viernes, 15 de marzo de 2013

LINGUA E LITERATURA GALEGA 4º ESO A NARRATIVA ENTRE 1936 E 1976, ORACIÓNS COORDINADAS, ORACIÓNS SUBORDINADAS, CONECTORES, SINONIMIA, POLISEMIA, HOMONIMIA, ANTONIMIA


A NARRATIVA ENTRE 1936 E 1976
BLANCO AMOR
características da súa obra :  -  Un mesmo espazo literario (a cidade de Auria, imaxe de Ourense) – ambientación urbana, sobre todo o suburbio – temporalmente sitúanse nas dúas primeiras décadas do S. XX – temática (problemática das clases sociais máis desfavorecidas) – narrador partícipe dos feitos (homodiexético) – protagonismo infantil e xuvenil (agás A esmorga) – linguaxe popular supradialectal
A esmorga :  - 1ª parte (narrador-autor explica como obtivo a información para escribir a obra : sucesos ocorridos durante un día de esmorga pola cidade de Auria a tres personaxes, Cibrán, O Bocas e O Milhomes, así como o tráxico remate da historia) – 2ª parte (cinco capítulos nos que Cibrán declara ante o xuiz e conta a historia) – 3ª parte (reaparece o narrador-autor para deixarnos a dúbida de se a morte do Cibrán no xulgado despois da declaración se produce por suicidio ou polos culatazos dos gardas civís ao negarse ir ao cuartel como inculpado).
Característica d’A esmorga : - dous narradores (o autor-editor e Cibrán) – técnica do interrogatorio – personaxes marxinais – tempo da narración non coincide co da historia – oposición da clase social alta fronte a sociedade marxinal – denuncia dos abusos do poder, da situación da lingua, da miseria
ÁLVARO CUNQUEIRO
Merlín e familia : consiste nunha sucesión de episodios engarzados arredor da figura do personaxe central, o mago Merlín, que Cunqueiro instala en Galicia, xunto á súa raíña dona Xenebra e o seu criado Felipe de Amancia, que, desde a vellez, narra de forma retrospectiva as visitas que facían estraños e estrañas personaxes á casa do mago buscando a solución dun problema de carácter máxico (unha serea con problemas de escamas, un paraugas máxico que non funciona...)
características de Merlín e familia : - recupera e galeguiza a materia de Bretaña – mestúranse dous mundos (o mítico e o real) – desenvólvese en terras luguesas – o tempo é indeterminado – composto por pequeñas unidades narrativas con nexo de unión e mesma estrutura – narrador principal en 1ª persoa – xogo coa dicotomía (real/maravilloso – soño/realidade) – intertextualidade (referencia a outros autores) – humorismo – recreación de ironía dos mitos
NOVA NARRATIVA GALEGA
- Temática : a violencia, os soños, a morte, o desarraigo, o sexo, a emigración, expresión do absurdo da existencia, pesimismo, desesperanza, asasinatos, suicidios, fracasos persoais, amor insatisfeito, soidade, episodios patolóxicos
- Personaxes : inadaptados sociais (perdidos, desarraigados, movidos polas circunstancias, sen control do seu destino, violentos, agresivos, solitarios, desequilibrados, autodestructivos) e antiheroes que habitan nun mundo dominado polo absurdo da existencia.
 - espazos : preferencia polo espazo urbano fronte ao rural, recorren a un mundo simbólico, ambientes claustrofóbicos e sórdidos, cosmopolitismo, localizacións estranxeiras.
- técnica narrativa : - preferencia pola primeira persoa protagonista - o monólogo interior  - perspectivas obxectivistas (mostran a historia sen explicala)  - o multiperspectivismo (utilización de diferentes voces narradoras nun mesmo relato) - a ruptura da orde cronolóxica

ORACIÓNS COORDINADAS
- COPULATIVAS : e, nin, e mais, a mais
- DISXUNTIVAS : ou, ou ben
- ADVERSATIVAS : mais, pero, senón, nembargante(s), non obstante, anque, a menos que, porén, ora ben, con todo 
- DISTRIBUTIVAS : ou...ou, xa...xa, volta...volta, quer...quer, ben...ben, nin…nin, ora…ora

ORACIÓNS SUBORDINADAS
- SUBSTANTIVAS : desempeñan unha función típica dos substantivos (Sux→ Que fixeras iso non nos gustou nada, CD→ Pedinlle que viñera, Suplemento→Xoán non se lembrou de que tiña que recoller o seu cuarto.)
- ADVERBIAIS IMPROPIAS :
- CAUSAIS (efecto-causa) : Enlace : porque, xa que, pois, por mor de,   
Castigáronme→(efecto) porque cheguei  tarde→(causa)   
- CONSECUTIVAS (antecedente-consecuente) : Enlace : así que, de modo que, logo, daquela, en- tón, por iso, por tanto  
Es moi bo estudante→(antecedente) así que sacarás unas notas estupendas→(consecuente)
- CONCESIVAS (obxección-concesión): Enlace : ainda que, anque, malia que, a pesar de que 
Aínda que chova→(obxección) iremos de excursión→(concesión)
- CONDICIONAIS (condicionante-condicionado) : Enlace : se, sempre que, con tal de que, con tal que, coa condición de que, excepto que     
Se queres ir→(condicionado) terás que portarte ben→(condicionante)
- COMPARATIVAS (Termo 1- Termo 2) : Enlace : igual, máis, menos, tan, tanto/ca, coma, como, que    A cidade era→(Termo 1) máis grande do que pensaba→(Termo 2)
- ADXECTIVAS : desempeñan a mesma función que a frase adxectiva e funcionan como  modificador 
(O rapaz que coñecemos onte era moi amable). Tamén se coñecen como oracións de relativo porque van introducidas por un pronome relativo (antecedente) → Aqueles libros que liamos de pequenos tiñan moitas ilustracións (función de relativo : CD)

CONECTORES DE CAUSA : así, porque, de aí (que), por iso
CONECTORES DE CONSECUENCIA : entón, pois, polo tanto, por conseguinte

SINONIMIA : 2 ou máis significantes a un mesmo significado, hai unha sinonimia total, cando dous termos son totalmente intercambiables (rematar/acabar), sinonimia conceptual, cando os termos se poden cambiar en todos os contextos (asno, burro) e sinonimia contextual, cando os termos poden intercambiarse só nun determinado contexto sen que varíe o seu significado (a novela é curta ou breve; Ma- ría é curta ou vergonzosa, pero non breve)  
POLISEMIA : un único significante pero máis dun significado  (cabeza, banco, pico, ollo, pé…).
HOMONIMIA : teñen unha orixe etimolóxica diferente, hai 2 tipos: homógrafas (pronunciación e escritura igual →banco) e homófonas (pronunciación igual pero escritura diferente → botar/votar)
ANTONIMIA : con significados opostos (caro/barato)



No hay comentarios:

Publicar un comentario