1. Que é un sistema
económico? Cal é o sistema económico actual e como pode definirse?
Un
sistema económico é unha forma de organizar a actividade económica dun país. O
sistema económico actual é o capitalismo, é un sistema de produción caracterizado pola propiedade privada dos medios de
produción, a procura do beneficio máximo e o mercado libre, suxeito ao
equilibrio entre a oferta e a demanda e onde predomina o
capital sobre o traballo.
2. Que é a economía de
mercado e como funciona no capitalismo?
A
economía de mercado é o intercambio de bens e servizos. No capitalismo a lei da
oferta e demanda son as que determinan os prezos sen intervención do goberno.
3. Que características
presentan capital e traballo no capitalismo? Como se reparte a riqueza entre
eles? Por que?
O
capital é todo o que se necesita para producir bens e servizos, agás traballo.
No capitalismo o produto é o resultado de aplicar traballo sobre capital. O
traballo é unha mercadoria no capitalismo, véndeno os traballadores e cómprano
as empresas. A riqueza queda en mans do capital e o traballo leva á riqueza,
polo que o traballador recibe o salario e o empresario o beneficio.
4. Sinala os efectos
económicos, sociais e territoriais do capitalismo.
O capitalismo orixina desigualdade, porque non reparte a riqueza, xa que queda
concentrada no capital. A efecto social, hai un grupo que organiza a riqueza
(os propietarios acumulan riqueza) e o outro queda sen ela. Territorialmente o
capital tamén vai acumulando riqueza.
5. Explica as diferencias
entre o sistema de produción fordista e o flexible.
O
sistema fordista consiste en producir moito e igual, e prodúcese para vender. O
sistema flexible consiste en producir moito, diferente e oportunamente, e
véndese para producir. No flexible é necesaria unha maquinaria máis avanzada
para adaptarse aos cambios e traballadores mellor preparados para atender
eses
cambios.
6. ¿Qué tipo de empresa é
Inditex e por que? En que sectores de actividades se empraza?
Inditex
é unha multinacional no sector secundario e terciario, presente en máis de 70
países.
7. Indica algunhas claves de
Inditex para incrementar as súas vendas.
Inditex
adáptase a demanda de roupa que está á moda, vende roupa a prezos accesibles,
fabrica unha cantidade reducida de cada talla, vende o que deseña e aumenta as
actividades de maior valor e delega as de menos valor. Esas actividades moitas
veces realízanse onde a man de obra é moi barata.
8. ¿Cómo conseguen as
empresas flexibles aforrar costos sen fabricar grandes cantidades de produtos
iguais?
Conségueno
grazas a unha tecnoloxía que diferencia unha parte común e específica, que é a
que ten que ser flexible. Os traballadores deben traballar con rapidez e en
equipo.
9. Explica os dous factores
que contribúen á creación do mercado mundial e á globalización xeral da
economía.
-
o transporte e a comunicación : que permiten mover grandes cantidades de
capital e de produtos polo mundo. Para que non encarezca os produtos,
necesitamos transporte rápido e barato e levar moita cantidade.
- suprimindo normas : facer máis libre o
comercio entre os países, que é impulsado por organismos internacionais.
10. ¿Qué significa
terciarización da economía? Pon algún exemplo.
Proceso
de crecemento das actividades que comprende o sector terciario ou de servizos
debido a que o consumo é cada vez maior. Por exemplo, Inditex fabrica e vende
os seus propios produtos.
11. Elabora unha listaxe de
seis marcas de produtos, bens ou servizos, que consuman habitualmente xoves de
todo o mundo.
Coca-cola
: bebida, secundario – Mc Donald’s : terciario – Nike : secundario – Adidas :
secundario – Lewy’s : secundario – Apple : secundario – Anaya : sector
editorial – Channel : secundario
12. Argumenta dous aspectos
concretos positivos e outros dous negativos da mundialización cultural.
Os
aspectos negativos son que temos saturación de produtos do exterior e pódense
perder as nosas pro
pias
culturas. Os aspectos positivos son que podemos comprar os mesmos produtos en
todos os países
porque
o poder das multinacionais e a influencia da publicidade permite a
comercialización dos mesmos
produtos
en todo o mundo e que temos maior coñecemento dos pobos e sociedades afastados
grazas ás redes de información xa que se democratiza a información e hai
comunicación a distancia.
13. ¿Que son indicadores de
desenvolvemento? Explica os catro principais.
Os
indicadores de desenvolvemento son medidas para cuantificar o grado de riqueza
económica e benestar social das poboacións e facilitar comparacións entre
países ou territorios. Os catro principais son :
- Produto interior bruto (PIB) : expresa o valor dos bens
e servizos producidos por un país nun ano, é o conxunto da riqueza.
- Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) : faino a ONU e mide a riqueza e
o benestar da poboación.
- Esperanza de vida : a vida media é os 70 anos, pero no
norte (ricos) pasa de 80 e no sur (pobres) non chegan aos 50.
- Consumo diario de calorías : mide a nutrición. Son
necesarias 2500 calorías ao día, pero no norte cómese 1/3 parte máis e no sur o
50% menos.
14. ¿Quen son os
pobres no mundo desenvolvido e por que causas? Como é pobre unha persoa en
España con ingresos maiores a outra non pobre en Polonia?
Os
pobres no mundo desenvolvido son os desempregados, os imigrantes e os vagabundos.
Estes grupos forman bolsas de probeza, é
pobre o que teña ingresos inferiores ao 50% da renda nacional. Con pouco diñeiro pódese vivir nun país pobre,
porque os servizos custan menos, por iso unha persoa con 8000 dolares ao ano é
pobre en España pero sería rica en Polonia.
15. Sinala tres diferenzas importantes entre
países do norte e do sur.
No norte hai PIB elevado e no sur hai PIB
reducido – no norte hai tecnoloxía propia e no sur hai
unha gran dependencia económica – no norte hai escolarización universal e no
sur hai unha gran taxa de analfabetización
16. Explica cada un dos
catro intercambios entre centro e periferia no diagrama da páxina 200, indicando
en cada un quen resulta beneficiado e por que.
O
centro intercambia coa periferia manufacturas
de alto valor e servizos por materias primas ou manufacturas simples – o
centro fai inversións de capital e préstamos á
periferia a cambio de xuros - o centro toma as decisións e a periferia
obedece - a
periferia manda ao centro técnicos,
especialistas e turistas a cambio de man de obra non cualificada. Todo isto beneficia ao centro xa que así conseguen produción e
consumo, gran poder adquisitivo, desenvolvemento
tecnolóxico e disfrutan dos beneficios que lles supón o seu poder.
17. Reordena, explica e
relaciona estas causas do subdesenvolvemento : dependencia tecnolóxica, intercambio
desigual, dificultades políticas e débeda externa.
A
dependencia tecnolóxica e as
dificultades políticas que ten a periferia acentúan a súa débeda externa, e
todo debido ao intercambio desigual entre centro e periferia, xa que a periferia
vende máis barato do que compra.
18. ¿Que é o comercio xusto
e por que resulta tan reducido actualmente?
O
comercio xusto é o comercio que rompe o intercambio desigual, trátase de
comprar produtos polos que se pagaron salarios xustos e que se obtiveron respectando o medio ambiente. O comercio xusto
está pouco elaborado, só algunhas organizacións intentan financialo.
19. Vocabulario : ONG.
Comercio xusto.
O
comercio xusto é unha forma alternativa de comercio promovida por varias ONG e
promoven unha relación comercial xusta entre produtores e consumidores. O que defende o comercio xusto é que os produtores
formen parte de cooperativas ou organizacións e que funcionen democráticamente,
rexeitando a explotación infantil e que haxa igualdade entre homes e mulleres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario