palabras que comezan
con prefixos bi- e –bis
f) as palabras rematadas en -bundo, -bunda e -bilidade
g) as palabras comezadas
por bu-, bur- e bus-
h) cando este son vai seguido de calquera outra consoante (abstracto,
blasfemia, bloque, blusa, branco, breve, brisa, cable, moble, obstáculo,
obstruír, obxecto, público...)
i) moitas palabras por fidelidade etimolóxica, isto é, porque así se escribían en latín ou na lingua a
través da que entraron no galego (abelá,
automóbil, baldeiro, bolboreta, inmóbil, marabilla, móbil, rebentar,
trobador...)
ESCRÍBENSE CON V
ESCRÍBENSE CON V
a) os verbos rematados en -ver e os seus
derivados [ excepcións : beber, caber, deber, haber,
saber, sorber e lamber.]
b) os verbos rematados en -servar e -versar
c) as formas dos
verbos ter e estar que levan este son [excepción : lembra que o
copretérito do verbo estar, como todos os da primeira conxugación, se escribe
con “b”.]
d) as palabras rematadas en -ava, -avo, -eve, -evo, -eva, -ivo e -iva [excepcións : árabe e sílaba.]
e) as palabras rematadas en -ívoro e –ívora [excepción : víbora.]
f) moitas palabras
por fidelidade etimolóxica, isto é, porque así se escribían en latín
ou na lingua a través da que entraron no galego(avó, avogado, chuvasco,
covarde, esvarar, esvelto, garavanzo, gravar, pavillón, varrer, vasoira,
vasureiro, verniz, voda, vulto...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario