sábado, 30 de abril de 2011

galego temas 6-7 2º eso : VOCABULARIO, FRASE, O USO DAS MAIÚSCULAS,

VOCABULARIO
ÁNCORA = ancla    ANCORAR = anclar    ANZOL = anzuelo    ARQUIPÉLAGO = grupo de illas
APARELLO = conxunto de cousas para pescar     ARRASTREIRO = buque de pesca  
ARRIBAR = chegar a porto    BABOR = lado esquerdo   BOU = embarcación    BUQUE = barco  
CALA = baía pequena    CANA = caña    CANTIL = acantilado   CEAR = andar cara atrás
CON = rocha na beira do mar    CUBERTA = piso dun barco    DEVALO = baixamar
ESPENUCA = cueva    ESPIGÓN = muro de pedra na  beira do mar    ESTEIRO = brazo dun río
ESTIBADOR = persoa que carga un barco    ESTRIBOR = lado dereito    FARALLÓN = rocha pequena na beira do mar    FONDEAR = anclar    FOZ= boca dunha ría    FURNA = cova mariña
GUINDASTRE = grúa   LEME/TEMÓN = timón   LEVAR = levantar anclas  LONXA = onde se vende 
MARULLADA = axitación do mar    MARUSÍA = cheiro a mar    PALANGRE = corda para pescar
 PEIRAO = onde atracan os barcos    POPA = parte traseira    PROA = parte dianteira   
QUILLA  = parte de abaixo do barco    REMEIRO = o que rema    TÓMBOLO = area que une unha illa
TRÁILER  = remolque    VACA = serve para pescar     VOLANTEIRO = o que pesca pescada
ALFINETE = cravo    CENSURAR = prohibir    GABAR = eloxiar    GANDULO = holgazán 
GRAMPADORA = grapadora    GRAMPAS = grapas    PENCA = peca    RECENSIÓN = revisión dun texto    RIFAR = discutir    RISCAR = tachar    SOLETREAR = deletrear    TEIMOSO = cabezota
TORNAR = volver

A FRASE
A FRASE é unha unidade lingüistica formada por palabras e que desempeña unha finción dentro da oración ou dentro doutras frases, así que hai FRASES SIMPLES (non teñen outra frase no seu interior) e FRASES COMPLEXAS (teñen outra ou outras frases no seu interior). Algunhas frases están compostas por un NÚCLEO + MODIFICADOR : substantivas (o núcleo é un substantivo) – adxectivas (o núcleo é un adxectivo) – adverbais (o núcleo é un adverbio). Outras frases están formadas por DETERMINANTES + NOMINAL (frases nominais) e outras por RELATOR + TERMO (frases preposicionais). O MODIFICADOR é unha función que se dá no interior das frases e cualifica un substantivo, un adxectivo ou un adverbio.

O USO DAS MAIÚSCULAS
- DESPOIS DE PUNTO
- DESPOIS DOS ENCABEZAMENTOS DAS CARTAS
- ANTROPÓNIMOS E TOPÓNIMOS : (ex: Lucia – Ourense)
- FORMAS ABREVIADAS DE TRATAMENTO : (EX: Dra. – D. Xosé)
- PRIMEIRA PALABRA DOS TÍTULOS DOS LIBROS : (EX: Follas novas)
- NOMES DE REVISTAS E XORNAIS : escríbense con maiúscula inicial todas as palabras (EX: Hoxe – A Nosa Terra)
- INSTITUCIÓNS, ORGANISMOS E EMPRESAS : escríbense con maiúscula inicial todos os substantivos e adxectivos :(EX: Instituto da Lingua Galega)
- SIGLAS
- OS NOMES DAS  MATERIAS : (EX: Matemáticas)
        

No hay comentarios:

Publicar un comentario