Mostrando entradas con la etiqueta sociais 3º eso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sociais 3º eso. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de julio de 2012

A POBOACIÓN MUNDIAL resume sociais 3º eso


12                                                         A POBOACIÓN MUNDIAL
A poboación mundial crece de forma continuada :
NATALIDADE : a medida que aumenta o nivel de desenvolvemento dos países, diminúe a súa taxa de natalidade : - nos países desenvolvidos (a taxa de natalidade é baixa) - nos países subdesenvolvidos (hai unha redución da natalidade).
MORTALIDADE : a taxa de mortalidade está influída polo desenvolvemento e avellentamento : - a maior nivel de desenvolvemento diminúe a mortalidade - os países máis desenvolvidos, maior grao de avellentamento e esperanza de vida alta.
O CRECEMENTO DA POBOACIÓN MUNDIAL : O crecemento natural é a diferenza entre o número de nacementos e o de defuncións. Utilízase a taxa de crecemento natural. Hai un crecemento desigual, a poboación mundial crece a un ritmo moi alto, debido ao aumento demográfico que se produce nos países subdesenvolvidos.
UNHA REPARTICIÓN MOI DESIGUAL
Os principais focos de concentración humana localízanse en Asia oriental e meridional, Europa central e occidental, e o nordeste dos Estados Unidos. Noutras partes do mundo as densidades de poboación son moi baixas. Nestes baleiros demográficos a densidade da poboación é menor de 10 habitantes por km2 (desertos, selvas, estepas, polos)
FACTORES QUE INFLÚEN NA DISTRIBUCIÓN : - o clima (algúns climas son máis favorables ca outros) - o relevo (as montañas forman un medio pouco habitable) - o solo e os recursos minerais - a organizacióin económica e social ao longo da historia (o desenvolvemento da agricultura permitiu unha maior poboación. Despois a industrialización dou lugar a maiores densidades)

DESIGUALDADES NA ESTRUTURA DEMOGRÁFICA DA POBOACIÓN
A estrutura da poboación varía moito duns países a outros :
- PAÍSES DESENVOLVIDOS : son países avellentados, cunha elevada proporción de anciáns e una baixa natalidade. Isto supón un crecente aumento dos gastos sociais.
- PAÍSES SUBDESENVOLVIDOS : son países mozos con altas taxas de natalidade e moita poboación moza, o que provoca intensos movementos migratorios. Estes países enfróntanse ao reto de alimentar e educar una elevada proporción de nenos mozos.
 - ESTRUTURA POR SEXO : nacen máis nenos que nenas, pero a esperanza de vida das mulleres é algo maior a emigración tamén inflúe na estrutura, segundo predomine a dun ou outro sexo.

O PROCESO DE URBANIZACIÓN CARA UN MUNDO DE CIDADES
A poboación concéntrase en ciudades :
OCRECEMENTO URBANO : - a poboación urbana é cada vez máis numerosa, e seguirá aumentando as cidades cada vez son máis grandes. Aquelas con máis de 10 millóns de hab. son megacidades.
DESIGUALDADES NO GRAO DE URBANIZACIÓN : o grao de urbanización é maior nos países desenvolvidos (como consecuencia da industrialización, o que provocou unha inmigración do campo á cidade), aínda que hoxe crece máis rapidamente nos subdesenvolvidos, a causa da pobreza nas zonas rurais.     
PROBLEMAS ASOCIADOS ÁS CIDADES
 - O TRANSPORTE E A MOBILIDADE : as cidades teñen problemas de transporte. Para mellorar a mobilidade foméntase o transporte público.
 - A CONTAMINACIÓN NAS GRANDES CIDADES : contaminación atmosférica, contaminación da auga e  contaminación acústica.
- EXCLUSIÓN SOCIAL E DELINCUENCIA : nas cidades hai grandes desigualdades sociais. Parte da poboación habita en barrios marxinais.Teñen peores oportunidades. Para éste úsase o termo de exclusión social. Os índices de delincuencia son maiores.
 - VIVENDAS SOCIAIS E INFRAVIVENDAS (vivendas cuxa calidade na construción e nos servizos está moi por debaixo do adecuado) : nas cidades dos países desenvolvidos o prezo da vivenda é moi alto.Téntase paliar este problema mediante vivendas sociais. O problema é moita máis grave nos países subdesenvolvidos. Isto sucede nos barrios de favelas
O FENÓMENO MIGRATORIO
A evolución do número de habitantes depende do seu crecemento natural e das migracións. A diferenza entre inmigrantes e emigrantes chámase saldo migratorio. Pode ser positivo ou negativo. A poboación mudial está suxeita a continuos movementos :
AS MIGRACIÓNS NA HISTORIA : - as migracións dos europeos a ultramar desde 1800 - as migracións forzadas dos escravos africanos cara América - as migracións chinesas.
AS MIGRACIÓNS  ACTUAIS : desde os países subdesenvolvidos ás rexións máis prósperas (os Estados Unidos, a Unión Europea, países con recursos pretrolíferos ou con nivel crecente de industrialización) – tamén existen correntes migratorias nos países subdesenvovlvidos (as guerras orixinan migracións forzadas) - o fenómeno máis importante é o desprazamentos desde zonas rurais a urbanas
CAUSAS E CONSECUENCIAS DAS MIGRACIÓNS
 As migracións obedecen a distintas causas. Tipos de migracións :
 - MIGRACIÓNS ECONÓMICAS E LABORAIS : - a maioría deses emigrantes son man de obra non cualificada ou pouco cualificada - outro tipo son as de traballadores cualificados
- MIGRACIÓNS POR MOTIVOS POLÍTICOS : en zonas de conflitos bélicos
- MIGRACIÓNS POR MOTIVOS AMBIENTAIS : fuxindo da desertización e de catástrofes naturais
CONSECUENCIAS DAS MIGRACIÓNS :  
- PAÍSES RECEPTORES : - constitúen un factor de desenvolvemento e contribúe a aumentar a riqueza - é un freo ao proceso de avellentamento - os países receptores enriquécense culturalmente.
- PAÍSES EMISORES : - perden poboación moza - os emigrantes envían cartos ós seus países de orixe, estas transaccións chámanse remesas.



A GLOBALIZACIÓN resume sociais 3º eso


                                                       A GLOBALIZACIÓN
Vivimos nun mundo globalizado e a globalización creouse a partir de diferentes fases :
- FASE DE INTERNACIONALIZACIÓN (S. XV a XIX): iniciouse co desenvolvemento da navegación europea, e diu orixe á era dos descubrimentos, creáronse grandes imperios coloniais. Esto supuxo a expansión da poboación e a cultura europea, así coma un crecemento do comercio a longa distancia.
- FASE DE TRANSNACIONALIZACIÓN (S:XX):  os procesos de descolonización permiteron a independencia política de máis dun centenar de Estados. Moitas grandes empresas instaláronse nestes países para fabricar e vender neles os seus produtos.
- FASE DE GLOBALIZACIÓN:  coa revolución dos transportes e as comunicacións, díuse un novo impulso a este movemento de integración mundial.
A globalización foi impulsada por varios factores: - mellora nos transportes e as telecomunicacións –
liberalización dos mercados – creación de unións económicas rexionais – estratexia das grandes empresas

OS DIVERSOS COMPOÑENTES DA GLOBALIZACIÓN
GLOBALIZACIÓN ECONÓMICA
- CRECEMENTO DO COMERCIO INTERNACIONAL : cun incremento de importacións e exportacións 
- AUMENTO DOS INVESTIMENTOS DE CAPITAL : que atravesan fronteiras
- GLOBALIZACIÓN FINANCIEIRA : coa aparición dun mercado continuo
- CONCENTRACIÓN DOS FLUXOS ECONÓMICOS : nos países da Tríade (Estados Unidos, Europa Occidental e o Xapón)
Esta globalización económica favoreceu o desenvolvemento das grandes empresas multinacionais :
- controlan gran parte do comercio internacional – agrúpanse en forma de Holding (un grupo financieiro controla a diferentes empresas á vez) – organízanse ao redor dunha se central, situada nos países desenvolvidos, e filiais, que se distribúen por todo o mundo
                                    GLOBALIZACIÓN DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN
O desenvolvemento da informática e das telecominicacións permitiu a expansión de internet, que ofrece as seguintes vantaxes :
- TRANSMISIÓN DA INFORMACIÓN : en tempo real
- REVOLUCIÓN NA FORMA DE TRABALLO DE MOITAS ACTIVIDADES:comercio, educación, banca…
- CONEXIÓN ENTRE EMPRESAS DE TODO O MUNDO : e entre os diferentes centros de traballo dun mesmo grupo empresarial
- OS SATÉLITES DE COMUNICACIÓNS : permiten crear cadeas de televisión de ámbito mundial
Todo isto esta levando a unha globalización da cultura e hábitos de consumo.

                         GLOBALIZACIÓN DOS PROBLEMAS MEDIOAMBIENTAIS
- EXPLOTACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS
– CONTAMINACIÓN URBANA E INDUSTRIAL

O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS
O transporte de mercadorías adoita realizarse por vía marítima : - mediante barcos cargueiros que atracan nos grandes portos – co uso de cadeas de transporte
O transporte de pasaxeiros presenta as seguintes características : - predominio do transporte aéreo en longas distancias – existencia de fluxos de rutas radiais


A ORGANIZACIÓN DO ESTADO resumo sociais 3º eso


                                              A ORGANIZACIÓN DO ESTADO
A organización do Estado queda establecida pola Constitución de 1978, que converte o Estado nunha monarquía parlamentaria e establece un réxime democrático como forma de goberno. Características:
- soberanía nacional (o poder máximo reside no pobo) - división de poderes (lexislativo, executivo e xu- dicial) - igualdade dos cidadáns ante a lei - garantía dos dereitos e liberdades dos cidadáns
ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO ESTADO:A Constitución permite organizar o Estado a partir de 3 podere
- PODER LEXISLATIVO : elabora e aproba leis, exérceo as Cortes Xerais (Congreso e Senado) cuxos representantes son elexidos democráticamente mediante sufraxio universal
- PODER EXECUTIVO : executa as leis aprobadas polo Parlamento e dirixe a política exterior e interior do Estado, exérceo o Goberno
- PODER XUDICIAL : aplica as leis e garantiza a xustiza co Consello Xeral do Poder elexido polas Cortes
En España as eleccións son cada 4 anos, o período que dura unha lexislatura.  
ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE ESPAÑA : a organización territorial do Estado ordénase a partir de 3 administracións :
- ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL : os municipios son as unidades administrativas máis relevantes. O seu órgano de goberno é o Concello dirixido polo alcalde e os concelleiros
- ADMINISTRACIÓN PROVINCIAL : hai 50 provincias cuxo órgano de goberno é a Diputación provincial. As provincias están formadas por unha agrupación de municipios. As comunidades autónomas uni provinciais e as illas están gobernadas por cabildos
- ADMINISTRACIÓN AUTÓNOMICA : hai 17 comunidades autonómicas e 2 cidades autónomas (Ceuta e Melilla). Entre 1979 e 1983 aprobáronse os Estatutos de Autonomía onde se establece a súa organización política. Cada comunidade dispón do seu propio goberno no Tribunal Superior de Xustiza.
A organización do estado presenta desequilibrios rexionais :
- TERRITORIAIS : - Castela e León e Andalucía son as dúas comunidades máis extensas - Canarias e Baleares teñen carácter insular 6 comunidades uniprovinciais (Asturias, A Rioxa, Cantabria, Navarra, Madrid e Murcia)
- DEMOGRÁFICOS : as comunidades costeiras presentan maior densidade de poboación que as interiores, a comunidade máis poboada é Andalucía e a menos A Rioxa
- ECONÓMICOS : Cataluña, o País Vasco e a Comunidade de Madrid son as rexións máis ricas. Outras rexións teñen niveis máis baixos de renda : Galicia, Principado de Asturias e Cantabria sofren unha reconversión das súas industrias, mentres que Castela e León, Castela-A Mancha, Estremadura e Andalucía herdan difíciles condicións económicas
AS POLÍTICAS DE COOPERACIÓN E DESENVOLVEMENTO REXIONAL
 - ESTATAIS : Fondo de compensación interterritorial Incentivos Rexionais Plans de Desenvolvemento Rexional - ao mesmo tempo cada comunidade autónoma desenvolve a súas propias políticas para a mellora económica e social.
- EUROPEAS : Fondos estruturais e de Cohesión (FEDER, FEOGA, FSE)–Iniciativas Comunitarias (cooperación fronteiriza, rehabilitación de cidades, desenvolvemento rural e apoio aos desfavorecidos)

A ORGANIZACIÓN POLÍTICA E TERRITORIAL DE GALICIA
A unidade territorial básica de Galicia é a parroquia, sobre esta base superpuxéronse no S. XIX as divisións actuais : - municipio (co concello) – provincia (coa deputación) – comarca (en Galicia hai 53, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 á de pontevedra)
O Estatuto de Autonomía é a lei fundamental da comunidade. Regula : - o territorio que comprende –
os símbolos (bandeira, escudo e himno) – os idiomas cooficiais – as institucións  – as competencias
- as relacións co Estado e o resto de comunidades
AS INSTITUCIÓNS DE GALICIA
- PARLAMENTO : elabora e aproba as leis. Está formado por 75 deputados elixidos por sufraxio universal
- XUNTA DE GALICIA : toma as decisións de goberno.Está formado por un presidente e os conselleiros
- TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA  
- OUTRAS INSTITUCIÓNS : o Valedor do Pobo, Consello de Contas e Consello de Cultura

viernes, 13 de julio de 2012

O CONTINENTE EUROPEO resume sociais 3º eso


O CONTINENTE EUROPEO
O continente europeo posúe un espazo físico moi contrastado :
GRANDES UNIDADES DE RELEVO :
- CORDILLEIRAS NOROCCIDENTAIS : esténdense ao longo da costa atlántica desde as illas británicas ata escandinava, formas suaves e alombadas
- CHAIRAS CENTRAIS : desde Francia ata Rusia
- MACIZOS E CUNCAS INTERIORES : desde a Meseta Central ata o sur de Polonia, alternancia de bloques levantados e bloques afundidos
- CORDILLEIRAS ALPINAS : estendense por todo o sur de Europa, desde os Pireneos ata o Cáucaso,
cadeas montañosas de maior altitude e formas máis vigorosas
REXIÓNS BIOCLIMÁTICAS :
- OCEÁNICA : na fachada atlántica domina o clima oceánico con temperaturas suaves e chuvias abundantes.
- CONTINENTAL : a amplitude térmica anual aumenta e as precipitacións redúcense e concéntranse no verán.
- MEDITERRÁNEA : desenvólvense desde Portugal ata o mar Negro. As temperaturas son máis elevadas e as precipitacións están mal repartidas.
- MACARONÉSICA : a rexión comprende as illas Canarias e os arquipélagos dos Azores e Madeira. O seu clima e subtropical.
O continente europeo ten unha poboación e rede urbana coas seguintes características :
- POBOACIÓN : - desigualmente distribuída pero con alta densidade media - poboación avellentada (baixa fecundidade e elevada esperanza de vida) - receptora de inmigración e suxeita a importantes movementos migratorios interiores
- REDE URBANA : - máis densa que noutros espazos mundiais – con maior proporción de áreas urbanas pequeñas e medias, e cidades grandes de menor tamaño
- PRINCIPAIS EIXES URBANOS : - dorsal europea (Londres-Milán) – arco mediterráneo – arco atlántico - o eixe do Danubio - o que agrupa as cidades bálticas - as cidades da chaira do río Dniéper - o eixe do Volga e os Urais
Europa é unha potencia económica mundial que se enfronta a problemas na súa industria (crise dos sectores industriais tradicionais, atraso tecnolóxico con respecto aos Estados Unidos e o Xapón) con importantes intercambios comerciais :
- AUMENTO DOS INTERCAMBIOS : exteriores (globalización) e interiores (mercado único)
- BALANZA COMERCIAL : negativa (en alimentos, enerxía e minerais) e positiva (en produtos industriais)
- O CRECEMENTO DA ACTIVIDADE TURÍSTICA : os europeos viaxan ao exterior, á multitude de destinos. Maior intensidade posúen os fluxos internos, que teñen como destinos turísticos máis importantes o litoral mediterráneo.
                             
             DA COMUNIDADE ECONÓMICA EUROPEA A UNIÓN EUROPEA
A CREACIÓN DA COMUNDADE ECONÓMICA EUROPEA :
En 1948, Bélxica os Países Baixos e Lu-
xemburgo formaron unha unión aduaneira chamada Benelux. Este proxecto, comenzado polos políticos franceses Robert Schuman e Jean Monnet, iniciou o camiño para que, en 1951, seis países europeos creanse a comunidade europea do carbón e do aceiro (Alemaña, Francia, Italia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo)  
AS PRIMEIRAS AMPLIACIÓNS : en 1973 uníronse o Reino Unido, Irlanda e Dinamarca, en 1981 ingre
sou Grecia e en 1986 fixéronno España e Portugal, en 1995 ingresaron Australia, Finlandia e Suecia
A APERTURA CARA AO LESTE DE EUROPA : en 2004 formouse a Europa dos 25 (República Checa, Hungría, Polonia, Eslovaquia, Lituania, Estonia, Letonia, Eslovenia, Malta e Chipre, máis os anteriores)
Europa organízase políticamente ao redor da Unión Europea, através das súas institucións :
- CONSELLO DA UNIÓN EUROPEA : - aproba as leis europeas – coordina as políticas económicas-
aproba o orzamento, xunto co Parlamento – dirixe a política exterior e de seguridade común
- A COMISIÓN EUROPEA : - pon as novas leis tanto ao concello coma ao parlamento - xestiona, e aplica as políticas da unión política…
- PARLAMENTO EUROPEO : - representa aos cidadáns da UE – é o órgano de consulta para a aprobación das leis – exerce o control democrático sobre a Comisión – aproba os orzamentos da UE, xunto co Consello
Dentro da UE existen desequilibrios económicos entre países e rexións dun mesmo Estado. Os fondos estruturais e de cohesión destínanse a corrixir estas desigualdades.



A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES resume sociais 3º eso


A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES
A forma fundamental de organización da sociedade é o Estado, que consiste no conxunto de institucións políticas e administrativas que rexen un país. Ha de ter soberanía (representa a autoridade superior no seu territorio e non depende de ningún outro poder) sobre o seu territorio. Pero existen Estados nos que conviven comunidades que teñen diversas linguas, ou unha pluralidade cultural ou relixiosa moi grande, son os Estados plurinacionais. O Estado ten como funcións máis importantes : - desenvolver políticas - garantir o respecto á lei - representar e defender os intereses internacionais – garantir a seguridade da poboación  
Segundo a súa organización os Estados pódense clasificar en :
- ESTADOS UNITARIOS : son aqueles nos que o poder exércese desde un único lugar.
- ESTADOS FEDERAIS : o poder repártese entre o goberno federal e os territorios que constitúen a federación. Os territorios organízanse mediante órganos de autogoberno.
- ESTADOS DESCENTRALIZADOS : neles trátase de facer compatible a idea da unidade do territorio cunha descentralización (traspaso da capacidade de decisión, nalgúns asuntos, desde o poder central cara ás rexións ou territorios autónomos) dos seus órganos de goberno.
A organización política das sociedades presenta distintos réximes políticos :
ESTADOS DEMOCRÁTICOS : - os cidadáns elixen os seus representantes políticos mediante eleccións libres - poden ser repúblicas (o xefe do Estado é un presidente elixido polo pobo a través de eleccións) ou monarquías parlamentarias (a xefatura do Estado recae sobre un monarca que chegou ao trono por herdanza). Caracterízanse por :
- SUFRAXIO UNIVERSAL
– SISTEMA DE PARTIDOS POLÍTICOS
– RESPECTO DOS DEREITOS HUMANOS
– DIVISIÓN DE PODERES : - lexislativo (encárgase de aprobar as leis e controlar a acción do goberno a través do Parlamento) - executivo (corresponde ao goberno, pon en práctica as leis aprobadas polo Parlamento, dirixe a política interior e exterior do Estado) - xudicial (garante o cumprimento das leis a través dos tribunais que aplican a xustiza).
Para regular a organización política e territorial das sociedades é indispensable que haxa unha Constitución ou lei fundamental, que ha de ser aprobada polos cidadáns nun referendo.
ESTADOS AUTORITARIOS : - a poboación carece de liberdades - o poder é exercido por unha per soa ou por un grupo político que suplantan a vontade popular – a forma máis frecuente é a ditadura : ditaduras militares (o exército ocupa o poder), ditaduras totalitarias (un partido único controla o go-
berno), teocracia (o poder está nas mans da autoridade relixiosa)
A organización das sociedades permite agrupar os estados en distintos conxuntos xeopolíticos e culturais:  
- MUNDO OCCIDENTAL : inclúe Europa occidental e central, os Estados Unidos, o Canadá, Australia e Nova Zelandia. É o centro da organización política e económica do mundo.
- ASIA MERIDIONAL E ORIENTAL : é a zona máis poboada do planeta. Debilidade de protección social e repartición desigual da riqueza  
- AMÉRICA LATINA : comprende todos os Estados de América do Sur, Central e México. Hai certa uniformidade cultural e grandes desigualdades sociais e económicas.
- ÁFRICA : gran variedade de linguas e culturas. Graves dificultades económicas e emigración.
- ESPAZO POSTSOVIÉTICO : inclúe as antigas repúblicas da Unión Soviética (Rusia). Presenta conflitos herdados do antigo bloque soviético.
- ORIENTE PRÓXIMO E ORIENTE MEDIO : núcleo do mundo musulmán. Formas de goberno autoritarias na súa maioría. Clave na economía mundial polas súas reservas de hidrocarburos.


jueves, 12 de julio de 2012

A ECONOMÍA ESPAÑOLA resume sociais 3º eso


A ECONOMÍA ESPAÑOLA
A economía española desenvolve actividades no SECTOR PRIMARIO :
- NA AGRICULTURA : - condicionada polo solo (pobres en materia orgánica), o clima (escaseza de precipitacións ou variabilidade interanual) e a estrutura da propiedade (latifundios ou minifundios) – en proceso de modernización (mecanización, extensión do regadío, desenvolvemento de novas técnicas de cultivo)
- NA GANDARÍA : - en fase de expansióncrece a porcina, a bovina e a ovinadiminúe a caprina e a equina  
- NA PESCA : - importante tradición pesqueira crise do sector e reconversión
O sector primario dá lugar a distintas PAISAXES AGRARIAS :
- PAISAXE MEDITERRÁNEA DE INTERIOR : - na Meseta e no Ebro (cerealeira, gandeira lanar e latifundista) – en Andalucía (oliveiral me viñedo)
- PAISAXE MEDITERRÁNEA LITORAL : - regadío (hortas en C. Valenciana e Murcia) – pequeña propiedade
- PAISAXE OCEÁNICA : na España atlántica (pequeña propiedade, bocages e prados)
- PAISAXE DAS ILLAS CANARIAS : agricultura de elevado potencial (pequeña propiedade)
A economía española conta cun importante SECTOR SECUNDARIO que viu cambios na industria : - industrialización tardía e localizada no S. XIX importante crecemento a mediados do S. XX crise e reconversión posterior modernización máis recente e novo crecemento
O sector secundario distribúese en novas áreas industriais :
- 60 % DO EMPREGO INDUSTRIAL : na costa meditteránea, Madrid e o País Vasco
- NOVOS DESENVOLVEMENTOS : en Andalucía, Aragón, Navarra e Castela-A Mancha
- GRAN DINAMISMO : no Eixe do Ebro, Mediterráneo e Eixe atlántico galego
- FOCOS EN CIDADES : Málaga, Valladolid, Burgos e Vitoria-Gasteiz
Na economía española predomina o SECTOR TERCIARIO :
- O TRANSPORTE : - rede de estradas (medio máis usado, trazado radial) – ferrocarril (modernización) – transporte aéreo (crecemento)
-  A ACTIVIDADE COMERCIAL : - comercio interior (retallista, que abastece ao usuario e almacenista, que serve ao retallista) – comercio exterior (importancia pola internacionalización)
- O TURISMO : - importante destino desde a década de 1960 - inicialmente, turismo de sol e praia en costas levantinas e andaluzas diversificación actual (turismo deportivo, rural, etc)

OS SECTORES DA ECONOMÍA DE GALICIA
UN SECTOR PRIMARIO EN TRANSFORMACIÓN
- A AGRICULTURA : está transformando o seu proceso produtivo cara ao mercado
- A GANDARÍA : ten gran peso. Hai avicultura, porcina e vácua (leite e carne)
- A PESCA (baixura e altura) : o marisqueo e a acuicultura teñen unha grande importancia económica
A MINARÍA, A ENERXÍA E A INDUSTRIA (sector secundario)
A industria sufríu un proceso de modernización : - tradición mineira centrais térmicas, hidroeléctricas e creación de parques tecnolóxicos a maior parte da industria localízase na Galicia atlántica (A Coruña e Pontevedra) – a reconversión industrial nos anos oitenta afectou á construción naval destacan a industria do automóbil, a confección, a agroalimentaria e a conserveira
OS SERVIZOS (sector terciario)
É o sector máis destacado da economía galega : - necesidades de melloras das infraestruturas de transporte (estradas, ferrocarrís e aeroportos) – desenvolvemento insuficiente do comercio, balanza comercial deficitariaimportante desenvolvemento do sector turístico grazas ao clima e á riqueza cultural e paisaxística

O SECTOR SERVIZOS resume sociais 3º eso


                                                         O SECTOR SERVIZOS
O sector servizos está en expansión (terciarización : proceso de crecemento do sector terciario) na maioría dos países :
- NOS PAÍSES DESENVOLVIDOS : xeran a maior parte dos postos de traballo. O crecemento do sector servizos débese : - pola mellora do nivel de vida – xeneralización do Estado de benestar – crecemen to da competitividade das empresas – aumento de bancos, empresas e aseguradoras
- NOS PAÍSES SUBDESENVOLVIDOS : destaca a economía informal. O crecemento do sector servizos débese a que os servizos son un sector refuxio.
Os SERVIZOS clasifícanse polo seu uso, nivel e actividade :
- SEGUNDO O USO AO QUE SE DESTINAN : comercio e distribución, servizos á poboación, servizos empresariais e financieiros, administración pública e servizos sociais.
- NIVEL DE CUALIFICACIÓN : servizos avanzados e servizos banais
- LOCALIZACIÓN POLO TIPO DE ACTIVIDADE : - servizos avanzados, empresariais ou financieiros en grandes metrópoles administración pública e servizos sociais moi dispersos comercio, servizos á poboación segundo densidade e consumo de poboación
O COMERCIO está en proceso de renovación e concentración. Características da organización espacial do comercio : - na antigüidade (os intercambios creceron) - posteriormente (abandonouse a economía de subsistencia) - a partir do S.XVI (expándese a economía de mercado) - na actualidade (hai aumento do consumo e gran diversidade de comercios)
Novas formas comerciais e espazos de consumo : - proceso de concentración de empresas (cadeas de distribución e franquías) - aparición de grandes superficies comerciais (hipermercados, centros comerciais, parques comerciais)
O TRANSPORTE evolucionou e interconectouse :
- EVOLUCIÓN DO TRANSPORTE : era preindustrial (carro e barco de vela) – primeira Revolución Industrial (tren e barco de vapor) – segunda Revolución Industrial (automóbil e avión) – terceira Revolución Industrial (redes de ordenadores e internet)
- CLASIFICACIÓN DOS SISTEMAS DE TRANSPORTE :  - transporte interurbano (ferrocarril, estrada, marítimo, aéreo e intermodal) – transporte urbano privado (coche particular) – transporte urbano público (autobús, tranvía, metro e ferrocarril de proximidades)
O TURISMO desenvolveuse e diversificouse :
- EVOLUCIÓN E DESENVOLVEMENTO : - desde 1960 xeneralízase crece nos páises desenvolvidos polo aumento do tempo de ocio e ingresos as melloras do transporte e aloxamento incentívano
- CLASES DE TURISMO : - litoral (o máis importante e masificado) – de montaña e rural (baseado no atractivo das paisaxes, a práctica de deportes e cultura local)
- DIVERSAS FORMAS DE TURISMO URBANO : por negocios, exposicións universais, cultural e artístico, parques temáticos



ACTIVIDADES E ESPAZOS INDUSTRIAIS EN TRANSFORMACIÓN resume sociais 3º eso


                 ACTIVIDADES E ESPAZOS INDUSTRIAIS EN TRANSFORMACIÓN
AS ACTIVIDADES INDUSTRIAIS : - industria e manufacturas (a transformación de materias primas) - fábricas contra talleres artesáns (produción standard e maquinaria especializada).
Os espazos industriais divídense en distintos tipos :
- SEGUNDO O SEU LUGAR E PROCESO DE PRODUCIÓN : - industrias básicas (siderurxia, petroquímica, papeleira, etc) - de bens de equipo (metalúrxica de transformación ou mecánicas) - de bens de consumo (industria téxtil, de alimentación, farmacéutica, editorial, etc).
- SEGUNDO O SEU NIVEL TECNOLÓXICO : - nova ou alta tecnoloxía (informática, telecomunicación, biotecnoloxía) - tecnoloxía media (automóbiles e química) - tradicionais (calzado, téxtil, moble)  
- SEGUNDO O TIPO DE EMPRESA INDUSTRIAL : - PEMES (pequenas e medianas empresas) -  grandes empresas -  empresas multinacionais ou transnacionais  

AS REVOLUCIÓNS INDUSTRIAIS
Os espazos industriais transformáronse no tempo :
- A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (fins do S. XVIII no Reino Unido) : mecanización, uso do carbón e da maquina de vapor, industria siderúrxica e téxtil, localización en minas e portos.  
- A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (inicios do S. XX) : uso de hidrocarburos e electricidade, Revolución do transporte e as comunicacións, produción en serie (cadeas de montaxe)
- A TERCEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL (anos 70) : tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), biotecnoloxía e novos materiais, produción flexible, deslocalización.  

LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
Os espazos industriais cambian a súa localización segundo varios factores : - abundancia de recursos 
naturais – custo e cualificación da man de obra – mercado de consumo – transporte – investimento de capital – existencia de centros de investigación e formación técnica – proximidade ao lugar de orixe do empresario – medio ambiente
Os espazos industriais cambian a súa localización desde os países máis desenvolvidos cara ao resto do mundo : - as novas industrias xorden en rexións desenvolvidas – cando o produto se difunde, a súa produción trasládase cara a territorios periféricos.

AS PAISAXES INDUSTRIAIS
Os espazos industriais dan lugar a paisaxes industriais :
- HERDADAS : paisaxes negras, paisaxes industriais portuarias
- URBANAS : periferia urbana, eixes de desenvolvemento, tecnopolos
- RURAIS : industria agroalimentaria, industrias tradicionais

O MAPA INDUSTRIAL DO MUNDO
Os espazos industriais forman un novo mapa industrial no mundo :
- PAÍSES DESENVOLVIDOS : comezaron a súa industrialización no S. XX. Están sometidos a problemas medioambientais (emisións de CO2) e están en crise e reconversión desde 1980. Grandes rexións industriais : - en Europa, do Mar do Norte ata o norte de Italia - o nordeste dos EEUU e California - o sur da illa de Honshu en Xapón - Os Urais en Rusia.
- NOVOS PAÍSES INDUSTRIAIS : zona de Asia-Pacífico (Hong-Kong, Taiwan, Corea, Singapur, Filipinas, Indonesia, Malasia e Tailandia). Man de obra barata e abundante.