Mostrando entradas con la etiqueta sociais 4º eso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sociais 4º eso. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de junio de 2014

resume sociais 4º eso 2ª República, Guerra civil, Ditadura de Franco, Transición, Comunidades autónomas, provincias e capitais

1. DEFINE TERMOS :
REPÚBLICA : organización política dun Estado onde a presidencia do Estado recae nun presidente elixido de forma democrática.
GOLPE DE ESTADO : toma do poder político dun modo ilexítimo e violento por parte dun grupo de poder no que se vulnera a lexitimidade dun estado.
BRIGADAS INTERNACIONAIS : grupo de persoas de todo o mundo que acudiron a España o comezo da Guerra Civil para defender a Democracia
1931 : abdicación de Alfonso XIII e comezo da 2ª República.
1936 : triunfo do Fronte Popular, coalición de partidos de esquerda, golpe de Estado e comezo da Guerra Civil española.
1939 : caída do goberno democrático da República, triunfo dos golpistas e remate da Guerra Civil.
TRANSICIÓN : periodo histórico que comeza en 1975 e dura ata 1982 no que se pasa da Dictadura á Democracia.
DEMOCRACIA : organización política onde o poder reside no pobo mediante eleccións con sufraxio universal.
PODER EXECUTIVO : reside no goberno (presidente, ministros) e ten como función administrar e gobernar un país.
PODER LEXISLATIVO : reside no parlamento e no senado e a súa función é aprobar leis, elexir o presidente de goberno e controlar ao goberno.
PODER XUDICIAL : reside nos tribunais e a súa función é facer cumprir as leis.
AUTARQUÍA : organización económica de autoabastecemento e pobreza, dase en España no primeiro periodo franquista.
PACTOS DA MONCLOA : foron un acordo entre todas as forzas políticas parlamentarias para intentar arranxar a desastrosa situación económica.
CONSTITUCIÓN : conxunto de leis que rixen a Democracia dun país recollendo os dereitos e deberes dos cidadáns
TERRORISMO : uso de violencia por parte de individuos ou grupos contra outros individuos ou sectores dunha sociedade para coaccionar gobernos ou entidades políticas a responder a demandas de orde política, social ou relixioso.
1975 : data na que more Franco, remata a dictadura e comeza a Transición.
1978 : data na que se elabora a Constitución vixente hoxe en España con consenso político.

2. IDENTIFICA PERSONAXES (función e feito representativo)
ALFONSO XIII : foi rei de España dende o seu nacemento ata a proclamación da II República. Pouco antes de morrer, cedeu os seus dereitos ao trono ao seu fillo, don Juan.
PRIMO DE RIVERA : capitán xeral de Cataluña, en de 1923, deu un golpe de Estado, apoiado polo rei Alfonso XIII, co que se iniciaría en España unha ditadura militar.  
AZAÑA : Formou parte do goberno provisional tras a caída da Monarquía e presidiu o goberno da Segunda República ata 1933. En maio de 1936 foi elixido presidente da República.
ALCALÁ ZAMORA : presidiu o primeiro goberno da Segunda República ao caer a Monarquía. Nomeado presidente desta en decembro de 1931.
FRANCO  : xeneral e ditador español que foi partícipe do golpe de Estado de 1936 que acabou coa Guerra Civil e que dende 1938 ata 1975 gobernou España baixo unha ditadura.
MOLA : Coordinou o levantamento militar de 1936. Elevado Franco á xefatura do Estado, encargouse do exército do Norte.
DALI : pintor surrealista do S. XX  
ADOLFO SÚAREZ : presidente de goberno en España pertecente o partido da UCD que comeza a Transición apoiado no rei.
FELIPE GONZÁLEZ : presidente de goberno de España do partido socialista que leva a cabo reformas
laborais, políticas e sociais na primeira etapa do seu mandato, na segunda problemas de corrupción.
JUAN CARLOS I : rei de España que comeza a Transición para dar paso a unha Democracia
AZNAR : presidente do goberno de España pertencente ao partido popular que implica a España na guerra de Irak, época de bonanza económica a nivel mundial.
ZAPATERO : presidente de goberno de España do partido socialista que leva a cabo importantes re-
formas sociais no primeiro periodo do seu mandato, na segunda España entra na crise económica
mundial

5. ARGUMENTA
Enumera 4 conflitos durante a rexencia de M. Cristina e o reinado de Alfonso XIII
A crise do turno de partidos : a quenda de partidos instaurada por Cánovas entrou en crise debido a sesaparición dos grandes líderes conservadores e liberais, tamén pola corrupción e aparición de partidos de masas que querían intervir na política
Problemas sociais (movemento obreiro, terrorismo e pistolerismo) : o movemento obreiro colleu moita forza nesta época polas malas condicións de vida e laborais dos obreiros que desemboca na cre- ación de grupos anarquistas que fan terrorismo. Ante isto os empresarios responderon co pistolerismo.
O desastre de 1898 e as guerras coloniais : en 1898 pérdese as últimas grandes colonias que eran de gran axuda para a economía do país, que levaron a guerras pola súa independencia.
A Semana Tráxica : en 1909 en Barcelona houbo grandes manifestacións populares debido á fame, aos problemas no mundo obreiro e ao embarque de tropas para a guerra de Marrocos que foron reprimidas polo exército.
Explica a dictadura de Primo de Rivera e a desaparición da monarquía e a instauración da 2ª República
En 1923 o xeneral Primo de Rivera da un golpe de Estado para supostamente solucionar os problemas de España, o parlamento dimite e o rei nomea presidente de goberno a Primo de Rivera que instaura un gobernó militar e despois un gobernó civil solucionando problemas como o de marrocos, algo a crise económica coa construcción de obras públicas e reprimindo todo movemento social. Esta represión desemboca na oposición da sociedade e búsqueda dos partidos dun novo réxime político.
A 2ª República proclámase o 14 de abril de 1931 despois dunhas eleccións municipais onde gañaron os partidos Republicanos nas cidades máis importantes. Isto supuxo o fin da monarquía de Alfonso XIII moi criticado pola súa intervención en política e por admitir a unha ditadura. 
Explica a etapa da 2ª República que tivo máis reformas comentando estas
Bienio Reformista (1931-1933) :  Republicanos de esquerda, presidente da República Alcalá Zamora, presidente do goberno Azaña. Elaborouse a Constitución de 1931 de tipo democrático e laico, reforma na educación para anular o gran analfabetismo, reforma militar tratando de facer un exército máis moderno e competente, reforma agraria repartindo terras non cultivadas que pertencían aos terratenentes, reforma social para mellorar a vida dos obreiros, reforma relixiosa sacándolle a educación á Igrexa, matrimonio e enterramento civil e lei do divorcio, reforma política admitindo a tramitación dos distintos estatutos de autonomía das nación chamadas históricas.
Explica bandos, data, apoios internacionais e evolución da Guerra Civil
Os dous bandos da Guerra Civil (17 de xulio de 1936 - 1 de Abril de 1939) foron o bando republicano (partidos de esquerda, sindicatos, milicias populares, brigadas internacionais e voluntarios de todo o mundo) que pediu axuda aos países democráticos e URSS e o bando nacional ou sublevados (partidos de dereitas, monárquicos, falanxistas, Igrexa) que lle pediu axuda a Hitler e Mussolini. Europa firma un tratado de non intervención, pero os países fascistas deciden axudar aos sublevados, mentras os republicanos obtiñan axuda das brigadas internacionais. O 1º obxectivo dos sublevados foi a ocupación de Madrid que foi defendida por milicias populares sendo derrotados os sublevados na batalla de Jarama e Guadalquivir. O fronte norte, necesario para a guerra pola industria siderúrxica, co brutal bombardeo de Guernica e os sublevados dominan pronto todo o norte. Últimas batallas e final da guerra onde Franco diríxese cara ao leste conquistando Barcelona,   producíndose a batalla do Ebro que perden os republicanos co que a guerra está perdida e xa ocupan Madrid e Levante.  
Fala das características e etapas do réxime franquista
Franco e o xefe do Estado tendo todos os poderes e sendo xefe de todos os exércitos.Non existe Cons- titución e créanse leis fundamentais. Suprímense os partidos políticos, dándolle  máis forza a falanxe, e suprímense tamén os sindicatos creando o sindicato vertical onde se incorporan obreiros e empresarios. Etapas :
- Etapa de autarquía (1939-59) : illamento internacional pois ao remate da 2 GM non se recoñece un goberno ditatorial. O ditador apóiase no exército, na falanxe e na Igrexa. Economía de autosuficiencia con escasez de productos básicos, racionamento de alimentos e un mercado negro con Portugal.
- A década do desenvolvemento (1960-70) : o ditador apóiase no exército, Igrexa e opus Dei debido a Guerra Fría, EEUU necesita a España como lugar estratéxico para poner bases militares, recoñecendo ao gobernó español, admitindoo na ONU despois da firma do concordfato co Vaticano. Con respeto a economía España comeza ao seu desenvolvemento coa apertura cara ao exterior, coa inversión de capital estranxeiro, turismo, chegada de divisas, etc.
- A crise do réxime : España entra nunha grave crise económica que tamén é internacional. Ao mesmo tempo sofre unha grave crise política coa enfermidade do ditador, coa gran oposición interior e exterior, co movemento estudiantil e obreiros con mitas folgas e co terrorismo de Eta e Grapo.
Explica o concepto de Transición e os seus problemas máis importantes
A Transición foi un proceso político que vai do 75 ata 81 e sería o paso da ditadura á Democracia. Tras a morte de Franco, as Cortes proclaman Rei a don Juan Carlos I quen nomea a Adolfo Suárez presidente do goberno, pola presión exercida pola sociedade que necesitaba unha democracia. Os seus problemas foron :
- Organización territorial : comunidades Autónomas con gobernos propios e competencias
- Crise económica : crise do 73 e 80. Problemas de reconversión industrial e moito paro. Entrada de España na CEE.
- problemas sociais : gran movilidade social con folgas debido á reforma laboral. Terrorismo con atentados
- cambios no sistema político : lexislación dos partidos políticos e sindicatos. Elaboración dunha Constitución para estabilizar a democracia.
Describe as características básicas da Constitución e explica os tres poderes que existen nunha democracia
As súas características son : - ten un estado social de dereitos, é laico - a soberanía nacional reside no pobo - é unha monarquía parlamentaria - ten separación de poderes - garantízanse os dereitos e liberdades - ten división administrativa.
Os tres poderes :
- Poder lexislativo (congreso e senado) : elabora leis e as aproba, elixe ao presidente e controla o goberno.
- poder executivo (goberno :presidente e ministro):goberna e administra, propón leis ao Parlamento.
- poder xudicial (tribunais) : fai cumprir as leis e vela pola Constitución.

6. COMENTARIO DE DIAPOS
Obra : Guernica      Autor : Picasso      Estilo : Cubismo      S : XX      Lugar : Reina Sofía (Madrid)
Comentario : este cadro fíxoo para o pabellón español que representaba a República na exposición universal de Paris. Basouse no bombardeo de Guernica por parte da lexión Cóndor alemana onde morreron moitos civís. No medio do cadro vemos a un cabalo ferido de norte que simboliza a República e democracia, no lado dereito dúas mulleres, unha fuxe e outra está envolta en lapas, ao mesmo tempo sae pola ventana unha muller cun candil que ilumina, símbolo da luz e razón. Nos pés do cabalo un home descuartizado ten na súa man una espada rota e una flor (guerra e paz), na esquerda una muller desesperada co fillo morto nos brazos, dtrás un touro co rabo levantado, prepotente e altivo, símbolo do ditador que mira orgulloso todo o que fixco e detrás una pomba agonizante. Todo o cadro está en branco e negro (morte).
Obra : Premonición da Guerra Civil           Autor : Dalí            Estilo : Surrealismo          S : XX    Lugar : Philadelphia
Comentario : é un cadro feito sobre a guerra civil española no que o autor non se implica senón que a ve como loita entre dous bandos que para él son iguais, sen existir culpables no que evidenciar a destrución. Un corpo totalmente destrozado fai o perfil do mapa de España, na parte superior, unha cabeza descamada da que sae unha perna e un peito e agarrada por unhas mans, pero ao mesmo tempo ela machaca o tronco inferior, símbolo da loita entre dúas Españas. No fondo, trozos de carne e osos, o duro e o brando, a vida e a morte, unha caixonera, símbolo do subconsciente.

4. MAPA DE AUTONOMÍAS E CAPITAIS
GALICIA : La Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Capital : Santiago de Compostela
PRINCIPADO DE ASTURIAS : Asturias. Capital : Oviedo
CANTABRIA : Santander. Capital : Santander
PAÍS VASCO: Álava (capital Vitoria), Guipúzcoa (capital San Sebastián) y Vizcaya (capital Bilbao)
COMUNIDAD FORAL DE NAVARRA : Navarra. Capital : Pamplona
LA RIOJA : La Rioja. Capital : Logroño
ARAGÓN : Huesca, Zaragoza y Teruel. Capital : Zaragoza
CATALUÑA : Barcelona, Tarragona, Lérida y Gerona. Capital : Barcelona
ISLAS BALEARES : Menorca, Mallorca, Ibiza, Formentera y Cabrera = una sola provincia : Baleares. Capital : Palma de Mallorca
ISLAS CANARIAS : Provincia de Santa Cruz de Tenerife con Tenerife, La Gomera, La Palma y El Hierro. Capital : Santa Cruz de Tenerife
Provincia de Las Palmas de Gran Canaria con Gran Canaria, Fuerteventura y Lanzarote. Capital : Las Palmas de Gran Canaria
 COMUNIDAD VALENCIANA : Castellón, Valencia y Alicante. Capital : Valencia
REGIÓN DE MURCIA : Murcia. Capital : Murcia
ANDALUCIA : Almería, Granada, Córdoba, Jaén, Sevilla, Málaga, Cádiz y Huelva. Capital : Sevilla
CASTILLA Y LEÓN : León, Palencia, Salamanca, Burgos, Zamora, Valladolid, Soria, Segovia y Ávila. Capital : Valladolid.
COMUNIDAD DE MADRID : Madrid. Capital : Madrid
CASTILLA LA MANCHA : Toledo, Ciudad Real, Cuenca, Guadalajara y Albacete. Capital : Toledo
EXTREMADURA : Cáceres y Badajoz. Capital : Mérida


miércoles, 5 de junio de 2013

resumen sociais 4º eso imperialismo, colonización, 1ª Guerra Mundial

1. Definicións de termos e datas :
COLONIA : territorio dominado desde un punto de vista político e militar e explotado económicamente por outro estado.
METRÓPOLE : estado que explota unha colonia.
IMPERIALISMO : sistema político polo que un estado procura un dominio máis alá das súas fronteiras
TRIPLE ENTENTE : bloque que participa na 1ª G.M formado por R.U, Francia e Rusia (que abandonaría en 1917), ao que máis tarde se uniría Italia e entra EEUU
TRIPLE ALIANZA : bloque que participa na 1ª G.M formado por Alemaña, imperio austro-húngaro e Italia (que abandona por integrarse no outro bloque) e entrará o imperio turco.
1914 : comezo da 1ª G.M entre os bloques da Triple Entente e da Tripe Alianza.
1918 : remate da 1ª G.M e comezo do Tratado de Versalles.
1917 : prodúcese a Revolución comunista en Rusia (que abandona a 1ª G.M), entrando EEUU na 1ª G.M
REVOLUCIÓN DE OUTUBRO : en outubro, os soviets, impulsados polos bolxeviques, subleváronse e, dirixidos por Lenin, comeza unha Revolución comunista, firmando a paz con Alemaña e perdendo territorios para centrarse nas reformas internas.  
NAZISMO : ideoloxía política creada por Hitler na década dos 20, que triunfa en Alemaña na dos 30, con principios antidemocráticos, racistas e militaristas.
HOLOCAUSTO :  foi a persecución e o asasinato sistemático polo Estado, de millóns de xudeus por parte do réxime nazi e dos seus colaboradores.
CONFERENCIA DE BERLÍN : reunión dos países europeos en 1884 para repartirse África e Asia como un imperio colonial.
LIBERALISMO :  teoría política que defendía os dereitos naturais do cidadán, a liberdade, igualdade, propiedade, soberanía nacional e a división de poderes.
DEMOCRACIA : sistema de goberno en que os gobernantes son elexidos polos cidadáns mediante votación. Sufraxio universal.
ESTADO TOTALITARIO OU DICTATORIAL : estado cun réxime político ditatorial que, ademais de eliminar as liberdades individuais, o estado pretende controlar todos os aspectos da sociedade.

2. Emparellar feitos cos seguintes personaxes :
LENIN : fundador da Unión Sovética – o seu verdadeiro nome era Vladimir Ilich Ulianov - cría, a diferencia de Marx, que a revolución socialista era posible nun país atrasado como Rusia – volveu a Rusia en abril de 1917 e expúxolles as súas teses ós bolxeviques  - en 1917 converteuse no Presidente do Consello de Comisarios do Pobo da URSS 
NICOLÁS II : último zar de Rusia - abdicou trala Revolución de 1917 – él e a súa familia foron asasinados polos bolxeviques
TROSTKI : líder comunista soviético – desenvolveu un papel fundamental na Revolución rusa de 1917 – foi o responsable do éxito do Exército Esquerdista na guerra civil rusa - foi obrigado a exiliarse de Rusia en 1929 – en 1940 foi asesinado en México por orde de Stalin
WILSON : presidente dos EEUU – propuña os 14 puntos no tratado de paz para respetar as distintas nacionalidades e tamén a creación da Sociedade de Nacións
STALIN : dictador soviético – sucedeu a Lenin no poder en - os seus plans quinquenais promoveron a industrialización a grande escala – puxo en marcha a Gran Purga para eliminar os seus adversarios - en
1922 foi nomeado secretario xeral do Partido Comunista  
ROOSEVELT : presidente dos EEUU de 1933 a 1945 – na súa campaña electoral prometeu acabar coa Gran Depresión – converteuse nunha figura familiar para os cidadáns co seu programa radiofónico “Charlas arredor da cheminea” – a súa política do New Deal freou os efectos da crise económica – afectado de poliomielite en 1921, tivo que usar unha cadeira de rodas, pero non deixou a política 
HITLER : dicatador alemán, nace una cidade austríaca de Braunau –  en 1919 afiliouse ó partido nazi e en 1921 chegou á presidencia deste - a súa ideoloxía racista fíxolle crer na superioridade da raza aria (alemana) –  durante a súa estancia en prisión escribiu o seu libro “Mein Kampf” (A miña loita) - en 1945
suicidouse canda a súa compañeira Eva Braun
MUSSOLINI : dictador fascista italiano entre 1922 e 1945 – chegou ó poder mediante un golpe de Estado
– a partir de 1936 estreitou os lazos coa Alemaña de Hitler – en 1919 iniciou o fascismo ó fundar os Fasci di Combattimento – como Duce concentraba todo o poder nas súas mans
EINSTEIN : físico matemático nacido en Ulm (Alemaña), no seo dunha familia xudía – converteuse en símbolo do xenio científico do S. XX e está considerado o artista máis influente do S. XX – en 1921 foi galardoado co premio Nobel de física en 1933 fuxiu do antisemitismo da Alemaña de Hitler 

3. Localizar nos mapas (do imperialismo, do remate da 1ª G.M e o de democracias e totalitarismos)
Mapa do Imperialismo : En África (o máis repartido), Asia e Oceanía había colonias europeas. O R.U posuía maior número de colonias. As metrópoles foron o R.U, Francia, EEUU, Alemaña, Holanda, Italia, Portugal, Bélxica, Dinamarca e España.
Mapa do remate da 1ª G.M : - Irlanda (independízase do R.U) - Francia (amplía os seus territorios, Alsacia e Lorena a conta de Alemaña) - Austria-Hungría (divídese en Checoslovaquia, Austria e Hungría cedéndolle territorios a Polonia, Rumanía, Iugoslavia e Italia) - Alemaña (perde territorios a favor de Polonia e unha parte oriental queda dividida do resto de Alemaña) - créase a gran Iugoslavia (englobando a Montenegro, Serbia e collendo parte do Imperio austro-húngaro) - Rusia (independízanse Estonia, Lituania, Letonia e Finlandia e perde territorios a favor de Polonia) - o imperio turco (queda reducido ao que hoxe en día é Turquía pasando oriente medio á península arábiga)  
Mapa de democracias e totalitarismos : - países dictatoriais (Portugal, España, Italia, Grecia, Bulgaria, Iugoslavia, Romanía, Hungría, Austria, Polonia, Luxemburgo, Alemaña, Lituania, Letonia, Estonia)países democráticos (Francia, Suiza, Bélxica, Holanda, R.U, Irlanda, Dinamarca, Suecia, Noruega, Finlandia, Checoslovaquia)país comunista (URSS)

5. Argumentar, preguntas curtas sobre :
Causas e consecuencias económicas do imperialismo, relacionando ambas. O mesmo coas causas e consecuencias políticas e culturais.
económicas : debido as R.I, as colonias convertéronse en mercados e en espazos onde poden investir as grandes potencias, para facerse máis ricas e dominar a economía mundial. Tamén se colonizaron os territorios que ofrecían materias primas baratas para as industrias da metrópole, xerando unha dependencia económica con respecto dos países ricos, e convertíndose en países subdesenvolvidos.
políticas : a ambición de posuir máis territorios servía para aumentar o prestixio, xerando moitos gastos para manter unha administración e un exército, debido ao enfrontamento cos indíxenas. Tamén para conseguir posicións estratéxicas, creáronse fronteiras artificiais, xerando conflitos que conlevan máis pobreza
culturais : as ideoloxías racistas dos países dominantes, que se consideraban superiores, non respetaron nin as culturas, nin as relixións indíxenas, impoñendo pola forza as occidentais, que se estenderon polas colonias e faise dominate ata hoxe.
Explica causas, bloques e países enfrontandos e fases da 1ª G.M
Debido ás R.I, Alemaña e Reino Unido competían polo poder económico. As relacións entre os estados europeos estiveron condicionadas por que Francia  quería recuperar os seus territorios e porque a políti-
ca de Alemaña  quería manter a Francia illada do resto das grandes nacións. Alemaña  xunto con Austria-Hungría e Italia constituíu a Triple Alianza. Francia ante isto buscou o apoio de Rusia e, polas diferencias  económicas e políticas entre R.U e Alemaña, R.U buscou apoio con Francia e Rusia formando a Triple Entente. O momento definitivo para a causa da guerra será o asesinato do herdeiro de Austria-Hungría que lle declara a guerra a Serbia arrastrando os dous bloques. Esta guerra durou 4 anos (1914-1918) e pasou por 3 fases : a guerra de movementos, Alemaña intentou unha rápida  victoria sobre  Francia. Na 2ª fase, os frentes estabilizáronse en trincheiras provocando un gran número de mortos. Na 3ª fase, Rusia retírase da guerra en 1917, tras o triunfo da súa propia revolución e entra EEUU na guerra dos submariños alemáns, apoiando aos aliados e gañando a guerra.  
Explica tratados de paz e consecuencias da 1ª G.M
Fixéronse distintos tratados de paz con todos os países, pero o definitivo sería o de Versalles no que só negocian os países vencedores, castigando duramente a Alemaña e facéndoa culpable desta guerra. De- bido a esta guerra houbo 10 millóns de mortos ademais de feridos mutilados e desprazados; Europa quedou totalmente endebedada, dependendo de EEUU, o que levará a crise económica do 29; EEUU convértese no líder mundial, sendo o seu presidente Wilson quen propoña os 14 puntos no tratado de paz e a creación da Sociedade de Nacións; o mapa europeo sofre grandes cambios dividíndose os grandes imperios e creándose novas nacións.
Describe as consecuencias territoriais da 1ª G.M, e pon o nome de certos países que están en blanco no mapa
- Irlanda : independízase do R.U.
- Francia : amplía os seus territorios (Alsacia e Lorena) a conta de Alemania
- Austria-Hungría : divídese en Checoslovaquia, Austria e Hungría cedéndolle territorios a Polonia, Rumanía, Iugoslavia e Italia
- Alemaña : perde territorios a favor de Polonia e unha parte oriental queda dividida do resto de Alemaña
- créase a gran Iugoslavia:englobando a Montenegro, Serbia e collendo parte do Imperio austro-húngaro
- Rusia : independízanse Estonia, Lituania, Letonia e Finlandia e perde territorios a favor de Polonia
- o imperio turco : queda reducido ao que hoxe en día é Turquía, pasando oriente medio á península 
arábiga.
Causas da Revolución rusa e movementos revolucionarios
O poder absoluto do zar, as represións contra os movementos populares e as guerras por prestixio foron as causas políticas. Non se levou a cabo no seu momento a RI  polo que o gasto excesivo das guerras provocou fame e estancamento económico que seguía dependendo da agricultura.  A sociedade estamen tal dividíase en poucos nobres con gran poder económico e político, campesiños sen terras e moi explotados e grupos de obreiros (soviets) que se organizaron para protestar e conseguir melloras. A derrota na guerra ruso-xaponesa de 1905 provocou unha revolución onde os manifestantes dirixíronse ao Pazo Real para pedirlle ao Zar pan e dereitos poíticos, o que levou a unha dura represión e poucas reformas. Os que se opoñían ao zarismo promoveron a revolución de febreiro de 1917 que supuxo a caída do zar Nicolás II e o nomeamento dun goberno provisional  liderado por Kerensky que decidiu manter a Rusia na guerra. Os soviets, impulsados polos bolxeviques que estaban liderados por Lenin,  provocan a revolución de outubro de 1917, na que tomaron o poder, establecendo un novo goberno comunista e firmando a paz con Alemaña.
Comparación entre a época de Lenin e de Stalin. Cando e quen crea a URSS. Di unha república europea, outra caucásica e outra asiática
- época de Lenin (1917-1929) : Despois da saída da 1ª G.M. e o comezo da guerra civil, lévase a cabo o compromiso de guerra coa nacionalización do campo, requisando colleitas aos campesinos, provocando fame, pobreza e disminuíndo a produción. Lenin decide facer un cambio económico para aumentar a produción, establecendo a NEP onde se recoñeceu a propiedade privada tanto na industria coma na agricultura, pero o estado reservouse o control de empresas, transportes, banca, etc.  
No ano 1922, Lenin formou a URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas) agrupando as repú- blicas federais de Rusia : - Azerbaiyán (Cáucaso) – Turkmenistán (Asia) – Letonia (Europa)
- época de Stalin (1929-1953) : dictador soviético. Á morte de Lenin sucédelle Stalin que segue coa revolución de maneira autoritaria acaparando moito poder e levando a cabo unha represión feroz,  que se coñeceu co nome de purgas. No plano económico consegue levar a URSS ao rango de primeira potencia mediante os plans quinquenais  planificando a economía e suprimindo a propiedade privada con colectivizacións agrarias e granxas estatais. Ao mesmo tempo, a industria pasou ao control do Estado, convertin-
do a URSS nunha potencia económica, pero descuidando o benestar da poboación.
Especifica os nomes dos dictadores do fascismo e do nazismo e a data do acceso ó poder. Explica a ideoloxía do nazismo e compáraa co fascismo
Fascismo : Benito Mussolini (1922). Ideoloxía antidemocrática e anticomunista ríxida e moi articulada.
Nazismo : Adolf Hitler (1933). Ideoloxía antidemocrática e anticomunista – culto descomunado ao líder –
creación dunha raza superior (aria) – eliminación de todolos partidos políticos e sindicatos – exterminio de razas inferiores – creación dun espazo vital

Especifica os nomes dos dictadores do fascismo e do nazismo e a data do acceso ó poder. Explica
a política interior e exterior do nazismo e compáraa co fascismo
Fascismo : Benito Mussolini (1922). Política interior : - un líder todopoderoso – non hai liberdades individuais – un único partido – sindicatos e Estado interveñen na economía – represión. Política exterior :
- expansiva e militarista – creación dun gran exército – conquista de territorios en África.
Nazismo : Adolf Hitler (1933). Política interior : - o Estado ten todolos poderes – non hai ningún tipo de liberdades – queima do Parlamento alemán – creación de grupos violentos (SA, SS e Gestapo). Política exterior : - política de rearme e militarización – invasións (Austria, Checoslovaquia e Polonia) - incumplimento de todolos tratados (chegando a 2ª G.M)

6. Clasificación e comentarios de diapos
Obra : A danza                 Autor : Matisse                 Estilo : Fauvismo                        S : XX
Comentario : O fauvismo foi a primeira vangarda que rompe con todo o anterior e abre camiño para un
novo tipo de arte. Usan cores moi agresivas coma se fosen fieras; non copian a realidade, esta sérvelle de inspiración; elaboran unha realidade paralela  con cores totalmente arbitrarias; é unha pintura chea de alegría, optimista e pasional. Neste cadro o autor relaciona o tema co encargo, facendo unhas figuras enlazadas con debuxo curvo que baila sobre dous planos verdes e azuis. As cores relaciónanse coa simboloxía da danza (o verde coa racionalidade, o azul coa espiritualidade e o vermello coa pasionalidade)

Obra : O berro            Autor : Munch             Estilo : Expresionismo            S : Finais do S. XX
Comentario : O expresionismo convive co fauvismo e usa cores agresivas que tratan de expresar a sub- xectividade do propio artista e ao mesmo tempo o medo, a angustia e a soidade do ser humano no medio da natureza. Este cadro básase nunha experiencia propia  do artista, cando nun paseo polos fiordos noruegos sente medo e angustia no medio do mundo que o rodea. A figura do primeiro plano, en forma de interrogante que semella unha calavera, tapa os oídos e emite un berro interno ante a soidade, o medo que sinte nese momento, a pesar dos seus amigos que se ven no fondo e ante unha natureza que se ve como agresiva, con ondas fortes no mar e un ceo ameazador, usando cores planas, agresivas e curvas.

Obra : A fonte              Autor : Duchamp               Estilo : Dadaísta               S : XX
Comentario :  O dadaísmo foi un movemento moi crítico coa sociedade e coa civilización occidental debido a guerra que se iniciou neste momento. Por iso unha serie de artistas crearon un grupo chamado dada que non significaba nada, pois imita o balbuceo dun neno. Este artista crea obxectos antiartísticos como foi este urinario masculino, para demostrar a hipocresía da sociedade e a sobrevaluación da arte en artistas moi coñecidos. Él non pretende que estes obxectos sexan tomados como artísticos, pero críticos e museos os acaban considerando obxectos de alto valor representativos dun novo estilo.












  


resumen sociales 4º eso 2ª Guerra Mundial, Guerra fría, mundo actual

1. Definición de termos e datas
HOLOCAUSTO : foi a persecución e o asasinato sistemático polo Estado, de millóns de xudeus por parte do réxime nazi e dos seus colaboradores.
1939-1945 : periodo da 2 GM na que se enfrontan os aliados co eixe.
ONU : organismo creado despois da 2 GM para evitar conflitos e para manter o diálogo pola paz.
ALIADOS/EIXE : bloques que se enfrontan na 2 GM. Os aliados son Francia, RU e únense despois  a URSS e EEUU. O eixe son Alemaña, Italia e Xapón.
GUERRA FRÍA : enfrontamento militar e político entre as grandes potencias orixinadas ao remate da 2 GM, remata en 1991 coa desaparición da URSS.
OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte) : organismo militar creado en 1948 encabezado por EEUU e os principais países europeos para enfrontarse á URSS.
PACTO DE VARSOVIA : bloque militar creado pola URSS en 1955 para enfrontarse á OTAN ao que se uniron os países de Europa oriental.
DESCOLONIZACIÓN : proceso de independencia das colonias asiáticas e africanas que pertencían ás grandes metrópoles europeas, aínda que comeza despois da 1 GM.
PLAN MARSHALL : programa de axudas económicas dadas por EEUU aos distintos países europeos para axudalos na súa reconstrucción.
ESTADO DE BENESTAR : axudas proporcionadas polo estado democrático aos seus habitantes para ter un mellor nivel de vida e repartir a riqueza.
PERESTROIKA : reformas de tipo económico para resolver a crise económica e social dun país.
GLOBALIZACIÓN :  é un proceso económico, tecnolóxico, social e cultural a grande escala, que consiste na crecente comunicación e interdependencia entre os distintos países do mundo unificando os seus mer- cados, sociedades e culturas.
TERCEIRO MUNDO : é o conxunto de países menos desenvolvidos e encóntrase habitualmente no sur do planeta, con poucas excepcións. Ao longo da historia, estes países fóronse empobrecendo, por diferentes causas, tanto pola influencia doutros países coma pola propia economía do país.

2. Pon actividade e lugar de procedencia de cada personaxe
LUMUMBA : dirixente do proceso de independencia do Congo 
GHANDI :  na India, o Partido do Congreso liderado por Gandhi, dirixiu un movemento de masas contra o
colonialismo británico con métodos pacíficos.  
 SUKARNO : dirixente nacionalista  de Indonesia.   
HOCHIMIN : líder do movemento independentista do Vietnam.
ARAFAT : líder palestino,  en 1964 fundou a OLP.   
REAGAN : Presidente republicano de EEUU .   
 GORBACHOV : presidente da URSS en 1985
JHON KENNEDY : presidente demócrata de EEUU  na época da Guerra Fría.  
 FIDEL CASTRO : presidente revolucionario cubano na Guerra Fría.  
 CHURCHILL : primeiro ministro británico,  foi un dos líderes occidentais nos inicios da Guerra Fría.  
 ELTSIN : primeiro presidente reformista da URSS  
PUTIN :  presidente autoritario e corrupto da URSS en 1999.  
OBAMA : presidente demócrata de EEUU hoxe en día.

5. Argumenta
 2ª GM
CAUSAS : a crise do 29 que afectou o nacemento dos fascismos – a política expansiva dos países fascistas (Alemania, Italia e Xapón) – a falta de acordos con Hitler por parte dos países democráticos – a invasión de Austria, Checoslovaquia e Polonia por parte de Alemania (era aliada de Francia).
PAÍSES E BLOQUES : 1º bloque (os aliados formados por Francia e R.U e máis tarde úneselles a URSS, invadidos polos nazis, e EEUU debido ao bombardeo de Pearl Harbor por parte dos xaponeses) – 2º bloque (o eixe formado por Alemania, Italia e Xapón)
ETAPAS DA GUERRA
1ª etapa (1939-1941) : loitouse en Europa, por un lado Inglaterra e Francia (aliados); no outro bando Alemaña, Italia e Xapón (o eixe). É unha guerra relámpago (avances rápidos) na cal Hitler invade polo oeste ata Francia e polo leste ata URSS, mentres os xaponeses ocupan as illas máis cercanas.
2ª etapa (1941-1944) : esta etapa desenvolveuse en varios continentes. Por un lado, Inglaterra, EE.UU e Reino Unido (aliados); por outro lado Alemaña, Xapón e Italia (o eixe). Comeza o declive do eixe e a contraofensiva aliada, gañando os aliados batallas no frente da URSS, África e no pacífico
3ª etapa (1945) : - en Europa, os aliados presionan en forma de cuña desde distintos frentes (desembarco de Normandía, por Italia, desde Grecia e desde o frente oriental na URSS) - no Pacífico,EEUU  recupera territorios dos xaponeses. Como os xaponeses se negaban a firmar a paz, o presidente Truman dos EEUU decide lanzar as dúas bombas atómicas en Iroshima e Nagasaki, poñendo así fin á guerra.
ARMAS : En terra destacaron os tanques e a infantería motorizada. No aire e no mar os avións, os radares e os portaavións permitiron o bombardeo das cidades. Destaca o enorme potencial destrutor das bombas (a atómica e as convencionais) e as armas químicas.
TRATADOS DE PAZ : Tratados de Ialta e Postdam onde os aliados tratan de chegar a acordos dunha maneira pacífica para evitar os erros da 1ª GM, tratando de non castigar aos países perdedores e axundándoos na súa recuperación.
CONSECUENCIAS DA 2ª GUERRA MUNDIAL
demográficas : 60 millóns de mortos (6 millóns no holocausto xudeo), ademais de moitos desprazados e mutilados de guerra.
económicas : Europa e Xapón quedaron totalmente destrozados e EEUU axuda á recuperación de todos estes países colaborando uns cos outros. A partir deste momento EEUU convértese no líder económico mundial.
políticas : EEUU convértese no líder político xurdindo 2 bloques, o occidental capitalista (dirixido por EEUU) e o oriental comunista (dirixido pola URSS). Créase a ONU como organismo de paz, onde deben estar representados todos os países e ao mesmo tempo os dereitos humanos.
militares : EEUU crea o bloque militar da OTAN, aos que se unen casi todolos países occidentais, ao mesmo tempo a URSS crea o bloque militar do Pacto de Varsovia ao que se unen casi todos os países comunistas. Isto levará á guerra fría.
territoriais : Europa modificou en parte as súas fronteiras : - a URSS colle territorios de Polonia e Checoslovaquia e ao mesmo tempo os 3 países bálticos – Polonia colle territorios de Alemania polo que Alemania e a cidade de Berlín quedan divididas en  Alemania oriental democrática (con Berlín oriental) e en Alemania federal (con Berlín occidental), separadas polo famoso muro de Berlín – tamén se crea a Gran Iugoslavia polo Mariscal Tito (antigo líder da resistencia)
CAUSA E CONSECUENCIAS DA DESCOLONIZACIÓN
CAUSAS
1ª e 2ª GM : que debilita os países europeos
o papel da ONU e da Sociedade de Nacións : que pedía a autodeterminación dos pobos, vendo o imperialismo como algo exorable e non defendible polos dereitos humanos.
o reforzamento dos movementos nacionalistas dentro das colonias : con líderes nativos que se educaban nas propias metrópoles.
CONSECUENCIAS
políticas : creación de fronteiras artificiais que desembocan en guerras triviais ou entre países veciños –
creación de gobernos ditatoriais e aparición do movemento de países non aliñados que defenden unha independencia con respeto a URSS e EEUU para levar a cabo o desenvolvemento do seu propio país.
económicas : dependencia económica das antigas metrópoles vendéndolle a estes, materias primas a cambio de productos manufacturados ou armas, instalación de empresas de países desenvolvidos que explotan recursos e poboación, creando o bloque chamado terceiro mundo ou mundo subdesenvolvido.
DIRIXENTES INDEPENDENTISTAS : Lumumba, Ghandi, Ho Chi Minh e Sukarno
PAÍSES QUE SE INDEPENDIZARON ANTES, DURANTE E MÁIS TARDE DA 2 GM : antes (os que pertencían ao Imperio turco) – durante (Italia, Alemaña e Xapón) - tamén gozaron de autonomía as colonias inglesas con mayoría branca (Canadá, Australia, Sudáfrica e Nova Zelanda) – máis tarde (Angola e Mozambique, que pertencían a Portugal despois dunha longa guerra e cando triunfa a revolución dos clavéis en 1976)
En Vietnam, Corea e Afganistán houbo conflitos durante a Guerra Fría. Hoxe as guerras continúan en Afganistán, Siria e Irak. O Sahara non está recoñecido internacionalmente debido ao abandono por parte de España en 1975 pola chamada marcha verde feita polos marroquíes. A zona de Oriente Medio segue cun conflito desde a descolonización, sobre todo o enfrontamento entre palestinos e israelíes que se estende a países vecinos como o Líbano, Siria, etc.
EXPLICA O CONCEPTO  DE GUERRA FRÍA, A SÚA ORIXE, BLOQUES. CONFLITOS REPRESENTATIVOS E CAUSA DA SÚA DESAPARICIÓN
A Guerra Fría (1947-1991) foi un antagonismo político e militar entre as dúas grandes potencias (EEUU e URSS), xurdido ao remate da 2 GM e que por non enfrontarse directamente acaban chocando en conflitos secundarios ou problemas de tipo diplomático, desaparecendo a URSS.
OS DOUS BLOQUES
- bloque occidental : encabezado por EEUU e os países de Europa occidental que crearon o bloque militar da OTAN en 1948.
- bloque comunista : encabezado pola URSS e os países da Europa do leste que crearon o bloque militar do Pacto de Varsovia en 1955.
ETAPAS DA GUERRA FRÍA
1ª  a de máxima tensión (1945-1955) : na que se divide Alemaña e Berlín e hai unha guerra civil en Corea e Grecia, participando os dous.
2ª  coexistencia pacífica (1955-1975) : coa norte de Stalin, o presidente Kennedy de EEUU logra chegar a acordos co presidente ruso, pero a pesar diso existen problemas (a guerra do Vietnam, a creación do muro de Berlín e a crise dos misiles cubanos)
3ª  nova tensión e solución final (1975-1991) : comeza un novo momento de máxima tensión polo re
arme de misiles en Europa, guerra de Afganistán e as guerras das galaxias de Reagan (EEUU). Coa chegada de Gorbachov  na presidencia da URSS, comeza o desarme con Reagan e a desaparición da URSS en 1991 rematando coa Guerra Fría.
CALES SON OS CAMBIOS PRODUCIDOS NA URSS DESDE 1989 ATA HOXE CON GORBACHOV, ELTSIN E PUTIN
Gorbachov : comeza a súa presidencia na URSS en 1985 collendo un país cunha grave crise económica e social. Para solucionar esta situación leva a cabo unha serie de reformas coñecidas coma a Perestroika (reformas de tipo económico) e a glasnost (reformas de tipo cultural e político). Con estes procesos leva a URSS a unha democratización a a eleccións libres. No exterior inicia relación con EEUU para levar a cabo o desarme nuclear.  
Eltsin : a política levada a cabo por Gorbachov levou a un enfrontamento dentro da URSS entre conservadores e reformistas e ao mesmo tempo a división da antiga URSS nas distintas repúblicas federais. Este presidente accede ao poder como reformista, pero na súa época a crise económica e o acceso ao capitalismo leva o país a unha corrupción.
Putin : accede ao poder como presidente da república en 1999 apoiado por Eltsin. Establece un réxime autoritario e corrupto baixo unha apariencia democrática, perseguindo a oposición. No seu segundo mandato, os problemas máis importantes ademais da corrupción serían os movementos independentistas das repúblicas caucásicas, sobre todo as chechenias.
CANDO SE CONVIRTE EEUU NO LÍDER MUNDIAL E NO ÚNICO LÍDER MUNDIAL E AS SÚAS CONSECUENCIAS
Ao remate da 2 GM EEUU convértese a nivel político e económico no líder mundial, pois as demais potencias quedaron bastante destruídas, axudando EEUU a súa reconstrucción. A partir deste momento intervén en guerras civís doutros países relacionado coa Guerra Fría e ao mesmo tempo participa en golpes de estado (Chile) en países nos que ten intereses económicos. A vida política en EEUU está dominada por dous grandes partidos, os republicanos (partido conservador) con presidentes como Reagan e o partido demócrata de tipo progresista con presidentes como Kennedy, Clinton ou Obama.
Convértese no único líder cando se desintegra a URSS e cae o bloque comunista socialista en 1990, polo tanto a outra potencia mundial entraría nunha grave crise económica co que EEUU dominará a política, economía e a cultura do resto do mundo, soamente parado por China e a UE. As consecuencias disto sería arrastrar a distintos países a guerras e operación militares como a guerra do golfo, a de Afganistán, a de Irak, que terán repercusións terroristas en distintos países.
RAZÓNS DO NACEMENTO DA CEE E CAMBIO POR UE. ENUMERA O NOME DE TRES TRATADOS CO ANO CORRESPONDENTE
A UE créase en 1958 co Tratado de Roma para evitar que houbese outra guerra a nivel mundial e que tivese como orixe a Europa. Ao mesmo tempo queríase crear unha potencia económica que competise coas dúas grandes potencias. En 1992 co Tratado de Maastrich decídese facer unha Europa máis forte creando unha moeda única (o euro), libre circulación de persoas, cidadanía europea e unha unión de tipo político e social que non chegou a conseguirse.
1957-1958 : Tratado de Roma   -   1992 : Tratado de Maastrich   -   2007 : Tratado de Lisboa
 EXPLICA O CONCEPTO DE TERCEIRO MUNDO, OS SEUS PRINCIPAIS PROBLEMAS, LOCALIZACIÓN E DOUS CONFLITOS REPRESENTATIVOS
Serían os países subdesenvolvidos. Os problemas máis importantes son estados débiles con guerras civís e dictaduras e sobre todo dependencia económica do mundo desenvuelto, explotando o seus recursos a través do neocolonialismo. Localízase en Asia, en África e no hemisferio sur.  Os conflitos do terceiro mundo son a guerra de Vietnam e o conflito de Oriente Medio.

6. CLASIFICACIÓN E COMENTARIO DE DIAPOS
obra : Casa Saboia     autor : Le Corbusier    estilo : Racionalista funcional    S : XX    lugar : Francia
Esta obra é un antecedente da arquitectura do S. XX e XXI na que se ten en conta as persoas que van a vivir nela e a integración do edificio na paisaxe. Está sobre columnas para illala do chan peo ao mesmo tempo para que esta zona cuberta sirva como espacio de xogos ou aparcamento. No piso inferior é a zona común e accédese á casa por un vestíbulo circular con cristais afumados, no piso superior con forma cadrada as ventas horizontais integran a casa na paisaxe onde se atopan os dormitorios, salóns, etc. O piso superior con muro de formas redondeadas serve de xardín, terraza e solárium. Accédese aos pisos mediante rampas e escaleiras.

 obra : Casa da cascada        autor : Wright        estilo : organicista         S : XX        
 lugar : EEUU

Este arquitecto adapta totalmente a paisaxe que o rodea empregando materiais da propia zona como neste caso, que nas paredes mestras emprega rocha do propio lugar para así romanizar paisaxe e edificio. A casa ten varias terrazas feitas de formigón moi claro para contrastar coa pefra escura, entre estas terrazas fai zonas totalomente acristaladas para que desde o interior se poida contemplar a paisaxe. A cascada que corre por debaixo da casa, facendo as rochas do río nesa zona, moitas terrazas como a propia casa, serve para darle auga a vivenda e como piscina interna. A distribución do interior componse de distintos ambientes en cada habitación e trátase de aproveitar a enerxía natural.